![]() |
| Acompañamento fúnebre dun dos mortos na illa. As illas de San Simón e San Antonio |
Geira Forcadell, Antonio (Alcanar-Tarragona)
Labrego, 69 anos. Fillo de Agustín e María.
Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 09/06/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, na Prisión Central de Burgos e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (13/03/1939), onde por orde do 22/07/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 209 de 28/07/1942, páxina 5534).
Getino García, Cándido (Pobladura de Bernesga-León)
Fillo de Gabriel e María.
Enrolado no bando nacional, pasaría ao bando republicano. En abril de 1937 alta no hospital de Gijón.
Xulgado por Auxilio á Rebelión (Causa 164/1938, Caixa 5847, Orde 442). Condenado o 23/03/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada por Comisión de León (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300439, Expediente 29480).
Preso, cando menos, na Prisión de Pobladura de Benesga, Prisión de San Marcos-León (23/11/1937), Barco Prisión Upo Mendi-San Simón (15/10/1938), Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda (27/01/1940) e Prisión de Silleda-Pontevedra (14/06/1941).
Debería cumprir o servizo militar nos Batallones Disciplinarios de Soldados Trabajadores Penados (BDSTP), 2a Agrupación. (ES.19030. AGMG/3.2. Caixa 301671, Expediente 3517).
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas en 1938.
Gijón Bermejo, Ambrosio (Mestanza-Ciudad Real)
Labrego, 68 anos. Fillo de bernardo e Tomasa.
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 05/04/1940 a 20 anos.
Preso, cando menos, na Prisión Central del Puerto de Santa María, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (13/10/1940), Prisión de Yeserías (01/10/1942) e Prisión de Santa Rita (11/03/1943). Liberdade condicional o 26/06/1943.
Gijón Salvador, Alfonso (Madrid-Madrid)
Practicante, 22 anos, solteiro. Fillo de Salvador e Justa.
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 16/04/1938 a 12 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Prisión Campo de Santa Espina-Valladolid, Prisión Provincial de Zaragoza (12/10/1938), Prisión Central de Astorga (15/03/1939), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (24/06/1942) e Prisión de Santa Isabel-Santiago (05/02/1943), onde por orde do 01/03/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 76 de 17/03/1943, páxina 2440), facéndose efectiva o 13/03/1943.
Gil Álvarez, José (Oroso, A Caniza-Pontevedra)
Xornaleiro, 46 anos, casado con Araceli López. Fillo de Carmen e pai descoñecido.
Xulgado en Vigo por Auxilio á Rebelión. Condenado o 16/10/1936 a 12 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Prisión de Vigo e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (26/10/1936)
Gil Anglada, Enrique (Málaga-Málaga)
Albanel, 64 anos. Fillo de Florentino e Isabel.
Veciño de Madrid (Madrid).
Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 08/04/1939 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, na Prisión Habilitada de Torrijos-Madrid, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (19/03/1941), Prisión de Ávila (14/12/1942) e Prisión de Santa Rita (18/02/1944). Liberdade condicional o 17/07/1944.
Reingresaría no cárcere en 3 ocasións: Prisión de Pontevedra (25/08/1944), en liberdade o 27/09/1944; Prisión de Lugo (12/10/1944), xulgado por desacato á autoridade co resultado de sobresemento; e Prisión de Tarragona (03/01/1948), liberdade (13/02/1948).
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas entre 1940 e 1945.
Gil Arahuete, Baltasar (Allepuz-Teruel)
Labrego, 46 anos, casado con Rosa Izquierdo. Fillo de Marcelino e María.
Veciño de Monteagudo del Castillo (Teruel).
Foi un dos fundadores de UGT en Monteagudo del Castillo, sendo elixido concelleiro polo Frente Popular.
Xulgado en Aliaga (Teruel) por Auxilio á Rebelión (Causa 19-38). Condenado o 02/07/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Teruel (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300898, Expediente 95209).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Colonias Penitenciarias Militarizadas de Dos Hermanas-Sevilla (13/03/1940), Prisión Heliopolis-Sevilla (15/03/1941) e Prisión Provincial de Sevilla (23/07/1941), onde por orde do 11/11/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº351 do 17/11/1943, páxina 12011), facéndose efectiva o 19/11/1942.
Gil Bielsa, Crescencio (Mosqueruela-Teruel)
Labrego, 42 anos, casado con María Alcón. Fillo de Pedro e Rosario.
Xulgado en Aliaga (Teruel) por Auxilio á Rebelión (Causa 45/38). Condenado o 02/07/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Teruel (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300799, Expediente 82198).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938) e Colonias Penitenciarias Militarizadas de Dos Hermanas-Sevilla (13/03/1940), onde por orde do 11/05/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 140 de 20/05/1942, páxina 3542), facéndose efectiva o 04/04/1942.
Gil Chamorro, Eusebio (Arbujuelo, Medinaceli-Soria)
Capataz, 60 anos, casado con Liberta Anguita. Fillo de Buenaventura e Bruna.
Veciño de Alcuneza (Guadalajara)
Xulgado en Guadalajara por Auxilio á Rebelión (Causa 2091/39). Condenado o 12/01/1940 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Guadalajara (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300853, Expediente 89272).
Preso na Prisión de Alcuneza, Prisión del Partido de Sigüenza (14/06/1939), Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda (27/02/1940), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (01/05/1942), concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 14/10/1942 (BOE número 299 de 26/10/1942, páxina 8581), facéndose efectiva o 06/08/1942.
Gil Fernández, Juan
Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón onde, por Orde do 12/08/1940, concédeselle a liberdade condicional (BOE número 233 do 20/08/1940, páxina 5766).
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Gil León, Antonio (Puente Genil-Córdoba)
Ferroviario, 62 anos, casado.
Non temos datos nin do consello de guerra nin da sentencia, pero a pena sería conmutada posteriormente pola Comisión de Córdoba (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300309, Expediente 12080).
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde falece o 26/02/1941, causa de morte cardiopatía.
Gil Martorell, Lucas (Ulldecona-Tarragona)
Labrego, 70 anos, viúvo. Fillo de Jorge e Vicenta.
Xulgado por Adhesión á Rebelión (Causa 82/1938, Caixa 14112, Orde 1). Condenado o 01/06/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Castellón (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300859, Expediente 90144).
Preso, cando menos, na Prisión de Vinaroz, Prisión Provincial de Zaragoza (10/06/1938), Prisión Central de Burgos (17/11/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (11/03/1939) e Prisión Central de Figueirido (05/05/1939), onde falece o 05/12/1939.
Gil Pallarés, José (Beceite-Teruel)
Labrego, 67 anos, casado con María Mestre. Fillo de Rafael e María.
Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 06/05/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Zaragoza (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixaa 300398, Expediente 23208).
Preso, cando menos, na Prisión de Alcañiz, Prisión Provincial de Zaragoza (15/04/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (30/03/1939), onde falece o 29/08/1939.
Gil Pellicer, José “Casol” (Caseres-Tarragona)
Labrego, 39 anos, casado con Pepita Valls. Fillo de Miguel e Josefa.
Veciño de Mora de Ebro (Tarragona).
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 03/06/1938 a 12 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938), Colonias Penitenciarias Militarizadas de Dos Hermanas-Sevilla (13/03/1940) e Prisión Central de Astorga, onde por orde do 08/11/1941, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro, facéndose efectiva o 26/10/1941.
Gil Sanjuan, Ignacio (Pradena-Segovia).
Comerciante, 60 anos. Fillo de Cristóbal e María.
Veciño de los Santos de la Humosa (Madrid), onde exercía como Fiscal.
Detido en Alcalá de Henares. Xulgado por Adhesión á Rebelión (Causa 1508/39). Condenado o 07/07/1939 a pena de morte, sendo rebaixada a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300175, Expediente 14142). Pena posteriormente conmutada por 20 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (19/10/1940), Prisión de Yeserías (01/01/1943) e Prisión de Santa Rita (01/03/1943), onde falece o 19/01/1944.
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1944.
Gil Varela, Álvaro (Lugo-Lugo, 1905)
Doutor en ciencias naturais e enxeñeiro forestal. Tivo a oportunidade de estudar en Francia, Italia e Alemaña sobre a mellora de pastos e a xenética animal. Foi colaborador de Cruz Gallástegui na Misión Biolóxica de Galiza e exerceu de axudante de Montes na Deputación de Pontevedra.
Militante do Partido Galeguista, presidiu o Comité de Defensa da República en Pontevedra.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Unha vez en liberdade ocupou cargos directivos en diferentes empresas da familia Fernández: Zeltia, Pescanova...
Fundou a revista literaria Ronsel (Lugo) e contribuíu á fundación da editorial Galaxia, en Vigo. Apoiou economicamente e a nivel artístico á Fundación Penzol e o Museo Pronvincial de Lugo, ao que doou tanto obras da súa pinacoteca como unha colección de torques de ouro atopados en Ribadeo.
Foi nomeado membro de honra da Real Academia Gallega e membro da Academia de Bellas Artes de San Fernando. Recibiu o Pedrón de Ouro e recibiu o título de Fillo Predilecto da Cidade de Lugo. Falecería en Madrid o 02/10/1980, sendo enterrado en Lugo.
![]() |
| Gil Varela, Álvaro-Foto: Roldán Regal, Valentín-Concello de Lugo |
Gilarranz Alejandro, Rafael (San Ildefonso-Segovia)
Xornaleiro, solteiro, 18 anos. Fillo de Román e María.
Xulgado en Segovia por Rebelión Militar. Condenado o 10/09/1938 a 10 anos e 1 día P. M. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Segovia (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300761, Expediente 77061).
Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (18/09/1938) e na Prisión Central de Astorga -Leon), onde por orde do 16/10/1941, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 300 de 27/10/1941, páxina 8368), facéndose efectiva o 06/09/1941. Liberdade definitiva o 17/10/1942.
Tería que cumprir o servizo militar nos Batallones Disciplinarios de Soldados Trabajadores Penados (BDSTP), 2a Agrupación (ES.19030.AGMG/3.2. Caixa 301673, Expediente 3560).
Gilmartín Martín, Mariano (Fuentepelayo-Segovia)
Zapateiro, 42 anos, casado con Luisa Herrera. Fillo de Eusebio e Anastasia.
Xulgado en Segovia por Auxilio á Rebelión. Condenado o 04/01/1937 a 15 anos de prisión. Pena posteriormente conmutada por 6 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/09/1938) e Prisión Central de Figueirido (02/05/1939). Liberdade condicional o 23/07/1941.
Giménez Alba, Cristóbal (Morón-Sevilla)
Xornaleiro, 59 anos, casado con Dolores Ramos. Fillo de José e Josefa.
Xulgado en Sevilla por Auxilio á Rebelión. Condenado o 07/05/1937 a 10 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Sevilla (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300794, Expediente 81551).
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria del Dueso, Prisión Provincial Tabacalera de Santander ((09/09/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (20/03/1939) e Prisión Central de Dueñas-Palencia (02/11/1939), onde falece o 22/01/1940.
Giménez Herreros, Juan Ángel (Torralba de Calatrava-Guadalajara)
Comerciante, 60 anos, casado.
Veciño de Argamasilla de Alba (Ciudad Real).
Xulgado en Ciudad Real (Causa 1027/1939). Non coñecemos a sentenza, pero sería posteriormente conmutada pola Comisión de Ciudad Real (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 301010, Expediente 109252).
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón
NOTA: Citado como Juan Ángel Jiménez Herrero, Juan Ángel Jiménez Herreros, Ángel Giménez Herreros, Ángel Jiménez Herreros...
Giménez Macías, Pedro (Terrinches-Ciudad Real)
Xornaleiro, 65 anos, casado con Gregoria. Fillo de Santos e María.
Afiliado a CNT e UGT.
Xulgado en Ciudad Real (Causa 1029/1939). Condenado a 20 anos.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Ciudad Real, Prisión de Valdenoceda-Burgos (16/11/1940) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde falece o 05/06/1941.
NOTA: Citado tamén como Jiménez Macías, Pedro.
Gimeno López, Pascual (Segura de los Baños-Teruel)
Labrego, viúvo, 64 anos.
Xulgado en Montalbán (Teruel) por Auxilio á Rebelión (Causa1033-38). Condenado o 16/12/1938 a 12 anos e 1 día de reclusión menor.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas en 1940.
Gimeno Marino, Diego (Granada)
Empregado, viúvo, 75 anos.
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Gimeno Romero, Benito (Alcalá del Valle-Cádiz)
Xornaleiro, casado, 60 anos.
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Ginart Carrio, Juan (Artá-Mallorca)
Labrego, 58 anos, viúvo. Fillo de Juan e Miguela.
Veciño de Mequinenza (Zaragoza).
Xulgado por Excitación á Rebelión. Condenado o 15/09/1938 a 6 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Prisión de Caspe, Prisión Provincial de Zaragoza (23/09/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (30/03/1939), Prisión Central de Dueñas (02/11/1939) e Prisión Habilitada de Palencia (30/01/1941), onde se lle concede a Liberdade condicional (BOE nº 183 de 2/7/1941, páxina 4902).
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas (1938-1945).
Giner Berge, Juan
Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 08/11/1941 (BOE número 322 de 18/11/1941, páxina 9012).
Giráldez Fernández, Jesús José Olimpio (Redondela-Pontevedra, 17-6-1896).
Propietario, 28 anos, casado con María. Fillo de Avelino e Demetria
Concelleiro e 2º Tenente Alcalde (1928). Foi membro do Partido Galeguista. Presidente da Asociación de Beneficencia (1932) e do Casino (1934).
Xulgado en Vigo por Rebelión Militar xunto a 14 veciños. Condenado o 16/12/1936 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Tamén foi obrigado a pagar unha forte indemnización polo que lle foron embargados todos os seus bens.
Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Prisión Preventiva de Vigo-Frontón, Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (22/02/1937) e Prisión Central de Figueirido (20/06/39). Liberdade condicional (24/09/1940). Liberdade definitiva o 26/10/1941.
Durante o franquismo foi presidente da Hermandad Sindical de Labradores de Redondela. Finou en Redondela en outubro de 1969.
![]() |
| Olimpio Giráldez ao fondo. Arxentina, 1924. Foto: Vida Gallega |
Giráldez Piña, Dámaso (A Caniza-Pontevedra)
Mestre de Godóns (Covelo), 24 anos.
Secretario de Izquierda Republicana.
Xulgado en Vigo por Rebelión Militar co resultado de absolución.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Proceso de depuración do Maxisterio (1936-1942). Sería destinado a Valencia.
Girona Groges, Francisco (Tarragona-Tarragona)
Representante, 61 anos, viúvo. Fillo de Francisco e Dolores.
Veciño de Bilbao (Bizkaia).
Xulgado en Bilbao por Rebelión Militar. Condenado o 20/07/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Vizcaya (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300503, Expediente 38776).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Hospital Asilo Penitenciario de Segovia (15/09/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939).
Gisbert Prades, Francisco (Puebla de Benifasar/La Pobla de Benifassà-Castelló)
Labrego, 57 anos, casado con María. Fillo de Ramón e Rosa.
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 10/08/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada por 20 anos e 1 día.
Preso na Prisión de Vinafona, Prisión de Vinaroz (17/07/1938), Prisión Central de Burgos (22/11/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (18/03/1941), onde por orde do 02/08/1941, concédeselle a Liberdade condicional provisional con liberación definitiva do desterro. (BOE núm. 226, do 14/08/1941, páxina 6236).
Gisbert Ridaura, Lorenzo (Mérida-Badajoz)
Non temos datos do consello de guerra nin da sentenza, pero a pena sería posteriormente conmutada pola Comisión de Badajoz (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300283, Expediente 8713)
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde por orde do 26/04/1940, concédeselle a liberdade condicional. (BOE número 121 do 30/04/1940, páxina 2948).
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas.
Godea Prades, Germán (La Hoz de la Vieja-Teruel)
Labrego, 60 anos, casado.
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Godoy Calvelo, Atilano (Cotobade-Pontevedra)
Panadeiro, solteiro, 23 anos.
Xulgado por Auxilio á Rebelión (Causa 1286/1936, Caixa 13, Orde 51). Condenado o 24/12/1936 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300426, Expediente 27429).
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (16/05/1937), onde falece tras participar na gran evasión do 22 de maio de 1938. Probablemente fusilado en Navaz o día 25.
Godoy Lago, José
27 anos.
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
“Paseado” o 24/11/1936 en Pontevedra, onde foi enterrado.
Goicoechea Garitaonandía, Ramón (Gordexola-Bizkaia)
Albanel, 26 anos, casado con Lucía. Fillo de Ramón e Rufina.
Afiliado ao Partido Nacionalista Vasco. Cabo do exército de Euskadi.
Xulgado en Bilbao por Rebelión Militar. Condenado o 06/08/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Vizcaya (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300502, Expediente 38598).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/10/1938), Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda (16/01/1940), Hospital Provincial de Pontevedra (20/06/1940), Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda (04/07/1940) e Hospital Asilo Penitenciario de Segovia (22/07/1940), onde por orde do 08/11/1941, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro, facéndose efectiva o 27/10/1941.
Goicolea Aguirre, Cornelio (Ubide-Bizkaia)
66 anos, casado.
Afiliado ao Partido Nacionalista Vasco. En 1931 elixido concelleiro de Ubide.
Consta como evacuado de Euskadi o10/04/1937.
Non temos datos nin do consello de guerra nin da sentencia, pero a pena sería posteriormente conmutada pola Comision de Vizcaya (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300504, Expediente 38890).
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simon, onde por Orde do 31/07/1940, concédeselle a liberdade condicional (BOE nº 218 do 05/08/1940, páxina 5427).
Goiti Zugazagoitia, Francisco (Mañaria-Bizkaia)
Peón, 42 anos, casado con Patricia Artechea. Fillo de Marcos e Brígida.
Xuíz municipal suplente de Mañaria.
Xulgado en Bilbao por Auxilio á Rebelión. Condenado a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Vizcaya (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300503, Expediente 38701).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (09/10/1938).
Goitia Inchausti, Eloy (Castro Urdiales-Cantabria)
Pescador, 78 anos. Fillo de Gervasio e Juana.
Xulgado en Santander por Auxilio á Rebelión. Condenado a 6 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria del Dueso, Prisión de las Salesas-Santander (09/09/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (20/03/1939), Prisión Central de Dueñas (02/11/1939), onde falece o 19/12/1939.
Gojenola Garaicoechea, Carlos (Durango-Bizkaia)
63 anos.
Afiliado a Solidaridad de Trabajadores Vascos en Lequeitio.
Miliciano da Brigada Mixta Antiaérea da UGT de Bilbao.
Non temos datos do consello de guerra nin da sentenza, pero a pena sería posteriormente conmutada pola Comisión de Vizcaya (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300504, Expediente 38956).
Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas en 1941.
Goldar Beiras, José María (Guimarei, A Estrada-Pontevedra, 1918)
Xastre, 18 anos, solteiro. Fillo de Antonio e María Rosa.
Pertencía á Sociedade de Traballadores da parroquia, vinculada á UGT. Asiduo participante nas manifestacións do 1º de maio, en xullo de 1936 é apresado xunto a outros membros do sindicato.
Xulgado en Pontevedra.
Preso, cando menos, no Depósito Municipal de A Estrada, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/11/1936), Prisión de Santiago de Compostela (27/02/1939) e Prisión Provincial de Pontevedra (21/06/1940). Liberdade Condicional o 16/12/1940.
Unha vez en liberdade tivo que cumprir o servizo militar nos Batallones Disciplinarios de Soldados Trabajadores Penados (BDSTP), 2a Agrupacion, en Canarias e Marrocos (ES.19030.AGMG/3.2. Caixa 301675, Expediente 3598).
Goldar Rodríguez, Francisco (Villacantid-Cantabria)
Labrego, 62 anos. Fillo de Antonio e María.
Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 17/09/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Santander (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300559, Expediente 47402).
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria del Dueso, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simon (01/04/1939), onde por Orde do 02/09/1941, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número267 de 24/9/1941, páxina 7363).
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas en 1942, sendo indultado en 1944.
Goldar Rodríguez, Senén (A Estrada-Pontevedra, 14/02/1896)
Perito agrícola, 40 anos, solteiro. Fillo de Antonio e Rosa.
Concelleiro da Estrada.
Detido na Estrada o 25 de agosto do 36. Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar. Condenado o (13/03/1937) a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300429, Expediente 27852).
Preso na Prisión da Estrada, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (25/09/1936), Prisión Central de Burgos (08/03/1939) e Prisión Central de Figueirido (15/04/1940), onde se lle concede a liberdade condicional (BOE nº 287 de 14/10/1941, páxina 7962), facéndose efectiva o 06/09/1941.
En 1941 ségueselle expediente por Responsabilidades políticas. (BOE 29/04/1941, páx. 1720).
Golmar Rodríguez, Jesús (Santiso, Lalín-Pontevedra, 11/09/1908)
Mestre, 30 anos. Fillo de Manuel e Manuela.
Colaborou en numerosos xornais (El Ideal Gallego, El Pueblo Gallego...) publicando tanto poemas como artigos pedagóxicos e políticos.
Membro do Partido Galeguista, nomeado Alcalde de Lalín o 11/04/ 1936, sendo detido en agosto dese mesmo ano.
Xulgado en Pontevedra, xunto aos seus veciños José Crespo Torres e Miguel Lamas Iglesias, por Rebelión Militar o 18/11/1936 (Causa 569/36, Caixa 3, Orde 13). Condenado o 30/11/1936 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (05/02/1937), onde se lle concedeu a liberdade condicional. Saíu do cárcere o 01/07/1942. Liberdade definitiva o 14/12/1943.
Quedou inhabilitado para ser mestre, polo que nunca volvería a exercer. Casou en Santiso, onde faleceu o 20/01/1962. Un centro escolar de Lalín leva o seu nome, CEIP Xesús Golmar.
![]() |
| Jesús Golmar. Foto: El Eco de Galicia |
Gómez Arce, Pedro (Revilla de Camargo-Cantabria)
Canteiro, 63 anos, casado. Fillo de Eugenio e Andrea.
Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 02/04/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada por 20 anos e 1 día pola Comisión de Santander (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300969, Expediente 104098).
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria del Dueso, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (04/04/1939), Cárcere de Santander (31/10/1942), Prisión Provincial de Santander (18/09/1943), onde por orde do 02/03/1944, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 85 de 25/03/1944, páxina 2458), facéndose efectiva o 13/02/1944.
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1957.
Gómez Bao, Santiago (Cangas-Pontevedra)
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón. Morto a tiros nun traslado a outra prisión o 05/12/1936.
Gómez Benítez, Joaquín (Zalamea de la Serena-Badajoz)
Zapateiro, 64 anos. Fillo de Paulo e Lucía.
Veciño de Castuera (Badajoz)
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 06/12/1939 a 20 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Badajoz (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300488, Expediente 36523).
Preso, cando menos, na Prisión Central de Orduña, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (20/11/1940), onde por Orde do 25/09/1941, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva de desterro (BOE número 287 de 14/10/1941, páxina 7966).
Gómez Besada, Juan Vicente (Páramos, Tui-Pontevedra)
Albanel, 22 anos, solteiro. Fillo de José e Josefa.
Xulgado en Vigo por Rebelión Militar. Condenado o 30/11/1936 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300429, Expediente 27850)
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (25/09/1937) e Prisión Central de Burgos (06/03/1939).
Gómez Bringas, José
Garda Civil segundo da comandancia de Bizkaia, 40 anos, casado.
Afiliado ao Partido Comunista (PCE). Miliciano no Exército do Norte, sendo destinado ao botiquín.
Xulgado en Bilbao o 06/07/1937 por Auxilio á Rebelión. Condenado a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Vizcaya (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300503, Expediente 38734).
Preso, cando menos, na Cárcere de Larrinaga-Bilbao, Prisión del Carmelo-Bilbao, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona. Durante a evasión do 22 de maio de 1938, mantivo a calma e aconsellou a os presos do seu pavillón que estiveran tranquilos e non escaparan, polo que, xunto a outras ducias de presos que actuaron de igual xeito, foi proposto meses despois para ser posto en liberdade.
Gómez Camba, Constantino (Ourense-Ourense)
Tenente de Infantería, 51 anos, casado con María Rodríguez. Fillo de José e Carlota.
Veciño de Pontevedra.
Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar (Causa 644/1937). Condenado o 09/09/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena conmutada a 6 anos e 1 día e extinción de pena o 11/12/1943 (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300317, Expediente 13092)
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (19/08/1936), onde se lle concede a Liberdade Condicional (BOE nº 185 de 4/7/1941, páxina 4958).
Gómez Casal, Jesús “Pincho” (Reboreda, Redondela-Pontevedra).
Xornaleiro, 32anos, viúvo. Fillo de Serafín Gómez Casal e Victoria Casal Milleiro.
Xulgado en Vigo por Rebelión Militar o 24/9/36. Condenado o 22/12/1936 a 20 anos.
Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (22/02/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (18/09/1938), onde falece o 17/07/1939.
Gómez Colorado, Severiano (Candeleda-Ávila)
Xornaleiro, 67 anos. Fillo de Felipe e Anastasia.
Condenado o 14/08/1935 a 4 anos e 2 meses. Pena posteriormente conmutada por 3 anos.
Preso, cando menos, na Prisión Central de Figueirido, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/05/1941), Prisión de Talavera (13/11/1942). Liberdade 19/12/1945.
Volvería a ingresar na Prisión de Arenas de San Pedro-Ávila (29/12/1945), ¿? (30/06/1946), Prisión de Toledo (26/01/1947), Prisión de Ávila (19/08/1947) e Prisión de Toledo (03/03/1951).
Gómez Conde, Juan María (Valladolid-Valladolid)
Empregado, 66 anos, viúvo. Fillo de Juan e Carmen.
Veciño de Málaga (Málaga).
Xulgado en Málaga por Auxilio á Rebelión. Condenado o 08/05/1937 a 20 anos de reclusión temporal. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Málaga (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300550, Expediente 45963).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Málaga, Hospital Asilo Penitenciario de Segovia (19/08/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939).
Gómez de la Cueva, José “Johan Carballeira” (Vigo-Pontevedra, 13/02/1902)
Xornalista en El Pueblo Gallego e Faro de Vigo, un dos fundadores de Gaceta de Galicia (Vigo). Colaborou nos xornais madrileños Luz, Ahora e Estampa. Tamén escribiu en Vida Gallega e Céltiga. Escribiu un libro de poemas, Cartafol, que sería publicado en 1997 polo Colexio Público A Pedra de Bueu. 35 anos. Fillo de José Juan e Rolendis.
Alcalde de Bueu. Membro do Partido Galeguista participa na campaña do Estatuto. O 17 de xullo de 1936 é homenaxeado polo Sindicato de Mariñeiros e da Sociedade de Armadores de Bueu, polo seu papel na resolución dun conflito cos conserveiros que levara aos mariñeiros á folga. Sería destituído o día 24 dese mesmo mes.
Detido en Cangas o 15/09/1936. Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar (Causa 1363/36). Condenado á pena de morte. O fiscal considerou como agravante que: “tiene cultura y, por ello, su actuación es más destacada que la de otros procesados, por ser dirigente del elemento obrero y tener ascendencia sobre ellos”.
Preso, cando menos, na Escola Normal de Pontevedra (15/09/1936) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón. Fusilado na Avenida de Buenos Aires, de Pontevedra, o 17/04/1937, xunto a outras 10 persoas. Enterrado nunha fosa común no cemiterio de San Mauro.
En 1997 comeza a recuperarse a súa figura coa creación da Asociación de Amigos de Johan Carballeira. Ese mesmo ano publícase Johan Carballeira. Poeta, xornalista, político. O valedor dos homes do mar, de Xesús Portela. Galegos na Historia. Editorial Ir Indo. O Concello de Bueu creou os Premios de Poesía e Xornalismo Johan Carballeira e en 2002, centenario do seu nacemento, celebrou o “Ano Carballeira”. En 2015 nomea Membros honoríficos aos 12 compoñentes da corporación represaliada en 1936. José Gómez sería nomeado Fillo Adoptivo e outros seis concelleiros Fillos Predilectos. Tamén recibiu o seu nome un centro de secundaria de Bueu, o IES Johan Carballeira.
![]() |
| Biografía de Johan Carballeira |
Gómez Domínguez, Juan (Algar-Cádiz)
Labrego, 64 anos, casado con Isabel Rodríguez. Fillo de Juan e María.
Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 07/05/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Cádiz a 12 anos e 1 día (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300056, Expediente 4177).
Preso, cando menos, na Prisión Central de Puerto de Santa María, Colonia Penitenciaria del Dueso (11/08/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (01/04/1939).
Gómez Galán, Anastasio (Gálvez-Toledo)
Labrego, 64 anos. Fillo de Pedro e Felipa.
Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 04/04/1940 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, na Prisión de Valdenoceda, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (26/04/1941) e Prisión de Ciudad Real (22/11/1942). Liberdade condicional o 18/04/1944.
Gómez García, Antonio (Abegondo-A Coruña)
Xastre, casado, 29 anos.
Lista de Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Gómez García, Leoncio (Valdenoches-Guadalajara)
Industrial, 41 anos. Fillo de Antonio e María.
Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 19/10/1939 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, na Prisión Central de Burgos, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (04/11/1940) e Prisión de Guadalajara (29/08/1942). Liberdade condicional o 28/04/1945.
Gómez García, Silverio (Caranceja, Reocín-Cantabria)
Labrego, 52 anos, casado con Adelina Cuevas. Fillo de Íñigo e María.
Veciño de Suances (Cantabria).
Xulgado en Bilbao por Auxilio á Rebelión. Condenado a 12 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (09/10/1938), onde falece o 11/09/1939 a causa de edema agudo de glote.
Gómez Garrobe, Vicente (Vigo-Pontevedra)
Estudante, 23 anos, solteiro.
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Gómez Gil, Cristóbal
Non temos datos do consello de guerra, nin da condena, pero a pena sería posteriormente conmutada pola Comisión de Málaga (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300687, Expediente 65855).
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, por orde do 19 de febreiro de 1942, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro, ( BOE nº 61 de 02/03/1942, páxina 1508).
Gómez Gómez, Juan (Jimena-Jaén)
Canteiro, 72 anos, casado.
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde falece o 18/07/1941.
Gómez Gómez, Santiago (Taranco de Mena-Burgos).
Xornaleiro, 61 anos.
Veciño de Ordejón (Burgos).
Xulgado en Bilbao por Rebelión Militar. Condenado o 12/03/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Prisión Central de Burgos (30/08/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (11/03/1939), onde se lle concede a Liberdade condicional (BOE nº 150 de 30/5/1941, páxina 3879).
Gómez González, Pedro
Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva de desterro por Orde do 11/07/1941 (BOE número 263 de 2/8/1941, páxina 7251).
Gómez González, Serafín “Canas” (Aldán, Cangas-Pontevedra, 14/04/1911?)
Mariñeiro, 28 anos, solteiro. Fillo de José e Josefa.
Militante da CNT e vogal de Solidaridad Marinera de Aldán. Afiliado á Agrupación Socialista (AS).
Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar (Causa 790/36). Condenado o 20/03/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300426, Expediente 27442)
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Pontevedra, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (13/11/1936) e Prisión Central de Burgos (06/03/1939), onde se lle concede a Liberdade condicional (BOE nº 214 de 2/8/1941, páxina 5857). Prisión Atenuada o 17/09/1940.
Xulgado por responsabilidades políticas e castigado con 100 pesetas de multa.
Gómez Guisado, Antonio (La Puebla de Cazalla-Sevilla)
Caleiro, 66 anos, casado con María Andrade. Fillo de Antonio e Ana.
Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 15/02/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Sevilla (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300299, Expediente 10719).
Preso, cando menos, na Prisión Central del Puerto de Santa María, Colonia Penitenciaria del Dueso (11/08/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (01/04/1939).
Gómez Gutiérrez, Vicente (San Miguel del Camino, Valverde de la Virgen-León)
Comerciante, 44 anos, casado con Catalina Fernández. Fillo de Cándido e Victoria.
Xulgado en León por Auxilio á Rebelión (Causa 205/37). Condenado o 05/05/1937 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de León a 6 anos e 1 día (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300353, Expediente 17675).
Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/09/1938) e Prisión Central de Astorga, onde se lle concede a Liberdade Condicional (BOE nº 263 de 20/9/1941, páxina 7258).
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1959.
Gómez Hernández, José (Muxía-A Coruña)
Mariñeiro, solteiro, 22 anos.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Gómez Isasi, Fructuoso (Portugalete-Bizkaia)
Carpinteiro, 42 anos, casado con Santa Pérez.
Xulgado en San Sebastián por Auxilio á Rebelión. Condenado o 29/11/1937 a 12 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/09/1938), Prisión Central de San Isidro de Dueñas (04/01/1940) e Prisión Provincial de Palencia (26/01/1940).
Gómez López, Antonio (Vila de Cruces-Pontevedra, 1902)
Empregado, 34 anos.
Veciño de Carbia (hoxe Vila de Cruces).
Emigrante retornado. Tesoureiro de Izquierda Republicana en febreiro de 1935. Foi nomeado concelleiro en marzo de 1936 e elixido 1º Tenente-Alcalde. No momento do golpe militar actuaba como alcalde en funcións.
Detido no verán de 1936. Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar. Condenado a pena de morte.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Fusilado o 26 de xaneiro de 1937 en Pontevedra, xunto aos seus veciños de Carbia: Primo López Rivadulla, Manuel Sarmiento Debén e Eduardo Brea Cajide. A súa morte sería rexistrada como colapso cardíaco.
