jueves, 9 de abril de 2020

Atletismo

1ª Metade do S. XX. Os Inicios
         A primeira referencia a este deporte que atopo foi en 1920 cando se celebrou en Soutomaior un concurso de ida e volta a Redondela, resultando vencedor José M. Barbosa “Patife”.
 
José M. Barbosa "Patife". Foto: Vida Gallega
 
O redondelán Jaime Serín Figueroa, quen chegou coma futbolista a xogar no Celta, como veremos no apartado adicado ao fútbol, participou no Campionato Galego de 1928 formando parte da Sociedad Athlética de Vigo. Acadaría moi bos resultados sendo 3º en salto de lonxitude con 5'62 e clasificándose para a final de 100m.
 
Sociedad Athlética de Vigo 1928, no centro Jaime Serín. Arquivo X. A. Xesteira.
 
Nas Festas do Corpus de 1931, organizáronse competicións de cross e relevos. A principios desta década compite en atletismo Víctor Lores, que si ben e certo que era natural de Vigo, estableceuse en Redondela onde deixou familia. Despois de participar en probas como o campionato galego, en 1935 tamén proba fortuna no piragüismo.
En novembro de 1935, o deportista de Chapela José Pío Cabaleiro, a quen veremos no apartado adicado ao ciclismo, pásase ao cross e acada a segunda praza na II Volta a Vigo. Cinco meses despois queda 3º no Campionato de Vigo de Pedestrismo da A. C. D. O.
En febreiro de 1944, o Frente de Juventudes organiza en Porriño unha proba de campo a través, na que participa un equipo da delegación local de Redondela.
 
Anos 50.
Nos anos 50 aparece o primeiro equipo de Redondela, que participa nos campionatos provinciais de atletismo do Frente de Juventudes, para menores de 21 anos. A sección da nosa vila participaría nas edicións de 1956 e 57, pero na de 1958 tan só competirían algúns atletas reforzando ao equipo de Ponteareas.
En marzo de 1958, en Tea, ten lugar o Campeonato provincial de campo a través de Educación y Descanso, no que participan varios atletas de Chapela: 10º José Castro, 25º Fernando Covelo e 37º Víctor Moreira. Nese mesmo ano no Campeonato provincial de atletismo de Educación y Descanso, o equipo de Redondela remata último tras os de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía.
En setembro de 1958 celébrase na Xunqueira un campionato de atletismo, entre a Selección Alerta de Vigo e o Frente de Juventudes de Redondela. Completan a xornada atlética probas infantís entre equipos locais.
O 24 de xaneiro de 1959 organízase en Redondela unha proba da Copa Federación nas categorías júnior e sénior.


Anos 50-60. Atletas en Vigo.
Os atletas máis destacados a principios dos anos 60 eran:

Juan José López Rodríguez “Nervio”. Faleceu o 2 de xullo de 1964 aos 23 anos, cortándose así unha prometedora carreira. Ía a adestrar en moto a Vigo cando un accidente de tráfico na Praza de España acabou coa súa vida.
Pertencía ao R. C. Celta, que lle adicou o “Memorial Juan José López”, celebrado por primeira vez en 1965. Mantiña en 1964 o récord galego de triplo salto con 14’61 e o récord provincial de lonxitude con 6’79, que mantiña dende 1962. Atleta completo tamén tiña o récord provincial de salto de altura e corría os 100m. en 11’3s. e os 200m. en 23s. En 1963 representou a España nos torneos militares celebrados en Bruselas.
 
J. J. López. Foto cedida pola familia do atleta.
 
Palmarés:
Cto. Galego Junior, 1961: Lonxitude: 1º 5'67m.
Cto. de España absoluto - Olimpiada del Trabajo (Madrid), 1961: 5º lonxitude.
Trofeo Rafael Berenguer (Marín), 1962: Triplo salto: 1º 13'62-Record provincial júnior; Altura: 3º, 1'65.
Trofeo Joaquín González (Marín) 1962: Triplo salto: 1º 13'90-Record provincial absoluto. Altura: 1º, 1'60. Lonxitude: 1º, 6'38.
Cto. Provincial (júnior), 1962: Lonxitude: 1º 6'36. Salto de altura: 1º 1'63.
Cto. de España (júnior), 1962: Triplo: 3º 14'12-Record Galego Junior.
Cto. de España absoluto 1962, sendo aínda júnior participou en lonxitude e triplo salto.
Foi un dos tres rapaces atletas da provincia de Pontevedra, que foron convidados como espectadores pola delegación española aos II Juegos Iberoamericanos (México), 1962.
Encontro Internacional España - Argentina, 1962: 2º en lonxitude, 6'54m.
Trofeo Club Pontevedra, 1963. 1º na proba de 1.000 m. para saltadores e lanzadores federados con 2'52”4.
Trofeo Joaquín González 1963. Triplo: 1º 14'13. Altura: 1º 1'66

