Manuel Alonso, foto publicada en: Antonio Ocampo Bodas de Oro |
Aos 14 anos entra como aprendiz no taller Hermanos Fernández,
onde aprende a traballar a madeira. Durante o servizo militar
recibe as súas primeiras leccións de pintura. Xa no 1949,
concédenlle unha beca para estudar escultura e talla en Vitoria,
onde tamén recibiu clases de debuxo na Escola de Artes e Oficios. No
51 ingresou no taller de Andrés Novo, realizando esculturas e
baixorrelieves, tanto en barro como en madeira.
Máis
tarde, traballaría durante cinco anos para José Otero González
(Mañas)
realizando obras en madeira, pedra e pintura para o convento de
Vilavella. Logo, emigraría a Alemaña,
volvendo en 1966
para facer exposicións, colaborar en libros...
Tamén destacar o
labor que, xunto aos seus irmáns Genaro e Carlos (Fotsca),
realizou durante anos na elaboración das alfombras das Festas da
Coca.
Autor:
Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Doctor
en Medicina y Cirugía. Bodas de Oro(1939-1989).
Antonio Ocampo Otero.
Aportes
orais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario