lunes, 6 de julio de 2026

Guerra Civil. Listaxe de Presos na Illa San Simón: LA-LE

 

Presos en San Simón. Foto: Dámaso Carrasco

Lacalle Fernández, Valentín (Arrigorriaga-Bizkaia)

Papeleiro, 41 anos, casado con Margarita Montehermoso. Fillo de Mateo e Elena.

Veciño de Tolosa (Gipuzkoa).

Afiliado a Izquierda Republicana (IR) e UGT. Garda en Tolosa, abandonando á cidade coa entrada do exército sublevado.

Xulgado en San Sebastián por Auxilio á Rebelión (Causa 1684/37). Condenado o 01/12/1937 a 15 anos. Pena posteriormente conmutada a 3 anos pm., pola Comisión de Guipúzcoa (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300543, Expediente 44977).

Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/09/1938) e Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona. Prisión atenuada o 16/07/1940.

Preso tamén na Prisión Provincial de León, onde por orde do 26/07/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 235 de 23/08/1943, páxina 8186)

Reingresa na Prisión de San Sebastián o 25/04/1951, saíndo en liberdade o 27/04/1951.


Lacambra Oncins, Antonio (Plampalacios-Huesca)

Labrego, 63 anos, casado con Pascuala. Fillo de Antonio e María.

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado a 6 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Huesca (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300483, Expediente 35751).

Preso, cando menos, na Prisión de Boltaña, Prisión Provincial de Huesca (28/07/1938), Prisión de Tafalla (27/11/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (08/03/1939), onde falece o 10/04/1939.

Apesares do seu falecemento abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas (1942-1943).


Lacambra Solanilla, Pedro (Ainsa Sobrarbe-Huesca, 1871)

Xornaleiro, 66 anos, casado con Josefa Pueyo. Fillo de Pedro e Josefa.

Detido o 02/08/1938 acusado de asistir a asembleas do “comité rojo de Ainsa” e participar nas requisas. Xulgado en Huesca por Rebelión Militar (Causa 589/38). Condenado o 06/09/1938 a 12 anos e 1 día de reclusión menor e pena accesoria de inhabilitación absoluta durante o tempo da condena. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Huesca (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixaa 300482, Expediente 35731).

Preso na Prisión de Boltaña, Prisión Provincial de Huesca (06/08/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (08/05/1939), onde falece o 28/04/1940.

A pesares do seu falecemento abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas o 06/11/1942 e celebrouse un novo consello de guerra o 22/02/1945 (Causa 1410/45).


Lacoma Gabarre, Cándido (Rodellar, Bierge-Huesca)

Cullereiro, 55 anos. Fillo de José e María.

CNT, ERP.

Xulgado por Auxilio á Rebelión (Causa 576/38). Condenado o 30/09/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Huesca (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300866, Expediente 91116)

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Huesca (25/07/1938), Prisión Central de Astorga-León e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/01/1942), onde por Orde do 12/03/1942, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 77 de 18/03/1942, páxina 1957), facéndose efectiva o 15/03/1942.

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas en 1942.


Lacosts Larraze, José (Huesca-Huesca)

Xornaleiro, casado, 60 anos.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


Lacruz Clemente, José (Aínsa Sobrarbe-Huesca)

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde por orde do 26/04/1940, concédeselle a liberdade ( Boletín Oficial del Estado número 121 do 30/04/1940, páxina 2948).

Xulgado en Huesca por Auxilio á Rebelión (Causa 589/38). Condenado o 06/09/1938. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Huesca (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300483, Expediente 35746).

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas en 1942.


Lacueva Valero, Domingo (Jarque de la Val-Teruel)

Labrego, 59 anos, casado con Rufina Capilla. Fillo de Miguel e María.

Vocal da Comisión local.

Xulgado en Zaragoza por Auxilio á Rebelión (Causa 13/38). Condenado o 08/10/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Zaragoza (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300880, Expediente 92922).

Preso na Prisión de Aliaga, Prisión Provincial de Zaragoza (24/07/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (30/03/1939), concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva de desterro por Orde do 11/07/1941 (BOE número 214 de 2/8/1941, páxina 5864), facéndose efectiva o 10/07/1941.

Nova causa xeral en 1941 e 1943 (Causa 1417).


Lafoz Coderque, Félix (La Puebla de Albortón-Zaragoza)

Xornaleiro, 40 anos, casado con Nieves Herrero, 3 fillos. Fillo de Justa Antonia.

Afiliado a Frente Popular.

Xulgado en Zaragoza por Auxilio á Rebelión, acusado de pertencer a “uno de los comités rojos de su pueblo”. Condenado o 02/07/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Zaragoza (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300349, Expediente 17245).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938), Prisión Central de Astorga-León e Prisión Provincial de Oviedo (31/12/1939), onde por orde do 02/08/1941, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº221, de 09/08/1941, páxina 6059), facéndose efectiva o 04/06/1941, pasando a situación de Prisión atenuada.

Aparece nun censo de 1951 como veciño de La Puebla de Albortón.

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, foi multado con 100 pesetas, sendo indultado en 1959.


Lafoz Lázaro, Hilario (Lagata-Zaragoza)

Ferreiro, 64 anos, casado con Desideria Moliner. Fillo de Celestino e Saturnina.

Xulgado por Auxilio á Rebelión (Causa 53/38) acusado de participar en saqueos e incendios de templos. Condenado o 22/07/1938 a 15 anos. Pena posteriormente conmutada a 6 anos e 1 día pola Comisión de Zaragoza (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300349, Expediente 17140).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza (31/0371938), Prisión Central de Valdenoceda-Burgos (27/11/1938), Prisión Central de Celanova-Ourense (12/12/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (03/04/1939). Liberdade o 19/05/1941.

Nova causa xeral o 13/11/1940 (Causa 1423).

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas en 1938, sendo indultado en 1960.


Lafragua Unane. Cosme (Bilbao-Bizkaia)

Chofer, 22 anos, solteiro. Fillo de Mateo e Agapita.

Veciño de Gordexola (Bizkaia).

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 18/10/1938 a 15 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Vizcaya (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300507, Expediente 39269).

Preso na Prisión de la Universidad de Deusto, Prisión Provincial de Bilbao (24/11/1938), Buque Prisión Upo Mendi-San Simón (10/12/1938) e Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda (27/01/1940). Liberdade o 15/08/1940.

Unha vez en liberdade debe cumprir co servizo militar nos Batallones Disciplinarios de Soldados Trabajadores Penados (BDSTP), 1a Agrupación, 1941-1942 (ES.19030.AGMG/3.5. Caixa 304347, Expediente 4094).


Lafuente Fernández, Francisco Tomás (Caldas de Reis-Pontevedra)

Labrego, 35 anos, viúvo. Fillo de Jesús e Teresa.

Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión. Condenado o 14/02/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada a 3 anos de prisión menor, pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300288, Expediente 9310).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Pontevedra, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (01/10/1937), Prisión Central de Santa Isabel de Santiago de Compostela (27/02/1939). Prisión atenuada o 19/08/1940.

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1960. En 1943 ten que facer fronte á incautación de bens (BOE 30/04/1943, páx. 1623).


Lage Piñeiro, Arturo (Cambados-Pontevedra)

Mariñeiro, 52 anos, casado con Dolores Fuentes. Fillo de Antonio e Socorro.

Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión. Condenado o 14/04/1937 a 15 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300427, Expediente 27525).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Pontevedra e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (04/04/1937). Prisión atenuada o 04/08/1940.


Lage Portela, Jesús “Robusto” (Salcedo, Pontevedra-Pontevedra)

Ebanista, 32 anos, casado con Benita Custodio. Fillo de Robustiano e Dolores.

Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión. Condenado o 10/02/1938 a 6 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300427, Expediente 27607).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Pontevedra e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/02/1938), onde por orde do 12/08/1940, concédeselle a Liberdade condicional (BOE número 235 del 22/08/1940, páxina 5819), pasando a situación de Prisión atenuada o 27/07/1940.

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1940, figurando como veciño de Bértola (Vilaboa).

Conmutación e extinción da pena o 12/11/1943.


Lago Alonso, Bienvenido (Vilagarcía de Arousa-Pontevedra)

Xefe da policía municipal de Vilagarcía, 44 anos.

Vocal do Partido Republicano Gallego de Vilagarcía en 1932. Despois afiliado a Izquierda Republicana.

Detido o 31/07/1936.

Preso, cando menos, no Cárcere da Garda Civil de Vilagarcía, Prisión da Escola Normal de Pontevedra, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.

Entre xullo de 1936 a marzo de 1937 escribiu un diario no que relata a súa estancia nas prisións de Pontevedra e San Simón.

Unha vez en liberdade traballou como recadeiro entre Vilagarcía e Santiago de Compostela.

En 1953 a Dirección Xeral de Administración Local rexeitou o seu recurso para recuperar o cargo de garda municipal.


Lago Carrera, Clementino (Angoares, Ponteareas-Pontevedra)

Carniceiro, 25 anos, solteiro. Fillo de Antonio e Carmen.

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 13/02/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300427, Expediente 27520).

Preso, cando menos, na Prisión de Vigo, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/09/1937) e Prisión Central de Burgos (06/03/1939). Liberdade o 01/03/1943.


Lago Fernández, Fernando (Lavadores, Vigo-Pontevedra)

Carpinteiro, 34 anos.

Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.

Executado o 10/12/1936, ás 8, nas inmediacións do castelo do Castro-Vigo, rexistrándose a morte a causa de hemorraxia interna.


Lago Lago, Manuel (Caleiro, Vilanova de Arousa-Pontevedra)

Carpinteiro, 25 anos, solteiro. Fillo de Manuel e Josefa.

Xulgado en San Sebastián por Auxilio á Rebelión. Condenado o 28/11/1937 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/09/1938), Prisión Central de Astorga-León (09/05/1939) e Talleres Penitenciarios de Alcalá de Henares (21/11/1939). Liberdade o 16/01/1941.


Lago Morales, Emilio (Cangas-Pontevedra)

Enfermeiro, 24 anos, solteiro. Fillo de Joaquín e Isaura.

Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar. Condenado oa cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.

Preso, cando menos, no Cárcere do Concello de Pontevedra (19/05/1937), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/07/1936) e Prisión Central de Burgos (08/03/1939). Prisión atenuada o 05/09/1940.


Lago Prieto, José

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, de onde foi sacado o 9 de novembro, xunto a Manuel Fontán Herbón, Víctor Fraiz Castellanos, Manuel Lustres Rivas, Abdón Simón Da Ponte, Silo Marmolejo Santos, Vicente Bautista Faria, Manuel Nores Portela e Florentino Vázquez Doval. Ao día seguinte apareceron mortos a tiros no Alto de A Concheira (Trasmañó-Redondela).


Lago Prieto, Manuel “Morros” (Teis, Vigo-Pontevedra)

Condutor, 29 anos. Fillo de Manuel e Peregrina.

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 26/10/1936 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada a 12 anos.

Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (05/02/1937), Prisión Central de Astorga-León (13/11/1942) e Prisión Central de Santa Isabel de Santiago de Compostela (23/12/1942), onde por orde do 19/06/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE numero 203 de 22/07/1943, páxina 7079), facéndose efectiva o03/06/1943.


Lago Rodríguez, Manuel (Cabral (Lavadores), Vigo-Pontevedra, 17/09/1906)

Xornaleiro e estibador no porto de Vigo, 33 anos, casado con Pilar Pérez. Fillo de José e Juana.

Afiliado ao Partido Comunista (PCE), anteriormente no CNT.

A folga xeral convocada en Vigo polos sindicatos o 20 de xullo de 1936 saldouse con 14 mortos. Tras estes feitos, Manuel forma parte do grupo de traballadores que levanta a barricada de Lavadores. Aos dous días disólvense ao non poder facer fronte ao exército. Manuel fuxiría ao monte sendo detido aos poucos días.

Xulgado en Vigo por Rebelión Militar (Causa 1179/1936). Condenado o 22/02/1937 a 20 anos.

Preso na Prisión do Frontón de Vigo, Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (18/09/1938), Prisión Central de Burgos e Prisión Central de Astorga-León. Prisión atenuada o 31/08/1940.

En 2006 cumpriu 100 anos.

 

Lago Rodríguez, Manuel. Arquivo: Nomes e Voces


Lago Rodríguez, Victoriano (Corzáns, Salvaterra do Miño-Pontevedra)

Labrego, 36 anos, casado con Emilia Rodíguez. Fillo de José e Pilar.

Xulgado en Vigo por Auxilio á Rebelión. Condenado o 11/02/1937 a 15 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300427, Expediente 27602).

Preso na Prisión de Vigo, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (20/11/1937) e Prisión Provincial de Lugo (16/11/1939). Prisión atenuada o 31/10/1940.


Lago Sambade, Manuel (Ézaro, Dumbria-A Coruña)

Mariñeiro, 27 anos, solteiro. Fillo de José e Josefa.

Fuxido a Bristol (Inglaterra) á bordo do do vapor "El As", pasando logo a Francia e Barcelona, onde se alista no exército republicano. Sería feito prisioneiro de guerra e acusado de deserción.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 04/10/1938 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Valdenoceda-Burgos (10/02/1939), Prisión de Ferrol (28/05/1940), Prisión Provincial de A Coruña e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (13/04/1942), onde por orde do 12/12/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 5 de 05/01/1943, páxina 161), facéndose efectiva o 07/12/1942.


Laguarda Andrés, Antonio (Samper de Calanda-Teruel)

Labrego, 65 anos. Fillo de Tadeo e Ramona.

Xulgado en Híjar (Teruel) por Auxilio á Rebelión (Causa 563/38). Condenado o 23/12/1938 a 20 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Teruel (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300983, Expediente 105986).

Preso, cando menos, no Cárcere de Híjar, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939) e Prisión de Partido de Alcañiz (27/11/1942), onde por orde do (22/05/1943), concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 155 DE 04/06/1943, páxina 5364), facéndose efectiva o 05/05/1943.


Lahuerta Quintín, Plácido (Mediana de Aragón-Zaragoza)

Camareiro, 69 anos. Fillo de Vicente e Josefa.

Xulgado en Zaragoza por Auxilio á Rebelión (Causa 1678/1936). Condenado o 13/01/1937 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Zaragoza (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300349, Expediente 17130).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938). Prisión atenuada o 01/09/1941.

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1956.


Lainsa Bus, Emilio (Irún-Guipuzkoa)

Militar, 38 anos, solteiro. Fillo de Emilio e María.

Xulgado en Soria por Auxilio á Rebelión (Causa 474/1937). Condenado o 25/05/1937 a 15 anos de reclusión temporal coa accesoria da perda do emprego (BOE nº 337 do 22/09/1937, páx. 3479). Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Soria (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300382, Expediente 20915).

Preso, cando menos, na Prisión Central de Astorga-León, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (28/05/1939) e Prisión de Gijón (23/12/1942). Prisión atenuada o 26/04/1943.


Lamarca Martos, Juan (Partaloa-Almería)

Fontaneiro, 49 anos, casado con Amalia Tiñana, dous fillos. Fillo de Blas e María.

Alcalde e veciño de Cantoria (Almería) o 20/08/1938. Membro da Junta Calificadora de Expropiación de Fincas Rústicas de Cantoría. Anteriormente estivera emigrado en Brasil e Arxentina.

Presidente da UGT de Cantoria.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 19/07/1940 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Almería. Prisión Central de Astorga-León (27/10/1940), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (22/01/1942), por Orde do 22/01/1943 , concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 46 de 15/02/1943, páxina 1531), facéndose efectiva o 15/12/1942. A pesares desta información, o certo é que nunca regresou a casa e a familia nunca máis soubo del.


Lamarca Martos, Juan. Foto cedida pola súa neta Francina

Lamas Bugallo, Eugenio (Cornazo, Vilagarcía de Arousa-Pontevedra)

Canteiro, 28 anos, casado con María Luisa. Fillo de Inocencio e María.

Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar. Condenado o 08/02/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (16/05/1937), onde participou na gran evasión do 22 de maio de 1938, sendo capturado o día 26 no monte Ezkaba. Posto en liberdade por conmutación en setembro de 1940.

Reingresa na Prisión de Pontevedra (02/01/1942), Prisión de Pamplona (24/01/1942). Prisión atenuada o 14/09/1942.


Lamas Iglesias, Miguel (Vilatuxe, Lalín-Pontevedra, 1902)

Labrego, 36 anos, casado con Isolina. Fillo de Manuel e Encarnación.

Membro da Directiva da Sociedade Fraternidad de Donsión.

Xulgado en Pontevedra, xunto aos seus veciños Jesús Golmar Rodríguez e José Crespo Torres, por Rebelión Militar o 18/11/1936. Condenado o 30/11/1936 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior, interdición e inhabilitación absoluta. . Pena posteriormente conmutada a 4 anos de prisión menor pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300288, Expediente 9332).

Preso na Prisión de Lalín (22/08/1936), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (08/09/1936), Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (05/02/1937) e Colonia Penitenciaria del Dueso (19/09/1939). Prisión atenuada o 04/06/1942.

Volven a ser detido en 1948, acusado de axudar á guerrilla. Xulgado na Coruña (Causa 296/1948), foi condenado o 22/03/1949 a un ano e seis meses de prisión. Reingresa na Prisión de Pontevedra (28/06/1948) e Prisión de A Coruña (20/07/1948), sendo posto en liberdade o 02/04/1949. Como consecuencia da súa estadía no cárcere acabaría morrendo en Donsión dous anos despois, o 14 abril de 1951.


Lamas Zaraura, Francisco “Franki” (Boston-Estados Unidos, 18/07/1914)

Propietario dun cine, 24 anos, solteiro. Fillo de Francisco e Balbina.

Veciño de Fene (A Coruña).

Militante de Juventudes Socialistas. O seu pai abriu o primeiro cine de Fene, Cinema Fene. Cando Francisco herdou a sala cambioulle o nome polas súas iniciais, Cine Franlaza.

Xulgado en Ferrol por Rebelión Militar (Causa 505/1936). Condenado o 05/01/1937 a pena de morte, sendo rebaixada a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de La Coruña (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300004, Expediente 281).

Preso, cando menos, na Prisión Preventiva de Ferrol, Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (28/01/1937), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e Prisión Central de Santa Isabel de Santiago de Compostela (24/10/1941), onde por orde do 01/03/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 76 de 17/03/1943, páxina 2440) , facéndose efectiva o 23/01/1943.


Cartel de Cinema Fene. Arquivo: Radiofusión

Lamas Zarauza, Juan (Santiso de Vilanova, Malpica de Bergantiños-A Coruña)

Labrego, casado, 56 anos.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


Lambier Harce, Abel (Cortes de Pallás-Valencia)

Labrego, 26 anos, solteiro. Fillo de Salvador e María.

Xulgado en Zaragoza por Auxilio á Rebelión (Causa 337/1938). Condenado o 11/02/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Zaragoza (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300480, Expediente 35339).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938), Prisión Central de Astorga-León e Prisión Provincial de Oviedo (31/12/1939). Prisión atenuada o 10/10/1940.


Lamoso Blanco, Faustino (Lourizán, Pontevedra-Pontevedra)

Labrego, 46 anos, casado con Dolores Arosa. Fillo de Isidro e Josefa.

Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión. Condenado o 27/06/1937 a 15 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300269, Expediente 6819).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Pontevedra, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/03/1937), Prisión Central de Astorga-León e Prisión Provincial de Oviedo (31/12/1939). Prisión atenuada o 10/08/1940.


Lamoso Novás, Jacinto Manuel (Bueu-Pontevedra)

Serrador, 52 anos.

Fundador da Sociedade "El Progreso". Presidente da Sociedade de Canteiros e Oficios Varios de Bueu.
Morto o 07 de decembro de 1936
nas inmediacións do cemiterio municipal de Marín a causa de disparo de arma de fogo. Inscrito inicialmente coma un cadáver descoñecido e identificado o 27-11-1981.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


Lamoso Rodríguez, Ramiro (Lourizán, Pontevedra-Pontevedra)

Albanel, 23 anos, solteiro. Fillo de Emilio e Aurelia. Sobriño de Faustino Lamoso Blanco tamén preso en San Simón.

Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar. Condenado o 27/06/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300269, Expediente 6810).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Pontevedra, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/03/1937) e Prisión Central de Burgos. Prisión atenuada o 19/09/1940.


Lanaspa Felices, Francisco (Vistabella-Zaragoza)

Xornaleiro, 70 anos, casado con Águeda Naval, un fillos Hermenegildo e Gregoria. Fillo de Joaquín e Joaquina.

Veciño de Luesma (Zaragoza).

Afiliado a CNT. Ao inicio da guerra alistouse voluntario no exército republicano.

Xulgado en Ateca (Zaragoza) por Auxilio á Rebelión (Causa 196/1938), acusado de participar en saqueos. Condenado o 09/09/1938 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza, Prisión Central de Figueirido-Pontevedra (30/07/1939) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde falece o 14/07/1941.


Lanchas Martín, Francisco (Casillas de Flóres-Salamanca)

Mineiro, 55 anos, casado con Manuela. Fillo de Andrés e Lorenza.

Veciño de Villablino (León).

Xulgado en León por Auxilio á Rebelión (Causa 388/1938). Condenado o 20/04/1938 a 16 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de León (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300440, Expediente 29602).

Preso, cando menos, na Prisión Militar de San Marcos-León, Prisión Provincial de León (05/10/1938), Buque Prisión Upo Mendi-San Simón (20/10/1938) e Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda (25/01/1940), onde por orde do 02/08/1941, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro, facéndose efectiva o 25/07/1941.

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas entre 1938 e 1945.


Lanchas Piñón, Andrés (La Arboleda, Valle de Trábaga-Bizkaia)

Fogueiro, 24 anos, solteiro. Fillo de Francisco Lanchas Martín e Manuela.

Veciño de Villablino (León).

Afiliado a Juventudes socialistas (JS) e membro de UGT.

Xulgado en León por Auxilio á Rebelión. Condenado o o 11/03/1937 a 20 anos. Pena posteriormente conmutada a 8 anos pola Comisión de León (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300208, Expediente 515).

Preso, cando menos, na Prisión Militar de San Marcos-León, Prisión Provincial de León (11/03/1937), Prisión Central de Vigo (22/10/1938), Buque Prisión Upo Mendi-San Simón (23/10/1938) e Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda (27/01/1940), onde por orde do 25/11/1940, concédeselle a Liberdade condicional (BOE número 333 del 28/11/1940, páxina 8164), facéndose efectiva o 29/11/1940.


Landa Araújo, Francisco (Los Arcos-Navarra)

Labrego, 63 anos, casado con Gregoria Ganuza. Fillo de Antero e Benigna.

Xulgado en Pamplona por Auxilio á Rebelión. Condenado o 25/05/1937 a 15 anos. O 28/01/1938 volve a ser xulgado (Causa 137/1936, xulgado de Estella) sendo sentenciado a 1 ano, 8 meses e 1 día, que serán engadidos á pena inicial.

Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona, Prisión Provincial de Pamplona (16/12/1936), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (08/03/1939) e Prisión Central de San Isidro de Dueñas-Palencia (04/01/1940), onde por orde do 21/06/1940, concédeselle a Liberdade condicional (BOE número 179 del 27/06/1940, páxina 4401), facéndose efectiva o 29/03/1941.

Reingresa na Prisión Habilitada Manicomio de Palencia (30/01/1941). Saíndo en Liberdade condicional o 29/03/1941 (BOE nº 90 de 31/3/1941, páxina 2123).


Lande Infante, Alfonso (

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 17/01/1944 (NOTA: data que figura na súa ficha de preso en Bilbao) a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939). Prisión atenuada o 19/09/1943.


Lángara Sáinz, Gonzalo (Portugalete-Bizkaia)

Oficinista, 36 anos, casado con Trinidad Bilbao. Fillo de Juan e María.

Veciño de Bermeo (Bizkaia).

Membro de UGT. En Bermeo realizou gardas armado, ao mesmo tempo que actuaba como cobrador do arbitrio (imposto) da agua.

Xulgado en Bilbao por Auxilio á Rebelión (Causa 191/37). Condenado o 16/08/1937 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada a 6 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/09/1938), Prisión Central de Astorga-León (28/03/1939) e Prisión Provincial de León, onde por orde do 25/09/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 285 de 12/10/1943, páx. 9880), facéndose efectiva o 09/08/1943.

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, séndolle imposta unha multa de 40.000 pesetas. (BOE Anexo único nº 54, do 23/02/1941, páx. 778).

NOTA: Na ficha de preso: Lángara Sáiz, Gonzalo.


Lanzón Guerra, Gabriel (Valle de Finolledo-León)

Labrego, 65 anos, casado con Isabel. Fillo de Domingo e Ángela.

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 01/06/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.

Preso na Prisión Provincial de Oviedo, Prisión Central de Burgos (26/07/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (11/03/1939), onde por Orde do 14/10/1942, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 299 de 26/10/1942, páxina 8581), facéndose efectiva o 06/08/1942.


Laorden Gandul, Casiano (Santurce-Bizkaia)

Fogueiro, 39 anos, casado con Dionisia Bengoa. Fillo de Quintín e Josefa.

Veciño de Etxebarri (Bizkaia).

Xulgado en Bilbao por Auxilio á Rebelión. Condenado a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Vizcaya (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300507, Expediente 39325).

Preso, cando menos, no Cárcere de Bilbao, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (09/10/1938) e Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda (19/01/1940).

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1945. (BOE nº246 anexo único, do 03/09/1945, páx. 494).


Lapiedra Ollés, Joaquín (Montañana, Zaragoza-Zaragoza)

Xefe técnico de Correos, 52 anos, fillo de María Lázaro.

Veciño de Mora d’Ebre (Tarragona).

Xulgado por Auxilio á Rebelión (Causa 42/1938). Condenado o 07/07/1939 a 12 anos e 1 día de reclusión menor. Pena posteriormente conmutada a 6 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Prisión Central de Astorga-León (09/04/1939) e Prisión Provincial de León, onde por orde do 25/09/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 281 de 08/10/1943, páxina 9745), facéndose efectiva o 08/12/1941.

En 1945 recoñécese a pena cumprida polo que pode reincorporarse ao seu posto (BOE número 328 do 25/11/1945, páxina 3151).


Lara Galdeano, Juan (Murtas-Granada)

Garda civil retirado en Jayena (Granada), 61 anos, viúvo de Clara Sances. Fillo de Juan e María.

Xulgado o 06/03/1937 por Auxilio á Rebelión. Condenado o a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Granada (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300255, Expediente 4824).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Granada, Hospital Asilo Penitenciario de Segovia (06/09/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/03/1939), onde falece o 21-3-1940 por causas naturais. Enterrado no cemiterio de Pereiró (Vigo).


Lara Gómez, Bernardino (San Sebastián de los Reyes-Madrid)


Telleiro. Fillo de Francisco e Petra.
Afiliado a UGT (agosto 1936) de Fuencarral. Participou facendo gardas como miliciano durante unha semana armado con revólver.

Xulgado por Adhesión á Rebelión (Causa 48728). Condenado 07/03/1940 a Pena de morte, sendo conmutada o 09/04/1941 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.

Durante o Consello de guerra os detidos contan con avales dous seus veciños e empregadores. Son acusados de pertencer ás milicias de Peña Grande, sendo os impulsores de varios asasinatos, a incautación do restaurante Fuentelarreyna así como da destrución das igrexas de Tetuán de las Victorias e de Fuencarral. No sumario engádese unha fotografía de 8 individuos suxeitando 5 cabezas humanas como proba para identificar aos milicianos, tras varias investigacións inconclusas a fotografía resulta ser duns lexionarios do norte de África tomada varios anos antes polo que é desestima.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Santa Rita en Carabanchel-Madrid (agosto, 1939), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/02/1942).


Lara Jiménez, Emilio (Tomelloso-Ciudad Real)

Xornaleiro, 59 anos, casado con Eusebia López. Fillo de Eustasio e Gumersindo.

Condenado a 3 anos, 6 meses e 2 días de prisión menor.

Preso, cando menos, na Prisión do Partido de Alcázar de San Juan, Prisión Central de Astorga-León (27/08/1940) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (12/03/1941), onde falece o 16/07/1941.


Lara Pérez, Diego (Arjona-Jaén)

Labrego, 66 anos. Fillo de Manuel e Ramona.

Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 22/02/1940 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Jaén (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300961, Expediente 103085).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de A Coruña, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (15/10/1940) e Prisión de Jaén (12/11/1942). Liberdade o 08/01/1944.


Lara Santiago, Antonio (Fuensanta de Martos-Jaén)

Albanel, 62 anos. Fillo de Antonio e María.

Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 22/01/1940 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada a 20 anos pola Comisión de Jaén (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300879, Expediente 92710).

Preso, cando menos, na Prisión Central de Santa Isabel de Santiago de Compostela e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (18/03/1941), onde por orde do 12/12/1942,concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro ( BOE nº 61 de 05/01/1943, páxina 152), facéndose efectiva o 05/12/1942.


Larena Martínez, Amador (Guriezo-Cantabria)

Labrego, 21 anos, solteiro. Fillo de Agapito e Nieves.

Xulgado en Bilbao por Rebelión Militar. Condenado o 22/08/1938 a 20 anos de reclusión menor.

Preso, cando menos, na Prisión de Orduña, Prisión Provincial de Bilbao (01/12/1937), Buque Prisión Upo Mendi-San Simón (17/12/1938) e Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda (27/01/1940). Prisión atenuada o 30/08/1940.


Larragoyen Celarain, Justiniano (Tafalla-Navarra)

Electricista.

Membro antigo da UGT. Colaborou na organización dun banquete homenaxe aos represaliados de outubro de 1934. Acusado de actuar como garda dos presos do Kursaal, punto negado por varias testemuñas. Durante a guerra pasou a Bilbao e Laredo sen que se coñeza a súa actuación nestas vilas.

Xulgado en San Sebastián por Auxilio á Rebelión. Condenado a 8 anos PM. Pena posteriormente conmutada a 3 anos Pm. pola Comisión de Guipúzcoa (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300543, Expediente 44982).

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde estaba en abril de 1940.

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1956.


Larrauri Bilbao, José (Zalla-Bizkaia)

Papeleiro, 36 anos, casado con Luisa Gabarain. Fillo de Antonio e Sandalia.

Veciño de Tolosa (Guipuzkoa).

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 14/06/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada a 6 anos e 1 día pola Comisión de Guipúzcoa (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300543, Expediente 44979).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de San Sebastián (10/09/1937), Buque Prisión Upo Mendi-San Simón (19/10/1938) e Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda (16/01/1940). Prisión atenuada 14/08/1940.


Larrazábal Bilbao, Félix (Plentzia-Bizkaia)

Electricista, 59 anos. Fillo de María (non consta o nome do pai).

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 22/09/1937 a 6 anos e 1 día de prisión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Vizcaya (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300213, Expediente 927).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao (09/07/1937), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939), onde por Orde do 21/6/1940, concédeselle a liberdade condicional (BOE número 179 del 27/06/1940, páxina 4400).

Reingresou, saíndo en liberdade definitiva o 26/07/1944.


Larrinaga Ruíz de Azúa, Ricardo (Guernika Lumo-Bizkaia)

Técnico mecánico-electricista, 22 anos, solteiro. Fillo de Ricardo e Segunda.

Xulgado en Bilbao por Auxilio á Rebelión. Condenado o 28/09/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada a 2 anos e 8 meses pola Comisión de Vizcaya (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300760, Expediente 76928).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Buque Prisión Upo Mendi-San Simón (11/10/1938) e Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda (10/01/1940). Prisión atenuada o 19/08/1940.

Unha vez en liberdade debería cumprir o servizo militar nos Batallones Disciplinarios de Soldados Trabajadores Penados (BDSTP), 1a Agrupación (1940-1943) (ES.19030.AGMG/3.5. Caixa 304348, Expediente 4138).

De volta en Guernika casaría con Irene Felicia Sáenz, coa que tería dúas fillas. Faleceu en Gernika-Lumo o 29/01/2013, aos 97 anos.


Lartitegui Arenaza, Jesús (Guernika Lumo-Bizkaia)

Médico, 43 anos, casado con Casilda Masquelarena. Fillo de Juan e Manuela.

Licenciado en Valladolid, doutorado en Madrid, completou a súa formación en Hamburgo e París.

Durante a guerra estivo destinado no Estado Maior do Exército Vasco.

Xulgado en Bilbao por Rebelión Militar. Condenado o 02/08/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada a 1 ano pola Comisión de Vizcaya (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300318, Expediente 13140).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (08/10/1938) e Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda (26/01/1940).

Tras un intercambio de prisioneiros conseguiu pasar a Francia. Co inicio da II Guerra Mundial marcha a Venezuela, onde exerce como director do Hospital Pérez de León, de Petare (estado de Miranda) e despois como cirurxián na Clínica Aranguren de Caracas, cidade na que faleceu en 1956.

 

Busto do doutor Jesús Lartitegui Arenaza. Bilbao Museoa


Lasa Otegui, Enrique (Santander-Cantabria)

Mecánico, 43 anos, casado.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


Lascorz Larrosa, José (Boltaña-Huesca)

Xornaleiro, 62 anos. Fillo de Francisco e María.

Xulgado por Adhesión á Rebelión (Causa 196/1938). Condenado o 25/08/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Huesca (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300866, Expediente 91143).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Huesca e a Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (16/04/1939), concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva de desterro por Orde do 11/07/1941 (BOE número 263 de 2/8/1941, páxina 7254), facéndose efectiva o 03/08/1941.

Seguíuselle expediente de Responsabilidades Políticas entre 1940 e 1942.


Laseca Muro, Andrés (Pozalmuro-Soria, 1901)

Xefe da policía municipal de Erandio (Bizkaia).

Membro de UGT e afiliado á Agrupación Socialista (AS) de Erandio.

Participou na guerra de Marrocos nos anos vinte acadando o grado de sarxento. Tralo golpe de Estado do 36 incorporouse como sarxento no Cuartel del Miliciano Auxiliar establecido no Instituto de Bilbao, pasando despois ao Cuartel de la Universidad de Deusto onde exerceu como instrutor de unidades militares. En setembro ascendeu a alférez, en outubro a tenente e, finalmente, foi comandante da Plana Mayor del Batallón 9º de la UGT, chamado México (63º de Euskadi). Combateu nas frontes de Barambio, Dima, Yurre, Zamudio, Archanda e na retirada a Santander. Resultou ferido o 22 de agosto de 1937 en Colindres (Cantabria), sendo internado no hospital de Limpias (Cantabria), que sería evacuado a Ribadesella (Asturias). Ao ser tomada Asturias, en outubro de 1937, foi feito prisioneiro.

Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 04/10/1938 a 20 anos de reclusión. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Vizcaya (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300507, Expediente 39274).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Buque Prisión Upo Mendi-San Simón (17/12/1938) e Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda (27/01/1940), onde se lle concede a liberdade condicional (BOE nº 150 de 30/5/1941, páxina 3880), facéndose efectiva o 24/05/1941.


Laso Argüelles, Agapito (Villacreces, Santervás de Campos-Valladolid)

Carpinteiro, 63 anos. Fillo de Teodoro e Micaela.

Veciño de Mieres (Asturias).

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 13/08/1938 a 20 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Oviedo (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300887, Expediente 93864).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Oviedo e a Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/02/1939), onde se lle concede a liberdade condicional (BOE nº 267 de 24/9/1941, páxina 7374), facéndose efectivo o 11/08/1941.


Latorre Cuevas, Jacinto (Centenera de Andaluz-Soria)

Carboneiro, 63 anos, casado con Visitación Latorre. Fillo de Eugenio e Gervasia.

Veciño de Jadraque (Guadalajara).

Xulgado en Jadraque por Auxilio á Rebelión (Causa 1368/37). Condenado o 13/12/1937 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, no Depósito Municipal de Jadraque, Prisión de Partido de Sigüenza (19/08/1937), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (06/03/1939) e Prisión Central de San Isidro de Dueñas-Palencia (04/01/1940), onde por orde do 13/12/1940, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 351 do 16/12/1940, páxina 8613), facéndose efectiva o 17/12/940.


Lavilla Martínez, Adolfo “Orujo” (Faes, Siero-Asturias)

Ex-Mineiro, Pensionista, 62 anos, viúvo. Fillo de Braulio e Cecilia.

Veciño de Barruelo de Santullán (Palencia).

Membro de UGT.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 04/02/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Palencia (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300603, Expediente 53519).

Preso, cando menos, na Prisión de Barruelo, Prisión Provincial de Palencia (09/09/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/02/1939). Falece o 25/03/1945.


Lavin Acebo, Juan (Liérnagues-Cantabria)

Labrego, 79 anos, casado. Fillo de Silverio e María.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde por orde do 13/12/1940, concédeselle a Liberdade condicional (BOE número 352 do 17/12/1940, páxina 8636).

Volve ser Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 16/01/1942 a morte, sendo proposto a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.

Preso na Prisión Provincial de Santander (27/10/1941), Prisión Provincial Tabacalera (27/04/1942) e Colonia Penitenciaria del Dueso (24/09/1943). Liberdade condicional o 16/03/1947.


Lavin Bueras, Aquilino (Limpias-Cantabria)

Obreiro, 26 anos, solteiro. Fillo de Máximo e Dolores.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Vizcaya (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300507, Expediente 39398).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (09/10/1938) e Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda (10/01/1940), onde por orde do 30/05/1941, concédeselle a Liberdade condicional provisional (BOE nº 156 de 5/6/1941, páxina 4047), facéndose efectiva o 02/06/1941.

Reingresa na Prisión de Santander o 12/03/1947. Liberdade o 20/05/1947.

Faleceu en Ampuero (Cantabria) o 10/07/1986 aos 74 anos.


Laya Abal, Nemesio (Nogueira, Meis-Pontevedra)

Representante de seguros, 29 anos, solteiro. Fillo de Rita e pai descoñecido.

Veciño de Pontevedra.

Considerado un elemento de extrema esquerda.

Xulgado por Rebelión Militar, acusado de participar en requisas de armas en Xeve. Condenado o 20/11/1936 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada a 3 anos.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (05/02/1937). En San Cristóbal ocupou postos de confianza: escribinte, ordenanza da xefatura de servizos... Mantívose á marxe durante a gran fuga do 22 de maio de 1938: “distinguiéndose notablemente por su actuación en favor del restablecimiento del orden”, “cooperando en el sofocamiento de la rebelión tumultuaria”. Por este motivo rebaixáronlle 2/3 de condena. O 17/07/1940 obtén a prisión atenuada no seu domicilio e o 19/01/1942 a liberdade definitiva.


Lazara Abellán, Manuel (Mugardos-A Coruña)

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


Leal, Ángel

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


Leal, Manuel

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


Lecanda Elorduy, José (Gatika-Bizkaia)

Labrego, 37 anos, casado con Margarita Butrón. Fillo de Juan Antonio e Josefa.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 10/08/1937 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Vizcaya (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300237, Expediente 3266).

Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/09/1938), Prisión Central de Astorga-León e Prisión Provincial de Oviedo (31/12/1939). Prisión atenuada o 05/04/1940.

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas en 1941-1942.


Lecina Gil, Agustín (Crivillén-Teruel)

Xornaleiro, 61 anos, casado con Manuela. Fillo de Juan e María.

Xulgado en Teruel. Condenado o 17/02/1935 a 14 anos, 8 meses e 1 día de reclusión menor.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Cartagena, Hospital Asilo Penitenciario de Segovia (03/04/1935) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939), onde faleceu o 02/04/1939.


Lecue Arraibi, Aniceto (Lecuona-Bizkaia)

Empregado municipal, 44 anos. Fillo de José María e Preta.

Afiliado a PNV.

Xulgado en Vigo por Auxilio á Rebelión. Condenado a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao e Buque Prisión Upo Mendi-San Simón (08/10/1938). Faleceu o 29/11/1938.


Ledo Areal, Enrique (O Porriño-Pontevedra)

Ferreiro, 25 anos, solteiro. Fillo de José e Jesusa.

Xulgado en Vigo por Rebelión Militar. Condenado o 27/04/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300427, Expediente 27521).

Preso, cando menos, na Prisión de Tui, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (25/09/1937) e Prisión Central de Burgos, onde se lle concede a liberdade condicional (BOE nº 214 de 2/8/1941, páxina 5857), facéndose efectiva o 03/09/1941.


Ledo Gómez, Abundio (Fornelos da Ribeira, Salvaterra do Miño-Pontevedra)

Xastre, 49 anos, casado con Rosa Estévez. Fillo de Domingo e Encarnación.

Anteriormente traballara como carteiro e estivera emigrado en Cuba. Elixido concelleiro de Salvaterra de Miño en 1931 (4º tenente de alcalde). Presidente do sindicato El Progreso de Fornelos en xaneiro de 1933. Colaborou co xornal El Tea. Co triunfo do Frente Popular nas eleccións de febreiro de 1936, sería reelexido como concelleiro.

Tralo golpe de estado militar fuxe ao monte, sendo detido pouco despois.

Xulgado en Vigo por Rebelión Militar. Condenado o 27/07/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.

Preso, cando menos, na Prisión de Vigo, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/09/1937)e Prisión Central de Burgos (06/03/1939), onde falece o 18/01/1940 de tuberculose.

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas entre 1938 e decembro de 1940.


Inauguración da Sociedade Agraria El Progreso de Fornelos, en 1931-Fotograma

Legorburu Iñurritegui, Bernardo (Legazpi-Guipuzkoa)

Labrego e carteiro, 43 anos. Fillo de Agustín e María Josefa.

Xulgado en San Sebastián por Auxilio á Rebelión (Causa 69/1938). Condenado o 02/07/1938 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos na Prisión Provincial de San Sebastián (13/09/1937) e Buque Prisión Upo Mendi-San Simón (19/10/1938) e Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda (27/01/1940).


Legua Pariente, Félix (Andorra-Teruel)

Labrego, 68 anos. Fillo de Domingo e Salvadora.

Xulgado en Zaragoza por Adhesión á Rebelión (Causa 157/1938). Condenado o 09/12/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Figueirido-Pontevedra, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/05/1941) e Prisión de Zaragoza (26/09/1942). Liberdade condicional o 10/10/1943.

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas en 1941.


Lehirato Querol, Juan (Zaragoza)

Labrego, 66 anos, viúvo.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


Leira Ramos, José (Silleda-Pontevedra)

Labrego, 23 anos, solteiro. Fillo de Antonio e Concepción.

Veciño de Aguións (A Estrada-Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra. Condenado a 20 anos.

Preso no Cárcere da Estrada, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/11/1936), traballos forzados en Santiago de Compostela (27/02/1939) e Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (05/08/1939), onde falece o 25 de novembro de 1939. Está enterrado en Berriozar (Fosa 2939/2022 NAVA)


Leiva Alarcón, Juan (Mijas-Málaga)

Labrego, 66 anos, casado con Ana. Fillo de Francisco e Lázara.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 01/05/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Málaga (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300657, Expediente 61580).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Málaga e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (24/03/1938), onde se lle concede a Liberdade condicional (BOE nº 157 de 6/6/1941, páxina 4081), facéndose efectivo o 21/05/1941.


