domingo, 12 de abril de 2020

Diego Sarmiento de Valladares (Saxamonde (Redondela), 1609 / Madrid, 29-1-1695) Relixioso_Inquisidor

Auto de fe en la Plaza Mayor de Madrid (1680). Francisco Rizi. Museo del Prado
Auto de fe en la Plaza Mayor de Madrid (1680). Francisco Rizi. Museo del Prado
 

Autores como Mariano Alcócer o citan como natural de Redondela sendo o máis probable que nacera no pazo familiar na parroquia de Saxamonde. A dúbida en torno ao seu lugar de nacemento xorde porque foi bautizado na colexiata de Vigo 10 de agosto de 1611 polo que algúns autores o citan como natural da cidade olívica. Era tío de Luis Sarmiento de Valladares, I Marqués de Valladares. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/luis-sarmiento-de-valladares-meira-y.html )

Acadou o titulo de Bacharel en Cánones na Universidade de Salamanca. Colexial de Santa Cruz na Universidade de Valladolid, onde en 1651 acadou a Cátedra de Leyes e a de Código e en 1652 a de Digesto e a de Vísperas. En 1655 renunciou á praza de Oidor da Audiencia de Pamplona. En 1657 nomeado Inquisidor de Valladolid. Auditor de Rota en 1659. Fiscal da Suprema Inquisición en 1660 e ao ano seguinte obtivo Conselleiro no mesmo Tribunal.

Bispo de Oviedo en abril de 1669 e de Plasencia en xuño do mesmo ano ata o seu cese o 26 de abril de 1677. Concédenlle daquela a abadía de cóengos regulares de San Agustín de Burgo Hondo en Ávila e o priorado de Aracena en Sevilla.

Nomeado presidente do Consello Real de Castilla dende o 27 de maio de 1668, formando parte da xunta de goberno que asesoraba á Raíña rexente Mariana de Austria durante a minoría de idade de Carlos II. O 10 de agosto de 1680 sería nomeado Conselleiro de Estado. O 29 de maio de 1669 deixa a presidencia do Consello de Castilla por ser incompatible co cargo de Inquisidor Xeneral, que desempeñará ata o seu falecemento en 1695.

Durante o seu mandato como Inquisidor Xeral, o 20 de xuño de 1680, presidiu un acto de fe con 118 reos para festexar a voda de Carlos II con María Luisa de Orleans. 

 

Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Algunos hijos ilustres de Redondela. Grandes Fiestas de la Coca. Redondela 1968. Comisión de fiestas de la Coca.

Google Books => El águila caída: Galicia en los reinados de Felipe IV y Carlos II. Escrito por Emilio González López.

Indice de la Colección de Don Luis de Salazar y Castro. Tomo XVII. Obras genealógicas y heráldicas. Baltasar Cuartero y Huerta, y Antonio de Vargas Zúñiga y Montero de Espinosa.

Marquesado de Valladares, Xosé Docampo: www.xenealoxia.org/.../1451-valladares-marquesado-de

www.lagenealogia.com/Heraldica/Balladares.html

Blason de España: libro de oro de su nobleza : reseña genealógica y … Escrito por Augusto de Búrgos

Biblioteca Nacional de España=> 1292 Testamento otorgado por Alvaro Fernández, hijo de Fernán Gómez.

http://www.grandesp.org.uk/historia/gzas/atrisco.htm

Revista histórica : investigaciones, bibliografía, metodología y enseñanza de la historia (1918). 2ª Época Nº5. Órgano de la Facultad de Historia de Valladolid.

Consejo Real de Castilla, por Mariano Alcocer

Museo del Prado. https://www.museodelprado.es/coleccion/obra-de-arte/auto-de-fe-en-la-plaza-mayor-de-madrid/8d92af03-3183-473a-9997-d9cbf2557462

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario