Acuarela de Pier Maria Baldi (1669) |
Segundo Casto Sampedro (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/sampedro-folgar-casto-antonio-redondela.html ), houbo un tempo en que Redondela era unha vila amurallada. Algúns investigadores afirman que o muro que rodea á igrexa de Redondela pola rúa Figueiral serían restos desta muralla, xa que o muro da rúa Telmo Bernárdez sería unha reconstrución máis moderna. A maior crítica a esta teoría sería a imaxe máis antiga que se conserva de Redondela, a acuarela de Pierr María Baldi, obra de 1669, e na que, a diferencia de vilas como Tui ou Pontevedra, non se observa ningunha muralla, nin resto algún.
Para Casto Sampedro, dentro das murallas quedaban as rúas Reveriano Soutullo, Isidoro Queimaliños e Adro, o resto de rúas da vila irían crecendo extra-muros. Na seguinte transcrición das súas anotacións aparecen entre parénteses as palabras ilexibles:
Puertas y portillos
de los muros de Redondela
Murallas ( ) en el ( )( )
Porta da Vila por la residencia del Concejo entrada por el N. a la Rivera do Val.
Porta do Estaleiro (Astillero) en la subida de la Plaza Constitución a la Rua do Riveiro.
Portillo de Meixón Frío (sitio de hospedaje) Calleja que sale a la derecha de esta Rúa y se haría la Junquera y Villavieja.
Porta da Rúa do Riveiro e termina por el sur a dicha calle.
Porta da Rúa do Val termina por el sur a dicha rúa paralela a la do Riveiro.
Portillo de la Plaza subida de los talleres de Carreró a dicha Plaza después Alhondiga.
Escalera de comunicación a lo alto del Muro de la Iglesia de Santiago con la Rúa do Val y con el callejón a la Puerta de Estaleiro o Astillero.
Camino de Ronda ( )
Polo tanto, existirían catro portas que estarían ao inicio e ao final das actuais rúas Reveriano Soutullo e Isidoro Queimaliños. E ademais, dúas portas máis pequenas, unha comunicando a rúa Reveriano Soutullo con Meixón Frío e outra unindo a rúa Figueiral coa Praza Alfóndiga e a rúa do Adro.
Estas portas ben poderían ser puntos de control de entrada de mercadorías na vila. En documentos antigos teño atopado o topónimo Porta da Vila, que como conta Casto Sampedro estaba preto do antigo concello, pero ata o de agora non lin ningunha outra referencia as outras portas. A día de hoxe non existe ningunha evidencia da existencia de murallas en Redondela.
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Fondo Casto Sampedro. Museo de Pontevedra. Sampedro 65-8 Murallas
A Redondela de 1669 na acuarela de Pierr María Baldi. Manuel Puga Pereira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario