Cemiterio
dos Eidos
Construído en 1833, ademais dun encanto arquitectónico, este
cemiterio ten un gran interese histórico xa que nel descansan os
restos da meirande parte das personaxes relevantes da historia desta
vila. O 1 de xaneiro de 1973 estableceuse como data de entrada en
funcionamento do novo cemiterio de Mañó, en Quintela, pero a súa
inauguración non tería lugar ata dez anos despois. O cemiterio dos
Eidos sería clausurado por resolución da alcaldía do 25-11-1988. No 2020 iníciase a restauración do cemiterio.
¿Como chegar?
A entrada ao cemiterio
atópase na rúa Campo das Redes no casco urbano de Redondela.
Estado actual (2008)
O mantemento do
cemiterio é mínimo. Non estaría mal a limpeza da pedra de algúns
panteóns e o empedrado do chan que segue a ser de terra. Outra
opción, levada á práctica noutras vilas, sería o traslado das
tumbas menos interesantes, historicamente falando, e converter o
recinto nun parque temático no que poder contemplar a arquitectura
fúnebre e dar a coñecer a historia da vila.
Cemiterio dos Eidos. Foto: J. Migueles, 2010 |
Cemiterio Evanxelista de
Trasmañó
Para
os amantes dos sitios cun encanto de morte, é unha visita obrigada
este vello cemiterio de Trasmañó. A principios do século XX en
Trasmañó edificouse este cemiterio e unha igrexa evanxélica, hoxe
tamén en ruínas. Trátase dun pequeno cemiterio no que os restos
foron exhumados e trasladados. No centro do recinto aínda se pode
observar unha mesa de pedra a modo de altar para rezarlle as
derradeiras oracións ao finado. Tamén podemos observar os restos de
varias lápidas, unha delas sobre unha especie de sartego de pedra, e
o relevo do chan indícanos os lugares onde se atopaban as tumbas
escavadas. Absterse toda persoa que teña prexuízos
con este tipo de lugares, xa que resulta bastante tétrico.
Cemiterio Evanxelista de Trasmañó. Foto: J. Migueles, 2009. |
¿Como chegar?
Saíndo de
Redondela, dirixirémonos cara a Chapela. Ao chegar ao Alto da
Encarnación viraremos cara á parroquia de Trasmañó. Ascendemos
pola estrada e a uns 200 metros antes do Centro Cultural de Trasmañó
do lado dereito, un corto camiño de terra condúcenos ao cemiterio,
que xa se ve dende a estrada.
Estado actual (abril
2009)
O lugar está
totalmente abandonado e non se libra dos botellóns (hai xente para
todo). Sería interesante un estudio en profundidade da súa
historia. Se non se vai a desmantelar totalmente para adicar os
terreos a outra cousa, un panel informativo e un mínimo de limpeza
serían suficientes para que o lugar fora visitado (este tipo de
lugares non son do gusto de todos pero teñen o seu atractivo).
Cemiterio Evanxelista de Trasmañó.
Fotos: J. Migueles, 2009
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
SEREN
Nº3. Os Eidos: “A
vila dos mortos”. J. A. Orge Quinteiro.
En
Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia.
Xunta de Galicia:
http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es=>
El Pueblo Gallego
No hay comentarios:
Publicar un comentario