Ránking España:
Lonxitude Triple Altura
1961/62 19-6'65 6-14'24 -
1962/63 18-6'72 4-14'59 54-1'70
Trofeo Hércules (A Coruña), 1963. Triplo: 1º con 14'29, Record Galego.
1963 Servizo militar.
Cto. Militar Galego. Triple: 1º con 14'07.
Cto. Militar de España (Barcelona). Triplo: 1º con 14'17, sendo condecorado coa cruz de prata ao mérito militar distintivo branco.
Cto. de España de clubs de terceira categoría: Triplo: 1º con 14'28 (Equipo 8ªRegión)
Trofeo Teresa Herrera, 1963. Triplo: 1º 14'26.
G. P. Apertura Curso de la Universidad (Oviedo), 1963. Triplo: 1º 14'59, Record Galego.
Participa no Cto. Internacional Militar (Bruselas), 1963.
Reunión na Courña, 1963: Lonxitude; 1º 6'70.
Trofeo Labordeta (Vigo), 1963: Lonxitude 1º 6'52.
Trofeo Pro-Ránking (A Coruña), 1963: Lonxitude: 1º 6'72. Triplo: 1º 14'02.
Trofeo R. C. Celta 1964. Altura 1º 1'65. Lonxitude: 2º 6'72
Trofeo Federación (Vigo) 1964: Lonxitude: 1º 6'53. Altura: 1º 1'60.
Proba en Balaídos, maio 1964. Lonxitude: 6'79, Record Provincial (supera a súa propia marca).100m.: 2º 11'08.
Probas do Celta e Comesaña. 200m.: 3º 23”.
 
J.J. López Foto: cedida pola familia do atleta.
 
Antonio Becerra López. 110m. Valados. Atleta destacado a nivel rexional primeiro coa Sociedad Atlética Viguesa e a partires de 1960 co R. C. Celta. Como curiosidade, dicir que tamén participou noutras disciplinas: En 1962 nun encontro júnior España - Portugal celebrado na Coruña, quedou segundo en 3.000 obstáculos con 9'42"". En outubro de 1964 nunha proba de Balaídos obrigárono a competir en salto de pértega acadando uns discretos 2'40, que lle valeron a 3ª praza.
Datos atopados:
Certame de la Delegación de Juventudes (Vigo), 1959: 2º con 18”7.
Cto. Provincial xuvenil 1959: 1º con 18”4.
Participa no Cto. de España xuvenil.
Cto. Galego Junior, 1961: 1º 18"2.
Cto. España absoluto en pista 1961: 3º na final de segundos con 17”2
No Cto. de España absoluto de 1962, sendo aínda daquela júnior, participou en 110 valados e 4x100.
Trofeo Joaquín González (Marín), 1962: 3º 19”9
Trofeo Orzán (A Coruña), 1962: 2º 18".
Cto. Galego Militar, 1962: 2º 18"24.
Ránking España:
1961-62 70-18”
1962-63 Sen clasificación-Servizo Militar
Cto. Galego Militar, 1963: 1º 18"5.
Cto. Nacional Militar (Barcelona), 1963: 2º con 17”4. Probablemente tamén formou parte do equipo da VIII Rexión que venceu na proba de 4x100.
Trofeo Joaquín González, 1963: 1º 18”7
Trofeo San Jorge (A Coruña), 1963: 2º 19".
Cto. Provincial Junior (A Coruña), 1963: 1º 18"9.
Trofeo R. C. Celta 1964: 3º 19”.
Trofeo Federación (Vigo) 1964: 1º 18”7
Trofeo Manuel Villaverde (Vigo) 1964: 1º 18”2

Leodegario Iglesias Martínez. Lanzamento de xavelina. Integraba o equipo da Sociedad Atlética de Vigo e posteriormente o R. C. Celta.
Cto. Provincial xuvenil (Vigo), 1959: 3º xavelina con 31'96m. Triplo salto, 2º con 11'11m.
Certame de la Delegación de Juventudes (Vigo), 1959: 3º con 36'32m.
En 1959 participou no Cto. de España xuvenil.
Sel. Pontevedra-Sel. Coruña (Vigo), 1960: 2º xavelina, 35'89. 4º en 110m.valados, 19".

