Foto: El Pueblo Gallego |
Trala chegada da democracia o Concello de Redondela sería o
primeiro que, a finais de 1976, abordaría o tema do divorcio. O
alcalde e doutor Pedro Otero Rey, sería o que presentou unha moción
solicitando ao Goberno que implantara o divorcio en España. A medida
sería rexeitada no Pleno por ampla maioría. Dos trece asistentes,
rexistráronse tres votos a favor, máis o do alcalde, e nove en
contra.
Ante
o resultado acadado o alcalde amosou o seu descontento recriminando
aos opositores: ”Dentro de
cinco años vendréis a pedirme que cambiemos el acuerdo.”
O máis curioso
do caso sería que entre os que votaron en contra de solicitar ao
Goberno a implantación do divorcio figuran concelleiros considerados
liberais, mentres
que outros que se crían máis conservadores pronunciáronse a favor.
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
19761204 El País
No hay comentarios:
Publicar un comentario