domingo, 12 de abril de 2020

José Sarmiento de Valladares (Saxamonde 1643-Madrid 1708) Vicerrei de México

Autor descoñecido. Museo Nacional Historia México
      

    Entrou no Colegio Mayor de Oviedo en Salamanca o 12 de Mayo de 1667. Caballero de la Orden de Santiago e do Consejo de SS. MM. Foi Arcediano de Valderas, Dignidade na Santa Iglesia de León; Cardenal do Apóstolo Santiago en 1671. Aos dous anos pasou a ser Alcalde de Hijosdalgo en Valladolid, e en 1676 foi Oidor de Granada. Capitán General, Vicerrei de México entre 1696 e 1701 e Presidente del Consejo de Indias. Naquel país casou con María Jimena de Moctezuma y Jofre de Loaisa, recibindo dela o título de Conde de Moctezuma y Tule.  

    Despois de quedar viúvo casou en segundas nupcias no 1694 con María Andrea de Guzmán y Dávila, tamén viúva do Duque de Sesa e neta do Vicerrei de Nueva España e I Marqués de Villamanrique. Partidario da casa dos Hapsburgo solicitou o seu regreso a España trala morte de Carlos II. Á súa volta (sen os seus fillos) a coroa concedeulle unha franxa de terreo entre Atlixco e o mar e nomeouno Duque de Atrisco e Grande de España de Primera Clase.

    Volveu a España como pasaxeiro da Flota de Indias que sería derrotada na Batalla de Rande polo que os historiadores o sinalan como o responsable da decisión de que os barcos se refuxiasen na enseada de San Simón. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/1702-batalla-de-rande.html )

    Faleceu en Madrid o 10-9-1708, sendo enterrado no Convento de San Martín.

Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Algunos hijos ilustres de Redondela. Grandes Fiestas de la Coca. Redondela 1968. Comisión de fiestas de la Coca.

Google Books => El águila caída: Galicia en los reinados de Felipe IV y Carlos II. Escrito por Emilio González López.

Indice de la Colección de Don Luis de Salazar y Castro. Tomo XVII. Obras genealógicas y heráldicas. Baltasar Cuartero y Huerta, y Antonio de Vargas Zúñiga y Montero de Espinosa.

Marquesado de Valladares, Xosé Docampo: www.xenealoxia.org/.../1451-valladares-marquesado-de

www.lagenealogia.com/Heraldica/Balladares.html

Blason de España: libro de oro de su nobleza : reseña genealógica y … Escrito por Augusto de Búrgos

Biblioteca Nacional de España=> 1292 Testamento otorgado por Alvaro Fernández, hijo de Fernán Gómez.

No hay comentarios:

Publicar un comentario