![]() |
| Juan Milleiro con outros presos na ponte da illa. Foto cedida por Celso Milleiro |
Meana González, José (Tacones, Gijón-Asturias)
Industrial, 59 anos, viúvo. Fillo de Manuel e Balbina.
Veciño de Gijón (Asturias).
Xulgado en Asturias por Rebelión Militar. Condenado o 19/11/1937 a 20 anos.
Preso, cando menos, na Prisión de Gijón, Prisión Central de Celanova-Ourense (05/02/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (03/04/1939).
Meaños Ínsua, José “Peral” (Carril, Vilagarcía-Pontevedra)
Mariñeiro, 21 anos, solteiro. Fillo de Juan e Benita.
Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 17/06/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada a 3 anos pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300427, Expediente 27542). Xulgado en Ferrol en proceso incoado o 9-7-1937 por deserción co resultado de sobresemento.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (17/10/1937), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (06/01/1939) e Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (24/02/1939). Prisión atenuada o 03/09/1940. Liberdade definitiva o 24/03/1943.
Na Fortaleza de San Cristóbal participou na gran evasión do 22 de maio de 1938, sendo capturado ao día seguinte por requetés. Por estes feitos tamén sería xulgado en Pamplona.
Meco Centenera, Elías (Los Santos de la Humosa-Madrid)
Labrego, 60 anos. Fillo de Pedro e María.
Concelleiro de Los Santos de la Humosa, presidente da Junta de Incautaciones e delegado de propaganda. Afiliado a UGT. Detido en Alcalá de Henares.
Xulgado por Adhesión á Rebelión (Causa 1504/1939). Condenado o 07/07/1939 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada a 6 anos e 1 día pola Comisión de Madrid (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300597, Expediente 52720)
Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (19/10/1940), onde por orde do 17/09/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 271 de 28/09/1942, páxina 7617), facéndose efectiva o 05/09/1942.
Mediavilla Liñán, Higinio (Caravaca-Murcia)
Electricista, 59 anos. Fillo de Ángel e Badila.
Veciño de Bilbao (Bizkaia). En 1909 vivía en Barruelo de Santullán (Palencia).
Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 30/09/1938. Pena posteriormente conmutada a 3 anos pola Comisión de Vizcaya (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300275, Expediente 7637).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao (20/10/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939).
Mediavilla Merino, Pedro (San Felices de Castillería, Cervera de Pisuerga-Palencia)
Mineiro, 30 anos, casado con Fe. Fillo de Jacinto e Macaria.
Veciño de Barruelo de Santullán (Palencia).
Xulgado en León por Auxilio á Rebelión (Causa 50/1938). Condenado o 14/03/1938 a 20 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de de Leon (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300682, Expediente 65246).
Preso, cando menos, na Prisión Militar de San Marcos-León, Prisión Provincial de León (14/03/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (22/10/1938) e Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda (27/01/1940), onde por orde do 02/08/1941, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro, facéndose efectiva o 19/07/1941.
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas.
Medina Fuentes, Rafael (Hellín-Albacete)
Labrego, 38 anos, casado con Antonia Fuentes. Fillo de Mariano e Aurora.
Ocupou os cargos de presidente da Casa del Pueblo, vocal do Comité de Incautación de Fincas, tesoureiro do Consejo de Administración, concelleiro e tenente alcalde de Hellín. Interventor nas eleccións de 1936. Afiliado a UGT. Miliciano na guerra.
Xulgado en Albacete por Auxilio á Rebelión (Causa 1755/1939). Condenado o 25/10/1939 a 14 anos, 8 meses e 1 día. Pena conmutada o 17/05/1944 a 12 anos e 1 día pola Comisión de Albacete (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300831, Expediente 86191).
Preso na Prisión de Partido de Hellín (28/04/1939), Prisión Central de Santa Isabel de Santiago de Compostela, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (16/08/1942), onde por orde do 22/01/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 60 de 01/03/1943, páxina 1994), facéndose efectiva o 15/12/1942.
Medina Pérez, José (Benamargosa-Málaga)
Labrego, 69 anos, casado con Francisca. Fillo de Francisco e Ana.
Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 27/04/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada a 12 anos e 1 día pola Comisión de Málaga (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300661, Expediente 62108).
Preso, cando menos, na Prisión de Vélez Málaga, Prisión Provincial de Málaga (15/10/1938), Prisión de A Coruña (16/06/1940) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde por orde do 05/12/1941, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE de 16/12/1941, nº350, Páx. 9836).
Medina Rabanal, Gerardo (Valladolid-Valladolid)
Caspinteiro, 60 anos, casado con Ana. Fillo de Bonifacio e Isidoro.
Veciño de Gijón (Asturias).
Xulgado en Asturias por Auxilio á Rebelión. Condenado o 10/03/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada a 6 anos e 1 día pola Comisión de Oviedo (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300235, Expediente 3071).
Preso, cando menos, na Prisión del Coto-Gijón, Prisión Provincial de Oviedo (26/07/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/02/1939), onde por orde do 17/10/1940, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 295 de 21/10/1940, páxina 7239).
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1957 (Expediente: 07188/1957).
Medina Ruíz, José (Otivar-Granada)
Labrego, 45 anos, casado con Carmen. Fillo de José e Teresa.
Xulgado en Granada por Rebelión Militar. Condenado o 02/07/1937 a pena de morte, sendo rebaixado a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300171, Expediente 13872). Pena posteriormente conmutada a 20 anos.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Granada, Hospital Asilo Penitenciario de Segovia (20/10/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939), onde falece o 24/07/1940 por causas naturais.
Enterrado no cemiterio de Pereiró (Vigo).
Meis Gondar, José (Castrelo, Cambados-Pontevedra)
Muiñeiro, 26 anos, solteiro. Fillo de Francisco e Dolores.
Membro de Alianza Obrera y Campesina.
Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión. Condenado o 23/03/1937 a 20 anos. Pena posteriormente conmutada a 3 anos e 6 meses de prisión menor pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300214, Expediente 1071).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Pontevedra, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (13/02/1937) e Prisión Central de Astorga-León (20/07/1940). Prisión atenuada o 19/11/1940.
Meis Padín, Benedicto (Castrelo, Cambados-Pontevedra)
Labrego, 26 anos, solteiro. Fillo de Manuel e Peregrina.
Membro de Alianza Obrera y Campesina.
Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 02/03/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada a 5 anos de prisión menor pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300214, Expediente 1073).
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (02/03/1937), onde participa na gran evasión do 22 de maio de 1938, sendo detido nun pobo o día 27. Prisión atenuada o 02/09/1940.
Mejuto Bernárdez, José Gabriel (Coiro, Cangas-Pontevedra, 19/03/1906)
![]() |
| Joaé Mejuto. Faro de Vigo |
Afiliado a Agrupación Socialista (AS) e ao Sindicato Metalúrgico (UGT).
Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar (Causa 790/1936). Condenado a pena de morte.
Preso no Frontón de Vigo, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Fusilado o 27/07/1937 en Pontevedra, xunto a Antonio Fernández Fernández, José Gallego Nogueira e José Meis Martínez. Como causa da súa morte sería rexistrada unha hemorraxia interna.
As cartas que escribiu aos seus familiares desde a Illa de San Simón foron doadas á Real Academia Galega, sendo publicadas no libro: Cartas de un condenado a muerte. Los últimos días en prisión en 1936 y 1937 del republicano gallego José Mejuto Bernárdez (2015) Ed. Alvarellos.
Melchor Ortega, Pedro (Vélez Málaga-Málaga)
Oficinista, 62 anos, casado con Felisa. Fillo de Joaquín e Margarita.
Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 21/01/1939 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Málaga (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300967, Expediente 103827).
Preso, cando menos, na Prisión Central de Cuéllar, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (08/10/1940) e Prisión de Vélez Málaga (26/01/1943). Liberdade condicional 20/12/1943.
Melcon Arias, Isaac (Abelgas de Luna, Sena de Luna-León)
Labrego, 22 anos, solteiro. Fillo de Claudio e Eulogia.
Xulgado en León (Causa 563/1937). Condenado o 05/03/1938 a 14 anos, 8 meses e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de León (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300207, Expediente 467)(ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300440, Expediente 29688).
Preso, cando menos, na Prisión do Cuartel del Cid, Prisión Provincial de León (28/04/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (22/10/1938) e Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda (27/01/1940), onde se lle concede a Liberdade condicional (BOE nº 90 de 31/3/1941, páxina 2123), facéndose efectiva o 31/03/1941.
Mele Villafranca, Antonio (Huesca)
Músico.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Meléndez Álvarez, Manuel (Nava del Rey-Valladolid)
Labrego, 48 anos, casado con Flora Gago Díez. Fillo de Víctor e Emenegilda.
Xulgado en Bilbao por Auxilio á Rebelión. Condenado a 12 anos.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (09/10/1938) e Prisión Central de Astorga-León (27/03/1939). Prisión atenuada o 25/07/1940.
Meléndez Brianes, Francisco “Ruadeiro” (Vilaxoán, Vilagarcía de Arousa-Pontevedra)
Mariñeiro, 454 anos, casado con Rosa. Fillo de José e Rosa.
Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 01/04/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Conmutación e extinción o 24/10/1939 pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300427, Expediente 27616).
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (15/07/1937), onde participa na gran evasión do 22 de maio de 1938, sendo detido por militares ao día seguinte. Prisión atenuada o 03/09/1940.
Melero Navarro, Pedro (Poveda de la Obispalía-Cuenca)
Esquilador, 73 anos, viúvo. Fillo de Salvador e María.
Xulgado en Madrid por Adhesión á Rebelión (Causa 235/1939). Condenado o 02/08/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Madrid (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300990, Expediente 106733).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Cuenca, Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (03/12/1940) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (19/03/1941).
Melis Freixas, Francisco (Palma de Mallorca)
Radiotelegrafista, 44 anos, solteiro. Fillo de Bartolomé e Mercedes.
Veciño de Capdella (Calviá-Baleares).
Xulgado en San Sebastián por Auxilio á Rebelión. Condenado o 08/03/1937 a 12 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/10/1938).
Meliz Villacampa, Antonio (Burgasé, Fiscal-Huelva)
Xubilado, 59 anos, casado con Julia. Fillo de Jacinto e María.
Veciño de Boltaña (Huesca).
Xuíz municipal. Afiliado a Unión Republicana (UR) e UGT.
Xulgado en Causa General (Causa 1410/1936) e por Auxilio á Rebelión (Causa 196/1938). Condenado o 23/08/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Huesca (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300866, Expediente 91160)
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Huesca, Prisión Provincial de Salamanca (27/09/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (26/02/1939), onde por orde do 12/06/1941, concédeselle a liberdade condicional (BOE nº 183 de 2/7/1941, páxina 4901), facéndose efectiva o 21/06/1941. Estableceu a súa residencia en Ligüerre de Ara (Huesca).
![]() |
| Meliz Villacampa, Antonio. Foto Ficha de preso. |
Mella Peleteiro, José (Salcedo, Pontevedra-Pontevedra)
Carpinteiro, 27 anos, casado con Julia. Fillo de José e Manuela.
Veciño de Bértola (Vilaboa-Pontevedra).
Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar (Causa 116/37). Condenado o 08/02/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300427, Expediente 27617).
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (16/05/1937). Prisión atenuada o 20/08/1940.
Durante a súa estancia na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, formaba parte do grupo de presos de Vilaboa que saían cada 10 ou 15 días, para realizar traballos forzados na construción da estrada ao peirao de Santa Cristina de Cobres.
Mellado Rodríguez, Antonio “Soguilla” (Puebla de Cazalla-Sevilla, 1873)
Labrego, 63 anos, solteiro. Fillo de Pedro e Ana.
- Afiliado á Agrupación Socialista (AS) e UGT.
Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 30/04/1938 a 20 anos de reclusión menor.
Preso, cando menos, na Prisión de Osuna-Sevilla, Prisión Central de Puerto de Santa María-Cádiz, Colonia Penitenciaria del Dueso-Santoña (16/08/1938), Prisión Militar de San Marcos-León (23/12/1938), Prisión Central de La Bañeza (07/01/1939) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939), onde falece o 28/12/1940.
Melón Núñez, Hermenegildo (Talavera La Real-Badajoz)
Xornaleiro, 70 anos, casado con Luisa Gómez Domínguez. Fillo de Domingo e María.
Xulgado por Excitación á Rebelión (Causa 1376), xunto a Juana Melón Gómez, probablemente a súa filla. Condenado o 13/06/1938 a 6 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Prisión de Talavera La Real, Prisión Provincial de Badajoz (13/05/1938), Prisión de Salamanca 822/10/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (26/02/1939) e Prisión Central de San Isidro de Dueñas-Palencia (06/11/1939), onde falece o 16/12/1939).
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas en 1940.
Melón Pérez, Nicasio (Miño-A Coruña)
Paraugueiro, 36 anos, casado.
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Mena Burgos, Mariano (Valladolid-Valladolid)
Tenente coronel de Infantería, 61 anos, casado con Dolores Vieira de Abreu. Fillo de Federico e Carolina.
Veciño de Tarragona.
Xulgado por Rebelión Militar (Causa 48/1937). Condenado o 10/03/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Prisión de Sancti Spiritus-Ciudad Rodrigo (28/09/1940) e Prisión de Burgos (20/09/1941). Liberdade condicional o 18/12/1942.
Menchaca Gorordo, Manuel (Urduliz-Bizkaia)
Maquinista, 66 anos, casado con Felisa. Fillo de José e Josefa.
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 14/08/1937 a 12 anos e 1 día de reclusión temporal. Pena posteriormente conmutada a 2 anos e 10 meses.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Hospital Asilo Penitenciario de Segovia (21/12/1937), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939) e Prisión Central de San Isidro de Dueñas-Palencia (17/12/1939). Prisión atenuada o 20/06/1940.
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas sendo obrigado a facer fronte ás multas cos seus bens (BOE, anexo único nº278, do 05/10/1943, páx. 3458).
Méndez Alonso, Joaquín (Mañufe, Gondomar-Pontevedra)
Labrego, 26 anos, casado con Balbina Fajo Fodríguez. Fillo de Domingo e Rita.
Xulgado en Vigo por Auxilio á Rebelión. Condenado o 28/02/1937 a 15 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300427, Expediente 27625).
Preso, cando menos, na Prisión de Vigo, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (20/11/1937), Prisión Central de Astorga-León e Prisión Central de Santa Rita de Carabanchel-Madrid (28/02/1940).
Reingresa na Prisión de Vigo (29/07/1950) acusado de estafa. Liberdade 24/08/1950.
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1958.
Méndez Boquete, José (Valga-Pontevedra)
Serrador, 38 anos, casado con Josefa. Fillo de José e María.
Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 29/04/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Conmutación o 04/01/1941 a 4 anos de prisión menor pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300427, Expediente 27615).
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (11/10/1937). Prisión atenuada o 18/08/1940. Liberdade definitiva o 09/03/1943.
Méndez Celaya, Perfecto (Boal-Asturias)
Chofer, 39 anos, solteiro. Fillo de Nicasio e Rosalía.
Veciño de Lugo (Lugo).
Xulgado en Lugo por Auxilio á Rebelión. Condenado o 16/11/1936 a 20 anos.
Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (28/01/1937), onde participou na gran evasión do 22 de maio de 1938; e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (18/09/1938).
Méndez Durán, Joaquín (Gondomar-Pontevedra)
Chofer, 26 anos, solteiro. Fillo de José e Carmen.
Xulgado en Vigo por Auxilio á Rebelión. Condenado o 20/02/1937 a 15 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300427, Expediente 27630).
Preso, cando menos, na Prisión de Vigo, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (20/11/1937), Prisión Central de Astorga-León e Prisión Provincial de Oviedo (31/03/1939), onde por orde do 01/03/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 81 de 22/03/1943, páxina 2568), facéndose efectiva o 28/04/1943.
Reingresa na Prisión de Vigo o 26/06/1943. Liberdade o 29/06/1943.
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1958.
Méndez Fariñas, Dionisio (A Graña, Xunqueira de Espadanedo-Ourense)
Ferreiro, 28 anos, solteiro. Fillo de Cayetano e Josefa.
Xulgado en Ourense por Homicidio. Condenado o 29/11/1936 a 18 anos.
Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (28/01/1937), onde participou na gran evasión do 22 de maio de 1938; Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/09/1938) e Prisión Central de Celanova-Ourense (27/04/1940). Liberdade 01/10/1943.
Reingresa en prisión o 10/10/1943: Prisión de Gijón (30/10/1943) e Prisión Central de Cuéllar-Segovia (10/04/1945).
Méndez Fariñas, José (A Graña, Xunqueira de Espadanedo-Ourense)
Cesteiro, 35 anos, solteiro. Fillo de Cayetano e Josefa.
Xulgado en Ourense por Homicidio. Condenado o 29/11/1936 a 18 anos.
Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (28/01/1937), onde participou na gran evasión do 22 de maio de 1938; Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/09/1938) e Prisión Central de Celanova-Ourense (27/04/1940). Liberdade 01/10/1943.
Reingresa en prisión o 10/10/1943: Prisión de Gijón (30/10/1943) e Destacamento Penal de Tudela Veguín-Asturias (20/09/1947). Liberdade condicional o 04/04/1948.
Méndez García, Manuel “Calderas” (Toro-Zamora)
Xardineiro, 67 anos, casado con Dionisia. Fillo de Bernardo e Antolina.
Veciño de Matallana de Torio (León).
Xulgado por Auxilio á Rebelión (Causa 882/1937). Condenado o 02/03/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de León (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300440, Expediente 29647).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de León, Prisión de Partido de Valencia de San Juan-León (04/03/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/02/1939).
Méndez Méndez, Patricio (Ortigueira, Coaña-Asturias)
Mariñeiro, 60 anos, casado con Rosario. Fillo de Miguel e Constantina.
Xulgado en Lugo por Rebelión Militar (Causa 100/1937). Condenado o 23/02/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, na Prisión de Lugo, Prisión provincial de A Coruña (20/03/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (05/03/1939), onde falece o 18/09/1939.
Méndez Montero, José (Valdoviño-A Coruña)
Chofer, 26, solteiro. Fillo de Santiago e Carmen.
Xulgado en Ferrol por Auxilio á Rebelión (Causa 368/1936). Condenado o 19/12/1936 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de A Coruña (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300359, Expediente 18420).
Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (03/07/1937), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/09/1938). Prisión atenuada o 04/08/1940. Liberdade definitiva o 28/09/1941.
Méndez Parada, Antonio “O Parada” (Arbo-Pontevedra)
Comerciante, 50 anos, casado con Elvira Méndez Davila. Fillo de Manuel e Concepción.
Con 14 anos emigrou a Arxentina, pasando logo a La Habana (Cuba), onde é un dos fundadores das sociedades Hijos del Ayuntamiento de Arbo e Solidaridad Pontevedresa. Con 40 anos volve a Arbo abrindo unha tenda de alimentación e unha ferraxería. Tralas elección de 1931 pasa a formar parte da corporación municipal e amplía os seus negocios coa Fábrica de camas estilo inglés La República.
Xulgado en Vigo por Excitación á Rebelión (Causa 173/1936). Condenado o 10/10/1936 a 16 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300427, Expediente 27622).
Preso, cando menos, na Prisión de Vigo e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (05/11/1936).
Na década dos anos 50 abre unha fábrica de taboleiros de lousa escolares.
No ano 2022 o Concello de Arbo homenaxea a súa figura engadindo ao seu rueiro o Canellón do Parada.
![]() |
| Méndez Parada, Antonio. Inauguración Canellón do Parada. Concello de Arbo |
Méndez Ruíz, Francisco (Quijas, Reocín-Cantabria)
Mineiro, 25 anos, casado con Josefa Fernández Díaz. Fillo de Pedro e Octavia.
Xulgado en Bilbao por Auxilio á Rebelión. Condenado a 12 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Prisión provincial de Bilbao, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (09/10/1938), Prisión Provincial de Bilbao (10/01/1940), Prisión Provincial de Oviedo (21/05/1941), Destacamento Penal de Pozo Fondón de Sama de Langreo-Asturias (23/06/1941), Prisión de Santander (07/02/1942), Prisión Tabacalera de Santander (27/04/1942), ¿? (12/09/1944), Colonia Penitenciaria del Dueso-Santoña (06/02/1945), Destacamento penal de Arroyo-Cantabria (24/03/1946), Prisión provincial de Santander (27/04/1946), Colonia Penitenciaria del Dueso-Santoña (05/06/1946), Prisión Central de Yeserías-Madrid (27/12/1948), Destacamento Penal de Fuencarral (23/05/1949). Liberdade condicional o 12/03/1950.
Méndez Sánchez, Francisco (Valle Matamoros-Badajoz)
Xornaleiro, 63 anos, casado con María Venegas Vázquez. Fillo de Francisco e Francisca.
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 28/08/1937 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Badajoz (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300230, Expediente 2611).
Preso, cando menos, na Prisión de Jerez de Caballeros, Prisión Provincial de Badajoz (23/08/1937), Prisión de Salamanca (22710/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (26/02/1939), onde por Orde do 27/09/1940, concédeselle a Liberdade Condicional (BOE numero 275 del 01/10/1940, páxina 6810).
Mendía Pérez, Julián (Donostia/San Sebastián-Guipuzkoa)
Electricista, 35 anos. Fillo de Manuel e Juana.
Xulgado por Excitación á Rebelión. Condenado o 26/02/1942 a 12 anos.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de San Sebastián, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (22/04/1942), Prisión Central de Santa Isabel de Santiago de Compostela (05/02/1943), Prisión Provincial de San Sebastián (24/04/1943) e Prisión Central de Burgos (14/10/1944). Liberdade o 21/07/1947.
Menéndez de la Cuesta y García, Arturo (Lezuza-Albacete)
Ferroviario, 61 anos. Fillo de Celestino e Josefa.
Veciño de Madrid (Madrid).
Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 15/05/1939 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, no ¿Destacamento Militar Hospital?, Prisión Provisional Ronda de Atocha 21 (10/04/1939), Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (07/12/1939) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (06/10/1940), onde falece o 21/05/1941.
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas entre 1939 e 1944.
Menéndez Fernández, Dionisio (Agones, Pravia-Asturias)
Labrego, 54 anos, casado con Mercedes González Suárez. Fillo de Pacífico e Sabina.
Xulgado en León por Adhesión á Rebelión (Causa 822/1938). Condenado o 29/07/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de León (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300951, Expediente 101917).
Preso, cando menos, na Prisión de Agones, Prisión Militar de San Marcos-León (23/02/1938), Prisión Provincial de León (29/10/1938), Prisión Central de Figueirido-Pontevedra (28/09/1940) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/05/1941), onde falece o 16/06/1941.
Menéndez Rodríguez, Manuel “Manolo” (Madrid-Madrid)
Labrego, 63 anos, casado con Soledad. Fillo de Joaquín e Justa.
Veciño de Soto de Luíña (Cudillero-Asturias).
Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 03/11/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Oviedo, Prisión Central de Celanova-Ourense (15/02/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (01/04/1939) e Prisión Central de Figueirido-Pontevedra (15/05/1939), onde falece o 24/01/1940.
Menéndez Viña, Servando (Bañugues, Gozón-Asturias)
Labrego, 62 anos, solteiro. Fillo de Juan e Teresa.
Afiliado ao Partido Comunista (PCE) e á Federación de Trabajadores de la Tierra (UGT), e membro da Cooperativa de Bañugues.
Xulgado en Asturias por Auxilio á Rebelión. Condenado o 25/06/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Oviedo (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300529, Expediente 42804).
Preso, cando menos, na Prisión de Gijón, Prisión Provincial de Oviedo (26/07/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/02/1939).
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1946.
Meneses Merino, Juan (Alozaina-Málaga)
Labrego, 60 anos, casado con María. Fillo de Salvador e Francisca.
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 02/05/1937 a 12 anos e 1 día.
Preso na Prisión de Alozaina, Prisión Provincial de Málaga (04/03/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde por Orde do 21/06/1940 concédeselle a liberdade condicional (BOE número 179 del 27/06/1940, páxina 4400), facéndose efectiva o 23/06/1940.
Mentuy Jordana, Pedro (Perves, Pont de Suert-Lleida)
Labrego, 61 anos, casado con Victoria Gallart Francés. Fillo de Batista e María.
Xulgado por Excitación á Rebelión (Causa 400/1938). Condenado o 05/09/1938 a 6 anos e 1 día de prisión maior.
Preso, cando menos, na Prisión de Tremp, Prisión do Convento de Capuchinas de Barbastro (20/06/1938), Prisión de Partido de El Burgo Osma-Soria (25/11/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (03/03/1939).
Merayo García, José (Albares de la Ribera, Torre del Bierzo-León)
Labrego, 58 anos. Fillo de Manuel e María.
Acusado de tratar de incautar armas e municións aos veciños, comercios e dependencias da Garda Civil de Villavieja de Yeltes o 21/07/1936. Xulgado en León por Rebelión Militar (Causa 141/1937). Condenado o 02/02/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada a 12 anos pola Comisión de León (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300168, Expediente 13540).
Preso, cando menos, na Prisión Central de Figueirido-Pontevedra, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/05/1941), Prisión de Partido de Ponferrada (23/01/1943), onde por orde do 02/04/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 87 de 27/03/1944, páxina 2505), facéndose efectiva o 02/02/1944.
Merchán Briones, Juan (Villavieja de Yeltes-Salamanca)
Albanel, 75 anos, casado con Amalia, 6 fillos. Fillo de Agustín e Manuela.
Presidente da Casa del Pueblo.
Xulgado en Salamanca por Rebelión Militar (Causa 926/1936). Condenado o 31/01/1937 a 20 anos e 1 día de reclusión maior. Pena conmutada o 02/11/1943 a 4 anos de prisión menor.
Preso, cando menos, na Prisión de Partido de Vitigudino-Salamanca (17/10/1936), Prisión Provincial de Salamanca (24/10/1936), Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (18/0671937), Hospital Asilo Penitenciario de Segovia (03/07/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939).
Mercado Recio, Alfonso (La Estrella-Toledo)
Labrego, 60 anos, casado con Dorotea Mercado. Fillo de Alfonso e Mónica.
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 09/12/1938 a 12 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Prisión de Talavera de la Reina (02/09/1938), Prisión Provincial de Toledo (27/11/1938), Prisión de Ávila (28/01/91939), Prisión Central de Celanova-Ourense (12/02/1939), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/03/1939), Prisión Central de Figueirido-Pontevedra (15/05/1939), onde por orde do 05/12/1941, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro, facéndose efectiva o 31/11/1941.
Merino Peláez, Jenaro (Carrizosa-Ciudad Real)
Labrego, 61 anos. Fillo de Ramón e Josefa.
Xulgado en Madrid por Rebelión Militar (Causa 4020/1939). Condenado o 01/10/1939 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada a 20 anos e 1 día pola Comisión de Madrid (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300192, Expediente 15625).
Preso, cando menos, na Prisión Central de Valdenoceda-Burgos, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (26/04/1941), Prisión Central de Yeserías-Madrid (23/01/1943), Prisión Central de Santa Rita de Carabanchel-Madrid (11/03/1943). Liberdade condicional 02/01/1944.
Merino Rodríguez, Ángel (Salvaterra de Miño-Pontevedra)
Limador, 33 anos, casado con Rosalía González. Fillo de Gregorio e Manuela.
Xulgado en Vigo por Auxilio á Rebelión. Condenado o 11/02/1937 a 15 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300427, Expediente 27547).
Preso, cando menos, na Prisión de Vigo, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (20/11/1937). Prisión atenuada o 29/10/1940.
Merino Ruíz, Santos “El Espartero” (Vergaño, San Cebrián de Mudá-Palencia)
Labrego, 69 anos, casado con Paula Díez Meléndez. Fillo de Vicente e Juliana.
Xulgado en Palencia por Rebelión Militar (Causa 2081/1938). Condenado o 24/05/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Palencia (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 301005, Expediente 108579).
Preso, cando menos, na Prisión de Vergaño, Prisión Provincial de Palencia (12/11/1937), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/02/1939) e Prisión Central de Figueirido-Pontevedra (09/09/1939), onde falece o 26/12/1939.
Merino Valenzuela, Francisco “El Alcalde de los Mantecaos” (Pegalajar-Jaén, 19/04/1875)
Labrego, 65 anos, casado con Manuela Espinosa, 6 fillos. Fillo de Antonio e Josefa.
Primeiro Tenente Alcalde de Pegalajar, asumindo o cargo de Alcalde cando fuxiu o titular, ademais de ser o secretario do Concello. Chamado “El Alcalde de los Mantecaos” por pedir no Nadal “mantecaos” para os máis necesitados. Membro da Agrupación Socialista (AS) e UGT.
Xulgado por Adhesión á Rebelión (Causa 15962/1939). Condenado o 27/09/1939 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada a 12 anos e un día pola Comisión de Jaén (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300870, Expediente 91609).
Preso, cando menos, na Prisión de Pegalajar (13/04/1939), Prisión Provincial de Jaén (22/02/1940), Prisión Central de Burgos (19/08/1940) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/11/1940), onde falece por cardiopatía o 14/06/1941. Sería enterrado no Cemiterio de Lavadores (Vigo).
A súa historia sería contada en: MARÍA PILAR, LÓPEZ VERA. Francisco Merino Valenzuela El Alcalde de los Mantecaos. Una víctima más del exterminio de San Simón. Círculo Rojo.
![]() |
| Merino Valenzuela, Francisco-Publicada en La Voz de la República |
Merodio Ramos, Nemesio (Luzón-Guadalajara, 1869)
Zapateiro, 68 anos, casado con Leoncia Olibán. Fillo de Tomás e Gregoria.
Veciño de Gallarta (Abanto-Bizkaia).
Detido e torturado trala folga de 1917. Desempeñou os cargos de Tenente Alcalde, Concelleiro e Alcalde provisional en 1931. Vocal provincial do Partido Republicano Radical Socialista (PRRS) en 1931. Delegado de Izquierda Republicana (IR). Nomeado xuíz municipal suplente de Abanto e Ciérvana en outubro de 1936.
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 03/08/1937 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada a 6 anos e 1 díapola Comisión de Vizcaya (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300332, Expediente 15089).
Preso na Prisión de Baracaldo, Prisión Provincial de Bilbao (12/07/1937), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939), onde por Orde do 12/08/1940, concédeselle a liberdade condicional (BOE número 233 do 20/08/1940, páxina 5769).
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1944.
Mesa Pérez, José (Pola de Allande, Allande-Asturias)
Xornaleiro, 60 anos, casado con Blanca Hernández. Fillo de Francisco e Rosa.
Veciño de Castrillón (Asturias).
Afiliado a Agrupación Socialista (AS) e a UGT. Participou na Revolución do 34. Alcalde de barrio e do control de panadeiros de Vegarrozadas (Castrillón).
Xulgado en Gijón por Rebelión Militar. Condenado o 08/03/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, na Prisión Preventiva de Gijón, Prisión Central de Figueirido-Pontevedra (10/05/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/03/1939).
Meseguer Ferrer, Julio (Cinctorres-Castelló)
Albanel, 40 anos, casado con Matilde Borras Largallo. Fillo de Manuel e María.
Xulgado en Morella por Auxilio á Rebelión (Causa 1404/1938). Condenado o 02/05/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada a 2 anos pola Comisión de Castellón (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300259, Expediente 5449).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/9/1938), Prisión Central de Astorga-León (22/05/1939) e Prisión Central de Santa Rita de Carabanchel-Madrid (03/10/1939).
Meseguer Gavaldà, José (Rosell-Castelló)
Carpinteiro, solteiro, 33 anos. Fillo de José e Rosa.
Veciño de Benicarlo (Castelló).
Xulgado en Vinaroz por Auxilio á Rebelión. Condenado o 24/05/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Castellón (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300708, Expediente 69028).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/9/1938), Prisión de Valdemoro-Madrid (21/10/1939) e Prisión Central de Astorga-León (28/12/1939). Prisión atenuada o 18/09/1940.
Michel Lizaur, Pablo (Pamplona-Navarra)
Latoeiro, 34 anos, casado con Laureana Muro Hidalgo. Fillo de Pedro e Florinda.
Membro de UGT detido o 21/7/1936 na Plaza del Castillo de Pamplona cando arengaba aos traballadores para que secundaran a folga.
Xulgado en Pamplona por Adhesión á Rebelión (Causa 94/1936). Condenado o 10/10/1936 a 10 anos de reclusión. Pena posteriormente conmutada a 4 anos pola Comisión de Navarra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300225, Expediente 2048).
Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/09/1938) e Prisión Central de Santa Isabel de Santiago de Compostela (13/03/1939).
Mier Pérez, Celestino (Bulnes, Cabrales-Asturias)
Xornaleiro, 62 anos. Fillo de Isidora e pai descoñecido.
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 09/02/1938 a 20 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Oviedo (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300888, Expediente 93954).
Preso, cando menos, na Prisión Central de Figueirido-Pontevedra, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (21/02/1939), concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 22/07/1942, BOE nº 209 de 28/07/1942, páxina 5541.
Míguez Pérez, José (Cesantes-Redondela)
Panadeiro, 28 anos, casado con Marina Abal Villaverde. Fillo de Florentino e Dolores.
Veciño de Bouzas (Vigo).
Xulgado en Vigo por Auxilio á Rebelión. Condenado o 01/01/1937 a 15 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300427, Expediente 27639).
Preso na Prisión de Vigo e a Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (20/11/1936). Prisión atenuada o 04/09/1940.
Milán Matías, Enrique (Tordesillas-Valladolid)
Zapateiro, 59 anos, casado con Norberta Díez Hernández. Fillo de Gregorio e Martina.
Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 02/12/1936 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Valladolid (01/10/1936), Prisión Central de Burgos (22/11/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (11/03/1939) e Prisión Central de Figueirido-Pontevedra (02/05/1939), onde falece o 09/12/1939.
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas en 1938.
Milego Pedreira, Manuel (Oia, Vigo-Pontevedra)
Labrego, 38 anos, solteiro. Fillo de Vicente e Peregrina.
Xulgado en Vigo o 01/09/1937 por Rebelión Militar. Condenado o 09/09/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300427, Expediente 27620).
Preso, cando menos, na Prisión de Vigo, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/10/1936) e Prisión Central de Burgos (12/09/1940), onde se lle concede a Liberdade condicional (BOE nº 199 de 18/7/1941, páxina 5372).
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas en 1938. Despois de satisfacer unha sanción económica recupera a libre disposición dos seus bens (BOE nº269, anexo único, de 25/09/191940, páxina 4462) Sería indultado en 1941.
Millán Blesa, Bernabé (Alpeñés-Teruel)
Mineiro 61 anos. Fillo de Cipriano e Melchora.
Veciño de Escucha (Teruel).
Afiliado ao Sindicato Minero (UGT).
Xulgado en Zaragoza por Adhesión á Rebelión (Causa 425/38). Condenado o 23/12/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/12/1938), onde falece o 08/11/1942.
Millán Frades, Juan (Fredes, Puebla de Benifasar-Castelló)
Xornaleiro, 36 anos, casado con María Centelles Albesa. Fillo de Joaquín e Antonia.
Xulgado en Vinaroz por Auxilio á Rebelión. Condenado o 27/06/1938 a 12 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938), Prisión Central de Astorga-León (09/05/1939) e Prisión Provincial de Oviedo (01/08/1941). Prisión atenuada.
Millán Romero, Manuel (La Palma del Condado-Huelva)
Labrego, 60 anos, casado. Fillo de Ildefonso e Dolores.
Xulgado en Huelva por Excitación á Rebelión. Condenado a 12 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Huelva (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300321, Expediente 13590).
Preso, cando menos, na Prisión de La Palma del Condado, Prisión Provincial de Huelva (15/02/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (06/03/1939).
Millán Sancho, Joaquín (Cinctorres-Castelló)
Xornaleiro, 55 anos, casado con Nieves Marín Lázaro. Fillo de Aantonio e Manuela.