Gómez López, Luis (La Alberca-Salamanca, 21/06/1876)
Labrego, 70 anos, viúvo. Fillo de Pedro e Remigia.
Afiliado a Casa del Pueblo.
Detido en La Alberca por tenencia ilícita de armas de fogo e ser elemento perigoso.
Xulgado en Salamanca o 06/10/1936 (Causa 359/1936). Condenado o 18/03/1937 a 12 anos e 1 día de reclusión temporal. Pena conmutada pola Comisión de Salamanca, o 01/12/1943, a 1 ano de prisión menor (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300697, Expediente 67349)
Preso na Prisión Provincial de Salamanca (06/08/1936), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (26/02/1939), onde por Orde do 21/6/1940, concédeselle a Liberdade Condicional (BOE número 179 del 27/06/1940, páxina 4401).
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas.
Gómez Martín, Ángel (San Lorenzo de Tormes-Ávila)
Labrego, 68 anos, solteiro. Fillo de Agustín e María.
Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 06/10/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Avila (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300275, Expediente 7682).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Ávila (10/06/1937), Prisión Central de Burgos (23/12/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (11/03/1939), onde falece o 30/05/1939.
Gómez Maza, Lázaro (Vallat-Castelló)
Labrego, 60 anos, casado.
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Gómez Muñoz, Bernabé (Puente Castro-León)
Fontaneiro, 30 anos, solteiro.
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Gómez Navarro, Manuel (Fuente de Cantos-Badajoz)
Labrego, 61 anos, casado con Carmen. Fillo de Manuel e Francisca.
Veciño de Lora del Río (Sevilla).
Xulgado en Sevilla por Rebelión Militar. Condenado o 16/08/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada por 20 anos.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Sevilla, Hospital Asilo Penitenciario de Segovia (24/10/1937), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939) e Prisión Provincial de Sevilla (28/10/1942). Liberdade Condicional o 21/01/1944.
Gómez Nieto, Bernardo (Armunia-León)
Chofer, 24 anos, solteiro.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Gómez Noya, Lázaro (Marbella-Málaga)
Carboeiro, solteiro, 63 anos.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Gómez Nuño, Remigio (Nava del Rey-Valladolid)
Xornaleiro, viúvo, 65 anos.
Xulgado en Valladolid por Rebelión Militar. Condenado o 16/07/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada por 20 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Valladolid (13/08/1936), Prisión Central de Burgos (22/11/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (11/03/1939).
Gómez Palacios, Ángel (Villaverde de Trucios-Cantabria)
Xornaleiro, 21 anos, solteiro. Fillo de Jerónimo e Serapia.
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 05/10/1938 a 20 anos.
Preso na Prisión de Corbán, Prisión Provincial de Bilbao (07/01/1938), Buque Prisión Upo Mendi (17/12/1938), Prisión de Santiago de Compostela (26/01/1939), Prisión Central de Astorga (23/03/1939), Prisión Provincial de Lugo (02/12/1939). Liberdade Condicional o 06/08/1941.
Obrigado a realizar o servizo militar nos Batallones Disciplinarios de Soldados Trabajadores Penados (BDSTP), 2a Agrupación. (ES.19030. AGMG/3.2. Caixa 301679, Expediente 3681).
Gómez Paterman, Alfonso (Córdoba-Córdoba)
Cociñeiro, 63 anos. Fillo de Francisco e María.
Veciño de Madrid (Madrid).
O 20/12/1936 ingresou nas Milicias Confederales. Afiliado ao Sindicato Único de Oficios Varios (CNT-AIT) de Villaverde (Madrid).
Xulgado en Madrid por Adhesión á Rebelión. Condenado a pena de morte, sendo conmutada o 24/11/1939 por cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300134, Expediente 10525).
Preso, cando menos, na Prisión Central de Valdenoceda, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (26/04/1941), Prisión de Yeserías (13/11/1942), Prisión de Santa Rita (11/03/1943) e Reformatorio de Adultos de Ocaña´-Toledo (13/02/1953), onde por Orde do 10/07/1953, concédeselle a liberdade condicional (BOE Nº249, do 06/09/1953, páxina 5369).
Gómez Pérez, Juan (Abengibre-Albacete)
Barbeiro, 22 anos. Fillo de Julián e Victoria.
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 28/05/1940 a 12 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Prisión Central de Santa Isabel-Santiago de Compostela, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (19/07/1941), por orde do 12 de decembro de 1942, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro, ( BOE nº 61 de 05/01/1943, páxina 157), facéndose efectiva o o 04/12/1942.
Gómez Piñeiro, Leonardo (Ferrol-A Coruña)
Comerciante, 41 anos, casado con Francisca Varela. Fillo de Leonardo e Francisca.
Xulgado no Ferrol por Rebelión Militar. Condenado o 12/01/1938 a 12 anos e 1 día.
Preso, cando menos, no Castelo de San Felipe-Ferrol, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/07/1938), Prisión Central de Figueirido (03/05/1939), ¿?, Castelo de San Felipe (08/02/1946), Prisión da Coruña (13/02/1946). Liberdade 21/02/1946.
Gómez Portillo, Antonio (Almadrar-Málaga)
Labrego, 63 anos, casado.
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Gómez Ramiro, Teófilo (Agudo-Ciudad Real)
Apicultor, 60 anos. Fillo de Teodoro e María.
Primeiro Tenente de Alcalde por Unión Republicana.
Xulgado o 01/03/1941 por Adhesión á Rebelión (Causa 1027/1941). Condenado o a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Ciudad Real (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300876, Expediente 92366).
Preso na Prisión Central de Valdenoceda, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (26/04/1941) e Prisión de Almadén-Ciudad Real (22/01/1943), onde por orde do 21/12/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº73 de 13/03/1944 , páxina 2132), facéndose efectiva o 24/02/1944.
Gómez del Río, Francisco (Casarabonela-Málaga)
Traballador do peirao, 64 anos, casado con Juana. Fillo de José e Isabel.
Veciño de Málaga (Málaga).
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 03/12/1937 a 20 anos de reclusión temporal. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Málaga (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300551, Expediente 46155).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Málaga (11/11/1937), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/03/1939), Prisión Provincial de Málaga (09/03/1940) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (06/10/1940).
Gómez Rivas, José María Generoso (Oca, A Estrada-Pontevedra, 15/05/1882)
Labrego, 54 anos.
Concelleiro en 1931 polo Centro Republicano e, en maio do 36, polos agrarios. Afiliado a Izquierda Republicana.
Acusado por participar na requisa de armas e explosivos e recrutar xente na comarca do Ulla, sendo detido o 21/07/1936 á entrada da Estrada á fronte dunha expedición de automóbiles e xentes armadas.
Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar, xunto con José María Cortés Fernández, Ramiro Buján Gómez e Manuel Bugallo Pereira. José María Cortés e José Gómez serían condenados o 08/10/1936 á pena de morte-
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Foron fusilados o 15/10/1936 na estrada de Campañó (A Caeira).
Gómez Rodríguez, Benito “Canario” (Pontevedra-Pontevedra)
Mariñeiro, 23 anos, solteiro. Fillo de Miguel e Dolores.
Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar (Causa 720/1937). Condenado o 20/09/1938 a 20 anos. Conmutación e extinción da pena o 22-06-1943.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e Prisión Provincial de Pontevedra (06/08/1938), onde por orde do 15/06/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 178 de 27/06/1942, páxina 4595).
Gómez Rodríguez, Constantino (Pontevedra-Pontevedra)
Mestre nacional, 25 anos, solteiro.
Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar o 29/07/1936 (Causa 245/1936). Condenado a pena de morte.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón
Fusilado en Pontevedra o 17/04/1937, rexistrándose a morte a causa de hemorraxia interna.
Expedientes de depuración de mestres nacionais (32/12885).
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1961.
Gómez Rodríguez, Francisco (Salamanca-Salamanca)
Mestre nacional, 63 anos. Fillo de Gabriel e Manuela.
Veciño de Pontejos (Marina de Cudeyo-Cantabria).
Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 14/06/1940 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Santander, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (28/10/1940), Prisión de Salamanca (28/10/1942). Liberdade o 23/12/1943.
Gómez Rodríguez, Martín (Toledo)
63 anos.
Preso na Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte por causas naturais o 03/05/1941.
Gómez Román, Cristóbal (Málaga-Málaga)
Labrego, 60 anos, casado.
Non temos datos do consello de guerra nin da sentenza, pero a pena sería posteriormente conmutada pola Comisión de Málaga (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300552, Expediente 46246).
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Gómez Romero, Alfonso (Ventas de Huelma-Granada)
Labrego, 68 anos, casado con Victoria. Fillo de Ramón e María.
Xulgado en Granada por Auxilio á Rebelión. Condenado o 09/03/1937 a 12 anos de reclusión temporal. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Granada (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300253, Expediente 4658).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Granada, Hospital Asilo Penitenciario de Segovia (27/08/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939), concédeselle a liberdade condicional en 1941 (BOE nº 90 de 31/3/1941, páxina 2125).
Gómez Romero, Simón (Cumbres Mayores-Huelva)
Xornaleiro, 63 anos, casado con María González. Fillo de José e María.
Veciño de Usagre (Badajoz).
Xulgado por Excitación á Rebelión. Condenado o 13/08/1937 a 6 anos e 1 día de prisión maior.
Preso, cando menos, na Prisión de Usagre, Prisión Provincial de Badajoz (10/08/1937), Prisión Provincial de Salamanca (22/10/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e Prisión Central de Dueñas (06/11/1939).
Gómez Ruíz, Juan Francisco (Valdepeñas-Ciudad Real)
Ferroviario, 35 anos, casado con Magdalena Cano. Fillo de Félix e María.
Veciño de Calatayud (Zaragoza).
Afiliado a UGT.
Xulgado en Zaragoza por Auxilio á Rebelión (Causa 462/37). Condenado o 04/05/1938 a 12 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938).
Gómez Sampayo, José (Arbo-Pontevedra, 1903)
Médico , 33 anos.
Licenciado en Menciña na Universidade de Santiago en 1926. En 1930 visitou Buenos Aires, onde recibiu numerosas homenaxes. Durante a Segunda República exerceu como médico en Arbo. En xuño de 1934 foi designado delegado sanitario no balneario de Salinillas de Buradó (Áraba).
Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (04/11/1936), de onde foi sacado por falangistas a noite do 08/11/1936 co pretexto de trasladalo á prisión de Pontecaldelas xunto a 4 veciños de Arbo: Telmo Rodríguez Alonso, Juan Alonso Pérez, Antonio Picallo Buela e Alfonso Alonso Portugués; e 6 veciños de Lalín: Luis Frade Pazos, José López Bermúdez, Ramiro Granja González, Luis Varela Sobrado, José María Montouto e Eliseo Garra. Ao chegar á Volta do Couto, en Tenorio, ordenáronlles baixar do camión e foron fusilados. Os veciños déronlles sepultura nunha fosa común dentro do cemiterio.
![]() |
| Gómez Sampayo, José. Faro de Vigo |
Gómez Sánchez, Cristóbal (La Palma-Huelva)
Industrial, 73 anos, casado con Segunda. Fillo de Juan e Luna.
Veciño de Escacena del Campo (Huelva).
Xulgado por Excitación á Rebelión. Condenado o 23/11/1937 a 6 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Huelva (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300536, Expediente 43942).
Preso na Prisión de La Palma-Huelva, Prisión Provincial de Huelva (04/11/1937), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (06/03/1939) e Prisión Provincial de Huelva (12/11/1939), onde se lle concede a liberdade o 26/04/1940. (BOE número 121 do 30/04/1940, páxina 2948).
Gómez Sauzo, Francisco (Humilladero-Málaga)
Labrego, casado, 67 anos.
Non coñecemos nin o consello de guerra nin a sentenza, pero a pena de guerra sería posteriormente conmutada pola Comisión de Málaga (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300551, Expediente 46192).
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón
NOTA: Citado na Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil como Francisco Gómez Sanso.
Gómez Souto, Jesús “da Soutiña” (Codeseda, A Estrada-Pontevedra)
Canteiro, solteiro, 19 anos. Fillo de Cándido e Manuela.
Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión. Condenado o 11/07/1937 a 15 anos. Conmutación e extinción da pena o 16-01-1940. (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300426, Expediente 27468).
Preso na Prisión da Estrada, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/11/1936), Prisión de Santa Isabel-Santiago (26/01/1939), Prisión Central de Astorga (15/03/1939) e Prisión de Oviedo (31/12/1939), , onde por orde do 01/03/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 81 de 22/03/1943, páxina 2568).
Ábreselle expediente de Responsabilidades Políticas (BOE Anexo único Nº15, 15 de xaneiro de 1940, páx. 270).
Entre 1941 e 1943 deberá cumprir o servizo militar nos Batallones Disciplinarios de Soldados Trabajadores Penados (BDSTP), 1a Agrupacion. (ES.19030.AGMG/3.5. Caixa 304327, Expediente 3337).
Gómez Torres “Muñequero”, Mariano (Val de Santo Domingo-Toledo)
Xornaleiro, 60 anos, casado con Clementa Hernández. Fillo de Pedro e María.
Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 08/05/1940 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, na Prisión de Torrijos, Prisión Provincial de Toledo (19/08/1940), Prisión Central de Burgos (30/08/1940) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/11/1940)
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1945.
Gómez Trueba, Valentín (Guarnizo-Cantabria)
Xornaleiro, 62 anos, casado con Felisa. Fillo de José e Jesusa.
En 1934 solicita a baixa no Partido Republicano Federal de Santander.
Xulgado en Santander por Excitación á Rebelión. Condenado o 09/10/1939 a 6 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Santander (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300782, Expediente 79826).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Santander, Prisión de las Salesas-Santander (04/02/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (20/03/1939).
Gómez Valera, Senén (Ponteareas-Pontevedra)
NOTA: Citado tamén como Senén Gómez Varela.
Zapateiro, viúvo, 36 anos.
Veciño de Angoares, Ponteareas.
Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o (19/10/1936) a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (08/02/1937). Falece durante a gran evasión do 22 de maio de 1938.
Gonsálvez Quiles, Nicolás (Almansa-Albacete)
Xastre, 61 anos. Fillo de Manuel e Josefa.
Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 23/08/1939 a 6 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (10/09/1941), onde por orde do 08/11/1941, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro.
Gontán Lois, Jaime (Vila de Cruces-Pontevedra)
Carteiro, 60 anos, casado con María.
Veciño de Loño, Carbia (Vila de Cruces).
Presidente de Izquierda Republicana (IR) de Vila de Cruces.
Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar. Condenado o 09/01/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (16/05/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/03/1939).
González, Ángel (Cordobilla-Salamanca)
Comerciante, solteiro, 25 anos.
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
González, Fernando (Bamio-Ourense)
Xornaleiro, 24 anos, solteiro.
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
González, José (¿?-Asturias)
Industrial.
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
González, Juan (Santiso de Vilanova-A Coruña)
Labrego, casado, 56 anos.
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
González (sen segundo), Juan (Ramallosa, Nigrán-Pontevedra)
Mariñeiro, 26 anos, solteiro. Fillo de Anunciada González.
Xulgado en Vigo por Auxilio á Rebelión. Condenado o 30/05/1937 a 15 anos.
Preso, cando menos, na Prisión de Vigo, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (20/11/1937). Prisión atenuada o 04/09/1940.
González (sen segundo), Juan (Ponteareas-Pontevedra)
Serrador, 31 anos, casado con Carmen Carrera. Fillo de Sofía.
Veciño de Canedo (Ponteareas).
Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar. Condenado o 19/05/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, na Prisión do Concello de Pontevedra e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/07/1936).
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1957.
González, Ricardo
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
González Andreu, José “El Zapatero” (Brasil)
Zapateiro, 34 anos,
Veciño de Lavadores (Vigo-Pontevedra).
Sería xulgado en Vigo por Rebelión Militar (Causa 539/36). Condenado á pena de morte.
A sentenza executaríase co seu fusilamento xunto a 11 vigueses mais, no Castro de Vigo, o 10 de decembro de 1936.
González Araújo, Manuel (Ponteareas-Pontevedra)
Peón de fábrica, 18 anos, solteiro. Fillo de Manuel e Inés.
Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar. Condenado o 19/03/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, na Comisaría de vixilancia de Pontevedra, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/07/1936) e Prisión de Alcalá de Henares (01/11/1939). Prisión atenuada o 06/09/1940.
González Arieiro, José (Viana do Castelo-Portugal)
Labrego, 54 anos, casado con Asunción. Fillo de José e Rosa.
Veciño de Ponteareas (Pontevedra).
Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión. Condenado o 19/05/1938 a 12 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Comisaría de vixilancia de Pontevedra e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/07/1936). Prisión atenuada o 05/09/1940.
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1942.
González Ayala, Francisco (San Juan-Almería)
Labrego, casado, 66 anos.
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
González Blanco, José (Pedralba de la Pradería-Zamora)
Secretario de concello, 60 anos, viúvo. Fillo de Manuel e Agustina.
Xulgado en Zamora por Adhesión á Rebelión. Condenado o a 20 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Zamora (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300699, Expediente 67722).
Preso, cando menos, na Prisión de Puebla de Sanabria, Prisión Provincial de Zamora (06/11/1936) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (20/02/1939).
Gonzalez Buceta, Luis (Caldas de Reis-Pontevedra)
Xastre, solteiro, 25 anos. Fillo de Felisardo e Avelina.
Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 10/10/1936 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (08/02/1937)
Liberdade prisión atenuada o 02/09/1940. Reingresa por denegación de liberdade condicional o 07/02/1942. Liberdade prisión atenuada o 07/08/1942. Conmutación por 4 anos o 02/09/1943. Liberdade definitiva o 04/03/1945.
González Bueno, Antonio (Puente Castro-León)
Albanel, casado, 33 anos.
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
González Cabaleiro, Alejandro “Moco” (Teis, Vigo-Pontevedra, 12/04/1919)
Mariñeiro. 19 anos, solteiro. Fillo de Ramón e María.
Veciño de Chapela, Redondela (Pontevedra)
CNT.
Condenado o 27/10/1936 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (16/05/1937), onde participa na gran evasión do 22 de maio de 1938, feitos polos que é fusilado o 10/06/1938. .
González Campelos, Ramón (Chapela, Redondela-Pontevedra)
Mariñeiro, 34 anos, solteiro. Fillo de Serafín e Peregrina.
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 05/02/1937 a 15 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300685, Expediente 65646).
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Prisión Central de Astorga (28/03/1939), onde por orde do 10/04/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 107 de 17/04/1942, páxina 2703) , facéndose efectiva o19/11/1942.
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1961.
González Campos, Francisco (Montiel-Ciudad Real)
Xrnaleiro, 59 anos, casado.
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
González Castillo, Juan (Valle Cabuerniga-Cantabria)
Canteiro, 67 anos, casado con Felicitas. Fillo de Valeriano e Leandra.
Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 29/10/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada por 20 anos.
Preso, cando menos, na Prisión Tabacalera de Santander, Prisión Central de Burgos (04/11/1939) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/11/1940).
González Conde, Elías (Valdenoceda-Burgos,1891)
Militar, Tenente na Guardia Nacional Republicana de Santander, 47 anos, casado con Lucía. Fillo de Melquiades e Dolores.
Veciño de Santander. Xuíz Instrutor de Valdecilla (Cantabria).
Xulgado en Santander por Auxilio á Rebelión. Condenado o 04/01/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Santander (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300298, Expediente 10584).
Preso, cando menos, na Prisión de los Salesianos o Superior, Prisión de las Las Salesas de Santander (23/09/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (24/10/1938)
González Cores, Ricardo (Combe, Cambados-Pontevedra)
Mariñeiro, 36 anos, casado con María. Fillo de José e Vicenta.
Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión. Condenado o 21/12/1937 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada o 07/12/1938 por 6 anos e 1 día de prisión maior.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Pontevedra e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/10/1937), onde por orde do 31/07/1940, concédeselle a Liberdade Condicional (BOE número 220 do 07/08/1940, páxina 5473).
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1960, residindo daquela en Vilaxoán, Sobran (Vilagarcía de Arousa-Pontevedra) https://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/es.ga.36038.ahppo/es/catalogo_imagenes/grupo.do?path=211752&presentacion=pagina&posicion=402®istrardownload=0
González Corral, Venancio (Cornoces, Amoeiro-Ourense)
Ferroviario, 60 anos, casado. Fillo de Gerardo e Filomena.
Veciño de Vidiago, Llanes (Asturias).
Afiliado a UGT e PSOE.
Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 14/02/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Oviedo (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300297, Expediente 10475).
Preso, cando menos, na Prisión Central de Figueirido e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/05/1941), onde por orde do 23/01/1942, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 38 de 07/02/1942, páxina 940).
González Cuervo, Antonio (Cambre-A Coruña)
Bombeiro, casado, 41 anos.
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
González Dantas, Manuel (¿?-Portugal)
Ferreiro, solteiro, 18 anos.
Afiliado a Juventudes Socialistas (JSU) e UGT.
Veciño de Cangas.
Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión (Causa 790/1936). Condenado o a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300426, Expediente 27443).
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e Prisión Central de Figueirido, onde por orde do 08/11/1941, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro.
Sanción de 100 ptas. por responsabilidades políticas.
González Dávila, Tomás (Lucillos-Toledo)
Xornaleiro, 67 anos. Fillo de Antonio e Salustiana.
Na súa ficha aparece oculto o motivo do xuízo. Sería condenado o 25/10/1934 a dúas penas: unha de 21 anos, 6 meses e 21 días; e outra de 12 anos, 5 meses e 11 días.
Preso, cando menos, na Prisión Central de Figueirido, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/05/1941), Prisión Provincial de Toledo (03/10/1942) e Prisión de Talavera (13/04/1945), onde falece o 13/07/1946.
González Díaz, Antonio (Camiña/Portugal)
Albanel, 23 anos, solteiro. Fillo de Antonio e Custodia.
Veciño de Pías (Ponteareas-Pontevedra).
Xulgado en Vigo por Rebelión Militar. Condenado o 12/01/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300426, Expediente 27460).
Preso, cando menos, na Prisión de Tui e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (25/09/1937).
González Díaz, Francisco Paula (Sevilla-Sevilla)
Labrego, 76 anos, viúvo. Fillo de Benito e Eustaquia.
Veciño de Casar de Periedo (Cabezón de la Sal-Cantabria).
Xulgado en Torrelavega por Auxilio á Rebelión. Condenado o 05/12/1937 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Santander (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300575, Expediente 49322).
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/03/1939), onde por orde do 17/10/1940, concédeselle a Liberdade condicional (BOE número 296 del 22/10/1940, páxina 7258).
González Díaz, Isidro (Caracuel de Calatrava-Ciudad Real)
Horticultor, 60 anos. Fillo de Julián e Isidra.
Veciño de Corral de Calatrava (Ciudad Real).
Xulgado en Almodóvar del Campo (Ciudad Real) por Adhesión á Rebelión (Causa 5597/1939). Condenado o 01/07/1940 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, na Prisión Central de Astorga, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón 26/04/1941) e Prisión Provincial de Ciudad Real (13/01/1943), onde é posto en liberdade condicional o 15/04/1944.
González Díaz, José (Touro-A Coruña)
Camareiro, casado, 26 anos.
Xulgado na Coruña por Rebelión Militar (Causa 1450/1937). Non temos datos da sentenza, pero a pena sería posteriormente conmutada pola Comisión de La Coruña (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300359, Expediente 18377).
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Volverá a ser xulgado na Coruña por prestar auxilio a compoñentes de partidas armadas (Causa 40/1948).
González Díaz, José (Friol-Lugo)
Chofer, 34 anos, solteiro.
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
González Díaz, José Manuel (Presedo, Abegondo-A Coruña)
Labrego, 31 anos, solteiro.
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
González Díaz, Serafín (Cambados-Pontevedra)
Carpinteiro, casado, 62 anos.
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
González Díez, Teodosio (Palacios del Sil-León)
Labrego, 66 anos. Fillo de Manuel e Higinia.
Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 29/10/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria del Dueso, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (04/04/1939) e Prisión de Ponferrada (09/11/1942). Liberdade 17/06/1943.
González Domínguez, Antonio
Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón onde, por Orde do 01/01/1942, concédeselle a liberdade condicional coa liberación definitiva do desterro (BOE número 7 del 07/01/1941, páxina 121).
González Fernández, Antonino (Tolibia de Arriba, Valdelugueros-León)
Labrego, 57 anos, viúvo de Marcelina. Fillo de Pío e Celestina.
Xulgado en León por Adhesión á Rebelión (Causa 844/1937). Condenado o 05/02/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, na Prisión de San Marcos, Prisión Provincial de León (05/02/1938), Prisión Central de Figueirido (28/09/1940) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/05/1941) e Prisión Provincial de León (14/12/1942). Liberdade 13/11/1943.
González Fernández, Evaristo (Sela, A Caniza-Pontevedra)
Estudante, 21 anos, solteiro. Fillo de Antonio e Antonia.
Veciño de A Granxa (A Caniza).
Xulgado por Deserción na Fronte. Condenado o 19/09/1936 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada por 6 anos e 1 día (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300426, Expediente 27487).
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (11/10/1937), onde se lle concede a Liberdade condicional (BOE nº 156 de 5/6/1941, páxina 4047), facéndose efectiva o 01/09/1941.
Entre 1941 e 1942 debería cumprir o servizo militar nos Batallones Disciplinarios de Soldados Trabajadores Penados (BDSTP), 1a Agrupación.
Liberdade definitiva o 11/01/1944.
González Fernández, Fabián (La Felguera, Turón, Mieres-Asturias)
Xornaleiro, 62 anos, casado con María. Fillo de Miguel e Nicolasa.
Xulgado en Asturias por Auxilio á Rebelión. Condenado o 30/08/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Oviedo (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300534, Expediente 43599).
Preso, cando menos, na Prisión de Mieres, Prisión Provincial de Oviedo (18/07/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/02/1939), onde se lle concede a Liberdade Condicional (BOE nº 183 de 2/7/1941, páxina 4901).
González Fernández, Sandalio (¿Pravia?-Asturias)
Contratista de obras, 23 anos, casado con Josefa. Fillo de Rafael e Isabel.
Veciño de La Mata, Grado (Asturias).
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 13/04/1938 a 12 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Prisión de la Harinera de Gijón, Prisión provincial de Oviedo (15/01/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/02/1939), onde se lle concede a liberdade condicional (BOE nº 90 de 31/3/1941, páxina 2123).
González García, José Ramón(Gresande, Lalín-Pontevedra)
Canteiro, 26 anos, solteiro. Fillo de Ramón e María.
Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión. Condenado o 27/02/1937 a 12 anos e 1 día. Pena conmutada o 20/05/1940 pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300214, Expediente 1066).
Preso, cando menos, na Prisión de Lalín e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (04/11/1936).
González García, Manuel (Celadilla del Páramo, Villadangos del Páramo-León)
Xornaleiro, 61 anos, casado.
Xulgado en León (Causa 792/1937). Non coñecemos o motivo nin a sentenza pero a pena sería posteriormente conmutada pola Comisión de Leon (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300438, Expediente 29392).
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
González García, Marcelo (Aranda de Duero-Burgos)
Xornaleiro de 61 anos. Fillo de Francisco e Inés.
Veciño de Sestao (Bizkaia).
Xulgado en Bilbao por Rebelión Militar. Condenado o 12/08/1937 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Vizcaya (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300504, Expediente 38877).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao (10/07/1937), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939), Prisión Especial de San Isidro de Dueñas (04/01/1940), onde por orde do 12/08/1940, concédeselle a Liberdade condicional provisional (BOE número 233 del 20/08/1940, páxina 5769).
González García, Pedro (Mombeltrán-Ávila)
Labrego, 71 anos, solteiro. Fillo de Melchor e María.
Condenado o 27/03/1937 a 24 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, na Prisión de Arenas de San Pedro-Ávila, Prisión Provincial de Ávila (07/03/1937), Prisión Central de Burgos (23/12/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (11/03/1939), Prisión Central de Figueirido (15/05/1939), onde falece o 04/09/1939.
González Giménez, Mariano (Madrid-Madrid)
Xastre, 18 anos, solteiro. Fillo de Facundo e Rufina.
Xulgado en Burgos por Rebelión Militar. Condenado o 10/09/1936 a 20 anos. Pena posteriormente conmutada por 6 anos e 1 día pola Comisión de Burgos (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300281, Expediente 8413).
Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (18/09/1938), Prisión Provincial de Vitoria (22/11/1938) e Prisión T. de Alcalá (24/09/1939).
González Gómez, Pablo (Ubierna, Merindad del Río-Burgos)
Albanel, 39 anos, casado con Lucía. Fillo de Gervasio e Petra.
Veciño de Bilbao (Bizkaia).
Xulgado en Santander por Auxilio á Rebelión. Condenado o 16/09/1937 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Santander (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300557, Expediente 47110).
Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/09/1938), Prisión de Santiago de Compostela (26/01/1939), Prisión Provincial de Astorga (24/03/1939) e Prisión de Santa Rita de Carabanchel (04/10/1939). Reingresa na Prisión de Santa Rita o 23/08/1940.
González González, Carlos (Valle de Vegacervera, Vegacervera-León)
Labrego, 58 anos. Fillo de Isidro e María Antonia.
Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 19/04/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, na Prisión Central de Figueirido e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/05/1945), por orde do 12/12/1942, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro ( BOE nº 61 de 05/01/1943, páxina 153), facéndose efectiva o 06/12/1942.
González González, Damián (Susañe del Sil, Palacios del Sil-León)
Labrego, 62 anos, casado con José e Vicente.
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 07/04/1938 a 16 anos.
Preso, cando menos, na Prisión Central de Figueirido e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/05/1941), onde se lle concede a Liberdade Condicional (BOE nº 301 de 28/10/1941, páxina 8404).
González González, Gumersindo
Ingresaría na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, agardando xuízo, pero o 11/11/1936 é trasladado ao cárcere de Redondela, xunto con José Romero Castiñeira, Alberto Casal Dozo, Ángel Rial Vidal e Eduardo García Santos. Ao día seguinte son entregados a forzas da Garda Civil de Pontevedra mandadas por Miguel Gómez (citado como González noutro documento), para ser trasladados á Prisión de Partido da Caniza. Ao chegar a Lomba (Gargallóns), na estrada de Xeve a Campo Lameiro, serán fusilados. Enterrados na Fosa 2310/2011 PONT (San Andrés de Xeve, Pontevedra) .
González González, Hermógenes (Grixoa, Viana do Bolo-Ourense)
Xornaleiro, 27 anos, casado con Fidela González. Fillo de Atanasio e Rosalía.
Veciño de La Arboleda/Zugaztieta (Valle de Trápaga-Bizkaia).
Xulgado en Bilbao por Auxilio á Rebelión. Condenado a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Vizcaya (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300502, Expediente 38581).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (09/10/1938) e Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda (17/01/1940).
González González, Jesús “O Parvo” (Vigo-Pontevedra)
Fogueiro, 33 anos.
Afiliado a CNT.
Fuxido en xullo do 36, foi detido ingresando Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde permaneceu 14 meses sen xuízo.
De volta en Vigo, embarcouse coma mariñeiro no vapor pesqueiro "Nuevo Celta", que fuxiu a Brest na noite do 01/10/1938. Declarado fuxido e en rebeldía en proceso xudicial aberto en Ferrol. Retorna da Francia en 1949, retomándose o seu procesamento en Ferrol, sendo xulgado co resultado de sentenza a prisión de 1 ano.
González González, José María (Oviedo-Asturias)
Industrial, 64 anos. Fillo de Manuel e Antonia.
Veciño de La Felguera (Asturias).
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 12/05/1938 a 20 anos.
Preso na Prisión Provincial de Oviedo e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/02/1939), por Orde do 22/07/1942, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 209 de 28/07/1942, páxina 5536).
González González, Manuel (Baldráns, Tui-Pontevedra)
Albanel, 38 anos, casado con Adelina Albariño. Fillo de Manuel e Manuela.
Veciño de Guillarei (Pontevedra).
Xulgado en Vigo por Rebelión Militar. Condenado o 27/04/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso na Prisión de Tui e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (25/09/1937)
González González, Manuel (Ribadavia-Ourense)
Labrego, 63 anos, casado con Concepción. Fillo de Manuel e Teresa.
Xulgado en Ourense por Rebelión Militar. Condenado o 07/02/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Ourense, Hospital Asilo Penitenciario de Segovia (28/07/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939), onde falece o 19/09/1939 a causa dunha gripe.
González Haba, Francisco (¿?-Almería)
Non temos datos nin do consello de guerra, nin da sentenza, pero a pena sería posteriormente conmutada pola Comisión de Almería |(ES.19030. AGMG/6.1.1. Caja 300687, Expediente 6598)
Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón onde, por Orde do 01/01/1942, concédeselle a liberdade condicional coa liberación definitiva do desterro (BOE número 7 del 07/01/1941, páxina 131).
González Hernández, Fabián (Turón-Asturias)
Mestre de obras, 63 anos, viúvo.
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón
González Hernández, Jesús (Salamanca).
Comerciante, solteiro, 23 anos.
Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón
González Iglesias, José (Linares, San Martín del Rey Aurelio-Asturias)
Electricista, 34 anos. Casado. Veciño de La Felguera, Langreo (Principado de Asturias).
Militante da CNT de La Felguera.
Miliciano republicano na fronte asturiana.
Xulgado no campo de concentración de Camposancos, A Guarda (Pontevedra). Condenado á pena de morte.
