jueves, 16 de abril de 2020

As antigas leis do rural.

            O regulamento da policía rural na España de 1916 baseábase nas ordenanzas dos diferentes distritos. A continuación enumerarei algunhas das normas que rexían o distrito de Redondela:
- Non é lícito cruzar as sementeiras nin a pé nin a cabalo.
- Prohibido introducir gando en propiedade allea.
- Non se pode apacentar gandos, que non estean atados con cordas, en terreos menores de oitocentas varas cadradas. Os gandos só poden estar sen pastor nos montes e portos altos.
- Os cans deben estar atados de sol a sol para protexer ás persoas e as leiras.
- Autorízase o sacrificio de cans cando non exista outra maneira de evitar as súas acometidas.
- É obrigatorio que os cans leven boceira de xullo a outubro, e cada labrador non pode ter máis de dous cans e un cachorro.
- Non se poden variar os canles dos ríos, nin facer plantacións que interrompan o curso da auga, nin executar sen licencia ningunha obra nas marxes.
- Os regadores deben limpar canles e regueiras, e gardar quenda para a rega.
- Prohibido obstruír os camiños ou depositar materiais neles.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Policía rural en España. 1916.

No hay comentarios:

Publicar un comentario