domingo, 12 de abril de 2020

Figueroa Montero, José (Redondela 11-07-1880 / Vigo, 15-09-1912) Emigrante e promotor da construción dun hospital en Redondela.

Foto: Vida Gallega

Trala morte do seu pai, veuse na obriga de emigrar e o 20 de maio de 1894 marchou a Río de Janeiro (Brasil). Comezou en traballos humildes na hostalaría e acabou sendo propietario de 3 restaurantes. Presidiu a Asociación de Hijos de Redondela creada en Río de Janeiro (Brasil) en 1910, e o Casino Español, na mesma cidade. Destacouse no Brasil pola súa iniciativa en todos os asuntos rexionais, entre eles a de recadar fondos para construír un hospital en Redondela.
Involucrouse na vida política da nosa vila formando parte de Los Jóvenes Turcos
Nunha das súas visitas a Galicia prométese coa señorita Carmen Membiela, mais pouco despois da voda falece repentinamente en Vigo o 15 de setembro de 1912. Tan só dous días despois, o 17 de setembro de 1912, unha céntrica praza de Redondela recibiu o seu nome. En 1918 inaugúrase na Xunqueira o Grupo Escolar José Figueroa, edificio cedido pola Asociación de Hijos de Redondela na súa honra. 
Foto Vida Gallega
 Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Unidade didáctica. Personas que dan nome as rúas e prazas de Redondela. Xosé Manuel Moreira Docampo. (Inédito. Fondos da Biblioteca de Redondela)
(19100330 La Vida Gallega)
(19100620 La Vida Gallega)
(19120715 El Regional (Lugo))
(19121015 La Idea)
(19120715 El Regional (Lugo))
(19120915 Gaceta de Galicia/19121015 La Idea)

No hay comentarios:

Publicar un comentario