Xulgado en Vinaroz por Auxilio á Rebelión (Causa 90/1938). Condenado o 01/07/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Castellón (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300249, Expediente 4306).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938) e Prisión Provisional de Burriana-Castellón, onde por orde do 12/12/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 5 de 05/01/1943, páxina 156).
Milleiro Sampedro, Juan Clímaco (Moaña-Pontevedra, 08/04/1912)
Funcionario de Augas do Concello de Pontevedra, 24 anos, solteiro. Fillo de Celso Milleiro Seoane e Benigna Sampedro Barruthe, naturais de Redondela. Celso traballaba como secretario de Concello, exercendo en Redondela, Moaña e Marín, onde se asentou definitivamente a familia.
Militante das Xuventudes Socialistas Unificadas. O 01/05/1936 participou como orador no Día do Traballo en Caldas de Reis e formou parte do Comité Interno do PSOE para debater o Estatuto de Autonomía de Galiza.
Suspendido como funcionario do concello de Pontevedra o 15 de agosto e destituído o 28 de novembro de 1936. Foi detido en outubro de 1934 por participar nas requisas de armas ordenadas polo Gobernador Civil. Sería acusado de defender a legalidade republicana no Goberno Civil.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Xulgado en Pontevedra xunto a 17 persoas máis (Causa 174/37). Condenado a morte o 15/06/1937. Foi fusilado o 12 de xullo na avenida de Buenos Aires (Pontevedra), preto de Monte Porreiro, xunto con Estanislao Graña Soliño.
O seu pai veríase tan afectado pola súa morte, que falecería pouco despois, no mes de febreiro de 1938.
En 2014 o Concello de Pontevedra aprobou por unanimidade a restitución simbólica a parte da corporación encabezada por Bibiano Fernández Osorio Tafall e aos funcionarios asasinados: Dionisio González Pérez, Raimundo Rodríguez Neira e Juan Milleiro Sampedro.
![]() |
| Juan Milleiro e irmás. Foto cedida por Celso Milleiro |
Minchero Blanco, Enrique (Santander-Cantabria)
Mecánico, 44 anos, casado con Josefa Palmas Elizalde. Fillo de José e Teresa.
Veciño de Donostia/San Sebastián (Guipuzkoa).
Xulgado en Bilbao por Auxilio á Rebelión. Condenado o 02/07/1937 a 15 anos.
Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/09/1938), onde falece o 20/04/1939.
Mingorance García, José (Granada-Granada)
Xardineiro, 76 anos, Rosario. Fillo de José e Josefa.
Condenado o 14/09/1936 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Granada, Hospital Asilo Penitenciario de Segovia (16/07/1937), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939) e Prisión Central de Figueirido-Pontevedra (15/05/1939), onde falece o 27/12/1939.
Mínguez Burillo, Rafael “El Manco” (Letux-Zaragoza)
Labrego, 72 anos, casado con Pabla Bella Bella, 6 fillos. Fillo de Romualdo e Rafaela.
Fiscal Municipal de Letux.
Xulgado en Zaragoza por Adhesión á Rebelión (Causa 86/1938). Condenado o 01/09/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Zaragoza (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300406, Expediente 24431).
Preso, cando menos, na Comisaría de Zaragoza, Prisión Provincial de Zaragoza (24/04/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (30/03/1939), onde faleceu.
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas entre 1940 e 1950.
Mintegui Bilbao, Segundo (Bakio-Bizkaia)
Zapateiro, 26 anos, solteiro. Fillo de Leandro e Anastasia.
Xulgado en Bilbao por Auxilio á Rebelión. Condenado a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Vizcaya (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300613, Expediente 55130).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (09/10/1938) e Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda (19/01/1940). Prisión atenuada o 07/07/1940.
Mirabet Castells, Jaime (Sant Esteve de la Sarga -Lleida) NOTA: Nome citado na ficha de preso.
Labrego, 59 anos, casado con Encarnación. Fillo de Ramón e Ventura.
Concelleiro de Sant Esteve de la Sarga.
Xulgado por Auxilio á Rebelión (Causa 1467/1938). Condenado o 10/08/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormenteconmutada a 6 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Lérida (12/06/1938), Prisión de Barbastro (02/11/1938), Prisión Provincial de Huelva (28/02/1939) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (08/05/1939), onde se lle concede a Liberdade condicional (BOE nº 183 de 2/7/1941, páxina 4901).
Miragaya Ferreiro, Santiago (Ínsua, Vilalba-Lugo)
Viaxante de xoias (prateiro), 64 anos, casado, 4 fillos. Fillo de Francisco e de Manuela.
Veciño de Lugo.
Detido e posto a disposición da Delegación de Orde Pública de Lugo, sendo trasladado a Gijón a disposición do Xulgado Militar nº 6. Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 08/03/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Oviedo (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300888, Expediente 93955).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Lugo (08/01/1938), Prisión de Gijón (26/02/1938), Prisión Central de Figueirido-Pontevedra, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (21/03/1939), onde por Orde do 14/10/1942, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 299 de 26/10/1942, páxina 8581), facéndose efectiva o 06/08/1942.
Miralles Olives, Jaime (Barcelona-Barcelona).
Pintor.
Membro de UGT. Obrero dunha fábrica de mobles de Orio. Encargado da radio en dito pobo, pasou a Durango ao entrar os nacionais. Naquela vila adicouse á pintura de coches dos do Exército republicano.
Xulgado en San Sebastián por Excitación á Rebelión. Condenado 6 años 1 día PM. Conmutación de pena 3 años Pm. pola Comisión de Guipúzcoa (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300543, Expediente 44894).
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (onde estaba en abril de 1940) e Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda, onde por orde do 1/07/1940, concédeselle a Liberdade condicional provisional (BOE número 218 del 05/08/1940, páxina 5426).
Miranda Cabral, Rufino (Cangas-Pontevedra)
Mariñeiro, 21 anos.
Secretario de "Mar y Tierra". Contador do "Recreo Marítimo" e secretario do Pósito. Afiliado a CNT.
Xulgado en Pontevedra (Causa 790/1936).
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Tentou fuxir a nado da illa xunto a Manuel Sayar Orellán, tamén mariñeiro e natural de Corrubedo (A Coruña) e militante do SIP de Marín. Manuel Sayar morrería afogado e Rufino Miranda sería recollido polo bote dun tal Domingos, de Cesantes, que o acabaría entregando.
Foi fusilado en Pontevedra, o 11 de decembro de 1936.
![]() |
| Miranda Cabral, Rufino. Publicada en: As illas de San Simón e San Antonio |
Miranda Campos, Adolfo (Cantillana-Sevilla)
Mozo do Matadoiro, 59 anos. Fillo de José e Felipa.
Veciño de Madrid (Madrid).
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 26/0771939 a 12 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (18/03/1941), onde por orde do 05/12/1941, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE 16/12/1941, nº350, Páx. 9836).
Miró Grau, Antonio “Toni de la Brula” (Benissanet-Tarragona)
Albanel, 63 anos, casado con Raimunda Llop. Fillo de Rafael e Josefa.
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 04/06/1938 a 12 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938), concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 08/11/1941 (BOE número 322 de 18/11/1941, páxina 9027).
Miró Salayet, Santiago “Puñeno” (Gandesa-Tarragona)
Labrego, 38 anos, solteiro. Fillo de Agustín e Consuelo.
Xulgado en Gandesa por Auxilio á Rebelión (Causa 34/1938). Condenado o 08/06/1938 a 12 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938), Prisión Central de Astorga-León (19/02/1940) e Colonias Penitenciarias Militarizadas de Dos Hermanas-Sevilla (01/05/1942), onde por orde do 15/06/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 180 de 29/06/1942, páxina 4627), facéndose efectiva o 02/06/1942.
Misioné Muñiz, José María (Oviedo-Asturias)
Industrial, 56 anos, viúvo. Fillo de Luciano e Gerarda.
Xulgado en Asturias o 21/12/1938. Condenado o 24/01/1939 a pena de morte, sendo rebaixada o 01/09/1939 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada a 20 anos pola Comisión de Oviedo (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300124, Expediente 9699).
Preso, cando menos, na Prisión de Oviedo, Prisión provincial de Oviedo (14/12/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (28/09/1940).
Miso Centerrera, Elías (Losanglis-Huesca)
Albanel, 60 anos, casado.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Mohino Cabrera, Tomás (Águilas-Murcia)
Xefe de Telégrafos, 63 anos, casado con Juliana. Fillo de Ramón e Josefa.
Veciño de Soria (Soria).
Xulgado en Zaragoza por Auxilio á Rebelión (Causa 2125/1936). Condenado o 30/04/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza, Hospital Asilo Penitenciario de Segovia (25/05/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939).
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1958.
Moldes Carro, Víctor (Campañó, Pontevedra-Pontevedra)
Comerciante de alimentación, 50 anos, casado con Elisa Ribal Cons, 5 fillos. Fillo de Constante e Juana.
Veciño de Casaldarado, Lérez (Pontevedra).
Presidente da Federación Agraria Comarcal de Pontevedra,baixo o seu mandato celébrase o Congreso Agrario de Pontevedra en 1935, e presidente do Gremio de Comerciantes de Ultramarinos.
Participou en mitins a favor da candidatura do Frente Popular nas elección de 1936.
Tralo golpe de estado estivo fuxido polos arredores de Pontevedra, Padrón e Meis. Pactou a súa entrega a cambio dunha cantidade de diñeiro a entregar á Garda Civil.
Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar (Causa 115/1937). Condenado a pena de morte.
Preso, cando menos, na Prisión da Escuela Normal de Pontevedra e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón
Fusilado o 17/04/1937 en Monteporreiro (Pontevedra), rexistrándose como causa da morte, hemorraxia interna.
Moledo Lamoso, José Manuel (Lourizán, Pontevedra-Pontevedra)
Carpinteiro, 37 anos, casado con Isolina Rodríguez Pereira. Fillo de Justo e Dolores.
Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar. Condenado o 27/06/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300269, Expediente 6814).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Pontevedra e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (13/02/1937).
Moles Montosa, José (Fornes-Granada)
Labrego, 72 anos, casado con Elena Rando Rodríguez. Fillo de Joaquín e María.
Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 17/07/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada a 20 anos.
Preso, cando menos, na Prisión Central de Puerto de Santa María-Cádiz, Colonia Penitenciaria del Dueso-Santoña (16/08/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (01/04/1939).
Moles Peyro, Miguel (Cinctorres-Castelló)
Xulgado en Castelló.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón
Moles Pino, Joaquín (Joyosa-Granda)
Labrego.
(Causa 191/37). Condenado a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Despois de pasar pola Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón foi trasladado ao Penal de Puerto de Santa María (Cádiz) onde faleceu o 28-5-1942 aos 62 anos.
Moli Laforga, José (Portella-Lleida)
Labrego, 71 anos, viúvo. Fillo de Jaime e Josefa.
Xuíz Suplente de Portella en 1919.
Xulgado por Adhesión á Rebelión (Causa 61/1938). Condenado o 06/05/1938 a pena morte, sendo rebaixada a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Prisión Provincial de Lérida (02/10/1942), Liberdade o 26/10/1943.
Molina Becerril, Simón (Moros-Zaragoza)
Labrego, 55 anos. Fillo de Mariano e Rosa.
Veciño de Berga (Barcelona).
Xulgado por Rebelión Militar (Causa 4494/1939). Condenado o 21/04/1939 a 20 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisiónde Barcelona | Referencia: ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300403, Expediente 23964
Preso, cando menos, na Prisión Central de Astorga-León, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/01/1942) e Prisión de Partido de Manresa Barcelona (13/01/1943), onde por orde do 26/10/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 225 de 13/08/1943, páxina 7893), facéndose efectiva o 17/07/1943.
Molina Cano, Fulgencio (La Granjuela-Córdoba)
Labrego, 61 anos. Fillo de Manuel e Olegaria.
Veciño de Peñarroya (Córdoba).
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 20/12/1939 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Córdoba (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300932, Expediente 99593).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Vitoria e a Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (12/03/1941), onde por orde do 15/06/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 178 de 27/06/1942, páxina 4592).
Molina Gómez Miguel (Almería-Almería)
Barrileiro, 63 anos. Fillo de Manuel e María.
Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 09/07/1940 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Almería, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (21/03/1941) e Prisión Provincial de Almería (04/01/1943), onde por orde do 29/05/1945, concédeselle a Liberdade condicional provisional, sen a liberación definitiva do desterro (BOE Nº. 183 DE 02/07/1945, páxina 30), facéndose efectiva o 06/06/1945.
Faleceu en 1962 en Barcelona afogado no asolagamento da cidade.
Tamén sofreron o presidio 3 dos seus irmáns. Dos seus fillos: Miguel Molina Matarín foi asasinado en Gusen; Serafin liberado de Matthausen e exiliado a Australia, falecendo en 2005; e Diego fusilado en 1942 por repartir o parte inglés de la BBC
Moliner Belles, Luis (Culla-Castellón)
Labrego, 69 anos, casado con Josefa. Fillo de Joaquín e Teresa.
Xulgado o 11/02/1938 por Excitación á Rebelión (Causa 1404/1938). Condenado o 03/02/1939 a 6 anos e 1 día de prisión menor. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Castellón (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300708, Expediente 69049).
Preso, cando menos, na Prisión de Benicarló, Prisión Provincial de Castellón (15/03/1939), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (29/04/1939), Prisión Central de San Isidro de Dueñas-Palencia (02/11/1939) e Prisión Habilitada de Palencia (24/01/1940), onde por orde do 12/07/1940, concédeselle a Liberdade condicional (BOE número 202 do 20/07/1940, páxina 5035).
Moliner Blasco, Pascual (Foz Calanda-Teruel)
Xornaleiro, 69 anos, viúvo. Fillo de Sebastián e Teresa.
Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 03/05/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Zaragoza (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300013, Expediente 913).
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (31/03/1939) e Prisión de Alcañiz (14/12/1942). Liberdade 01/10/1943.
Moliner Capdevila, Salvador (Useras-Castelló)
Sereno, 58 anos, casado. Fillo de Joaquín e Josefa.
Veciño de Vall d’Alba (Castelló).
Condenado o 28/02/1934 a 13 anos de reclusión menor.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Cartagena, Hospital Asilo Penitenciario de Segovia (09/05/1936), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939) e Prisión Central de Figueirido-Pontevedra (13/05/1939), onde falece o 17/04/1940.
Molinero Herrero, Fabriciano (Bernardos-Segovia)
Xornaleiro, 62 anos, casado con Florentina. Fillo de Eugenio e Casta.
Xulgado por Rebelión Militar (Causa 392/1936). Condenado o 09/05/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada a 6 anos pola Comisión de Segovia (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300227, Expediente 2321).
Preso na Prisión Provincial de Segovia, Hospital Asilo Penitenciario de Segovia (10/10/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939), onde por Orde do 11/07/1941, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 211 de 30/7/1941, páxina 5732).
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1940.
Molinés Garcés, Joaquín (Belchite-Zaragoza)
Peón camiñeiro, 62 anos, viúvo. Fillo de Valero e Francisca.
Veciño de Letux (Zaragoza).
Xulgado en Zaragoza por Rebelión Militar (Causa 43/1936). Condenado o 19/01/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Zaragoza (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300790, Expediente 80934).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza, Prisión Central de Burgos (18/06/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (11/03/1939).
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas en 1936, sendo indultado en 1960.
Molins Laforga, José (Portella-Lleida)
Labrego, 70anos. Fillo de Jaime e Josefa.
Xulgado por Adhesión á Rebelión (Causa 61/1938). Condenado o 05/05/1938 a pena de morte, sendo rebaixada a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior pola Comisión de Barcelona (Referencia: ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300125, Expediente 9793). Pena posteriormente conmutada a 20 anos.
Preso, cando menos, na Prisión Central de Burgos, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (13/03/1939)
Mollinedo Fernández, José “El Pavito” (Carril, Vilagarcía de Arousa-Pontevedra)
Mariñeiro, 29 anos, solteiro. Fillo de Celestino e Rosa.
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 27/06/1937 a 20 anos. Conmutación a 2 anos pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300724, Expediente 71649)
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Pontevedra e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (10/04/1937). Extinción da pena o 30/03/1939.
Monasterio Arrien, Secundino (Ajangiz-Bizkaia)
Mecánico, 30 anos. Fillo de Julián e Indalecia.
Afiliado a PNV.
Xulgado en Bilbao por Auxilio á Rebelión. Condenado o a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Vizcaya (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300614, Expediente 55164).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (09/10/1938) e Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda (06/07/1940).
Mondragón Cores, Ramón (Vilaxoán, Vilagarcía de Arousa-Pontevedra)
Industrial, 43 anos,
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Fusilado na Caeira (Pontevedra, Estrada de Campañó) o 04/12/1936, xunto a Luis Pando Riveiro, de Asturias; e Manuel Oubiña López, José Otero Lago e Ángel Navia Cores, todos eles tamén de Vilagarcía. Causa da morte rexistrada: colapso cardíaco.
Moneo Bueno, Hilario (Torrelobatón-Valladolid)
Labrego, 43 anos, casado con Rosalía Vargas Herreros. Fillo de Salvador e Eladia.
Xulgado de Valladolid por Auxilio á Rebelión (Causa 421/1936). Condenado o 13/09/1936 a 15 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Valladolid (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300609, Expediente 54425).
Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/09/1938) e Talleres Penitenciarios de Alcalá de Henares (16/06/1939). Prisión atenuada o 28/08/1940.
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas en 1939, sendo indultado en 1942.
Expediente de Libertad Vigilada 1945-1950 (Archivo de la Real Chancillería de Valladolid. Caixa 3748.0025).
Monferrer Roig, Juan (Adzaneta-Castelló)
Labrego, 60 anos. Fillo de Juan e Dolores.
Militante de Izquierda Republicana (IR). Membro da Comisión Xestora de Adzaneta. Membro de UGT.
Xulgado por Adhesión á Rebelión (Causa 1404/1938). Condenado o 12/02/1940 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada a 20 anos e 1 día da Comisión de Castellón (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300941, Expediente 100704).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Castellón, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (09/11/1940) e Prisión Provincial de Castellón (27/01/1943). Liberdade condicional o 17/03/1944.
Monroy López, José (Manzanares-Ciudad Real)
Barbeiro, 64 anos. Fillo de José e María Jesús.
Veciño de Almagro (Ciudad Real).
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 08/05/1940 a 20 anos.
Preso, cando menos, na Prisión Central de Burgos, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (04/11/1940) e Prisión Provincial de Ciudad Real (22/11/1942), onde por orde do 19/06/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 203 de 22/07/1943, páxina 7080), facéndose efectiva o 02/06/1943.
Monsálvez Gigante, Alejo (Valdepeñas-Ciudad Real)
Panadeiro, 62 anos. Fillo de Juan e María Tomasa.
Veciño de Guarromán (Jaén).
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 22/01/1940 a 20 anos.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zamora, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (20/12/1940), Prisión Provincial de Jaén (13/01/1943) e Prisión de Linares (21/03/1943). Liberdade o 28/122/1943.
Monserrat Franc, Vicente (Burriana-Castelló)
NOTA Na ficha: Monserrat Franch, Vicente.
Mariñeiro, 60 anos, casado con María Gracia. Fillo de Jaime e Josefa.
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 07/11/1938 a 12 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Prisión de Burriana, Prisión Provincial de Castellón (09/09/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (29/09/1939), onde por Orde do o 19/02/1942, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro ( BOE nº 61 de 02/03/1942, páxina 1508).
Monserrat Jardí, Francisco (Roquetes-Tarragona)
Labrego, 55 anos, casado con María Vallés Castelló. Fillo de Jaime e Francisca.
Xulgado en Vinaroz por Auxilio á Rebelión (Causa 170/1938). Condenado o 28/06/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Castellón (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300708, Expediente 69050).
Preso, cando menos, na Prisión provincial de Zaragoza e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938). Prisión atenuada o 18/0771940.
Monserrat Sorribes, Manuel (Cinctorres-Castellón)
Labrego, 56 anos, casado con Manuela Querol Casanova. Fillo de Manuel e Ramona.
Concelleiro de Cinctorres, segundo Tenente Alcalde.
Xulgado en Vinaroz por Auxilio á Rebelión (Causa 1404/1938). Condenado o 01/07/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Castellón (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300708, Expediente 69029).
Preso, cando menos, na Prisión provincial de Zaragoza e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938). Prisión atenuada o 18/07/1940.
Montal Felguera, Jaime (Menàrguens, Lleida-Barcelona)
62 anos.
Xulgado por Auxilio á Rebelión (Causa 72/1938). Condenado o a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada a 2 anos de prisión menor pola Comisión de Lérida (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300291, Expediente 9648).
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde falece o 03/05/1941.
Montalvo del Río, Jacinto (Alpedrete-Madrid)
Xornaleiro, 63 anos, casado con Eulogia. Fillo de Froilán e Hilaria.
Alcalde de Alpedrete desde febreiro de 1936 ata xuño de 1937. Afiliado a Agrupación Socialista (AS) e UGT. Detido en abril de 1939, acusado de: "pertenencia al comité y colectividad de Alpedrete, implicados en actividades propagandísticas y destierro de personas de derechas de la localidad".
Xulgado por Adhesión á Rebelión (Causa 1510/1939). Condenado o 08/08/1939 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena conmutada o 20/05/1943 a 12 anos e 1 día pola Comisión de Madrid (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300730, Expediente 72621).
Preso, cando menos, na Prisión de San Lorenzo de El Escorial, Prisión de Cisne-Madrid, Prisión Central de Burgos (26712/1939), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/11/1940), Prisión Central de Yeserías-Madrid (18/11/1942) e Prisión Central de Santa Rita de Carabanchel-Madrid (11/03/1943), onde por orde do 25/09/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 280 de 07/10/1943, páxina 9718), facéndose efectiva o 21/08/1943. Estableceu a súa residencia en Villalba (Madrid).
Montaner Manau, Francisco (Selgua-Huesca)
Labrego, 69 anos, viúvo, 3 fillos.
Afiliado a CNT-FAI.
Acusado de ser: “destacado miembro izquierdista, propagandista y colaborador del Comité rojo”.
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado a 6 anos e 1 día.
Preso na Prisión Provisional Las Capuchinas de Barbastro-Huesca, Prisión Provincial de Huesca, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e Prisión Central de San Isidro de Dueñas-Palencia, onde por orde do 28/06/1940, concédeselle a Liberdade condicional (BOE número 188 de 06/07/1940, páxina 4668).
Falecido en Lleida o 27/07/1940.
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas o 30/08/1940, sendo condenados os seus descendentes ao pago dunha multa de 1.500 pesetas (Expediente 2792).
NOTA: citado tamén como Montaner Nadal, Francisco.
Montañés Saura, Daniel “Danielet”“del Polo” (Villanueva de Alcolea-Castelló)
Labrego, 67 anos. Fillo de Francisco e Rosario.
Presidente del Comité Revolucionario de Villanueva de Alcolea.
Xulgado por Rebelión Militar (Causa 1403-1404/1938). Condenado o 01/12/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada a 20 anos pola Comisión de Castellón (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300941, Expediente 100709).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Castellón, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/04/1939), Prisión de Benicarló-Castellón e Prisión Provincial de Castellón (06/12/1942). Liberdade o 08/10/1943.
Monteagudo Carril, José (Tabeirós, A Estrada-Pontevedra)
Canteiro, 39 anos, casado con Trinidad Fernández Junquera. Fillo de Manuel e María.
Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión (Causa 224/1937). Condenado o 13/03/1937 a 15 anos. Conmutación a 3 anos e extinción da pena o 09/08/1939 pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300427, Expediente 27534).
Preso, cando menos, na Prisión de A Estrada, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (29/08/1936), Prisión Central de Astorga (15/03/1939)Prisión Central de Santa Isabel de Santiago de Compostela (26/03/1939) e Prisión Provincial de Lugo (03/12/1939). Prisión atenuada o 28/07/1940.
Responsabilidades políticas, cítase a. (BOE 29/04/1941, páx. 1720).
Monteagudo Martín, Miguel (Alhama de Granada-Granada)
Xornaleiro, 62 anos. Fillo de Francisco e Ana.
Afiliado a UGT. Miliciano.