Lema Sendón, Francisco (Vimianzo-A Coruña)

Propietario dun bar-tenda, 63 anos. Fillo de José e María.

En 1919 presidente da Sociedade de Gandeiros de Castrelo e Berdoias. Afiliado a Izquierda Republicana. Nas eleccións de 1936 elixido concelleiro de Vimianzo. Tralo golpe de estado militar permaneceu agochado ata a súa detención en 1939.

Xulgado na Coruña por Rebelión Militar (Causa 515/37). Condenado o 30/03/1940 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de A Coruña, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (16/03/1941) e Prisión Central de Santa Isabel de Santiago de Compostela (05/02/1943). Liberdade condicional o 01/01/1944.

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas en 1940.


Lema Varela, José (Valga-Pontevedra)

Zapateiro, 35 anos, casado con Ramona. Fillo de Elvira e pai descoñecido.

Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar. Condenado o 22/04/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (11/10/1937) e Prisión Central de Figueirido-Pontevedra (03/08/1939), onde se lle concede a Liberdade condicional provisional (BOE nº 268 de 25/9/1941, páxina 7401).


Lemos Chapela, Claudio (Cangas-Pontevedra)

Mariñeiro, casado.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


Lemos González, Claudio (Cangas-Pontevedra)

Mariñeiro, solteiro.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


León González, Severiano (Robledo de la Valdoncina, Valverde de la Virgen-León)

Xornaleiro, 29 anos, casado con Piedad Cubillos. Fillo de Manuel e Marta.

Membro de UGT. En decembro de 1936 pasouse á zona republicana enrolándose voluntario no Bon 206. Regresou despois á zona nacional presentándose o 20/9/1937 ao xefe de FET de Robledo sendo detido.

Xulgado por Auxilio á Rebelión (Causa 494/1938). Condenado o 28/04/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada a 8 anos pola Comisión de León (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300440, Expediente 29603).

Preso, cando menos, na Prisión de Robledo de la Valdoncina, Prisión Militar de San Marcos-León (20/09/1938), Buque Prisión Upo Mendi-San Simón (15/10/1938), Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda (25/04/1940), Prisión de Partido de Burgo de Osuna (21/02/1941) e Colonia de Redención de San Leonardo de Yagüe-Soria (08/06/1941), onde se lle concede a Liberdade condicional (BOE nº 263 de 20/9/1941, páxina 7248), facéndose efectivo o 28/08/1941.


León Lara, Eduardo (Los Pozuelos de Calatrava-Ciudad Real)

Comerciante, 61 anos. Fillo de Francisco e Patricia.

Veciño de Luciana (Ciudad Real).

Xulgado por Auxilio á Rebelión (Sumario 2656/5099).

Preso, cando menos, na Prisión Central de Valdenoceda-Burgos, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (04/11/1940) e Prisión Provincial de Ciudad Real (30/01/1943), onde por orde do 26/07/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 236 de 24/08/1943, páxina 8225), facéndose efectiva o 19/12/1943.


León Lora, Segundo (Los Pozuelos de Calatrava-Ciudad Real)

Labrego, 62 anos, casado con María Gómez. Fillo de Felipe e María.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 04/10/1939 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión de Partido de Almodovar Campo, Prisión Central de Valdenoceda-Burgos (08/03/1941), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (01/05/1942), Prisión Provincial de Ciudad Real (30/01/1943). Liberdade condicional o 21/07/1943.


León Murillo, José (Antequera-Málaga)

Labrego, 62 anos, casado con Ana. Fillo de Antonio e Teresa.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 21/04/1937 a 14 anos de reclusión temporal. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Málaga (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300687, Expediente 65879)

Preso, cando menos, na Prisión de Antequera, Prisión Provincial de Málaga (15/11/1937), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/03/1939), onde por orde do 17/10/1942, concédeselle a Liberdade condicional (BOE número 296 del 22/10/1940, páxina 7256).

Reingresa na Prisión de Antequera o 11/11/1942. Liberdade o 14/12/1942.


León Ruíz, José (Marchena-Sevilla)

Zapateiro, 66 anos. Fillo de Francisco e Juana.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 06/03/1937 a 20 anos.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939), onde por orde do 05/12/1941, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº354, do 20/12/1941, Páx. 9957), facéndose efectiva o 16/11/1941.


Lerín Gracia, Santos (Moneva-Zaragoza)

Albanel, 30 anos, casado con Felisa Artal. Fillo de Antonio e Dolores.

Veciño de Zaragoza (Zaragoza).

Xulgado en Zaragoza por Auxilio á Rebelión (Causa 167/37). Condenado o 06/08/1937 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938), Prisión Provincial de Lugo (16/11/1939). Prisión atenuada o 17/08/1940.


Leris Marco, Mateo (Junzano-Huesca)

Labrego, 70 anos, casado con Josefa. Fillo de Mariano e María.

Afiliado a UGT.

Xulgado por Rebelión Militar (Causa 197/38). Condenado a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Huesca (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300866, Expediente 91123).

Preso, cando menos, na Prisión de Morillo de Liena, Prisión Provincial de Huesca (11/07/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (13/04/1939), onde falece o 21/08/1939. Causa da morte senectude.

A súa esposa Josefa Buisán Peralta foi Xulgada por Auxilio á Rebelión. Condenada a 12 anos e 1 día. Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas sufrindo o embargo dos seus bens.


Leyenda Marcote, José Manuel (Baiona-Pontevedra)

Mariñeiro, 32 anos, solteiro. Fillo de José e Carmen.

Xulgado en Vigo por Auxilio á Rebelión. Condenado o 27/02/1937 a 15 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300427, Expediente 27589).

Preso, cando menos, na Prisión de Vigo, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (20/11/1937), Prisión de Vigo, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (19/02/1939). Prisión atenuada o 06/08/1940.

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1956.


Lezama Merodio, Pascual (Calatayud-Zaragoza)

Vendedor ambulante, 64 anos, solteiro. Fillo de Cesario e Juana.

Condenado o 09/09/1935 a 12 anos e 1 día de prisión menor.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza, Hospital Asilo Penitenciario de Segovia (24/01/1936), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939) e Prisión Central de Figueirido-Pontevedra (15/05/1939), onde falece o 02/11/1939.


Autor: Juan Migueles