Preso, cando menos, na Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde ás seis da mañá do 5-8-1938, son fusilados diante do paredón do cemiterio da Illa de San Antón, xunto a outros 6 asturianos condenados a morte: José Álvarez García, de Xixón; Francisco Casal Sánchez, de La Felguera; Bernardino Fernández Vázquez, de Salas; Fermín García Álvarez, de Carbonera; Isaías González Miguel, veciño de Olloniego; e Gregorio Mateos Marote, veciño de Navia.
González Jiménez, Carlos (Muxía-A Coruña)
Zapateiro, 28 anos, casado.
González Jiménez, Juan (Almuñécar-Granada)
Labrego, 68 anos, casado con Dolores. Fillo de Juan e María.
Xulgado en Granada por Auxilio á Rebelión (Causa 1187/37). Condenado o 22/02/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada por 6 anos e un día.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Granada (27/11/1937) e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (28/03/1939), onde falece o 19/05/1941 por causas naturais.
Enterrado no cemiterio de Pereiró (Vigo).
González Julve, Manuel (Muxía-A Coruña)
Mariñeiro, casado, 38 anos.
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
González Juste, Fermín (Abegondo-A Coruña)
Labrego, solteiro, 19 anos.
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
González Lindo, Manuel (Presedo Abegondo-A Coruña)
Labrego, casado, 32 anos.
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
González Llaneza, Amalio (Santa Bárbara, San Martín del Rey-Asturias)
Camiñeiro, 33 anos, casado con Josefina Zapico. Fillo de José e María.
Xulgado en Camposancos (A Guarda). Condenado a pena de morte. Pena posteriormente conmutada por 12 anos e 1 día (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300153, Expediente 12218)
Preso, cando menos, na Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (15/07/1938), Prisión Central de Burgos (08/03/1939), Prisión Central de Figueirido (28/09/1940) e Destacamento Penal de "Carbones Asturianos" de Ciaño-Langreo (27/11/1942), onde por orde do 25/09/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 286 de 13/10/1943, páxina 9917). Prisión atenuada o 12/08/1943.
González López, Eusebio (Salamanca-Salamanca)
Garda municipal, 48 anos, casado.
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
González López, Gabriel (Cuéllar-Segovia)
Xornaleiro, 57 anos, casado.
Afiliado a UGT.
Non temos datos nin do consello de guerra, nin da sentenza, pero a pena sería posteriormente conmutada pola Comisión de Segovia (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caix 300306, Expediente 11657).
Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
NOTA: Aparece un Gabriel González López preso na Prisión Provincial de Palencia onde consegue a liberdade condicional (BOE nº 267 de 24/9/1941, páxina 7369).
Expedientes de Libertad Vixiada (Audiencia Territorial de Valladolid, Archivo de la Real Chancillería de Valladolid). Caixa 3726.0021 (1943/1946). Residente en Valladolid (Valladolid).
González López, José “El Viejo” (Santa Fe de Modujar-Almería)
Agricultor, 64 anos, casado con Teresa Bueno. Fillo de Manuel e María.
Xulgado en Almería por Adhesión á Rebelión (Causa 1039/1941). Condenado o 04/05/1940 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, na Prisión Central de Astorga, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/01/1942) e Prisión de ¿Marín? (17/11/1942). Liberdade condicional o 20/12/1943.
González López, Laureano (Nigrán-Pontevedra)
Mariñeiro, 22 anos, solteiro.
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
González López, Liberato (Valdepeñas-Ciudad Real)
Toneleiro, 29 anos casado con Natividad Torres. Fillo de Eugenio e Araceli.
Xulgado en Bilbao por Auxilio á Rebelión. Condenado a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Vizcaya (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300504, Expediente 38977).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (09/10/1938) e Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda (19/01/1940).
González Marciel, Segismundo (Santo Domingo de la Calzada-La Rioja)
Camareiro, solteiro, 18 anos.
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
González Martín, José (Valdelarco-Huelva)
Albanel, 60 anos, casado con Adelaida Lobo. Fillo de José e Inés.
Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 24/07/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, na Prisión Central del Puerto de Santa María, Colonia Penitenciaria del Dueso (10/08/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (01/04/1939).
Probablemente sexa o José González Martín preso na Prisión Provincial de Huelva, onde por orde do 22/01/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 62 de 03/03/1943, páxina 2045).
González Martín, José (Motril-Granada)
Labrego, 60 anos, casado con Clemencia. Fillo de Fernando e María.
Xulgado en Granada por Indución á Rebelión. Condenado o 15/09/1937 a 6 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Granada (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300422, Expediente 26854).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Granada (17/07/1937), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (28/03/1939) e Prisión Central de Dueñas (05/10/1939), onde por orde do 12/08/1940, concédeselle a Liberdade condicional (BOE número 233 del 20/08/1940, páxina 5767).
González Martínez, José (Coballes, Caso-Asturias)
Comerciante, 58 anos.
Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 18/04/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada por 20 anos.
Preso, cando menos, na Prisión Central de Figueirido-Pontevedra, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/05/1941) e Prisión de Gijón (22/01/1943). Liberdade condicional o 20/06/1943.
González Melón, Claudino (Teis, Vigo-Pontevedra)
Mariñeiro (fogueiro), 30 anos, casado con Juana Montenegro. Fillo de Juan e Carmen.
Traballaba no vapor Lola Veiga, con base en Bouzas, sendo denunciado polos armadores, e con el ao capitán Manuel Parodi Martínez, de orixe gaditana, e ao mariñeiro Alfonso Santos Cabaleiro Moreno, tamén de Teis.
Xulgado en Vigo por Rebelión Militar (Causa 112/1936). Condenado o 08/04/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Conmutación da pena o 23/05/1940, quedando retido por outra condena de 2 anos e 11 meses.
Preso, cando menos, na Prisión de Vigo, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/09/1937), Prisión Central de Burgos (06/03/1939) e Prisión Sanatorio de Porta Coeli-Valencia (01/02/1941), onde por orde do 12/03/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 77 de 18/03/1942, páxina 1949), facéndose efectiva o 28/03/1942.
González Méndez, Secundino (Vilalonga, Sanxenxo-Pontevedra)
Zapateiro, solteiro, 20 anos en 1940.
Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Ábreselle expediente de Responsabilidades Políticas (BOE Anexo único Nº15, 15 de xaneiro de 1940, páx. 270).
González Miguel, Isaías (Ezcaray-La Rioja).
- Mineiro, 27 años, solteiro.
- Veciño de Olloniego (Asturias).
Membro da Agrupación Socialista (AS) de Olloniego, da que foi vogal do seu Comité Directivo en maio de 1934 e militante do Sindicato de Obreiros Mineiros de Asturias, vencellado á UGT.
- Participou na Revolución do 34, no ataque ao cuartel da Garda Civil de Olloniego. Ao iniciarse o alzamento, formou parte da expedición de obreiros que marchou en tren a Madrid. Nomeado xefe de policía en Olloniego e policía secreta en Avilés. Detido polos rebeldes ao caer a fronte asturiana en outubro de 1937 a bordo do San Juan de Nieva.
- Xulgado por Rebelión Militar na prisión de Camposancos (A Guarda). Condenado o 24/6/38 é pena de morte.
Preso, cando menos, na Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde ás seis da mañá do 5-8-1938, son fusilados diante do paredón do cemiterio da Illa de San Antón, xunto a outros 6 asturianos condenados a morte: José Álvarez García, de Xixón; Francisco Casal Sánchez, de La Felguera; Bernardino Fernández Vázquez, de Salas; Fermín García Álvarez, de Carbonera; José González Iglesias, de San Andrés de Linares; e Gregorio Mateos Marote, veciño de Navia.
González Murillo, Daniel (Bilbao-Bizkaia)
Ferroviario, 42 anos, casado con Carmen Venero. Fillo de José e María.
Veciño de Aranguren (Zalla-Bizkaia).
Xulgado en Santander por Auxilio á Rebelión (Causa 157/37). Condenado o 16/09/1937 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Santander (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300558, Expediente 47242).
Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/09/1938). Prisión atenuada o 26/08/1940.
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1941.
González Nieto, Alfonso (Morón de la Frontera-Sevilla)
Garda municipal, 65 anos. Fillo de Salvador e Dolores.
Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 24/05/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Sevilla(ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300905, Expediente 96205).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (24/02/1940), Prisión Provincial de Sevilla (01/11/1942). Liberdade condicional o 21/11/1943.
González Nueda, Jesús (Salamanca-Salamanca)
Comerciante, 23 anos, solteiro.
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
González Nueda, Vicente (Salamanca-Salamanca)
Chofer, 48 anos, casado.
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
González Osorio, Ángel (Oviedo-Asturias)
Propietario, viúvo, 70 anos.
Non temos datos nin do consello de guerra, nin da sentenza, pero a pena sería posteriormente conmutada pola Comisión de Oviedo (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300341, Expediente 16233).
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde se lle concede a Liberdade Condicional (BOE nº 267 de 24/9/1941, páxina 7366).
González Palacios, Luis (Salamanca-Salamanca)
Ferroviario, 38 anos, casado.
Xulgado por Desafección ao Réxime (Causa 317/1939).
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
González Palencia, José (Madrid-Madrid)
Xefe de estación, 60 anos. Fillo de Félix e Dolores.
Veciño de Torrelodones (Madrid).
Xulgado por Adhesión á Rebelión (Causa 1510/1939). Condenado o 29/05/1939 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada por 20 anos (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300122, Expediente 9592)
Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (22/03/1941), Prisión de Yeserías (29/07/1943) e Prisión de Santa Rita (11/03/1943), onde por orde do 22/01/1944, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 77 de 17/03/1944, páxina 2236).
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1944.
González Pazo, Darío “Pavito” (Espiñeiro, Teis, Vigo?-Pontevedra)
Mariñeiro, 29 anos. Fillo de (censurado) e Venancia.
Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 05/03/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300685, Expediente 65645).
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/09/1937), Prisión de Santa Isabel (19/02/1943) e Destacamento Penal das Minas de Casaio-Ourense (15/06/1943). Prisión atenuada (31/07/1943. Liberdade o 04/11/1943.
Detido novamente na Prisión de Vigo (01/08/1951.
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1960.
González Peinado, José (Minaya-Albacete)
Xornaleiro, 60 anos. Fillo de Casiano e Bernavea.
Presidente de Colectividade socialista e afiliado a UGT. Acusado de realizar incautacións, saqueos, requisas, vixilancias desde a torre con escopeta e denuncias ao Tribunal Popular.
Xulgado por Auxilio á Rebelión (Causa 2708/1939). Condenado o 15/12/1939 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Albacete a 8 anos de prisión maior (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300830, Expediente 86111).
Preso na Prisión de Partido de La Roda, Prisión Provincial de Albacete, Prisión Central Santa Isabel de Santiago de Compostela, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (18/03/1941), onde por orde do 11/05/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 140 de 20/05/1942, páxina 3539).
González Perales, Leonardo (Viso de San Juan-Toledo)
Ferreiro, 61 anos. Fillo de Félix e Ángela.
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 26/10/1939 a 12 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda e a Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (10/09/1941), onde por Orde do 12/03/1942, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 77 de 18/03/1942, páxina 1950).
González Pérez, Higinio (Tacoronte-Tenerife)
Vendedor, casado, 51 anos.
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
González Pérez, Jacinto (Bueu-Pontevedra)
Mecánico, 24 anos, solteiro. Fillo de Constante e Josefa.
Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar. Condenado o 27/06/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300214, Expediente 1064).
Preso, cando menos, na Prisión de Bueu, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (16/12/1936), Prisión Central de Burgos (06/03/1939) e Colonia Penitenciaria del Dueso (15/04/1939). Prisión atenuada o 17/09/1940.
Volveu a reingresar na Prisión de Gijón (18/02/1956). Liberdade 05/04/1956. Prisión de Vitoria (19/01/1957).
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1960.
González Pérez, Sergio (Verín-Ourense)
Barbeiro, 22 anos, casado con Isolina Abal. Fillo de Sergio e María.
Veciño de Bouzas (Vigo-Pontevedra).
Xulgado en Vigo por Auxilio á Rebelión. Condenado o 31/12/1936 a 15 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300427, Expediente 27503).
Preso, cando menos, na Prisión de Vigo, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (26/10/1936).
González Portela, Enrique (Salvaterra do Miño-Pontevedra)
Descargador, 25 anos, casado con Benigno Soto. Fillo de José e Rosalía.
Veciño de Pontevedra (Pontevedra).
Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar. Condenado o 22/12/1936 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, na Comisaría de Vixilancia de Pontevedra, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (18/09/1936), Prisión Central de Burgos (06/03/1939), onde se lle concede a liberdade condicional (BOE nº 267 de 24/9/1941, páxina 7369).
Volvería a pasar por varias cárceres: Prisión Central de Astorga (12/11/1945), Prisión de Pontevedra (04/12/1945), Prisión de Tui (18/12/1945), Prisión de Vigo (05/06/1948), ¿? (30/03/1949) e Colonia Penitenciaria del Dueso (25/05/1949). Liberdade condicional o 25/02/1951.
González Prado, Juan (Rioseco, Sobrescobio-Asturias)
Carpinteiro, 60 anos, casado con Mercedes. Fillo de Pedro e María.
Veciño de Coballes (Caso-Asturias).
Xulgado en Oviedo por Rebelión Militar (Causa 1338/1940). Condenado o 13/01/1938 a 20 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Oviedo (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300514, Expediente 40449).
Preso, cando menos, na Prisión de Oviedo, Prisión Central de Celanova (13/02/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (24/03/1939).
González Queréndez, Pablo (Hoyo Casero-Ávila)
Xornaleiro, 31 anos. Casado con Benito e Isabel.
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 09/02/1937 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada por 3 anos.
Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e Prisión Provincial de León (09/04/1939). Liberdade definitiva o 25/07/1940.
González Querol, Secundino “Cordeiro” (Coia, Vigo-Pontevedra)
Mariñeiro, 28 anos.
Afiliado a CNT-SIP de Bouzas (Vigo).
Tripulante do vapor pesqueiro "Nuevo Antonio Vieira"
Preso,
cando menos, na
Colonia
Penitenciaria da Illa de San Simón.
Xulgado en Vigo por Rebelión Militar. Condenado á pena de morte.
Executada na Base Naval de Ríos-Vigo o 05/01/1937.
González Quiles, Nicolás
Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 08/11/1941 (BOE número 322 de 18/11/1941, páxina 9020).
González Quiroga, Enrique (Salvaterra do Miño-Pontevedra)
Labrego, 30 anos, solteiro. Fillo de Manuel e María.
Xulgado en Vigo por Auxilio á Rebelión. Condenado o 11/02/1937 a 15 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300426, Expediente 27435).
Preso, cando menos, na Prisión de Vigo, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (20/11/1937), Colonias Penitenciarias Militarizadas de Dos Hermanas-Sevilla (13/03/1940) e Prisión Central de Astorga, onde por orde do 05/12/1941, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro, facéndose efectiva o 30/11/1941.
González Rodado, Jesús
Non temos datos nin do consello de guerra, nin da sentenza, pero a pena sería posteriormente conmutada pola Comisión de Ciudad Real (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300829, Expediente 85989).
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde por orde do 12/12/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE numero 8 de 08/01/1943, páxina 280).
González Rodríguez, Laureano (Serrapio, Aller-Asturias)
Labrego, 72 anos, casado con Celestina Fernández. Fillo de José e Joaquina.
Xulgado en Asturias por Auxilio á Rebelión. Condenado o 05/06/1938 a 15 anos.
Preso, cando menos, na Prisión de Moreda, Prisión Provincial de Oviedo (31/12/1937), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/02/1939) e Prisión Central de Figueirido (05/05/1939), onde falece o 20/12/1939.
González Rubio, Miguel (Miranda del Castañar-Salamanca).
Xornaleiro, 37 anos, casado.
Xulgado en 1936 por Auxilio á Rebelión. Condenado a 15 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Salamanca (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300353, Expediente 17723).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Salamanca (15/08/1936), Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e Prisión Provincial de Salamanca (28/04/1941), onde por orde do 01/01/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 7 de 07/01/1942, páx. 131)
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas en 1941.
Pode ser o mesmo Miguel González Rubio que é xulgado en 1954 en Salamanca xunto a 8 homes máis (Causa 151/1954).
González Ruíz, Francisco (Rincón de la Victoria-Málaga)
Labrego, 64 anos, casado.
Non temos datos nin do consello de guerra, nin da sentenza, pero a pena sería posteriormente conmutada pola Comisión de Málaga (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300552, Expediente 46360).
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
González Ruíz, Juan (Vallarta de Bureba-Burgos)
Empregado, 70 anos, casado con Rafaela. Fillo de Juan e Marcela.
Veciño de Bilbao (Bizkaia).
Xulgado en Bilbao por Rebelión Militar. Condenado o 31/08/1937 á pena de morte, sendo rebaixada a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300003, Expediente 172). Pena posteriormente conmutada por 12 anos.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Hospital Asilo Penitenciario de Segovia (21/12/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939).
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1947.