Xulgado por Rebelión Militar (Causa 177/1937). Condenado o 10&07/1937 a pena de morte, sendo reducida a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada a 20 anos de reclusión menor.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria del Dueso-Santoña, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (04/04/1939) e Prisión de Vélez Málaga (26/01/1943).
Monteagudo Moya, Miguel “Panete” (Alhama de Granada-Granada)
Labrego, 56 anos, casado con Angustias Serrano Castillo. Fillo de Francisco e María.
Concelleiro. Afiliado á Agrupación Socialista (AS).
Xulgado por Auxilio á Rebelión (Causa 46.855/39). Condenado o 06/02/1939 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Granada (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300856, Expediente 89761).
Preso na Prisión de Granada, Prisión Central de Astorga-León e a Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/01/1940), por orde do 12/10/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 5 de 05/01/1943, páxina 161), facéndose efectiva o 06/12/1942.
Monteagudo Rodríguez, Manuel (Fornelos da Ribeira, Salvaterra do miño-Pontevedra)
Chofer, 26 anos, solteiro. Fillo de Francisco e Balbina.
Xulgado en Vigo por Auxilio á Rebelión. Condenado o 11/02/1937 a 15 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300427, Expediente 27545).
Preso, cando menos, na Prisión de Vigo e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (20/11/1937). Prisión atenuada o 29/10/1940.
![]() |
| Monteagudo Rodríguez, Manuel. Foto cedida por Antón Lorenzo |
Montecelos Loureiro, José (Friol-Lugo)
Chofer, 35 anos, solteiro. Fillo de José e Carmen.
Xulgado en A Coruña por Auxilio á Rebelión (Causa 1319/1936). Condenado o 30/02/1937 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada a 3 anos e 6 meses pola Comisión de A Coruña (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300241, Expediente 3585).
Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/09/1938) e Prisión Central de Astorga-León (29/08/1943). Liberdade.
Montenegro Bouzas, Vicente (Vilaxoán, Vilagarcía de Arousa-Pontevedra)
Panadeiro, 18 anos, solteiro. Fillo de Francisco e Carmen.
Condenado o 18/12/1936 a 8 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300427, Expediente 27610).
Preso, cando menos, no Depósito de Vilagarcía, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (10/10/1936) e Prisión Provincial de Vitoria (22/11/1938), onde por orde do (12/08/1940), concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 235 do 22/08/1940, páxina 5820).
Montero Mora, Bonifacio (Beas-Huelva)
Corredor, 64 anos, casado con Basilisa. Fillo de Francisco e Francisca.
Veciño de Trigueros (Huelva).
Xulgado en Huelva por Excitación á Rebelión (Causa 84/1937). Condenado o 29/05/1937 a 12 anos.
Preso, cando menos, na Prisión de Trigueros, Prisión Provincial de Huelva (19/05/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (06/03/1939), onde falece o 28/01/1941.
Montero del Río, Manuel (Manilva-Málaga)
Muiñeiro, 66 anos, casado con Josefa. Fillo de José e Dolores.
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 28/0571938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Málaga (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300661, Expediente 62121).
Preso, cando menos, na Prisión de Estepona, Prisión Provincial de Málaga (04/04/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/07/1939) e Prisión Central de Figueirido-Pontevedra (15/05/1939), onde por orde do 17/10/1940, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 296 do 22/10/1940, páxina 7257), facéndose efectiva o 24/10/1940.
Montes Fernández, Baltasar (Argüelles, Siero-Asturias)
Zapateiro, 72 anos. Fillo de José e Juana.
Veciño de Noreña (Asturias).
Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 25/05/1938 a 15 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Oviedo (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300367, Expediente 19147).
Preso na Prisión Provincial de Oviedo e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/02/1939), concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva de desterro por Orde do 11/07/1941 (BOE número 263 de 2/8/1941, páxina 7259).
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1942/1944 (Sinatura: 75/00642).
Exiliouse a México cos seus irmáns Florencio e Salvador.
Montes González, Antonio (Santander-Cantabria)
Latoeiro, 66 anos. Fillo de José e Josefa.
Condenado o 07/05/1938 a 16 anos e 2 días.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Prisión de Partido de Torrelavega (03/11/1942), Prisión Tabacalera de Santander (26/06/1943) e Colonia Penitenciaria del Dueso-Santoña (24/09/1943). Liberdade condicional o 13/03/1949.
Montes Izquierdo, Juan (Gumiel de Mercado-Burgos)
Porteiro, 63 anos. Fillo de Manuel e Estanislá.
Veciño de Madrid.
Xulgado en Madrid por Auxilio á Rebelión (Causa 4630/1939). Condenado o 12/09/1940 a 12 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Prisión Central de Guadalajara e a Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (14/03/1941), onde por Orde do 10/04/1942, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 107 de 17/04/1942, páxina 2697).
Montes de Oca Martínez, José (Alcalá de los Gazules-Cádiz)
Labrego, 73 anos, viúvo. Fillo de Francisco e Manuela.
Xulgado en Algeciras por Auxilio á Rebelión. Condenado o 18/03/1937 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada a 3 anos e 6 meses pola Comisión de Campo De Gibraltar (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300641, Expediente 59286).
Preso, cando menos, na Prisión de Escopeteros, Prisión de Partido de Jérez de la Frontera (14/12/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (19/04/1939), onde falece o 15/07/1940.
Monteverde Echevarría, Sabino (Arrigorriaga-Bizkaia)
Porteiro, 28 anos, solteiro. Fillo de Juan Domingo Monteverde Mancisidor e Victoriana.
Xulgado en Bilbao por Auxilio á Rebelión. Condenado o 07/08/1937 a 12 anos e 1 día. A conmutación da pena foi rexeitada.
Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/09/1938), Prisión Central de Astorga-León e Prisión Central de Pamplona (26/03/1940), onde por orde do 15/06/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 180 de 29/06/1942, páxina 4633), facéndose efectiva o 14/06/1942.
Monteverde Mancisidor, Juan Domingo (Arrigorriaga-Bizkaia)
Labrego, 56 anos, casado con Victoriana Echevarría. Pai do anterior. Fillo de Juan e Josefa.
Xulgado en Bilbao por Auxilio á Rebelión. Condenado o 07/08/1937 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Vizcaya (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300613, Expediente 55066).
Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/09/1938) e Prisión Central de Astorga-León. Liberdade condicional o 09/10/1940.
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, recuperando a libre disposición dos seus bens, despois de abonar a multa imposta, os seus herdeiros por haber falecido (BOE número 237, Anexo único de 23/11/1943, páxina 4143).
Montojo Núñez, José Patricio (Ferrol-A Coruña)
Mariño e Enxeñeiro Electricista, 32 anos, casado con Matilde. Fillo de Patricio e María.
Xulgado por Debilidade en Actos de Servizo. Condenado o 16/12/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena conmutada en 1942.
Destinado no Cuartel Vello do Arsenal de Ferrol, atopábase servindo a bordo do patrulleiro Tiburón, cando foi apresado polos republicanos. Participou na guerra no exército republicano, ata a caída da fronte norte.
Preso, cando menos, nas Prisións Militares da Escollera-Ferrol, Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (20/11/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (16/12/1938).
En 1982 o Tribunal Supremo falla no seu favor nun contencioso administrativo no que reclamaba unha mellora na súa pensión como militar.
Montoro Medina, Manuel (Itrabo-Granada)
Labrego, 60 anos, casado con María. Fillo de José e Vicenta.
Xulgado en Granada por Excitación á Rebelión. Condenado o 02/06/1938 a 6 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Granada (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300430, Expediente 28025).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Granada, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (28/03/1939) e Prisión Central de Figueirido-Pontevedra (05/05/1939). Liberdade condicional o 02/04/1941 (BOE nº 90 de 31/3/1941, páxina 2125).
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas.
Montouto Rodríguez, José María (Donsión, Lalín-Pontevedra, 1890)
Obreiro, 46 anos, casado con Rosa Abeledo, 8 fillos.
En 1931 nomeado vicetesoureiro da Sociedade obreira de Ponte-Nova (Donsión).
Preso na Prisión de Lalín e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (04/11/1936), de onde foi sacado o 09/11/1936 por un grupo de falanxistas co pretexto de trasladar a un grupo de presos a Pontecaldelas. Serían asasinados en Tenorio (Cotobade) once persoas. Seis veciños de Lalín: Luís Frade Pazos, José López Bermúdez, Ramiro Granja González, Luis Varela Sobrado, José María Montouto e Eliseo Garra. E outros cinco de Arbo: Telmo Rodríguez Alonso, Juan Alonso Pérez, José Gómez Sampayo, Antonio Picallo Buela e Alfonso Alonso Portugués.
Os executores obrigaron despois aos veciño a enterrar os corpos no cemiterio (Fosa 2313/2011).
A súa sería a única morte rexistrada, pois a súa muller inscribe a “desaparición” no Rexistro civil en 1943.
Montoya Barrios, Juan (Tabernas-Almería)
Xornaleiro, 59 anos, casado con Mercededs Rosa. Fillo de José e Rafaela.
Xulgado o 08/06/1940 por Rebelión Militar. Condenado o a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Almería (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 301038, Expediente 116038).
Preso, cando menos, na Prisión Central de Astorga-León e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/01/1942).
Monzonis Julián, Juan (Ayódar-Castelló)
Labrego, 66 anos, casado con Josefa. Fillo de Juan e Carmen.
Xulgado por Auxilio á Rebelión (Causa 1198/1938). Condenado o 26/01/1939 a 12 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Prisión de Alcora, Prisión provincila de Castellón (28/09/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (29/04/1939).
Volve a ser xulgado en 1943 acusado de ser Vocal do Comité Revolucionario Antifascista local (Causa 1400/1943).
Mora Miró, Joaquín “Burgos” (Benissanet-Tarragona)
Labrego, 59 anos, casado con Raimunda Monnet Mauricio. Fillo de José e Josefa.
Xulgado en Gandesa por Auxilio á Rebelión (Causa 24895/1938). Condenado o 02/09/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada a 6 anos e 1 día pola Comisión de Barcelona (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 301002, Expediente 108278)
Preso, cando menos, na Prisión provincial de Zaragoza e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938), onde por Orde do 08/11/1941, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 322 de 18/11/1941, páxina 9023).
Mora Pérez, Norberto (El Bonillo-Albacete)
Labrego, 59 anos, casado con Antonia. Fillo de Fernando e Inés.
Afiliado a UGT.
Xulgado por Auxilio á Rebelión (Causa 2522/1939). Condenado a 14 anos, 8 meses e 1 día.
Preso, cando menos, na Prisión Habilitada de San Vicente-Albacete, Prisión Central de Santa Isabel de Santiago de Compostela (05/12/1940), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Prisión Central de Santa Isabel de Santiago de Compostela (05/02/1943) e Prisión Provincial de Albacete, onde por orde do 19/06/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, sen a liberación definitiva do desterro (BOE número 207 de 26/07/1943, páxina 7226), facéndose efectiva o 22/05/1943.
Mora Villanueva, Benigno (Lérez-Pontevedra)
Fontaneiro, 25 anos, solteiro. Fillo de José Ramón e Consuelo.
Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión. Condenado o 14/04/1937 a 20 anos. Conmutación a 3 anos o 12/12/1942 pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300427, Expediente 27612).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Pontevedra, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (26/10/1936), Prisión Central de Santa Isabel de Santiago de Compostela (26701/1939), Prisión Central de Astorga-León (23/03/1939), Prisión Central de Santa Rita de Carabanchel-Madrid (08/11/1939).
Reingresa na Prisión de Pontevedra (23/08/1944). Liberdade o 28/08/1944.
Moragrega Salvador, Manuel (Beceite-Teruel)
NOTA: citado tamén como Moragreda Salvador, Manuel.
Labrego, 52 anos, viúvo. Fillo de Mariano e Teresa.
Participou na Guerra de Cuba formando parte do Batallón de Cazadores Barbastro nº4.
Xulgado en Zaragoza por Auxilio á Rebelión. Condenado a 6 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada en 2 anos pola Comisión de Zaragoza (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300480, Expediente 35348).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza (07/04/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (31/03/1939) e Prisión Central de San Isidro de Dueñas-Palencia (24/09/1940). Liberdade 11/02/1944.
