sábado, 18 de abril de 2020

Parto múltiple.

         En 1924 a labradora de Saxamonde, Agustina Vázquez Fernández de 42 anos de idade, casada con Felipe Pérez, que se atopaba en Oporto traballando no Hotel Portugal, deu a luz nun período de 12 horas a un neno e dúas nenas sendo un parto normal e sen complicacións. A nai quen xa tivera outros cinco fillos atopábase ben. Apesares de que se atopaba no sétimo mes de xestación as criaturas vivían as tres, tamén estaban ben de saúde e tomaban todas o peito, algo moi estraño naqueles tempos.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El correo de Galicia (ARX)

No hay comentarios:

Publicar un comentario