Forte de San Cristóbal-Foto: Unidad Cívica por la República.es |
O forte de San
Cristobal, localizado
preto de Pamplona, ten a dubidosa honra de ser considerado o cárcere
máis duro da etapa franquista. Entre os seus presos 608
eran republicanos galegos: 273, da provincia de Pontevedra; 158 de A
Coruña; 96 de Ourense e 80 de Lugo. De todos eles, 96 non volverían
nunca ás súas casas, ou sexa máis da terceira parte faleceu pola
aplicación da lei de fugas, fusilados, por enfermidade, por fame ou
polos malos tratos recibidos. Os seus restos serían aterrados en
fosas comúns no monte Ezcaba e nalgúns casos nos cemiterios dos
pobos próximos:
Aizoaín, Artica, Ballariaín, Berrioplano, Berriosuso, Berriozar,
Loza e Oteiza. Entre
os 96 galegos falecidos en San Cristobal, dous eran de Redondela:
Rodríguez
Magariños, Manuel, 33 anos,
xornaleiro, de Redondela (Pontevedra), condenado a 20 anos
(23/12/36), ingresa o 22/2/37, morre o 2/1/38 .
Silva
Ferreira, Xosé, 35 anos,
xornaleiro, de Redondela (Pontevedra). C.P. (30/1/37), ingresa o
22/2/37 morre o 1/3/40.
Cando
menos outro redondelán pasou por este presidio, sería Telmo
Bernárdez Gómez, fillo do
médico Telmo Bernárdez
Santomé, quen
xa estivera preso no cuartel
de San Fernando, en Pontecaldelas, San Simón, Figueirido e
Provincial de Pamplona.
Este
presidio tamén foi famoso porque
nel se realizou unha gran fuga o 22 de maio de 1938, que sería
duramente castigada. Dos 2.487 detidos que había, fuxiron
795.
Deles 206 foron abatidos nos montes, 14 foron fusilados e tan só
tres lograron cruzar a Francia.
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Que aflore o soterrado. O forte de San Cristobal.
Ateneo de Santiago.
http://www.ateneodesantiago.com/wp-content/uploads/2015/02/periodico.pdf
https://foros.xenealoxia.org>kruzul
https://es.wikipedia.org/wiki/Fuerte_de_San_Crist%C3%B3bal_(Navarra)
Redondela, crónica dun tempo pasado. A Segunda República e o
primeiro franquismo. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. Edicións do
Castro 2002.
No hay comentarios:
Publicar un comentario