Foto: Vida Gallega, 1933 |
Un
día xuntáronse cinco galegos en León coa intención de fundar un
centro de carácter rexional, aos que se sumou o recentemente
chegado M. Barros Arbones, eran: Isaac Bayón, de Caldas; Tomás
Fernández, de Redondela; Orestes Vara, de A Coruña; Juan Carbajal,
de Monforte; José R. Rivas, do Viso (Redondela); e Salvador Rocha,
das Neves.
Decidiron
bautizalo como “Lar Gallego”, nome que naqueles anos recibía o
centro galego de Madrid. Acordaron nomear en xaneiro de 1933, un
comité xestor que se encargaría, entre outras cousas, de redactar o
regulamento. Estaba composto por: Vara, Carbajal, Bayón, Rivas e M.
Barros Arbones.
Tres
meses despois o “Lar Gallego” en León elexiu a súa primeira
xunta directiva: presidente, Luis Arias Vila; vicepresidente, Eladio
Martínez Pedrayo; secretario, Juan Carbajal; secretario de actas,
Manuel Vila Real; tesoureiro,
Gonzalo Romasanta; contador, Isaac Bayón; vocais: Alfonso Fuciños,
José Iglesias, José R. Rivas, Luis F. Lavandeira; bibliotecario,
Gabino Díaz de Herrera. Daquela a nova sociedade xa contaba cun
local social e sumaba 160 socios, estimando chegar a 250 antes de fin
de ano. Ese mesmo mes nas súas instalacións celebraba unha
exposición de arte galego.
Esposición no Lar Gallego. Foto: Vida Gallega |
No tocante a Redondela destacaremos a:
Eladio
Martínez Pedrayo. Vicepresidente, da primeira directiva. Era doutor
en Menciña e especialista en Puericultura. Natural de Ourense,
casou en Redondela con María Amoedo Seoane. Cando menos dende 1919
xefe da Xunta médica do Partido de Redondela. Médico titular de Mos
e de Porriño, en 1925 sería nomeado médico municipal de León..
José R. Rivas. Vocal na primeira xunta directiva. Este prestixioso
industrial era natural do Viso.
Tomás Fernández, de Redondela, foi un dos primeiros impulsores do
Lar Gallego. Contábase del que si chegara a ser millonario perdería
axiña a súa fortuna porque sempre estaba disposto para axudar a
quen o necesitara. Tamén se dicía que non consentía que ninguén
insinuara que en Galicia houbera vila máis fermosa que Redondela.
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Galiciana-
http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es
=> Vida Gallega (varios números 1933)
No hay comentarios:
Publicar un comentario