sábado, 18 de abril de 2020

As Peñas.

        
A primeira peña de Redondela da que teño constancia formouse en xullo de 1930 co fin de coñecer os máis bonitos recunchos de Galicia. O 27 celebraron a súa primeira excursión que os levou por Camposancos entre outras vilas, rematando en Tui onde visitaron ao seu amigo Luis Durán. Quedaron tan compracidos que ao domingo seguinte subiron ao monte Aloia.
Despois da Guerra Civil, os 50 e 60 foron anos nos que se formaron numerosas peñas. Ademáis da Peña e a Orde de Xan Carallás (Ver o apartado adicado a Xan Carallás), a continuación enumero algunhas daqueles tempos:
Peña Alirón. Presidida en 1967 por Ángel Tellería Ayuso.
Peña Amaro. De Cesantes. Soía acompañar a o C. D. Choco nos seus desprazamentos.
Peña O Bicho. Peña formada por Julio o Panadeiro, Salabardo, Colibrí, Pinilla, Manolo o Carteiro... Tiñan a súa sede no bar de Moncho, no que tiñan unha figura do “Bicho”, que era un dragón semellante á Coca. Organizaban anualmente unha excursión. Como exemplo en 1964 realizaron unha viaxe polo norte de Portugal.
Peña o Carballo das Cen Pólas. Nos anos 60 organizaban xantares e excursións.
Peña Carballo das Cen Pólas. Foto cedida por Andrés C. Laxe
Peña Chocolivo. Constituída por vigueses residentes en Redondela. Entre as súas actividades estaba a de celebrar en Redondela o día da Reconquista de Vigo. En 1958 estaba presidida por Manuel González Muradás.
           Peña A Coca. Fundada en maio de 1963 con Emilio Argibay Casal como presidente e Juan Carlos López Dominguez como pro-home.
Peña Chocolivo Foto cedida por Richard

Peña de los Diez. Formada nos anos 50. Unha vez ao ano facían unha excursión, que en 1960 os levou ata A Guarda, entre outras poboacións.
Peña Los Dragones. Fundada en Cedeira en 1956. O seu bo humor queda demostrado cando algúns dos compoñentes trocaban o nome por “Los Tragones”.
           Peña Los Estroncios
           Peña de hermandad Bueu-Redondela. Constituída en 1963 durante un xantar de confraternización con representacións das dúas vilas. Presidía a sección de Redondela Sebastián Muíños Blanco, xefe da estación de ferrocarril de Redondela. Outros redondeláns serían: Manuel Veiga, José Fontán, José Pache, José Rivada, Agustín Genaro Valategui, José Rodríguez e Jose Mª Fernández Baldor. Un dos seus primeiros acordos foi celebrar en Redondela o "Día de Bueu" e en Bueu o "Día de Redondela" nas festas patronais de cada vila.
           Peña Jenaro. Fundada por José Figueroa Barros en 1959. Tiña a súa sede no Bar Porrón.
           Peña Martes y Trece. Celebraba actos de confraternidade coa Peña A Videira, de Coruxo, a maioría das veces aproveitando os partidos entre o Choco e o equipo daquela localidade. Socio honorario desta peña era Miguel Doiro, sendo a madriña a súa filla Florita.
Peña Os da Forza. Tiña a súa sede en Casa Pardo, bar logo coñecido como Buenos Aires.
Peña Poucos e Bos. En Chapela.
Peña Poucos e bos. Publicada en Chapela de onte a hoxe. Gonzalo Mencía Castro. Ed. Xunta de Galicia

Peña San Pedro. Formada polos mariñeiros do pesqueiro "Pepe". En 1960 o seu xefe Mauro Martínez Martínez organizaba un xantar.
Peña Los Saborosos. En 1960 a súa excursión anual, os levaba ata Arnoia (Ourense).
Peña Los Tranquilos (Cesantes)
Peña Os Tranquilos. Foto: cedida por Antonio Cobián


Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El pueblo gallego, La Noche
Chapela de onte a hoxe. Gonzalo Mencía Castro. Ed. Xunta de Galicia
Aportes: Sebastián Fernández, Antonio Cobián, José Antonio Mtnez., Richard, Andrés Couñago Laxe e Carmen Mª Fernández Núñez
Arquivo Audiovisiual do Concello de Redondela-Daniel Boullosa

No hay comentarios:

Publicar un comentario