González Santiago, Sebastián “Valente” (Cantodarea, Marín-Pontevedra)
Mariñeiro, 31 anos, casado con Carmen Campelo. Fillo de Alejandro e Carmen.
Veciño de Praceres (Marín).
Membro da Xuventude Católica.
Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar. Condenado o 27/06/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300269, Expediente 6813).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Pontevedra e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (13/02/1937).
González Santomé, Ramiro (Cristimil, Lalín-Pontevedra)
Labrego, 44 anos, solteiro. Fillo de José e Josefa.
Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión (Causa 1172/36). Condenado o 27/02/1937 a 15 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300214, Expediente 1065).
Preso, cando menos, na Prisión de Lalín, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (04/11/1936) e Colonias Penitenciarias Militarizadas de Dos Hermanas-Sevilla (19/03/1940)
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1941.
González Saraiba, Manuel (Ponte da Lima-Portugal)
Albanel, 52 anos, casado con Josefa Pereira. Fillo de Juan e Antonia.
Veciño de Gondomar (Pontevedra).
Xulgado en Vigo por Rebelión Militar. Condenado o a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, na Prisión de Vigo e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (10/11/1937). Prisión atenuada o 17/09/1940.
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1941.
González Serrano, José (Zaragoza-Zaragoza)
Pasteleiro, 64 anos, casado con Antonia Calejero. Fillo de José e Encarnación.
Xulgado en Zaragoza por Auxilio á Rebelión (Causa 495/37). Condenado o 12/04/1937 a 12 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938), onde falece o 17/07/1939. Como causa da morte rexístrase “reblandecimiento cerebral”.
González Silva, José (Botos, Lalín-Pontevedra)
Ferreiro, 40 anos, viúvo. Fillo de Benito e Teresa.
Xulgado por Auxilio á Rebelión e coacción. Condenado o 10/09/1937 a 20 anos, más 4 a 2 meses e 21 días. Pena conmutada o 25/04/1943 a 3 anos de prisión menor, pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300426, Expediente 27454).
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Prisión Central de Astorga (28/03/1939) e Prisión Central de Celanova (26/12/1942), onde por orde do 19/06/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 203 de 22/07/1943, páxina 7073), facéndose efectiva o 11 /06/1943.
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1941.
González Silva, Laureano “O da casa de Lameu” (Botos, Lalín-Pontevedra)
Canteiro, 28 anos, solteiro. Fillo de Benito e Teresa.
Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar. Condenado o 20/09/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Posteriormente conmutación a 4 anos de prisión menor pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300426, Expediente 27455).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Pontevedra e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (28/04/1937).
González Soriano, Pedro (Cortegana-Huelva, 1876)
- Labrego, 60 anos, viúvo de Modesta. Fillo de Marcelo e María.
- Afiliado a PSOE. Membro da UGT de Cortegana.
- Xulgado en Huelva por Auxilio á Rebelión o 16/08/1937. Condenado o 04/02/1939 a 12 anos e 1 día. Pena conmutada o 23/10/1941 por 6 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Prisión de Cortegana, Prisión Provincial de Huelva (24/09/1937), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (06/03/1938), Prisión Central de Figueirido-Pontevedra (05/05/1938). Prisión atenuada o 30/08/1940.
González Táboas, José (Mondariz-Pontevedra)
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde falece.
González Terceiro, Manuel (Tabeirós, A Estrada-Pontevedra)
23 anos, solteiro. Fillo de Ramon e Josefa.
Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión. Condenado o 13/03/1937 a 15 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300426, Expediente 27483).
Preso na Prisión da Estrada, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (13/03/1937), Prisión Central de Astorga (08/05/1939) e Prisión Provincial de Lugo (03/12/1939). Liberdade o 28/07/1940.
En 1941 ségueselle expediente por Responsabilidades políticas. (BOE 29/04/1941, páx. 1720).
González del Valle Roldán, Luis (Arbatzegui/Guerrikaitz-Bizkaia)
Empregado, 60 anos, casado con Josefa. Fillo de José e Concepción.
Xulgado en Bilbao por Rebelión Militar. Condenado o 06/08/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Vizcaya (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300504, Expediente 38941).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (21/11/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/03/1939).
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1941.
González Vaquero, Jacinto (Villalba de los Alcores-Valladolid)
Xornaleiro, 37 nos, casado con Sofía Cabezudo. Fillo de Pedro e Nicolasa.
Xulgado en Valladolid por Rebelión Militar. Condenado o 20/12/1936 a 20 anos. Pena posteriormente conmutada a 6 anos pola Comisión de Valladolid (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300237, Expediente 3248).
Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (18/09/1938) e Prisión Provincial de Lugo (03/12/1939), onde por orde do 16/10/1941, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 300 de 27/10/1941, páxina 8370).
González Velázquez, Sabino (Álava, Salas-Asturias)
Camiñeiro, 60 anos, viúvo.
Veciño de Bances, Santianes (Pravia-Asturias).
Afiliado a UGT.
Xulgado en Pravia. Condenado o 27/06/1938 a 15 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Oviedo (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300514, Expediente 40442).
Preso na Prisión de Pravia, Prisión Provincial de Oviedo (14/05/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/02/1939), onde por Orde do 11/07/1941, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva de desterro (BOE número 214 de 2/8/1941, páxina 5862).
González Vidarte, José
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
González Vilas, Ramón (Sobradelo, Vilagarcía de Arousa-Pontevedra)
Mariñeiro, 22 anos, solteiro. Fillo de Jesús e Emilia.
Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión. Condenado o 21/12/1937 a 12 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Pontevedra, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/10/1937). Liberdade o 07/12/1938.
González Villalba, Luis (Bilbao-Bizkaia)
Obreiro nos Talleres de Guarnicionería Salesianos de Deusto, 31 anos, casado con Juana Cortaberría. Fillo de Luis e Julia.
Veciño de Eibar (Guipuzkoa).
Xulgado en Bilbao por Auxilio á Rebelión. Condenado a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Vizcaya (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300500, Expediente 38336).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (09/10/1938) e Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda (19/01/1940), onde se lle concede a Liberdade condicional (BOE nº 211 de 30/7/1941, páxina 5736), facéndose efectiva o 04/07/1941.
González Villalobos Miñor, Jesús (Castro Urdiales-Cantabria)
Mariñeiro, 30 anos, solteiro. Casado con Justiniano e Ángela.
Xulgado en San Sebastián por Auxilio á Rebelión. Condenado o 05/04/1938 a 12 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/09/1938) e Prisión Central de Astorga (11/04/1939).
Gordo Jiménez, Cirilo de la Purificación (Oliva de Mérida-Badajoz, 02/02/1870)
Xornaleiro, 73 anos, viúvo de María Antonia Maqueda. Fillo de Manuel e Juana.
Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 06/12/1939 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Badajoz (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300936, Expediente 100182).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Badajoz, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (24/02/1942), Prisión de Mérida (04/10/1942) e Prisión Provincial de Badajoz (19/02/1943). Liberdade condicional o 07/03/1943).
Gordo Victoria, Francisco (Herramélluri-La Rioja)
Camiñeiro, 63 anos, casado con Ángela Serrano. Fillo de Fernando e Justa.
Veciño de Castañares de Rioja (La Rioja).
Xulgado en Logroño. Condenado o 30/11/1938 a 8 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Logroño (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300651, Expediente 60543).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Logroño (30/08/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/02/1939) e Prisión Central de Dueñas (05/10/1939).
Gorgorio Nofre, Antonio (Baró, Soriguera-Lleida)
Capataz (Garda Forestal), 66 anos.
Xulgado por Rebelión Militar (Causa 253/1938). Condenado a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Huesca (14/05/1938-13/04/1939) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde falece o 10-6-1941.
https://www.boe.es/gazeta/dias/1940/05/15/pdfs/BOE-1940-136.pdf
Gorospe Egaña, Prudencio (Villarreal de Urrechua/Urretxu-Guipuzkoa, 28/04/1900)
Xornaleiro, 38 anos, casado con Flora Pascual. Fillo de Alberto e Isidora.
Afiliado a EAE-ANV / ELA.
Durante a guerra Intendente dos Batallóns Errentería, Larrañaga e nº50 San Andrés, do exército de Euskadi.
Xulgado en Bilbao por Auxilio á Rebelión. Condenado o 36/07/1937 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Vizcaya (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300502, Expediente 38605).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/09/1938) e Prisión de San Lorenzo-Madrid (20/03/1940).
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas en 1942 (BOE Anexo único nº253 do 10/09/1942, páx. 3539).
Goyanes Goyanes, Fernando (Lalín-Pontevedra)
Oficial municipal.
Afiliado ao Partido Galeguista de Lalín.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Gracia Expósito, Dámaso (Rodellar, Bierge-Huesca)
Labrego, 65 anos.
Xulgado en Huesca por Auxilio á Rebelión (Causa 576/38). Condenado o 30/09/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Huesca (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300866, Expediente 91095).
Preso na Prisión Provincial de Huesca (25/07/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (16/04/1939), onde por Orde do 02/09/1941, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva de desterro (BOE número 263 de 20/9/1941, páxina 7256).
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas en 1942.
Gracia Fuertes, Domingo (Muniesa-Teruel)
23 anos, solteiro. Fillo de Domingo e Hermenegilda.
Veciño de Teruel (Teruel).
Xulgado en Zaragoza por Deserción (Causa 168/37). Condenado o 19/02/1937 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Zaragoza (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300700, Expediente 67916).
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Prisión Central de Astorga (09/04/1939), Prisión de Santa Bárbara, Prisión Central de Astorga (30/06/1941), Prisión Central de Talavera de La Reina-Toledo (23/06/1942), onde por orde do 03/04/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 106 de 16/04/1943, páxina 3411), facéndose efectiva o 10/03/1943.
Despois encadearía entradas e saídas do cárcere: Prisión Central de Burgos (13/01/1945). Liberdade (16/02/1945). Prisión de Teruel (06/03/1945). Prisión Provincial de Huesca (11/01/1946). Liberdade (16/08/1946). Prisión de Zaragoza (30/10/1946). Liberdade (08/11/1946). Prisión de Zaragoza (09/11/1946). Prisión de Bilbao (24/12/1947). Liberdade.
Gracia Mayor, Isidro (Zaragoza-Zaragoza)
Camareiro, 17 anos, solteiro. Fillo de Manuel e Agustina.
Xulgado en Zaragoza por Auxilio á Rebelión (1842/36). Condenado o 21/04/1937 a 8 anos.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938), Prisión Provincial de Vitoria (22/11/1938), onde por orde do 17/10/1940, concédeselle a Liberdade condicional (BOE número 296 do 22/10/1940, páxina 7257).
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas entre 1937 e 1941.
Entra na Prisión Provincial de Zaragoza (16/12/1943). Xulgado en Zaragoza por Propagandas Ilegais (Causa 539/43), sendo absolto. Liberdade o 27/01/1944.
Volve a ingresar en prisión (dato censurado na ficha). Liberdade o 30/10/1944.
Realiza o servizo militar nos Batallones Disciplinarios de Soldados Trabajadores Penados (BDSTP), 2a Agrupación. (ES.19030.AGMG/3.2. Caixa 301690, Expediente 3928).
Gracia Miranda, Leandro (Fuendetodos-Zaragoza)
Labrego, 75 anos, casado con Prisca Nogueras, 5 fillos. Fillo de Dorotea e pai descoñecido.
Xulgado en Zaragoza por Auxilio á Rebelión (Causa 117/38). Acusado de golpear a unha muller de dereitas e de acompañar a milicianos nos rexistros das casas de xente de dereitas. Condenado o 29/11/1938 a 20 anos de reclusión temporal. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Zaragoza (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300481, Expediente 35430).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza (06/05/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (30/03/1939).
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas entre 1939 e 1942.
Gracia Targa, Juan (Pauls-Tarragona)
Labrego, 48 anos, casado con Francisca Estra. Fillo de Bernardo e Francisca.
Xulgado en Vinaroz (Castellón) por Auxilio á Rebelión (Causa 14199/1938). Condenado o 13/06/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Castellón (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300752, Expediente 75794).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938).
Graciano Araújo, Manuel (Viana do Castelo-Portugal)
Xornaleiro e canteiro, 26 anos.
Veciño de O Foxo (Rubín-A Estrada).
Membro do PCE, acusado de galeguista e comunista.
Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón
Executado o 28 de decembro de 1936 en Pontevedra, rexistrándose a morte a causa de colapso cardíaco.
![]() |
| Graciano Araújo, Manuel. Publicada en www.tabeirosmontes.com |
Granado Coronel, Carlos (Herrera del Duque-Badajoz)
Carpinteiro, 58 anos. Fillo de Manuel e Tomasa.
Xulgado por Rebelión Militar (Sumario 33646/5467). Condenado o 28/03/1940 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Cáceres, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (10/11/1940) e Prisión de Yeserías (02/02/1942). Liberdade 17/12/1943.
Expedientes de Expropiación de Bienes. Tribunal Regional de Badajoz (Boletín 115 de 1941, páxina 64).
Granda García, Antonio (Nembro, Gozón-Asturias)
Xornaleiro, 70 anos, casado con Josefa García. Fillo de José e Manuela.
Afiliado ao Partido Socialista e UGT. Soldado do Batallón de Infantería nº227.
Xulgado o 18/03/1938 en Gijón por Adhesión á Rebelión. Condenado o 23/03/1938 a 15 anos. Pena posteriormente conmutada a 6 anos e 1 día, pola Comisión de Oviedo (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300539, Expediente 44297).
Preso na Prisión Preventiva de Gijón (25/11/1937), Prisión Central de Figueirido-Pontevedra (17/05/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (26/02/1939), onde, por orde do 02/08/1941, concédeselle a Liberdade condicional provisional con liberación definitiva do desterro (BOE número 229 de 17/8/1941, páxina 6337).
Granja González, Ramiro (Filgueira, Lalín-Pontevedra, 1889)
Axente executivo para o cobro de impostos municipais (nomeado en maio de 1936), 47 anos.
Foi un dos fundadores da Sociedade obreira de Ponte-Nova en 1931, sendo o seu presidente 1936. Sería un dos primeiros mobilizados ante as noticias do golpe de Estado, acudindo a Lalín con varios compañeiros da Sociedade o 19 de xullo. Detéñeno o 1 de setembro e intérnano no Cuartelillo de Falange instalado no Hospitalillo. Alí foi torturado e obrigado a asinar unha declaración inculpatoria. Trasladado á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (04/11/1936), de onde foi sacado por falangistas a noite do 08/11/1936 co pretexto de trasladalo á prisión de Pontecaldelas xunto a 5 veciños de Lalín: José López Bermúdez, Luis Frade Pazos, Luis Varela Sobrado, José María Montouto e Eliseo Garra; e outros 5 de Arbo: Telmo Rodríguez Alonso, Juan Alonso Pérez, José Gómez Sampayo, Antonio Picallo Buela e Alfonso Alonso Portugués. Ao chegar á Volta do Couto, en Tenorio, ordenáronlles baixar do camión e foron fusilados. Os veciños déronlles sepultura nunha fosa común dentro do cemiterio (Fosa 2313/2011 PONT (Cotobade, Pontevedra)).
Graña Ferreiro, Manuel (Silleda-Pontevedra)
Labrego, 41 anos, casado con Ramona Framiñán. Fillo de Eladio e María.
Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión. Condenado o 28/01/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300426, Expediente 27432).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Pontevedra, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/04/1938) e Colonias Penitenciarias Militarizadas de Dos Hermanas-Sevilla (13/03/1940) e Prisión Central de Astorga-León, onde por orde do 08/11/1941, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro, facéndose efectiva o 26/10/1941.
Graña Pouseu, Manuel (Bueu-Pontevedra)
Mariñeiro, 25 anos, casado.
Afiliado ao Sindicato "El Adelanto Marinero" (CNT).
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e a Prisión Provincial de Pontevedra.
Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar. Condenado á pena de morte. Executado xunto a José Gómez de la Cueva (Johan Carballeira), Avelino Chapela Soliño e Manuel Chapela Couso, en Pontevedra, o 17 de abril de 1937 ás 7 da mañá, no Km. 1 da Avda. Uruguay. A causa da morte sería rexistrada como hemorraxia interna. Os seus corpos serían soterrados no cemiterio de San Amaro.
Graña Santos, Camilo (Coruxo, Vigo-Pontevedra)
Xornaleiro, 24 anos, solteiro. Fillo de Joaquín e Filomena.
Xulgado en Vigo por Auxilio á Rebelión. Condenado o 30/05/1937 a 15 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300426, Expediente 27493)
Preso, cando menos, na Prisión de Vigo, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (20/11/1937),
Prisión Central de Astorga-León (08/05/1939) e Prisión Provincial de Lugo (03/12/1939). Prisión atenuada o 03/09/1940.
Grau Pasarius, Vicente (Gandesa-Tarragona)
Xornaleiro, 47 anos, solteiro. Fillo de Ramón e Rosa.
