viernes, 3 de abril de 2020

Cordero Carrete, Felipe Ramón. (Redondela, 4-3-1894/¿?) Escritor

Foto: myheritage.com

Nado en Redondela, de nai santiaguesa e pai portorriqueño. Aos dous anos foi levado a Puerto Rico, cando o seu pai se licenciou en menciña na Universidade de Santiago. Doutorouse en Cirurxía Dental na Universidade de Maryland (Baltimore), formando parte do corpo de sanidade do exército norteamericano na I Guerra Mundial. De volta a Galicia en 1921 instalouse en Santiago, onde foi concelleiro e membro da Sociedade Económica de Amigos do País. En 1933 ingresou no Seminario de Estudos Galegos na sección de Etnografía e Folclore. En 1934 licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade de Santiago onde exerceu como profesor de idiomas. Ao ano seguinte foi nomeado Director do 1º pavillón da Residencia de Estudantes. Tralo golpe de estado do 36 sería apartado da docencia. 

 

Foto: Vida Gallega
 

Xa nos 40 foi un dos impulsores do Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento, sendo nomeado Secretario de Honra cando se xubilou en 1972. Tamén foi co-fundador da Sociedade de Bibliófilos Galegos e membro da Real Academia Galega. En 1977 concedéronlle a Encomienda de la Orden de Alfonso X el Sabio. Publicou numerosos artigos nos Cuadernos de Estudios Gallegos, por exemplo: Veneras y cruces de Santiago na heráldica inglesa. No 2007 puxéronlle o seu nome a unha rúa de Santiago de Compostela.

Autor: Juan Migueles


 


BIBLIOGRAFÍA
Galiciana => http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El Compostelano, La Noche, Vida Gallega

No hay comentarios:

Publicar un comentario