Aprendeu ebanistería co seu pai. Con 22 anos emigrou a Uruguai,
formándose na Escuela Industrial de Montevideo. De volta a Redondela
tivo como mestres a Leopoldo Otero “Pesquerello” e a
Antonio Bujones. Foi socio de José Domínguez “Peixiño” e
de Domingo Fernández “Farrucacho”. Entre os anos 40 e 60
especializouse en facer as caixas das radios. Obra súa foron a mesa
e as lámpadas do salón de plenos do Concello.
Por outra banda,
tocou e cantou en varias rondallas e corais. Organizou en 1933 a
Agrupación Artística Redondela, grupo
de mozos que
cantaban acompañándose con bandurrias no entroido, escribindo a
meirande parte das letras do seu repertorio. Tamén escribía coplas
para os maios. Despois de xubilarse publicou os libros de poemas:
“Poemas”, “Poemas de una vida” e
“Historias do meu pobo”.
Autor:
Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Doctor en Medicina y Cirugía. Bodas
de Oro(1939-1989). Antonio
Ocampo Otero.
Aportes
orais.
Félix Fernández:“Poemas”,
“Poemas de una vida” e
“Historias do meu pobo”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario