domingo, 12 de abril de 2020

Alfaya Bula, Javier (Ramallosa 6-8-1939/29-1-2018) Escritor e Xornalista

Javier Alfaya Bula. Foto: Publio López Mondéjar-Ministerio de Empleo y Seg. Social-20minutos
         Criouse en Reboreda ata que, cando contaba con 7 anos de idade, o seu pai foi destinado como notario a León. Ao longo da súa vida aínda pasaría largas tempadas en Reboreda. Nos anos 60 comezou a colaborar en revistas literarias, programas de radio e xornais como Triunfo, Informaciones e Nuevo Diario. Xa nos 70 foi xefe das páxinas culturais de Realidades, El Europeo e Mundo Obrero; colaborou en Cuadernos para el Diálogo e, novamente, Triunfo. En 1985 foi cofundador da revista de música clásica Scherzo da que foi presidente ata o seu falecemento.
A partires desta época traballou en radio, televisión, revistas como Contrarios, Cuadernos para el Diálogo, Letra Internacional, Ínsula, A Nosa Terra ou Revista de Occidente. Colaborou en xornais como El País, El Mundo, El Independiente ou Le Monde Diplomatique. Realizou numerosos traballos de tradución en colaboración coa súa dona Bárbara Mc Shane e fillo Patrick Alfaya Mc Shane de obras de Joseph Conrad, Graham Greene ou Isaac Asimov. Tamén escribiu ensaio, poesía e novela. Da súa obra narrativa destacar aquí, Una luz en la Marisma, novela xuvenil ambientada en Redondela.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Antonio Ocampo Otero. Doctor en Medicina y Cirugía. Bodas de Oro(1939-1989)
Crítica de libros.org
20 minutos. https://www.20minutos.es 


No hay comentarios:

Publicar un comentario