viernes, 17 de abril de 2020

La Idea. Un xornal internacional.

        A principios de século os destinos preferidos dos emigrantes eran Brasil e Arxentina, ademais da veciña Portugal. Esta situación foi aproveitada polo xornal local La Idea. Semanario Independiente, para facer patria e, en 1910, anunciar nas súas páxinas que contaba cunha larga listaxe de correspondentes: En Río de Janeiro, José Figueroa Montero; en Pará, Manuel García Martínez e Severo Oliveira Crespo; en Manaos, Manuel Joaquín Garrido; en Santos, Faustino Figueroa; en Bahía, Francisco Cavadas Rocha; en Buenos Aires, Paulino Lamas; en Villa María (Arxentina), Silverio Bermúdez; en Rosario, José Gracía Darriba; en Lisboa, Casimiro Movilla e Manuel Vidal Álvarez; e en Oporto, Jose Manuel Mouriño.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
19100123 La Idea

No hay comentarios:

Publicar un comentario