Inicios dos anos 60.
O 23 de decembro de 1962 a Federación celebra en Redondela o Trofeo Elola, no que vence o redondelán José A. Paz Núñez na categoría xuvenil. Formaba parte do equipo C. D. Redondela, no que tamén corría Jesús Pérez Varela.
En xuño de 1963 unha selección de Redondela competiría en Balaídos no sector provincial do Día de la iniciación del deporte. O gran triunfador desta cita sería de novo José A. Paz Núñez, vencedor en 100, 400, lanzamento de peso e salto de lonxitude. Outros destacados serían: Justo Peón 2º en 100m., salto de altura e salto de lonxitude; Francisco Pérez 2º en 400m.; Fernando Campos 3º en 1.000m.; Jesús Varela 2º en 1.500m.; e Fermín Migueles 3º en 1.500 e salto de lonxitude. En agosto dese mesmo ano, José A. Paz Núñez e Justo Peón serían seleccionados para un torneo de atletismo en Barcelona.

1963 Sociedad Atlética de Redondela (S.A.R.)
Estes éxitos sentaron as bases para a creación dun equipo. En setembro de 1963 fundouse a Sociedad Atlética de Redondela (S.A.R.). Axiña comezaron os adestramentos nun local da rúa Francisco de Federico (actual Padre Crespo) e en novembro celebrouse unha proba de selección con percorrido á Portela de 3.000 metros en categoría xuvenil e 1.000 en infantil. Os cinco primeiros serían seleccionados para correr no Torneo Apertura en Vigo. Infantil: Gerardo Pérez Pérez, Jorge Rodríguez Mateo, Pedro Otero Ventín, Francisco Rodríguez e Santiago Gómez López. Xuvenil: Manuel García Rey, Higinio Valdés González, Jaime Fernández Villamarín, Francisco Pérez Amoedo e Eduardo Soto López.
En 1964 organizaría o I Torneo Local, con varias probas nas categorías infantil, xuvenil, júnior e sénior; I Trofeo Redondela de Cross e o I Trofeo SAR e o I Trofeo Regojo con varias probas atléticas: 100m., peso, altura... Neste último certame, para enfrontarse á Sociedad Atlética de Vigo, a SAR presenta os seguintes equipos:
Infantil. Dositeo Pérez Reboredo, José M. Sánchez, Sebastián Barral Iglesias, Pedro Otero Ventín, Antonio Vilas Feijoo, Aurelio Martínez Barros, Gerardo Pérez, Francisco Reboredo e Félix Carreira Míguez.
Xuvenil. José Luis Pérez Docampo, Manuel Míguez, Alfonso Blanco Puga, Florentino Míguez, Francisco Pérez, Manuel Gómez, José Barreras e Jaime Sánchez.
A pesares duns inicios tan prometedores, o equipo cortou o seu calendario en 1966, regresando á actividade ao ano seguinte.
Sar. Foto cedida por Paco Reboredo
 
En 1968 debuta no Campionato Provincial Xuvenil acadando o 6º posto de sete equipos participantes. Nese mesmo ano, no III Trofeo SAR, o noso club impúxose ao R. C. Celta e á Sociedad Gimnástica de Pontevedra.
En 1969 no Campeonato Nacional Interclubes fase provincial a SAR acadou un 2º posto e dous terceiros. Nese mesmo ano proclamáronse campións provinciais júnior Fernando Reboredo e Fermín Alonso. Xa coa selección provincial nas Semifinais do Campionato de España Júnior: Francisco Reboredo foi 3º en lonxitude e triplo salto (clasificándose para a final); Jose Antonio Táboas Pastor 1º en 4x100; e Fermín Alonso 4º. Tamén este ano organiza o I Trofeo Redondela de Cross.
En maio de 1970 no campionato provincial de clubs a SAR, a pesares de non poder contar con tres dos seus mellores atletas, presentou un equipo integrado por sete membros que acadaron oito medallas. Este mesmo ano por primeira vez, o equipo desprázase a Portugal. En febreiro de 1974 organízase o VI Trofeo Redondela de Cross e, en 1979, o I Marathon Popular.
Entre os adestradores que tivo este club destacar a Raimundo Viñas, que fora atleta internacional.

Atletas máis destacados da S. A. R.:

Alfaya Rodríguez, Agustín
Campionato Provincial, 1970: (Xuvenil): 1º en 100m con 11’9s. (Júnior): 1º en 100m.
Cto. Provincial (Senior): 1º con 11”4.
VI Trofeo Ayuntamiento de Marín, 1970 (Xuvenil): 4º en 100 (Absoluto).
VI Trofeo Manuel Villaverde, 1970 (Xuvenil): Acada a mellor marca local en 200m. con 24”1.
Control Federativo, 1971 (Xuvenil): 2º en 300m, 39”8.
I Trofeo Sociedad Gimnástica, 1971: 3º en 100 con 11”5.
Cto. Provincial de Clubs, 1971 (Absoluto): 1º en 4x100 e 3º en 200m. con 24”1.

Alonso, Fermín.
Cto. Provincial Júnior, 1969: 1º lanzamento disco 32'02m.
Semifinais do Campionato de España Júnior, 1969: 4º, coa selección provincial.
Cto. Provincial (Júnior), 1970: 3º en peso.

Blanco Puga, Alfonso. Lanzamento de peso.
III Trofeo SAR, 1968 (Xuvenil): 1º en peso, 11'70.
Trofeo Hispanidad de Vigo, 1968: 3º en peso.
Campeonato de España de Educación y Descanso (Madrid), 1968: 3º en disco.
Campeonato nacional Interclubes fase provincial, 1969: 3º en peso con 11’79m.
Reunión de control en Balaídos, setembro 1969: 1º en disco con 38'34.
Campionato provincial de clubs, 1970 (Junior): 3º en lanzamento de disco.
Cto. Provincial (Xuvenil), 1970: 4º en disco.
Reunión en Pontevedra, xuño de 1970 (Xuvenil): 3º en disco con 37'64.
En 1970 cumpre o servizo militar polo que se perde o Cto. Galego apesares de conseguir a mínima.
Cto. Militar de Galicia, 1970: 1º en disco con 37,45m.

Docampo Amoedo, Domingos
Campionato provincial de clubs, 1970 (Xuvenil): 1º en triplo salto (ao ano seguinte participaría nos Campionato Nacional xuvenil).
Reunión en Pontevedra, xuño de 1970 (Xuvenil): 2º en triplo con 12'68.
Cto. Provincial (Xuvenil), 1970: 2º en triplo salto, 12'37. (2ª mellor marca galega xuvenil)
VI Trofeo Ayuntamiento de Marín, 1970 (Absoluto): 4º en triplo (era xuvenil).
Cto. Provincial de Probas Combinadas (Xuvenil): 2º con 2.173 puntos en Hexathlon (100m., 1'58 en Altura, Peso, 19'2 en 110 valados, pértega, 1.000m.), 2ª mellor marca galega.
Control Federativo (Vigo), 1970 (Xuvenil): 3º en peso con 8'92.
Torneo Clausura (Pontevedra), 1970 (Xuvenil): 2º en 110 vallas, con 18”7 e 3º en triplo con 11'97.
Control Federativo (Vigo), 1971 (Xuvenil):1º en triplo, 12'05.
Cto. Provincial, 1971 (Xuvenil): 1º en 110 vallas con 17”5.

Guerra Veiga, Juan José
En 1970 no seu primeiro ano como atleta proclamouse campión provincial infantil en 80m. valados cunha mellor marca de 13’2s., daquela practicaba tamén o salto con pértega.
Participou no Campeonato Infantil de España (Pontevedra) de 1970 en 80m. valados.
Control Federativo (Vigo), 1970 (Infantil): 2º en 80m. valados, 12”7.
 
            López de Castro, Miguel
            Cto. Provincial (Xuvenil), 1970: 3º en triplo salto.
 
            Martínez Araújo, Juan
            Cto. Provincial de clubs, 1970: 3º en xabarina, 39'50m.

  Martínez Barros, Aurelio.
Trofeo Elola, 1964 (Xuvenil): 3º, cross de 2.000 m.
III Trofeo SAR, 1968 (Xuvenil): 2º en 1.500 m., 4'16''8.
Cross Monteporreiro en Pontevedra, 1969 (Júnior): 2º só superado por un atleta internacional.
Reunión en Balaídos, maio 1969: 1º en lonxitude con 6'40.
Cross local na Xunqueira, outubro 1970. Sénior: 1º.
I Vuelta Pedestre a San Andrés de Comesaña, 1970: 3º.
III Trofeo Redondela de Cross, 1971. 8.000 Sénior: 4º.
Participa no Cto. de España de Campo a Través (Lasarte-Guipúzcoa), 1971.
 
Equipo da S. A. R. nunha competición en Balaídos. Foto cedida por X. A. Xesteira.
 
Paz Núñez, José A.
Corría os 100, 200 e 400m. Lisos. Despois dun bo inicio e de clasificarse para o Campionato de España en 1965, non sería ata 1970 cando se centrou máis no atletismo que no fútbol (como xa veremos no apartado adicado a este deporte) proclamándose campión de Galiza en 100 e 400 metros lisos nos anos 1970 e 1971. Outros resultados destes anos serían:
Trofeo Boa Vila (Pontevedra), 1970: 1º en 400m. con 51”8.
VI Memorial Juan José López, 1970: 1º 400m. con 51s.
Reunión en Pontevedra, xuño de 1970 (Xuvenil): 1º en 200m. con 22”6.
Campionato provincial de clubs, 1970: 1º en 400m. con 49”9 s. e 200m. 22’6 s.
Participou no Campeonato Absoluto de España (Madrid) de 1970 en 200 e 400m.
VI Trofeo Ayuntamiento de Marín, 1970: 1º 200 m. lisos con 22´6 s.
G. P. de la Coruña, 1970: 1º en 400 con 49'4.
Festival Nacional (Vigo), 1970: 2º en 100m. con 11”2,
Control Federativo (Vigo), 1970: 1º en 100m. 11”0.
Lisboa- Oporto- Pontevedra, 1970: 1º en 100m. con 11”0.
VI Trofeo Manuel Villaverde (Vigo), 1970: 1º en 100m. con 11”1
Control Federativo (Vigo), xaneiro 1971: 1º en 300m. 36”1.
Control Federativo (Vigo), xuño 1971: 1º en 400m. 50”7.

Peón, Justo.
Participou xunto a J. A. Paz Núñez no Campionato de España de 1965.

Pérez Docampo, Jose Luis.
Foi Campión Galego dos 100 metros lisos en 1969. Ese ano fixo a súa mellor marca de 11”0s. Entre outros, gañou unha reunión internacional con participación de atletas españois e portugueses.
III Trofeo SAR, 1968 (Xuvenil): 1º en 100m., 11”7 e 2º en 400, 53”9.
Trofeo Hispanidad de Vigo, 1968: 2º en 100 e 400m.
Campionato nacional interclubs fase provincial, 1969: 3º con 11”3.
Reunión de control en Balaídos, setembro 1969: 1º en 11”0.
Cto. Galego, 1969: 1º.
Trofeo San Miguel (Marín), 1969: 1º con 11”6.
Trofeo Provincial de Invierno, 1970: 1º en 100 con 11”4.
A finais de maio remata a súa tempada por ter que cumprir o servizo militar en Ceuta.
Anos despois retomou a súa carreira deportiva, competindo na categoría máster na primeira década do presente século.
 
Proba organizada pola S. A. R. na Alameda.
Foto cedida por Albi.
 
Reboredo Surís, Francisco. Saltador de lonxitude e tripla salto.
III Trofeo SAR, 1968 (Xuvenil): 1º en lonxitude, 6'02 e 2º en tripla, 12'34.
Trofeo Cidade de Santiago, 1968: 3º posto en tripla salto, formando parte da selección de Pontevedra.
Cto. de España Militar, 1968: 2º en lonxitude con 7'15m., que sería a súa mellor marca persoal. Tamén acadaría o 1º posto en 4x100 pero o equipo sería eliminado por facer mal unha entrega da testemuña.
Cto. Provincial Junior, 1969: 1º lonxitude con 6'46 (tamén sub-campión absoluto).
Campionato Nacional inter- clubs fase provincial, 1969: 2º en lonxitude
Semifinais do Campionato de España Júnior, 1969: Francisco Reboredo foi 3º en lonxitude e triple salto, con 13’31m. (clasificándose para a final coa selección provincial).
Acadou clasificación para a final do Campionato de España 1970 con 6’65 en lonxitude e 13’43 m. en tripla salto.
Reunión de control en Balaídos, setembro 1969: 2º en lonxitude con 6'53.
Trofeo Provincial de Invierno, 1970: 1º en lonxitude con 6'29.
Campionato provincial de clubs, 1970: (Absoluto) 1º en tripla con 12'86. (Junior) 1º en lonxitude 6'47.
Cto. Provincial (Júnior), 1970: 1º con 6.29 m. en salto de lonxitude e 12.70 en tripla.
VI Memorial Juan José López, 1970: 3º en lonxitude.
VI Trofeo Ayuntamiento de Marín, 1970: 2º en tripla 13'35.
Festival Nacional (Vigo), 1970: 2º en lonxitude con 6'50.
Semifinal Cto. España Júnior, 1970: 2º en lonxitude con 6'65 e 3º en tripla con 13'43.
Control Federativo (Vigo), 1970: 1º en lonxitude 6'57.
Cto. Galego (A Coruña), 1970: 2º en lonxitude con 6'62. Só participou nesta proba, sendo o único atleta da SAR en chegar a competir, por retirarse todos os clubs da provincia de Pontevedra.
Final Cto. De España Júnior (Madrid), 1970: 2º en lonxitude con 6'63; e 3º en triple.
Torneo Invernal, 1971: 1º en lonxitude, con 6'50.
I Trofeo Sociedad Gimnástica, 1971: 1º en lonxitude con 6'60.
Control Federativo (Vigo), xuño 1971: 1º en lonxitude con 6'29.
 
Salto de Paco Reboredo. Foto cedida polo atleta.

Senra.
Cto. Provincial (Xuvenil), 1970: 3º en lanzamento de martelo.
VI Trofeo Ayuntamiento de Marín, 1970 (Xuvenil): 3º en peso con 8'80.

Soto, Manuel.
Destacaba como xuvenil en 1.500 polos anos 1968 e 69.

Táboas Pastor, Jose Antonio.
III Trofeo SAR, 1968 (Xuvenil): 2º en 100m., 12"3 e 3º en lonxitude, 5'30.
Semifinais do Campionato de España Júnior, 1969: 1º en 4x100 coa selección provincial.
Reunión de control en Balaidos, setembro 1969: 3º en 11”3.
Acadou clasificación para a final do Campionato de España 1970: con 23’2 en 200m.
Campionato provincial de clubes, 1970 (Júnior): 3º en 200m.
Cto. Provincial (Júnior), 1970: 3º en 100m.
VI Memorial Juan José López, 1970: 5º en 100m.
Semifinal Cto. España Júnior, 1970: 3º en 200m. con 23”2.
Control Federativo (Vigo), 1970: 3º en 100m. con 11”5.
Participou na Lisboa – Oporto - Pontevedra, 1970.
VI Trofeo Manuel Villaverde, 1970: 3º en 100m. con 11”6.
Final Cto. De España Júnior (Madrid), 1970: 2º en 4x100 e 3º en 200 con 22”3.
Control Federativo (Vigo), 1970: 2º en 100m. con 11”3.

Outros atletas da SAR serían: Juan Crespo, Andrés Cerezo, Rodríguez e Enrique Otero, en cross; José Pérez Orge, en triplo salto; Javier Cardedo, en lanzamento de martelo; ou Enrique Nogueira, récord local infantil de lonxitude con 5´43.

Máis datos dos anos 60.
En maio de 1966 celébrase a “Semana de la Juventud” de Acción Católica, en Chapela. O día 7 e 8 competicións de fútbol e atletismo. Os días 9, 10 e 11 charlas-coloquio na escola nacional de Angorén. Organizan Benito Ballesteros, Segundo Manuel Rodríguez e Jose Antonio Martínez Boullosa, coa colaboración do párroco Juan Manuel González Blanco. En abril do ano seguinte, a segunda edición deste certame conta novamente con probas de atletismo.


Anos 70 e 80.
A desaparición da sección de atletismo da SAR provocou que os nosos atletas tiveran que federarse en equipos de fóra de Redondela ou competir por libre, polo que os atletas citados anteriormente deixan a competición. Tan só algúns retomarían posteriormente o atletismo, como é o caso de Juan Crespo ou Jose Luis Pérez Docampo.
A nivel organizativo o 12 de febreiro de 1978 celebrouse en Redondela o Campionato Provincial de Cross (masculino, feminino e júnior masculino). En 1979 comeza a celebrarse na parroquia de Reboreda o Marathon Popular cun percorrido de 6 km. e que tería continuidade durante uns anos. En Chapela tamén se intenta fomentar este deporte dende a base organizando o I Cross Chapela, dirixido aos equipos das escolas, para categoría benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil, tanto masculino como feminino. O mesmo sucede en Cedeira que en 1982 comeza a organizar un cross popular dentro do programa das festas parroquiais.
Outro atleta desta época sería Jose Antonio Amoedo Barciela. Comezou a correr aos 36 anos. En 1982, completou a Marathon de Madrid, sendo o primeiro redondelán en completar esta distancia, nunha época en que ninguén corría no noso Concello.

Chegada de J. A. Amoedo, con pantalón azul, na Maraton Popular de Madrid.
Foto cedida por Antón Amoedo.
       
En agosto de 1970 o Círculo Cultural e Recreativo de Chapela organiza un campionato de “natación-cross”, no que vence o socio Luis Teniente Lago, seguido de Enrique Comesaña, Anselmo Prada, Gonzalo Mencía, Enrique García e Delio Rodríguez.

Anos 90
A finais dos anos 80 e principios dos 90 algúns mozos e mozas que destacaban no atletismo marchan a competir a Pontevedra. Entre eles podemos citar a:

Rosana Nogueira Vázquez (Redondela, 1973). Saltadora de altura. Despois de afeccionarse nos campionatos escolares marchou a competir a Pontevedra, primeiro no Cap e despois no Ximnástica. En 1991, con 18 anos, posuía o récord galego júnior cun salto de 1'65 e quedara 6ª no Campionato de España de pista cuberta. Xunto ao loitador de Wu Shu (Kung Fu) Pablo Ortega, foi a encargada de conducir o facho olímpico de Barcelona’92 por Redondela (daquela o recorrido desviouse polo Scalextric porque o Concello non pagara as taxas correspondentes, deixando coas ganas á xente que agardaba nas rúas do casco urbano).
Nesta época tamén formaban parte do Ximnástica de Pontevedra as súas curmás Carmen e Ana María Nogueira, que participaban nas combinadas.

Rosana Nogueira. Foto: Faro de Vigo, 1991
 
O atleta máis destacado desta década sería:

Antón Amoedo Giménez (A Portela-Cedeira). A afección por este deporte venlle do seu pai anteriormente citado, Jose Antonio Amoedo Barciela. Empezou a correr en serio durante os seus estudos de Enxeñería Técnica Industrial, proclamándose campión galego universitario de campo a través e 10.000 m. Nesta época tamén destacar o seu 3º posto nunha proba de 8 km. en Oporto na que tomaron parte 600 corredores. Logo pasaría por equipos como o Beade ou o Cote, antes de converterse nun dos fundadores de C. A. R.
Palmarés:
Campión Galego de Maratón en tres ocasións 1998 (2h31'40”), 2002 (2h39'22”) e 2003 (2h34').
Cto. Galego de Media-Maratón 1º en 1995 e 3º en 1993.
Segundo na Media Marathon Playas de Gandía, proclamándose Campión canario de Media Marathon en 1996 ao estar alí censado durante o cumprimento do servizo militar. Acadou deste xeito ser campión de media maratón de dúas comunidades diferentes, Galiza e Canarias.
Cto. Galego de Campo a Través: 6º en 1998.
Formou parte da Selección Galega de Cross en dúas ocasións: en 1994 en León, e en 1999 en Zarauz.
Cto. de España de Media-Maratón: mellor posto, 15º en 1994, 1h08'19”.
Cto. de España Militar: 9º en 1996.
Cto. de España Promesa (Victoria): 5º.
Cto. Galego de Media Marathon de Veteranos (35-40 anos): 1º no 2006.
Outros:
1º na VI Media-Marathon de Tineo.
Vig-Bay: Mellor posto, 6º. Varias veces entre os dez e vinte primeiros.
Mellores marcas: 1.500 en 3'59". 3.000 en 8'36". 5.000 en 14'55". 10.000 en 30'55".
 
A. Amoedo impoñéndose no Cto. Galego de Marathon 1998-Baixo Miño.
Foto: Eva Martínez, cedida polo atleta
 
Lamentablemente este corredor nunca recibiu o recoñecemento do que se fixo merecedor. Por contra, homenaxeouse o 3 de novembro do 2001 ao atleta natural de Mos, Alejandro Miguel Lago (9-2-1969), coa celebración da "Milla Internacional Homenaje a Alejandro Miguel" no 2.001, na que participaron figuras como Andrés Díaz, Reyes Estévez ou Martín Fiz. O motivo de celebrarse en Redondela foi que daquela traballaba e residía na nosa vila. Destacouse moi novo vencendo en varios campionatos de España escolares, júnior e promesa. Como resultados máis destacados do seu palmarés citar: Cto. Galego de 800m. en pista cuberta e ao aire libre en 1989; Cto. de España de 800 m. ao aire libre en 1996; Cto. de Europa de Policía 800m. ao aire libre en 1.994 e 1.998; Cto. do Mundo de Policías e Bombeiros de 800m. ao aire libre en 1.995; 2 veces internacional coa Selección Absoluta e 4 coa Junior. Mellor marca persoal en 800 m. 1'46"90.

Outro destacado atleta desta época sería:

Andrés Fervenza Fragueiro. Iniciouse correndo con Juan Crespo, comezando a competir a principios dos 90, pasando polos equipos Beade, Val Miñor, Comesaña e C. A. R.
Palmarés:
Mellores marcas: Media Marathon en 1h 10'40". 10.000 en 32'30".
Participou nos seguinte Campionatos nacionais:
Cto. de España de Media-Marathon de 1993 (Valladolid), 1h16'
65º Cto. de España de Media-Marathon de 1994 (Igualada), 1h16'50”.
Cto. de España de Campo a Través de 1995 (Ciudad Real).
Cto. de España de Media-Marathon de 1998 (Cantabria), 1h 16'
Cto. de España de Media-Marathon de 2000 (Zamora), 1h 12'
Cto. de España de Media-Marathon de 2004 (Ribadavia), 1h 15'
1º por equipos no Cto. Galego de Campo a Través de 2004 co Val Miñor
Participou nos Ctos. de España de Veteranos de Cross: Madrid 2006, Talavera 2007 e A Coruña 2010; ademais do Cto. de España de Clubs de Veteranos de Cross, Ribadavia 2010.
Gañou varias carreiras como a San Martiño de Bueu ou a proba de Bembrive. Tamén ten quedado entre os dez primeiros na Vig-Bay, proba que rematou en todas as súas edicións , celebrándose a primeira no ano 2.000 (dato do 2016).

Cto. Galego de Marathon.
Foto cedida por Andrés Fervenza.
 
S. XXI
           Co inicio de século rexurdiu este deporte ao pórse de moda o running, o que leva á formación na nosa vila dos equipos Serviocio Redondela e Redonélite.
           No 2012 fúndase o Clube Atlético de Redondela (C. A. R.), coa aspiración de fomentar a práctica deste e outros deportes. Este clube asumiu a organización da Carreira Popular Vila de Redondela, que se celebrou por primeira vez no 2008 e que dende o 2011 tamén conta con probas non competitivas para as categorías inferiores. No 2017 celebrou a I Triathlón Concello de Redondela, no que Fabián Ubeira foi o primeiro dos locais cun 7º posto. Tamén organiza a Travesía a nado Son Simón, que veremos no apartado adicado á natación, e a Carreira Montes da Ermida, disputada por primeira vez no 2015 e na que resultou vencedor un atleta do club, Gonzalo Rodríguez López. Precisamente, este veterano corredor proclamárase Campión Galego de Carreiras Populares 2011-2012, quedando terceiro outro fundador do club, Amador Reboreda Graña, que vencera na edición anterior.
 
Presentación de C. A. R., 2012. Foto: Facebook do clube
              
         A práctica do running levou a moitos a competir en triathlón sendo varios os deportistas que se veñen clasificando para os campionatos de España.
 
Entre os logros individuais, destacar a:

Fabián Ubeira Vidal (Cedeira) foi o primeiro redondelán en completar un Ironman. Sería en maio do 2013 en Lanzarote, cun tempo de 10h38min19". O 4 de maio de 2019, participou no Mundial de Triatlon, celebrado en Pontevedra.

Carlos Cabanas Parada (Cedeira) rematou o Ironman en tres ocasións:
Ironman Frankfurt 2013, 11h26m.
Ironman Zurich 2014, 12h23m.
Ironman Roth 2015, 12h03m .
 
Carlos Cabanas finalizando o Ironman Roth 2015.
Foto cedida polo deportista.
 
Manuel Alejandro Lago Ríos, venceu no 2013 no Ultratail do Barbanza, completando 68 km. en 7h.46'40”.
José Antonio Figueroa. En setembro do 2019 finalizou 62ª de 957 atletas no TOR des Geants, unha carreira no Valle de Aosta (Italia) con 356 quilómetros e 27.390 metros de desnivel positivo. Tardou 106 horas en completar a proba, durmindo tan só 5 delas. Outras probas que ten completado serían a Ultra Trail del Mont Blanc, a Transgrancanaria ou a Ronda dels Cims en Andorra, con 170 quilómetros.

Na categoría feminina destacar a:
Sofía Freaza. Atleta do Comesaña de Vigo, que ten animado o Campionato galego de 5.000 (3º no 2016) e 10.000 (5ª no 2013). Ademais de vencer en varias probas como o Trofeo de Pedrestrismo Vila de Cangas ou o Correndo por Vigo, sendo profeta na súa terra vencendo na Carreira Popular Concello de Redondela no 2015.
 
Sofía Freaza e a olímpica María Vasco, 2015 Foto: Atlántico Diario
 
Susana Ricón. No 2013 completou a maratón de New York, sendo a primeira muller de Redondela en completar esta proba.

Susana Ricón durante a Maratón de New York
Facebook da atleta.
 
 Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Seren
Nº 0. A Sociedade Atletica Redondela. Miguel López Docampo
Nº3. Os Eidos: “A vila dos mortos”. J. A. Orge Quinteiro.
Aportacións: Familia de Juan José López, Sebastián Fernández, Juan Pablo Figueroa, Antón Amoedo, Paco Reboredo, Carlos Cabanaas e Andrés Fervenza.
Faro de Vigo
Atlántico diario
Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es> La Idea, El Pueblo Gallego, La Noche








No hay comentarios:

Publicar un comentario