Xulgado en Gandesa por Auxilio á Rebelión (Causa 34/1938). Condenado o 08/06/1938 a 6 anos e 1 día de prisión maior.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938), Prisión Provincial de Santiago de Compostela (13/03/1939) e Prisión Central de Santa Isabel de Santiago de Compostela (10/05/1940), onde por orde do 17/10/1940, se lle concede a Liberdade condicional (BOE número 296 del 22/10/1940, páxina 7257), facéndose efectiva o 19/10/1940.
Griño Niñerola, Juan (Rosell-Castelló)
Labrego, 62 anos. Fillo de Alino e Antonia.
Membro de UGT.
Xulgado en Castellón por Rebelión Militar (Causa 1405/1938). Condenado o 12/05/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Castellón | (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300259, Expediente 5472).
Preso, cando menos, na Prisión Central de Burgos, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (13/03/1939), Prisión de Castellón (22/01/1943). Liberdade condicional o 21/12/1943.
Guadilla Sangrador, Julián (Bilbao-Bizkaia)
Cociñeiro, 33 anos, casado.
(Causa 86, Caixa 197, Expediente 10).
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde se rexistra a súa morte.
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, recuperando en 1943 a libre disposición dos seus bens (BOE Anexo Único do 27/03/1943, páx. 1182)
Guallar Bardiel, Miguel (¿?/Teruel)
Xulgado por Auxilio á Rebelión (Causa 113/38). Condenado o 04/10/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Teruel (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300898, Expediente 95215).
Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, na que, por orde do 24/06/1941, concédeselle a Liberdade Condicional (BOE nº 183 de 2/7/1941, número 183, páxina 4901).
Guanche Pérez, Higinio (Tacoronte-Tenerife)
Vendedor, 44 anos, casado con Inés. Fillo de Juan e Isabel.
Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 14/09/1936 a 24 anos, 5 meses e 10 días de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Santa Cruz De Tenerife (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300493, Expediente 37290).
Preso na Prisión de Las Palmas, Prisión Central del Puerto de Santa María (25/01/1937), Prisión Central de Astorga (28/11/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva de desterro por Orde do 11/07/1941 (BOE número 263 de 2/8/1941, páxina 7240).
Volvería a entrar no cárcere: Prisión de Santa Cruz de Tenerife (09/04/1948). Liberdade o 13/12/1950. Prisión de Santa Cruz de Tenerife (21/04/1952). Liberdade o 28/09/1952.
Guardado Frieros, Eulogio (Trasierra-Badajoz)
Corredor de gando, 60 anos, casado con Rafaela. Fillo de Leandro e Casimira.
Xulgado por Auxilio á Rebelión (Sumario 223/2561). Condenado o 12/07/1937 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Badajoz (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300267, Expediente 6563).
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Prisión Provincial de Santander-La Tabacalera (09/09/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (20/03/1939).
Expedientes de Expropiación de Bienes (Boletín 238 de 1936, páxina 43/Boletin 66 de 1938, páxina 208).
Gudín (sen segundo), Manuel
Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional por Orde do 21/6/1940 (BOE número 179 do 27/06/1940, páxina 4401).
Guerra Bernardo, Manuel (Madrid-Madrid)
Actor, 68 anos. Fillo de Juan e María.
Afiliado á Solidaridad Internacional Antifascista (S.I.A.) de Madrid.
Xulgado en Madrid por Auxilio á Rebelión (Sumario 11943/3605). Condenado o 31/05/1941 a 20 anos.
Preso, cando menos, na Prisión Habilitada de Torrijos de Madrid, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (19/03/1941), debeu ser trasladado a outra prisión porque na ficha volve a aparecer Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (25/09/1942), Prisión de Yeserías (13/11/1942) e Prisión de Santa Rita (11/03/1943), onde falece o 14/05/1943.
Para el chegaría tarde o indulto, séndolle concedida por orde do 19/06/1943, a Liberdade condicional provisional, sen liberación definitiva do desterro (BOE número 205 do 24/07/1943, páxina 7155).
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1944.
Guerra Fernández, Julián (Torralba-Cuenca)
Labrego, 67 anos, casado. Fillo de Román e Raimunda.
Veciño de Collados (Sotorribas-Cuenca).
Membro Junta Calificadora de Expropiación de Fincas Rústicas de Collados.
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 03/09/1940 a 12 anos e 1 día de reclusión menor.
Preso, cando menos, na Prisión de Cuenca (31/08/1939), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde falece o 09/05/1941.
Guerrero Bernal, Manuel “El Inglés” (Marbella-Málaga)
Carpinteiro, 74 anos, casado con Josefa Gil. Fillo de Antonio e Teresa.
Condenado o a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Málaga (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300966, Expediente 103712).
Preso, cando menos, na Prisión do Partido de Marbella (26/06/1938), Prisión Provincial de Málaga (26/09/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (01/03/1939), Prisión Central de Figueirido-Pontevedra (15/05/1939), onde falece o 05/12/1939.
Guerrero Cano, Pedro (Úbeda-Jaén)
Labrego, 61 anos. Fillo de Juan e Juana.
Veciño de Peal de Becerro (Jaén).
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 18/07/1940 a 20 anos.
Preso, cando menos, na Prisión Central de Santiago, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (18/03/1941), Prisión de Úbeda (22/01/1943), Prisión de Jaén (28/02/1943) e Prisión de Baeza (14/05/1943), onde por orde do 19/06/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 205 DE 24/07/1943, páxina 7146), facéndose efectiva o 13/06/1943.
Guerrero Macías, Miguel (Fuente del Maestre-Badajoz)
Xornaleiro, 67 anos, casado con Lorenza Ramos. Fillo de Francisco e Manuela.
Xulgado por Excitación á Rebelión (Sumario 564/4977). Condenado o 12/11/1937 a 6 anos e 1 día de prisión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Badajoz (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300283, Expediente 8725).
Preso, cando menos, na Prisión de Hornachos-Badajoz, Prisión Provincial de Badajoz (12/11/1937), Prisión de Salamanca (22/10/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (26/02/1939) e Prisión Central de San Isidro de Dueñas-Palencia (06/11/1939), onde por orde do 17/10/1940 , concédeselle a Liberdade condicional (BOE número 296 del 22/10/1940, páxina 7257), facéndose efectiva o 19/10/1940.
Expedientes de Expropiación de Bienes. Tribunal Regional de Badajoz (Boletín 93 de 1941, páxina 48).
Guerrero Rodríguez, Ceferino
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Guerrero Romero, José (Málaga-Málaga)
Capataz O.M., 68 anos, casado con Antonia. Fillo de Antonio e Rosa.
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 21/08/1937 a 20 anos de reclusión temporal.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Málaga (03/08/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/03/1939).
Guerrero Sánchez, Cristóbal (Alpandeire-Málaga)
Xulgado en Ronda (Málaga) (Causa 19/1937). Condenado o 24/04/1937 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Málaga (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300257, Expediente 5173).
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde por orde do 26/04/1940, concédeselle a Liberdade condicional (BOE número 121 do 30/04/1940, páxina 2948).
Guerricabeitia Bengoechea, Juan (Murélaga/Aulesti-Bizkaia)
Arbitrios, 60 anos. Fillo de Juan José e Josefa.
Veciño de Apatamonasterio (Achondo-Bizkaia).
Xulgado en Bilbao por Rebelión Militar. Condenado o 05/11/1937 a 12 anos e 1 día de reclusión temporal. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Vizcaya (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300504, Expediente 38935).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao (22/07/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/19399.
Guevara de Pedro, José Martín
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Guiance Pampín, Amando Faustino (Laxe-A Coruña, 13/06/1892)
Ebanista, 44 anos, casado con Ángela Dapena Mouriño. Fillo de Francisco e Carolina Pampín. Traballaba na moblería “Arturo Martínez” da rúa Benito Corbal de Pontevedra.
- Afiliado á Agrupación Socialista (AS) de Pontevedra desde o 23/05/1931, sendo elixido vicepresidente en xaneiro de 1932 e vicepresidente da Federación Provincial Socialista en novembro do mesmo ano. Candidato do PSOE por Pontevedra nas eleccións xerais de 1933 sen resultar elixido. Durante a revolución de outubro de 1934 foi membro do Comité Revolucionario de Pontevedra. Elixido Deputado por Pontevedra nas eleccións xerais de febreiro de 1936, nas listas de Fronte Popular. Tralo golpe militar sería detido no Goberno Civil de Pontevedra.
Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar no mesmo proceso que Alexandre Bóveda. Condenado o 14/08/1936 á pena de morte, séndolle rebaixada a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Probablemente salvouse de ser fusilado porque era o encargado de construír na Semana Santa o monumento na igrexa do Convento de San Francisco.
Preso, cando menos, na Prisión de Caldas de Reis, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (11/08/1936, onde exerceu como practicante), Prisión Central de Burgos (08/03/1939), Prisión de Alcalá de Henares-Madrid e Prisión Provincial de Pontevedra. Liberdade en maio de 1943.
- Abriría un pequeno comercio de paquetería na rúa Echegaray de Pontevedra, onde faleceu en 1979.
![]() |
| Guiance Pampin, Amando Faustino. Fundación Pablo Iglesias |
Guilade (sen segundo), Fernando (Salvaterra de Miño-Pontevedra)
Labrego, 28 anos, casado con Carolina Soto. Fillo de Antonia Guilade Piñeiro e pai descoñecido.
Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 11/02/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, na Prisión de Vigo, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/09/1937) e Prisión Central de Burgos (06/03/1939).
Guillán Abalo, Gonzalo Silverio (Carril, Vilagarcía de Arousa-Pontevedra)
Estudante, 24 anos, solteiro, Fillo de Manuel e Matilde.
Veciño de Madrid (Madrid).
Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar (Causa 115/37) acusado de que nos primeiros momentos acudiu ao Goberno Civil e formou parte de grupos armados. Condenado o 14/04/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300426, Expediente 27424).
Preso, cando menos, no Depósito municipal, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/07/1936), Prisión Central de Burgos (08/03/1939) e Prisión Central de Figueirido-Pontevedra (20/11/1939), onde se lle concede a Liberdade condicional (BOE nº 287 de 14/10/1941, páxina 7967), facéndose efectiva o 18/09/1941.
Unha vez en liberdade casa con Amelia del Barrio, establécese en Vigo exercendo como practicante.
O 18/04/1947 é detido na Prisión do Partido de Vigo acusado de pertencer a unha célula comunista e repartir propaganda subversiva. Xulgado novamente por Rebelión militar é condenado o 29/03/1949 a 6 meses e 1 día. Por "tenerla cumplida con exceso" queda en liberdade o 04/04/1949.
Guillán Abalo, Pascual Valentín (Carril, Vilagarcía de Arousa-Pontevedra)
Secretario xudicial, 32 anos, solteiro. Fillo de Manuel e Matilde.
Veciño de Granátula de Calatrava (Ciudad Real).
Afiliado a Juventud Socialista (JS).
Xulgado por Rebelión Militar acusado de que nos primeiros momentos acudiu ao Goberno Civil e formou parte de grupos armados. Condenado o 14/04/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Pontevedra e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (18/10/1936), Prisión Central de Burgos (08/03/1939) e Prisión Central de Figueirido-Pontevedra (20/11/1939), onde se lle concede a Liberdade condicional o 18/09/1941.
Establécese en Lérez, traballando de auxiliar de contabilidade. Detéñeno novamente o 05/08/1951 dentro da "caída" da organización comunista. Na súa defensa o 10 de setembro declara que se adica a reconstruír a súa vida e desde que saíra do cárcere "no ha intervenido en ninguna actividad política, por habérselo jurado a sí mismo". O 8 de setembro declárase o sobresemento do caso, quedando en liberdade 2 días despois.
Guillén Fernández, Germán (Villahermosa-Ciudad Real)
Pastor, 62 anos. Fillo de Juan Ignacio e Isabel.
Xulgado por Auxilio á Rebelión (Causa 1029/1939). Condenado o 26/06/1939 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Ciudad Real (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300875, Expediente 92337).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Salamanca e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (26/03/1941), onde por Orde do 22/07/1942, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 209 de 28/07/1942, páxina 5537).
Guillén Turmo, Vicente (Estopiñán del Castillo-Huesca)
Carpinteiro, 62 anos. Fillo de Vicente e Dolores.
Xulgado en Huesca por Auxilio á Rebelión (Causa 372/38). Condenado o 29/08/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Huesca (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300326, Expediente 14354).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Huesca (26/05/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (16/04/1939), onde por Orde do 25/09/1941, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva de desterro (BOE número 289 de 16/10/1941, páxina 8029).
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas en 1943.
En Liberdade Vixiada entre o 29/12/1947 e o 20/02/1948 (ES/AHPH - J/005707/000165)
Guillón Álvarez, Antonio (León-León)
NOTA: Citado tamén como Guillán, Guillén e Gullón.
Mestre nacional de Valdecuna (Asturias), 62 anos, casado con Herminia Flores . Fillo de José e Joaquina.
Afiliado á Izquierda Republicana e ao Partido Socialista.
Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 12/02/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada a 15 anos pola Comisión de Oviedo (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300159, Expediente 12711).
Preso, cando menos, na Prisión de Mieres-Asturias, Prisión Provincial de Oviedo (04/01/1938), Prisión Central de Burgos (27/11/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (13/03/1939).
Guimaraes da Cunha, Domingo (Portugal)
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Guimerá Sebastiá, Arsenio (Morella-Castelló)
Carteiro, 47 anos, casado con María Anglés. Fillo de Mateo e María.
Xulgado en Morella por Auxilio á Rebelión (Causa 1404/1938). Condenado o 02/05/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Castellón (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300752, Expediente 75785).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938).
Por Orde do 08/08/1941 é separado do servizo do corpo de Correos (BOE número 226 do 14/08/1941 páxina 6220).
Guimerá Virgos, Silvestre (Morella-Castelló)
Talabarteiro, 61 anos, casado con Josefa Amela. Fillo de Faustino e Francisca.
Xulgado en Morella por Auxilio á Rebelión (Causa 1404/1938). Condenado o 21/05/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Castellón (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300752, Expediente 75784)
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938).
Güimil Prado, Benito “O do Macho” (Meis-Pontevedra)
Labrego, 41 anos, casado con Adelaida Muñis. Fillo de Bartolomé e Ramona.
Veciño de Redondelo (¿As Neves?-Pontevedra).
Afiliado á Sociedade La Fraternidad de Meis. Tralo golpe militar marchou a Pontevedra armado cunha escopeta.
Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión. Condenado o 21/03/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300426, Expediente 27478).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Pontevedra e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (21/03/1938).
Guiño Miñerda, Juan (Rossell-Castelló)
Labrego, 60 anos, casado.
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Guisande Soto, Manuel Isidoro (Priegue, Nigrán-Pontevedra, 04/04/1901)
Labrego, 35 anos, casado. Fillo de José e Isabel.
Afiliado a Izquierda Republicana.
Detido o 11/08/1936 polos carabineiros de Panxón (Nigrán).
Xulgado en Vigo por Rebelión Militar (Causa 646/36), co resultado de sobresemento. Acusado de ir nunha camioneta chea de homes armados que realizaron rexistros nas fábricas conserveiras. Declarou que subiu ao camión porque llo ordenaron nun ton imperativo.
Preso, cando menos, na Prisión do Partido de Vigo e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Máis tarde, conseguiría pasar a Francia.
Guisasola Zubiaurre, Francisco (Eibar-Guipuzkoa)
NOTA: Na ficha da illa recollido como Guisasola Zubiarru, Francisco.
Pulidor, 47 anos, casado con María Santos. Fillo de Ruperto e Isidora.
Membro da UGT. Traballador da casa "Gárate, Anitua y Cía." na que fabricou rifles para as tropas republicanas durante a Guerra Civil. Pasou a Bilbao onde foi recrutado para ir á fronte, onde pasou uns días traballando na construción de trincheiras.
Xulgado en San Sebastián por Auxilio á Rebelión (Causa 1848/1937). Condenado o 27/01/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada a 4 anos pola Comisión de Guipúzcoa (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300542, Expediente 44767).
Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/09/1938) e Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona. Liberdade condicional o 19/08/1940.
Guiu Piazuelo, José Ruperto (Caspe-Zaragoza)
Labrego, 68 anos. Fillo de Pedro e Pascuala.
Condenado o 06/02/1934 a 3 anos, 6 meses e 21 días, por cada un dos tres delitos que cometeu (Motivo censurado na ficha).
Preso, cando menos, na Prisión Central de Figueirido-Pontevedra, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/05/1941), onde, por Orde do 01/01/1942, concédeselle a liberdade condicional coa liberación definitiva do desterro (BOE número 7 del 07/01/1941, páxina 122).
Gunier Borge, Juan (Castelló-Castelló)
Xornaleiro, 64 anos, viúvo.
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Gurrea Caldevilla, Fernando (Cabrales-Asturias)
Labrego, 30 anos, solteiro. Fillo de Pedro e Florentina.
Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 19/01/1939 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Prisión Central de Burgos, Prisión Central de Figueirido (30/09/1940) e Prisión Central de Santa Isabel-Santiago (25/09/1943), onde por orde do 07/07/1944, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 241 de 28/08/1944, páxina 6489), facéndose efectiva o 10/07/1944.
Unha vez en liberdade casou con Enedina Conde, a quen coñeceu cando ela ía á illa a visitar ao seu pai, tamén preso, Emilio Conde “do Tombo”. Emigraron a Venezuela.
Gurriarán Caurel, Fidel (Los Mazos de Melezna, Corullón-León)
Labrego, 68 anos. Fillo de José e María.
Xulgado en León por Auxilio á Rebelión (Causa 892/1938). Condenado o 26/08/1938 a 20 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de León (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300951, Expediente 101847).
Preso, cando menos, na Prisión Militar de San Marcos-León, Prisión Central de Astorga (20/09/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (22/04/1939), Prisión de Ponferrada (29/09/1942), onde por orde do 19/06/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 203 de 22/07/1943, páxina 7082), facéndose efectiva o 02/06/1943.
Gutiérrez Angulo, Francisco (Viérgol, Valle de Mena-Burgos).
Labrego, 26 anos, solteiro. Fillo de Gregorio e Mercedes.
Miliciano del Batallón Octubre. Afiliado ao Partido Comunista (PCE).
Xulgado en Bilbao por Auxilio á Rebelión. Condenado o a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Vizcaya (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300504, Expediente 38965).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (11/10/1938) e Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda (25/01/1940), onde se lle concede a liberdade condicional (BOE nº 289 de 16/10/1941, páxina 8032).
Gutiérrez Antúñez, Ramón (Moraleja-Cáceres)
Funcionario do Estado, 62 anos, viúvo. Fillo de Calixto e Estefanía.
Veciño de Guadalajara (Guadalajara).
Xulgado en Guadalajara por Adhesión á Rebelión (Causa 1842/1939). Condenado o 09/01/1940 á pena de morte, sendo reducida a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Guadalajara, Prisión Central de Burgos (21/07/1940), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (12/11/1940).
Gutiérrez Bada, Lorenzo (Bejo, Vega de Liébana-Cantabria)
Labrego, 67 anos. Fillo de Manuel e Juana.
Xulgado en Bilbao por Rebelión Militar. Condenado o 10/10/1938 a 12 anos e 1 día de reclusión menor. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Vizcaya (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300503, Expediente 38760)
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Santander, Prisión Provincial de Bilbao (19/03/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939), onde por orde do 17/10/1940, concédeselle a Liberdade condicional (BOE número 295 do 21/10/1940, páxina 7239).
Gutiérrez Fernández, Victoriano (Prioro-León)
Labrego, 63 anos, viúvo de Gaspara. Fillo de Francisco e Cristina.
Condenado o 24/02/1938 a 4 anos e 2 meses.
Preso, cando menos, na Prisión de Riaño, Prisión Provincial de León (07/11/1937), Prisión de Valencia de D. Juan (23/01/1939), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/02/1939) e Prisión Central de Figueirido-Pontevedra (05/05/1939), onde por orde do 06/08/1940, concédeselle a Liberdade condicional (BOE número 256 del 12/09/1940, páxina 6350).
Gutiérrez Gallego, Tomás (Cienpozuelos-Madrid, 1877)
Labrego, 62 anos. Fillo de Agapito e Juliana.
Membro de UGT desde 1931 e afiliado á Agrupación Socialista (AS) de Ciempozuelos desde 1934. Foi alcalde de Ciempozuelos e no momento do golpe era concelleiro permanecendo no cargo ata outubro dese ano, cando marchou a Villarejo de Salvanés (Madrid).
Xulgado en Getafe (Madrid) por Auxilio á Rebelión (Sumario 52739/4334). Condenado o 20/12/1940 a 20 anos.
Preso na Prisión de Getafe, Prisión Provincial de Madrid, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (29/06/1941) e Prisión Central de Santa Rita-Madrid (08/01/1943), onde por orde do 22/05/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 157 do 06/06/1943, páxina 5460), facéndose efectiva o 28/04/1943.
Gutiérrez García, Hipólito (Sopeña, Cabuérniga-Cantabria)
Garda, 60 anos, casado con Cesárea González. Fillo de Antero e María Cruz.
Veciño de Corrales de Buelna (Cantabria).
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 01/04/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Santander (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300556, Expediente 46989).
Preso, cando menos, na Prisión de Partido de Torrelavega (22/09/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/03/1939).
Gutiérrez Gómez, Agustín (Fuentes de la Jara-Toledo)
Labrego, 60 anos, casado con Brígida Rocío. Fillo de Bonifacio e ¿...tasia?
Detido ao pasar da zona republicana á nacional.
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 12/10/1938 a 14 anos e 8 meses.
Preso no Campo de Concentración de Toledo, Prisión de Partido de Talavera de la Reina (19/10/1938), Prisión de Toledo (27/11/1938), Prisión de Ávila (28/01/1939), Prisión Central de Celanova-Ourense (12/02/1939), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (29/03/1939), Prisión Central de Figueirido-Pontevedra (15/05/1939) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/05/1941), onde por Orde do 02/08/1941, concédeselle a liberdade condicional (BOE número 227 de 15/8/1941, páxina 6267).
Gutiérrez González, Gerardo (Aller-Asturias)
Mineiro, 25 anos, solteiro. Fillo de Andrés e Josefa.
Xulgado na Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda (Causa 5776/1938). Condenado a morte. Pena conmutada por 12 anos e 1 día pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300146, Expediente 11556).
Preso, cando menos, na Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (15/07/1938).
Gutiérrez González, José (Urbiés, Mieres-Asturias)
Mineiro, 71 anos, casado con Carmen. Fillo de José e Josefa.
Xulgado en Asturias por Auxilio á Rebelión. Condenado o 25/09/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada a 3 anos.
Preso, cando menos, na Prisión de Mieres, Prisión Provincial de Oviedo (18/05/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/02/1939), onde se lle concede a Liberdade condicional (BOE nº 130 de 10/5/1941, páxina 3308)
Gutiérrez López, Filemón (Sasamón-Burgos)
Porteiro, 60 anos. Fillo de Ramón e Cecilia.
Veciño de Madrid (Madrid).
Membro de UGT. En xaneiro de 1939 solicita afiliarse á agrupación local de Solidaridad Internacional Antifascista (SIA).
Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 19/02/1940 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada a 20 anos, pola Comisión de Madrid (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300987, Expediente 106379).
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (26/04/1941), Prisión de Yeserías (11/01/1943) e Prisión Central de Santa Rita-Madrid (11/04/1943), onde por orde do 26/07/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 235 de 23/08/1943, páxina 8191), facéndose efectiva o 07/08/1943.
Gutiérrez Lucio, Francisco (Villasuso, Campoo de Yuso-Cantabria)
Labrego, 64 anos, casado con Catalina Gutiérrez. Fillo de Ciriaco e Teresa.
Veciño de Monegro (Campoo de Yuso-Cantabria).
Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 13/11/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Santander (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300559, Expediente 47450).
Preso, cando menos, na Prisión de Partido de Reinosa, Colonia Penitenciaria del Dueso (12/09/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (01/04/1939).
Gutiérrez Mere, Domingo (Caldueñu, Llanes-Asturias)
Carpinteiro, 74 anos, casado con Juana. Fillo de Mateo e Josefa.
Veciño de Cangas de Onís (Asturias).
Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 09/12/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada a 12 anos e 1 día pola Comisión de Oviedo (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300162, Expediente 13020).
Preso, cando menos, na Prisión de Gijón, Prisión Central de Celanova-Ourense (05/02/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (29/03/1939)
Gutiérrez Merino, Enrique (Tapia de Villadiego-Burgos)
Xornaleiro, 57 anos, casado con Candela. Fillo de Sebastián e Basilisa.
Veciño de Arija (Burgos).
Xulgado en Burgos (Causa 2047 de 1937). Condenado o a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Burgos (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300686, Expediente 65775).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Burgos (28/01/1938), Prisión de Valdenoceda (27/01/1939), Prisión Central de Burgos (11/11/1939) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/11/1940), onde falece o 03/05/1941.
Gutiérrez Navarro, Miguel (Chercos-Almería)
Xornaleiro, 66 anos, casado con Ángeles. Fillo de Eduardo e Consolación.
Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 27/06/1939 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Almería (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300404, Expediente 24048).
Preso, cando menos, na Prisión Central de Astorga, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/01/1942) e Prisión de Almería (17/11/1942). Liberdade condicional o 25/12/1943.
Gutiérrez Nogueira, Camilo (A Xesta, Lalín-Pontevedra)
Carpinteiro, 27 anos, casado con Dolores Silva. Fillo de Felipe e Vicenta.
Membro de UGT. Miliciano.
Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión (Causa 559/1937). Condenado o 20/09/1937 a 15 anos. Posteriormente conmutación a 3 anos de prisión menor pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300426, Expediente 27456).
Preso, cando menos, na Prisión de Lalín, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (04/11/1936), Prisión Central de Astorga-León (08/05/1939) e Prisión Provincial de Lugo (27/11/1939). Prisión atenuada o 08/07/1940.
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1941.
Gutiérrez Paniagua, Severino (Palenzuela-Palencia)
Avogado, 61 anos, casado con Felicidad. Fillo de Ladislao e Basilisa.
Veciño de Arriondas (Asturias).
Militante da Agrupación Socialista (AS).
Xulgado en Asturias por Rebelión Militar. Condenado o 05/05/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada a 20 anos pola Comisión de Oviedo (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300124, Expediente 9707).
Preso, cando menos, na Prisión de Oviedo, Prisión Central de Burgos (06/09/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (11/03/1939), Prisión Central de San Isidro de Dueñas-Palencia (17/12/1939), onde faleceu o 03/01/1940.
Gutiérrez Pérez, Domingo (Carreño-Asturias)
Labrego, 60 anos. Fillo de Balbina e pai descoñecido.
Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 11/05/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Oviedo (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300378, Expediente 20268).
Preso na Prisión Central del Puerto de Santa María e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (13/10/1940), onde por orde do 17/09/1942, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro, ( BOE nº 272 de 29/09/1942, páxina 7644), facéndose efectiva o 13/09/1942.
Procesado polo Tribunal Especial para la Represión de la Masonería y el Comunismo en 1940 (TERMC, Ficheiro 71, Documento 2318113).
Gutiérrez Quintana, Daniel (Santander-Cantabria)
Albanel, 34 anos. Fillo de Marcelino e Matilde.
Frente Popular. Capitán de Milicias no Batallón 118 do Exército do Norte.
Xulgado en Bilbao por Rebelión Militar. Condenado o 19/08/1938 a 12 anos e 1 día de reclusión menor. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Vizcaya (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300504, Expediente 38923).
Preso, cando menos, na Prisión de Miranda de Ebro, Prisión Provincial de Bilbao (26/11/1937), Buque Prisión Upo Mendi-San Simón (10/12/1938), Prisión de Santiago de Compostela (26/01/1939) e Prisión Central de Astorga-León (24/03/1939) e Prisión Central de Santa Rita de Carabanchel-Madrid (04/10/1939). Liberdade o 10/08/1940.
Gutiérrez Sánchez, Ángel (Fuentebuena, Béjar-Salamanca, 14/09/1878)
Xornaleiro, 59 anos, casado con Mercedes, 3 fillos. Fillo de Felipe e Teresa.
Tralo golpe de estado militar tomou partido contra el, participando no corte da estrada de Béjar a Sequeros. Cando foi detido pola Garda Civil portaba un gran coitelo.
Xulgado en Salamanca por Rebelión Militar. Condenado o 30/10/1937 a 25 anos.
Preso, cando menos, na Prisión de béjar, Prisión Provincial de Salamanca (23/05/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/03/1941), onde falece na enfermería o 18/09/1941.
Dous anos despois do seu falecemento, o 28/06/1943 é revisada a súa condena, sendo rebaixada a 6 anos de prisión menor.
Gutiérrez Sánchez, Rufino “Mamuso” (Fuente de Valdepero-Palencia)
Braceiro, 63 anos, casado con Tomasa Aragón. Fillo de León e Matea.
Xulgado en Palencia por Rebelión Militar (Causa 29571936). Condenado o 25/09/1936 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, na Prisión de Fuente de Valdepero, Prisión Provincial de Palencia (16/08/1936) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/02/1939), onde por orde do 05/12/1941, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE 20/12/1941, nº354, Páx. 9958).
Gutiérrez Santandrés, Emilio (Somahoz, Los Corrales de Buelna-Cantabria)
Auxiliar de camiñeiros, 60 anos, viúvo. Fillo de Lorenzo e Agustina.
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 11/04/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada a 6 anos e 1 día pola Comisión de Santander (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300557, Expediente 47168).
Preso, cando menos, na Prisión de Santander, Prisión Provincial de Santander-La Tabacalera (03/01/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (10/03/1939), onde por orde do 30/05/1941, concédeselle Liberdade condicional provisional (BOE nº 157 de 6/6/1941, páxina 4081).
Gutiérrez Suárez, José “El Zurdo” (Santa Cruz de Llanera, Llanera-Asturias)
Labrego, 60 anos. Fillo de Ramón e Prudencia.
Afiliado á Agrupación Socialista (AS) de Luanco. UGT.
Xulgado por Rebelión Militar (Causa 1338/1938). Condenado o 05/05/1938 á morte, rebaixándose a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Oviedo (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300165, Expediente 13294).
Preso, cando menos, na Prisión Central de Burgos, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (04/11/1940) e Prisión Provincial de Oviedo (13/08/1942), onde por orde do 11/11/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 362 de 28/12/1943, páxina 12310), facéndose efectiva o 20/10/1943.
Gutiérrez Suárez, Ramón (Llanera-Asturias)
Labrego, 60 anos, viúvo. Fillo de Ramón e Prudencia.
Militante da Agrupación Socialista (AS) de Llanera, da que era secretario. Afiliado a UGT. Durante a contenda membro do Comité de Guerra de Llanera e sarxento de artillería do Exército do Norte.
Xulgado en Gijón por Auxilio á Rebelión. Condenado o 27/04/1938 a 15 anos. Pena posteriormente conmutada a 12 anos pola Comisión de Oviedo (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300535, Expediente 43725).
Preso, cando menos, na Prisión de Partido de Gijón, Prisión Central de Puerto de Santa María (15/07/1938), Prisión de Sevilla (14/12/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón. Falecido o 26/11/1940.
Gutiérrez Tuñón, Maximino (Ujo, Mieres-Asturias)
Obreiro, 62 anos, casado con Elvira Fernández. Fillo de Joaquín e Juliana.
Xulgado en Asturias por Auxilio á Rebelión. Condenado o 15/06/1938 a 8 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Oviedo (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300533, Expediente 43399).
Preso, cando menos, na Prisión de Mieres, Prisión Provincial de Oviedo (03/0671938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/02/1939), Prisión Central de San Isidro de Dueñas-Palencia (06/11/1939), onde por orde do 27/09/1940, concédeselle a Liberdade condicional (BOE número 275 del 01/10/1940, páxina 6810)
Guzmán López, Mamerto (La Torre de Esteban Hambrán-Toledo)
Cesteiro, 68 anos. Fillo de Antonio e Escolástica.
Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Madrid (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300123, Expediente 9602).
Preso, cando menos, na Prisión provincial de Madrid, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (19/03/1941) e Prisión Central de Santa Rita de Carabanchel-Madrid (25/09/1942). Liberdade condicional o 01/10/1943.
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1945.
Guzmán Ruíz, Manuel (Escúzar-Granada)
Espartero, 65 anos, casado con Adoración Martín. Fillo de Cecilio e Luisa.
Membro de UGT. Miliciano en Escúzar participando nun tiroteo contra a Garda Civil.
Xulgado en Granada por Auxilio á Rebelión (Causa 29201/1939). Condenado o 09/12/1939 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Granada (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300854, Expediente 89521).
Preso, cando menos, na Prisión de Guadix, Prisión Central de Astorga-León, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/01/1942) e Prisión Provincial de Granada (28/10/1942). Prisión atenuada o 07/12/1942.
Guzón Berrojo, Bernardino (Monzón de Campos-Palencia).
Xornaleiro, 60 anos, casado con Anastasia. Fillo de Isidoro e Clementina.
Xulgado en Palencia por Rebelión Militar. Condenado o 19/02/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Palencia, Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (30/09/1937), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/03/1939), Prisión Central de San Isidro de Dueñas-Palencia (04/01/1940) e Prisión Provincial de Palencia (30/01/1940), onde por orde do 14/10/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 296 de 23/10/1942, páxina 8491), facéndose efectiva o 06/03/1942.
Nunha lista de veciños de Palencia, na que recuperan a libre disposición dos seus bens (BOE 28/01/1944, páx. 514).








No hay comentarios:
Publicar un comentario