sábado, 18 de abril de 2020

Concursos de Beleza.

Dula Reboredo. Foto cedida por Charly Muíños
            
       

            O primeiro concurso de beleza na vila de Redondela organizouno o xornal Tramancazos. A finais en 19233. A votación realizábase por medio de cupóns que aparecían no periódico, existindo tamén unha sección na que os homes podían adicarlle poemas ás candidatas. A gañadora resultaría ser Dulita Reboredo, da que se publicou unha foto que daba testemuño da súa beleza.

            En febreiro de 1931, Rosa González acada o primeiro premio de beleza nos bailes celebrados en Chapela.
            En 1933 na estación de Redondela faríaselle un recibimento ao tren expreso no que viña Emilia Docet, viguesa que acababa de gañar o título de Miss España. Esta muller involucraríase politicamente co Partido Galeguista.
Emilia Docet. Foto: Vida Gallega

Rosa González Foto: El Pueblo Gallego
          
           Durante 1933 e 1934 celébrase a Volta Ciclista a Chapela, entregando os premios “Miss Salón La Luz del Día”.
En abril de 1934 celébrase a Volta Ciclista A Guarda, con saída dende o Calvario e chegada a Pardavila, fronte ao baile, onde os premios serán entregados por “Miss Chapela”
En xaneiro de 1936 é nomeada Miss Redondela Purita Cal Puga (Mis Ojos). O xurado estaba composto por: Avelino Cal, Luis Míguez, Aurelio Adán, José Pena, José Crespo, Hermenegildo Casal e Paulino García García.
En 1958 nomeouse a Reina de la Belleza de Redondela y su Corte de Honor nun festival celebrado en Parque La Junquera e no que actuou a orquestra Hermanos Mallo, de A Coruña.
En 1964, na Sala Miramar, foi elexida “Miss Industrias Regojo”, Purita García Cal. Tamén foron elexidas: “Miss Simpatía”, Consuelo Bouzón Fernández; “Miss Fémina”, Carmen Barbosa Lage de Arcade; e “Damas de Honor”, Julita Novás Movilla, de Arcade, e Dolores Ferradanes, de Soutomaior. Días despois Purita, acompañada por Consuelo, daría o saque de honra no Trofeo Regojo de futbol disputado polo Choco e o Turista.
 
 
Miss Regojo, 1964. Recorte cedido por Uxía Lueiro
      
         En xullo de 1965, no “Parque La Junquera” celebrouse un festival a beneficio do equipo de futbol C. D. Choco, amenizado pola orquestra Gran Casino. Procedeuse daquela á elección de “Miss Club Deportivo Choco”, sendo a agraciada Marisé Fernández Lago. Lamentablemente o baile tería que suspenderse pola choiva.
Téñense nomeado tamén raíñas na festa da Coca, así en 1967 foi nomeada Mª Fernanda Martínez Alfaya e damas Chari Río García e Socorrito Alonso Ucha. En 1975 a raíña sería María Muíños Lamas.
 
 
María Muíños Lamas-Raíña Festas da Coca 1975. Faro de Vigo
 
Outra festa con raíña sería a do Carme (Chapela), sendo elexida en 1968 raíña, Rosa María Tizón Cabaleiro, e dama de honra, Rosa María Mejuto.
 

1968 Festas do Carme en Chapela. Foto: El Pueblo Gallego 

En 1976 María Teresa Fernández Pérez sería nomeada Real Moza Provincial, o que máis tarde sería Miss Pontevedra. Como dama de honra levaría á súa amiga María del Pilar González Muíños.

 
Foto: El Pueblo Gallego
 
 
 
Máis recentemente, habería elección de raíña nas primeiras edicións das Festas do Choco.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA.
Galeguismo e sociedade na Redondela da Segunda República. Lois Barros. Edicións do Castro.
Redondela, crónica dun tempo pasado. A Segunda República e o primeiro franquismo. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. Edicións do Castro 2002.
Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El Pueblo Gallego, La Noche
Tramancazos
Aportes: Charly Muíños

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario