domingo, 12 de abril de 2020

O’Doherty Brown, John. (Bolyborron (Irlanda) 6-11-1777 /Redondela) Militar

Foto publicada en Historias de las Rías
          Descendente da nobreza irlandesa, queda orfo ós 7 anos e cos 6 irmáns emigra a España fuxindo da persecución dos potestantes. Entra no exército español cos seus irmáns Henry e Clinton Dillon que morrerían en combate. John participou en numerosos combates navais: Las Guayanas, Las Malvinas, Río de la Plata, Trafalgar, Las Canarias....
En 1808, estando destinado no Apostadeiro da Portela, casou en Redondela con María Josefa Macedo Salazar. Xa na guerra da Independencia, 1809, loitou contra os franceses en Santander, A Coruña e Pontesampaio. Nesta última tivo un papel destacado, sendo alférez de navío e ao mando de 3 lanchas con canóns encargouse da defensa da ponte romana dende a auga.
Retirouse do exército en 1812 como Teniente de Fragata. En 1823 foi nomeado Ayudante Militar del Distrito de Redondela. Debido á dificultade para pronunciar o seu nome era coñecido popularmente como Juan do Juerto. Entre os seus descendentes destacan en Redondela os irmáns Juan e Manuel Amoeo Seoane.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
SEREN: Nº3. Os Eidos: “A vila dos mortos”. J. A. Orge Quinteiro.
Historia de las Rías. (2 Volúmenes) J. A. Orge e Carlos Antuña entre outros. Ed. Faro de Vigo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario