Rematada a guerra a situación daría un xiro de 180º. Entre 1946 e 1950 tanto o porto de Vigo como o de A Coruña foron a ruta de escape dos nazis para fuxir cara a Arxentina e outros países do continente Americano. Outros fixarían a súa residencia en Galicia, tal foi o caso dun Comandante de Submarinos e membro da Gestapo que se estableceu en Soutoxuste (O Viso). Hoxe en día a propiedade ten o nome de “Comodoro” na entrada.
Anuncio publicado en El Pueblo Gallego
A casa pasaría despois a outro alemán chamado Heinz Ger Sauer, probablemente cara a 1964 porque a finais dese ano solicitou un deslinde dos terreos próximos ao mar. Cóntase que celebraba ruidosas festas nas que "se practicaba o desnudismo" e outros actos indecentes para a moralidade daquela época o que provocou as protestas dos veciños. Ao alemán non lle debeu sentar ben esa intromisión na súa vida privada porque cortou o camiño público que pasaba pola beira da súa horta e que daba acceso á praia. Os veciños, lonxe de arredarse, manifestáronse baixo o grito de “Queremos lo nuestro”.
Foto publicada en Antonio Ocampo Otero. Bodas de Oro.
Segundo o médico Antonio Ocampo, un dos afectados, pois tiña unha propiedade que lindaba coa do alemán, o tema foi a mais e os manifestantes asaltaron a propiedade arrasando todo o que atopaban incluída a filla do alemán, que foi espida para escarnio público. Non creo que se chegara a tanto, xa que un acto deste tipo, e máis na época da que estamos a falar, tería graves consecuencias para os implicados. Así pois, os disturbios non serían tan violentos e pouco despois a xustiza deulle a razón ao pobo. Heinz Ger Sauer, optaría por abandonar a súa vivenda, que sería vendida pouco despois.
![]() |
Foto publicada en Antonio Ocampo Otero. Bodas de Oro. |
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Antonio Ocampo Otero. Doctor en Medicina y Cirugía. Bodas de Oro(1939-1989)
Redondela, crónica dun tempo pasado. A Segunda República e o primeiro franquismo. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. Edicións do Castro 2002
El Pueblo Gallego
No hay comentarios:
Publicar un comentario