En
1703 o Tribunal
de la Inquisición de México inicia o proceso de fe por bigamia de
Juan Antonio Rodríguez, natural de Redondela e veciño de Veracruz
(México), mariñeiro.
En época máis
recente, concretamente en 1911, saltou ás páxinas dos xornais unnha
historia que atentaba contra moralidade da época. O 16 de febreiro
de 1895, o mozo Manuel Adolfo Boullón, pertencente a unha coñecida
familia compostelá, casou en Redondela con Canstancia Dionisio
Pombo. O tempo foi pasando e o matrimonio tivo dous fillos. Ao pouco
tempo o home decidiu marchar a Arxentina, deixando en Redondela á
súa muller e fillos.
Máis no barco
coñeceu a unha bonita moza, chamada Antonia Pereira e que tiña
familia en Vigo, coa que mantivo un romance do que naceu un neno. A
viaxeira descoñecía que o seu amante era casado, e accedeu a
contraer matrimonio civil o 22 de agosto de 1911, e concibir un
segundo fillo.
Mentres tanto, en
Redondela a primeira esposa recibía cartas do seu marido de cando en
vez. A familia do santiagués non sabía nada do segundo matrimonio e
continuaba en boas relacións coa familia da esposa abandonada.
Pasados
dez anos a nova parella decidiu volver
de Arxentina. Desembarcaron en Vigo, visitaron Portugal e varias
localidades galegas e hospedáronse no Hotel Universal ata que
alugaron un piso no que se instalaron.Aos poucos días
o marido, co pretexto dunha viaxe a Santiago, presentouse en
Redondela na casa da primeira esposa onde foi recibido con sorpresa e
ledicia. A visita converteuse nunha estancia dun mes, ata que a
segunda muller desesperada pola desaparición do seu home, deu en
enterarse de onde se atopaba e presentouse na vila dando conta de
todo a un avogado e ás familias.
A fin de non
formar escándalo tapouse todo, e acordouse que a segunda muller
regresara a Arxentina (parece ser que ofrecéndolle 4.000 pesetas) e
o bígamo quedara en Redondela coa súa primeira muller e fillos.
Nesas estaban cando aos poucos días o home decide marchar a Vigo a
vivir coa segunda esposa. Intervén entón a familia do
“dobre-marido”, intentando convencelo de que volvera coa
redondelá e abandonara á viguesa.
As
ameazas non dan resultado e a parella decide regresar
a América, pero cando están preparando a viaxe preséntase na casa
a garda civil e leva presos aos namorados. Despois de tomarlles
declaración o xuíz poría en liberdade provisional á muller e
decretou a prisión de Boullón por un delito de bigamia.
No
xuízo celebrado en febreiro de 1913 solicitaríase tres meses e un
día de arresto maior e unha indemnización de 10.000 reais
a Antonia Pereira.
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Pares>Archivo
Archivo
Histórico Nacional>Consejo
Inquisición
Galiciana-
http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es
=> El pueblo gallego, El noticiero de Vigo, El Diario de
Pontevedra, El Eco de Galicia, El Correo de Galicia
No hay comentarios:
Publicar un comentario