Eduardo Martínez Alonso. Foto: vigoe.es |
Durante a II Guerra Mundial miles de refuxiados, na súa meirande
parte xudeos, eran detidos e encarcerados en Miranda do Ebro despois
de atravesar ilegalmente os Pirineos. O Servicio Secreto Bitránico
puido sacar a moitos deles do cárcere e poñelos a salvo a través
de Portugal.
O
vigués Eduardo Martínez Alonso (1903), médico da Embaixada
Británica e da Cruz Vermella, foi o ideólogo da coñecida como ruta
de Valença do Miño. Os refuxiados eran conducidos a súa residencia
de verán en A Portela (Cedeira-Redondela). Polas noites, nun
embarcadoiro próximo subían aos barcos que os levaban ata Tui. Unha
vez alí, buscaban o mellor punto para cruzar a fronteira. Despois
eran embarcados cara ó continente americano. A presencia dos alemáns
en toda a zona nos pode dar unha idea da dificultade que suporía
trasladar persoas cara a Portugal.
Exiliado
a Inglaterra, dende onde seguiu dirixindo o operativo, Eduardo
Martínez recibiría en 1945 a Medalla ao Valor do Goberno Británico.
Pouco despois volvería a España. Xa no 2008, sería distinguido co
título de Xusto entre as Nacións.
A súa filla, a
antropóloga social Patricia Martínez de Vicente, publicou no 2003
un libro contando a historia do seu pai. No 2005, documentos
desclasificados dos Arquivos Nacionais británicos amosaron novos
datos sobre o acontecido.
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Historia de las
Rías. (2 Volumes) J. A. Orge e Carlos Antuña entre outros. Ed.
Faro de Vigo.
Redondela,
crónica dun tempo pasado. A Segunda República e o primeiro
franquismo. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. Edicións do Castro
2002
A
Voz de Vilalba.
http://avozdevilalba.blogspot.com/2008/09/xulia-lola-e-amparo-na-memoria.html?showComment=1221945420000
Galicia
en guerra. Eduardo
Rolland Etchevers. Edicións
Xerais de Galicia,
S.A
Aportes:
Pedro López (xerente de Os Cortizos).
La Voz de Galicia.
Faro de Vigo
No hay comentarios:
Publicar un comentario