Foto: Crónica-El Mundo |
Corría
o ano 2002, cando o 23 de xuño a parroquia de Cedeira saltaba as
páxinas do corazón. O motivo non era outro que a celebración na
súa igrexa do enlace entre Eduardo
Sánchez Pérez, fillo do propietario da revista ¡Hola!
e director da súa edición en Internet, e Asunta Moreu Bárcena,
avogada e descendente do conde de Torrecedeira. Quizais
os nomes dos noivos non foran moi populares pero sí o eran moitos
dos 700 invitados: Ana Botella, esposa do daquela presidente do
Gobierno Jose María Aznar; a súa filla Ana e o daquela seu
prometido, Alejandro Agag; o ex-presidente Adolfo Suárez e a súa
filla Marián; as irmás Alicia e Esther Koplowitz; o banqueiro
Javier Valls Taberner; Miranda, esposa de Julio Iglesias; Paloma
Cuevas, esposa
de Enrique Ponce; o ministro de Fomento, Francisco Álvarez Cascos;
Nati Abascal; o modista dominicano Óscar de la Renta... O voo e o
aloxamento estaba incluído
na invitación, parte no Gran Hotel da Toxa e o resto nos mellores
hoteis de Vigo.
Considerada
a voda do ano tivo pouca repercusión nos medios debido a discrección
co que se cubriu o evento, por expreso desexo do pai do noivo, polo
que apenas se publicaron fotos. As fortes medidas de seguridade
pecharon o tráfico nas proximidades. Rematada a ceremonia os
invitados trasladáronse nun tren turístico ao fastuoso pazo
familiar de Torrecedeira. Alí foron agasallados cun menú servido
polos restaurantes Jockey
e El
Canario
de Chapela consistente nunha selección dos mellores mariscos
(bogavantes, langostinos...), foiegras
trufado, peituga
de pintada... Todo acompañado polos mellores albariños. Non se
reparou en gastos, concretamente 2,4 millóns de euros (uns 400
millóns das antigas pesetas) foron os que se gastaron na festa.
Autor:
Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Crónica
No hay comentarios:
Publicar un comentario