Moraleja Santos, Siro (San Miguel de la Ribera-Zamora)
34 anos, casado con Mercedes Filgueira, pi de José Ramón. Fillo de Pedro e Dolores.
Veciño de Vigo.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, de onde é sacado o 09/11/1936, aparecendo ao día seguinte morto a tiros no Alto de A Concheira (Trasmañó-Redondela). Sería enterrado no cemiterio dos Eidos en Redondela.
Morales Algaba, Agustín (Madridejos-Toledo)
Perito aparellador, 60 anos. Fillo de Agustín e Amalia.
Veciño de Espinosa de Henares (Guadalajara).
En febreiro de 1939 nomeado Axente xudicial do Xulgado de Urxencia de Guadalajara, con carácter interino, polo Ministerio de Xustiza do Goberno Republicano.
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 17/01/1940 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Guadalajara (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300854, Expediente 89481).
Preso na Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (10/09/1941) onde, por Orde do 01/01/1942, concédeselle a liberdade condicional coa liberación definitiva do desterro (BOE número 7 del 07/01/1941, páxina 121).
Morales Cumbreras, Juan “Títeres” (Martos-Jaén)
Zapateiro, 76 anos. Fillo de Gregorio e Isabel.
Afiliado á Agrupación Socialista (AS) e UGT. Propagandista da candidatura da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936. Apesares da súa avanzada idade foi miliciano voluntario: “saliendo en camiones a distintas comisiones de servicio al campo […] yendo siempre armado […] una de estas expediciones la hizo a Alcaudete [Jaén] con el propósito de oponerse a las Fuerzas Nacionales. intervino en la detención del sacerdote [y saqueo de] la vivienda del cura párroco de San Amador […]".
Xulgado en Jaén por Auxilio á Rebelión (Causa 21741/1939). Condenado o 30/09/1939 a 20 anos. Pena posteriormente conmutada a 12 anos e 1 día pola Comisión de Jaen (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300869, Expediente 91576).
Preso, cando menos, na Prisión Central de Santa Isabel de Santiago de Compostela e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (18/03/1941).
Morales Expósito, Domingo (Colmenar de Oreja-Madrid)
“Alcoholero”, 64 anos. Fillo de Silvestra.
Xulgado en Madrid por Adhesión á Rebelión (Causa 49650/1940). Condenado o 08/06/1940 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, na Prisión Habilitada de Santa Engracia (Madrid) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (29/06/1941), onde falece o 10/12/1941.
Morales Ponce, Joaquín (Málaga-Málaga)
Ferroviario, 71 anos, viúvo. Fillo de Juan e Rita.
Xulgado por Excitación á Rebelión. Condenado o 03/08/1937 a 6 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Málaga (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300687, Expediente 65891).
Preso, cando menos, na Prisión provincial de Málaga (15/07/1937), Prisión de Partido de Prego-Córdoba (14/10/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (01/03/1939), Prisión Central de San Isidro de Dueñas-Palencia (06/11/1939) e Prisión Provincial de Palencia (26/01/1940), concédeselle a liberdade o 26/04/1940. (Boletín Oficial del Estado número 121 do 30/04/1940, páxina 2948).
Morán Álvarez, Antonio (Poladura de la Tercia, Villamanín-León)
Gandeiro, 66 anos, casado con Prudencia. Fillo de Benigno e Josefa.
Xulgado en León por Auxilio á Rebelión (Causa 886/1937). Condenado o 22/02/1938 a 20 anos.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de León, Prisión de Partido de Villafranca de Bierzo (25/02/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (24/02/1939), onde falece o 10/04/1939, causa da morte úlcera de estómago.
Morán Blanco, Tristán (Quirós-Asturias)
Labrego, 68 anos. Fillo de Felipe e Benigna.
Veciño de Llanes (Asturias).
Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 28/06/1938 a 20 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Oviedo (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300888, Expediente 93974).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Oviedo, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/02/1939), onde por orde do 22/07/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 209 de 28/07/1942, páxina 5540), facéndose efectiva o 04/07/1942.
Morán Campo, Luis (Los Cabos, Pravia-Asturias)
Xornaleiro, 28 anos, solteiro. Fillo de Rosa Morán Campo e pai descoñecido.
Xulgado en Luarca por Auxilio á Rebelión. Condenado o 07/01/1937 a 12 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/09/1938), Prisión Central de Astorga-León, Prisión de Valdemoro-Madrid (21/10/1939), Prisión Central de Astorga-León (23/12/1939) e Prisión de San Lorenzo-Madrid (20/03/1940).
Morán Valbuena, Ángel (Rabanal de Fenar, La Robla-León)
Mineiro, 65 anos, casado con Aurelia Colín Flecha. Fillo de Andrés e Manuela.
En agosto de 1936 pasouse á retagarda republicana en calidade de refuxiado. Trala caída do Frente Norte asturleonés foi detido.
Xulgado por Auxilio á Rebelión (Causa 320/1938). Condenado o 25/03/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de León |(ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300440, Expediente 29758).
Preso, cando menos, na Prisión de Rabanal de Fenar, Prisión Militar de San Marcos-León
(23/01/1938), Prisión Provincial de León (29/10/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (29/02/1939).
O 31 de outubro de 1938 a Comisión Provincial de Incautación de Bienes de León incoou un Expediente de Responsabilidades Civiles que quedou inconcluso. Coa promulgación da Ley de Responsabilidades Políticas de 1939 foi retomado polo Tribunal Regional de Responsabilidades Políticas de Valladolid, pero tamén quedou inconcluso.
Morán Xuclà, Alejo (Villanueva de Segrià-Lleida)
NOTA: Tamén citado como Morán Chucla, Alejo.
Labrego, 71 anos, casado con Josefa. Fillo de Pedro e Vicenta.
Xulgado en Lleida por Adhesión á Rebelión (Causa 124/1938). Condenado o 10/05/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada a 12 anos e 1 día pola Comisión de Lérida (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300749, Expediente 75303).
Preso, cando menos, na Prisión de Lérida, Prisión Central de Burgos (01/07/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (13/03/1939).
Moreda Vázquez, Alfonso (Lavadores, Vigo-Pontevedra)
Xornaleiro, 44 anos, casado con Joaquina Senín. Fillo de Manuel Moreda Outeiral e Ramona Vázquez.
Xulgado en Vigo por Rebelión Militar. Condenado o 14/03/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, na Prisión de Vigo e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/09/1937), Prisión Central de Burgos (06/03/1939), onde falece o 25/04/1939.
Moreiras Búa, Ramón
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (06/10/1936).
Morella Saliente, Juan Isidro (Mezquita de Jarque-Teruel)
Labrego, 60 anos. Fillo de Tomás e Mariana.
Membro do Comité Local.
Xulgado en Zaragoza por Adhesión á Rebelión (Causa 3335/1939). Condenado o 05/09/1939 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada a 20 anos pola Comisión de Zaragoza (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300398, Expediente 23233).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (22/03/1941) e Prisión de San Miguel de los Reyes-Valencia (27/01/1943). Liberdade condicional o 19/03/1944.
Morelló Ferrás, Bautista (Bot-Tarragona)
Labrego, 44 anos, solteiro. Fillo de Miguel e Josefa.
Xulgado en Gandesa por Auxilio á Rebelión (Causa 24732/38). Condenado o 04/06/1938 a 12 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938) e Prisión Central de Astorga-León. Prisión atenuada o 10/11/1940.
Reingresa na Prisión de Tarragona (01/06/1943). Liberdade condicional o 02/03/1944.
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1945.
Morenas Sánchez, Matías “El Raca” (Cazalilla-Jaén)
Labrego, 65 anos. Fillo de Francisco e Inés.
Membro de UGT desde 1931.
Xulgado en Andújar-Jaén por Auxilio á Rebelión (Causa 14498-1940). Condenado o 05/04/1940 a 12 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Prisión Central de Santa Isabel de Santiago de Compostela e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (18/03/1941), concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 10/04/1942 (BOE nº 107 de 17/04/1942, páxina 2700).
Moreno Cifuentes, Rafael (Gijón-Asturias)
Pintor, 66 anos, casado con Dolores. Fillo de Ramón e Pilar.
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 23/11/1937 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Oviedo (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300530, Expediente 43034).
Preso, cando menos, na Prisión de Gijón, Prisión Central de Celanova-Ourense (06/02/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (01/03/1939).
Moreno Fernández, Felipe (Vélez Rubio-Almería)
Carpinteiro, 61 anos. Fillo de José e Eugenia.
Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 05/08/1939 a 20 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Almería (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300833, Expediente 86550).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de San Sebastián e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (04/11/1940), onde por orde do 22/07/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 209 de 28/07/1942, páxina 5536).
Moreno Gómez, Félix (La Parra, Arenas de San Pedro-Ávila)
Xornaleiro, 63 anos, casado con Juana Tejero. Fillo de Juan e Mercedes.
Xulgado por Adhesión á Rebelión (Causa 1309/1939). Condenado o 12/07/1940 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, na Prisión Central de Astorga-León, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/09/1940) e Prisión de Talavera de la Reina (22/01/1943). Liberdade condicional o 15/02/1946.
Moreno Lorenzo, Francisco (Lagos, Vélez de Benaudalla-Granada)
Labrego, 60 anos, casado con María Lorenzo Estévez. Fillo de Francisco e Antonia.
Xulgado por Auxilio á Rebelión (Causa 46.618/39). Condenado o 08/01/1940 a 12 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Prisión Central de Astorga-León, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/01/1942). Liberdade condicional 20/12/1942.
Moreno Pedraza, Alonso Alfonso (Casa Bermeja-Málaga)
Arrieiro, 59 anos, casado con Juana. Fillo de Pedro e Manuela.
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 10/02/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Málaga (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300660, Expediente 61984).
Preso, cando menos, na Prisión de Casa Bermeja, Prisión Provincial de Málaga (13/03/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/03/1939), onde se lle concede a Liberdade condicional (BOE nº 113 de 23/4/1941, páxina 2819).
Reingresa o 16/07/1955. Liberdade o 22/07/1955.
Moreno Rodríguez, Crispín (PozoBlanco-Córdoba)
Xornaleiro, 63 anos. Fillo de Manuel e Ana.
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 16/12/1939 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Córdoba (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300844, Expediente 88071).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Córdoba, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/04/1941) e na Prisión Provincial de Castellón de la Plana, onde por orde do 15/06/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro ( BOE número 180 de 29/06/1942, páxina 4630).
Moreno Sánchez, Isidoro (Cuenca-Cuenca)
Xornaleiro, 63 anos.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde falece o 12/06/1941.
Moreno Villalba, José (Maella-Zaragoza)
Labrego, 72 naos. Fillo de Mariano e Manuela.
Xulgado por Adhesión á Rebelión (Causa 362/1938). Condenado o 30/08/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Zaragoza (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300790, Expediente 80923).
Preso, cando menos, na Prisión Central de Puerto de Santa María-Cádiz e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (13/10/1940), onde falece o 29/12/1941.
Moreu Ciria, Pascual (Quicena-Huesca)
Labrego, 66 anos. Fillo de Gregorio e Bernardina.
Xulgado en Huesca por Adhesión á Rebelión (Causa 579/1938). Condenado o 05/12/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada a 20 anos.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Huesca, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (16/04/1939) e Prisión Provincial de Huesca (22/11/1942). Liberdade condicional o 28/01/1943.
Recollido como falecido nun campo de concentración alemán na obra inédita: José María Azpíroz Pascual. Prisioneros de Huesca. La voz del olvido. La Guerra Civil en Huesca y La Hoya. Huesca, 2007.
Morillo Atienza, Juan (Villamartín-Cádiz, 07/06/1871)
Xornaleiro, 68, viúvo. Fillo de Francisco e Francisca.
Veciño de Sevilla (Sevilla).
Detido por dous falangistas na súa casa o 18/08/1936. Unha das testemuñas dixo del que: “lo había conocido siempre como simpatizante con individuos de ideas extremistas, y le constaba que durante los días del movimiento revolucionario en la población sirvió de espía, agitador y agente de enlace entre dichos individuos...”.
Xulgado en Sevilla por Rebelión Militar. Condenado o 03/07/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Sevilla (22/04/1937), Hospital Asilo Penitenciario de Segovia (24/10/1938), Prisión Provincial de Bilbao (14/11/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939), onde falece o 27/07/1940 aos 69 anos de idade.
Catro anos despois da súa morte, o 28/08/1944 o ministro do Exército, Carlos Asensio Cabanillas, conmútalle a pena a 20 anos e 1 día de reclusión, Comisión de Sevilla (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300971, Expediente 104312).
Moro Martín, Vicente (Nava del Rey-Valladolid)
Xornaleiro, 59 anos, casado con Brígida Calleja Bay. Fillo de Tomás e Vicenta.
Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 16/07/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Valladolid (19/08/1936), Prisión Central de Burgos (22/06/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (11/03/1939), onde falece o 22/10/1939.
Catro anos despois abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas (1943).
Moscardó Sitges, Federico (Barcelona-Barcelona)
Pintor, 28 anos, casado con Dolores Sabadell Soler. Fillo de Federico e Eulalia.
Xulgado en Zaragoza por Auxilio á Rebelión (Causa 154/1938). Condenado o 17/03/1937 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Zaragoza (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300790, Expediente 80947).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938), Prisión Central de Santa Isabel de Santiago de Compostela (26/01/1939), Prisión Central de Astorga-León (24/03/1939), Prisión Central de Santa Isabel de Santiago de Compostela (09/08/1939). Prisión atenuada o 24/09/1940.
Mosquera de Dios, Antonio (Valga-Pontevedra)
Chofer, 27 anos, solteiro. Fillo de Gerardo e Teresa.
Veciño de Pontecesures (Pontevedra).
Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión. Condenado o 14/04/1937 a 15 anos. Conmutación a 2 anos e liquidación da pena en novembro de 1938 pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300288, Expediente 9313).
Preso, cando menos, na Prisión de Caldas de Reis, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (16/01/1937). Liberdade o 14/08/1940 (prisión atenuada).
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1941.
Mosquera Martínez, Evaristo (Pontevedra-Pontevedra, 1909)
Empregado de Facenda, 27 anos, solteiro. Fillo de Eliseo e María.
Secretario do Comité de Cooperación Intelectual. Redactor da revista Cristal e colaborador de El Progreso, El País e El Pueblo Gallego. Afiliado ao Partido Galeguista.
Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar. Condenado o 14/04/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, na Comisaría de Vixilancia, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/08/1936).
Na Illa de San Simón, xunto a un grupo de evanxélicos de Marín, Celestino Poza Cobas e o seu fillo Celestino, protagonizou un boicot, negándose a confesar cos cregos da prisión.
Sufriu proceso de depuración como oficial de Facenda en agosto de 1936, sendo sancionado con separación definitiva e baixa na escala en febreiro de 1937.
Abríronlle expediente de responsabilidades políticas.
Unha vez en liberdade trasladouse a Madrid e volveu ser detido en febreiro de 1949 por motivos políticos. Xulgado o 14 de abril de 1950 (Causa 492), foi condenado a oito anos de prisión, finalmente reducidos a cinco.
Reingresa en P. D. Madrid (17/02/1948), ¿?, Prisión Central de San Isidro de Dueñas-Palencia (11/05/1949), Prisión de Guadalajara (11/05/1950), Prisión Central de Yeserías-Madrid (31/10/1950) e Destacamento Penal de Mirasierra-Fuencarral (22/11/1950). Liberdade condicional o 15/11/1952. Saíu en liberdade condicional o 15/11/1952.
Publicou o libro: Cuatro años a bordo de una isla. Una extraña manera de vivir nuestra Guerra Civil. Ed. Do Castro. Publicada en galego baixo o título: Catro anos a bordo dunha illa. Memoria dun preso na illa de San Simón. Ed. A Nosa Terra.
Faleceu en Madrid en febreiro de 1996.
Mosteiro Mosteiro, Avelino “Bicharro” (Caldas de Reis-Pontevedra)
NOTA: Na súa ficha Mosteiro (Sen segundo), Avelino.
Xornaleiro, 34 anos, casado con Nieves. Fillo de Ramona e pai descoñecido.
Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 07/10/1936 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (06/10/1936), Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (05/02/1937), participou na gran evasión do 22 de maio de 1938, sendo capturado o día 24 por requetés. Prisión atenuada o 03/09/1940.
Reingresa na Prisión Provincial de Pamplona (28/03/1942) e Prisión Provincial de Pontevedra (13/09/1942).
Mougán Alfonsín, Manuel (Leiro, Ribadumia-Pontevedra)
Labrego, 44 anos, casado con Manuela. Fillo de Manuel e Rita.
Afiliado a Izquierda Republicana. Fillo do alcalde de Ribadumia.
Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar. Condenado o 01/04/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada a 4 anos pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300427, Expediente 27623).
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (15/07/1937). Prisión atenuada o 03/09/1940. Saíu en liberdade moi enfermo despois de contraer tuberculose, falecendo ao pouco tempo.
Moya Blasco, Lucas (Allepuz-Teruel)
Xornaleiro, 66 anos. Fillo de Gaspar e Felisa.
Xulgado por Auxilio á Rebelión (Causa 22/1938). Condenado o 13/06/1938 a 12 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de León e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (25/02/1939), concédeselle a liberdade condicional o 2 de agosto de 1941 con liberación definitiva de desterro (BOE 11-8-1941, páx. 6114).
Moya Lorente, Salvador “Pacho” (Hellín-Albacete)
Labrego, 37 anos, casado con Dolores Díaz. Fillo de Salvador e María.
Veciño de Xixona (Alicante).
Afiliado a Izquierda Republicana (IR) e CNT. Foi secretario sindical e sarxento da garda municipal de Hellín.
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 24/10/1939 a 20 anos. Pena posteriormente conmutada a 12 anos e 1 día.
Preso na Prisión de Partido de Hellín, Prisión Central de Santa Isabel de Santiago de Compostela, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (16/08/1942) e Prisión Central de Santa Isabel de Santiago de Compostela (18/02/1943), onde por orde do 25/09/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 286 de 13/10/1943, páxina 9915) , facéndose efectiva o 02/08/1943. Liberdade definitiva o 04/06/1946.
Volveu a residir en Xixona.
Moya Moreno, Juan (Minaya-Albacete)
Labrego, 26 anos, casado con Emilia Gómez. Fillo de Juan e Olaya.
Xulgado en Albacete por Auxilio á Rebelión (Causa 1579/1939). Condenado o 31/01/1940 a 20 anos. Pena posteriormente conmutada a 12 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Prisión Central de Santa Isabel de Santiago de Compostela e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (16/08/1942), onde por orde do 12/12/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 5 de 05/01/1943, páxina 165) , facéndose efectiva o 04/12/1942.
Mucientes Durán, Manuel (Pontevedra-Pontevedra)
Funcionario, 26 anos, casado con Dolores Iglesias Crespo. Fillo de Gonzalo e María.
Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión. Condenado o 14/04/1937 a 15 anos. Conmutación a 3 anos o 19/09/1940 pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 301049, Expediente 120586).
Preso, cando menos, na Comisaría de Vixilancia de Pontevedra, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (26/07/1936).
Procesado polo Tribunal Especial para la Represión de la Masonería y el Comunismo en 1940.
Mucientes Gutiérrez, Ángel (Villalba de los Alcores-Valladolid)
Xornaleiro, 31 anos, casado con Victoriana Sánchez González. Fillo de Domiciano e Lorenza.
Xulgado en Valladolid por Rebelión Militar. Condenado o 20/12/1936 a 20 anos. Pena posteriormente conmutada a 6 anos pola Comisión de Valladolid (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300239, Expediente 3441).
Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (18/09/1938). Liberdade 01/04/1940 (Prisión Atenuada).
Muga Ruiz, Cesáreo (Villanueva de Mena-Burgos)
Labrego, 53 anos, solteiro. Fillo de Ángel e Francisca.
Presidente da sociedade de agricultores. Membro de UGT.
Xulgado en Bilbao por Rebelión Militar (Causa 1158). Condenado o 12/03/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada a 1 ano p.m. pola Comisión de Vizcaya (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300614, Expediente 55212).
Preso, cando menos, na Prisión de Valmaseda, Prisión Provincial de Bilbao (21/09/1937), Buque Prisión Upo Mendi-San Simón (13/06/38), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/10/38) e Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda (19/01/1940). Prisión atenuada o 01/07/1940.
Muíños Búa, Eduardo Emilio (Pontevedra-Pontevedra, 26/11/1892)
Mestre nacional de Verducido (Xeve), 44 anos. Fillo de Antonio e Emilia.
Militante do Partido Radical, do que se deu de baixa en 1935, e de Izquierda Republicana (IR).
Redactor de El Progreso e correspondente de Diario de Galicia en Pontevedra.
Tralo golpe de estado participou na requisa de armas.
Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, sendo daquela director do cárcere o seu curmán Lago Búa.
Na acusación dise del que era: “propagandista da Fronte Popular” e “hace vida marital con dos mujeres al propio tiempo”.
Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 20/11/1936 a pena de morte.
Fusilado o 02/12/1936 no km 1 da estrada a Campañó xunto a Joaquín Fernández Barcia, Manuel Dios Costado, José Crespo Torres, Manuel Vázquez Cruz, José Gabriel Crespón Pazos, Ángel Cadavid Caamaño, José Prol Figueiro e Manuel Puente Iglesias. Foi enterrado no cemiterio de San Amaro.
Mulet Chertó, Domingo (Tarragona)
NOTA: Citado tamén como: Mulet Cherts, Domingo.
Labrego, 54 anos.
Xulgado polo Tribunal Militar Territorial 1 de Madrid (Causa 58). Non temos datos nin do consello de guerra, nin da sentenza, pero a pena sería posteriormente conmutada pola Comisión de Madrid (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300447, Expediente 30635).
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde falece o 05/09/1939.
Mulet Chertó, José (Bot-Tarragona)
Xornaleiro, 38 anos, casado con María Sabater Bosch. Fillo de Blas e María.
Afiliado a Izquierda Republicana e UGT. Acusado de patrullar armado.
Xulgado en Gandesa (Tarragona) por Auxilio á Rebelión. Condenado o 04/07/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada a 2 anos e 4 meses de prisión menor.
Preso na Prisión de Gandesa, Prisión Provincial de Zaragoza, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938), Prisión Central de Astorga-León e Prisión Provincial de Oviedo (31/12/1939). Prisión atenuada o 16/10/1940.
Muñíz García, Adolfo (Solana de Fenar, La Robla-León)
Mineiro, 24 anos, solteiro. Fillo de Pedro e Amalia.
Xulgado en León por Auxilio á Rebelión (Causa 158/1938). Condenado o 13/07/1938 a 12 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Prisión de Solana de Fenar, Prisión Militar de San Marcos-León(02/12/1937), Buque Prisión Upo Mendi-San Simón (15/10/1938), Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda (27/01/1940), Prisión de Ponferrada (16/09/1940) e Destacamento Prisión de Fabero, mina na que se realizaban traballos forzados, onde se lle concede a liberdade (BOE nº 267 de 24/9/1941, páxina 7365).
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas en 1938.
Muñíz Jueguen, Francisco (Vilaxoán, Vilagarcía de Arousa-Pontevedra)
Mariñeiro, 19 anos, solteiro. Fillo de Francisco e Josefa.
Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión (Causa 686/1936). Condenado o 18/12/1936 a 15 anos.
Preso, cando menos, no Depósito de Vilagarcía, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (10/10/1936). Prisión atenuada o 27/08/1940.
![]() |
| Muñiz Jueguen, Francisco. Nomes e Voces |
Muñíz Landrove, Andrés (Caldas de Reis-Pontevedra)
Zapateiro, 33 anos. Fillo de Manuel e Francisca.
Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 10/10/1936 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada a 4 anos.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón; Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (08/02/1937), onde participa na gran evasión do 22 de maio de 1938 sendo capturado por requetés ao día seguinte en Belzunce. Sería xulgado en Pamplona por evasión.
Trasladado á Prisión Provincial de Pontevedra para a conmutación da primeira pena, reingresando na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (19/03/1942). Prisión atenuada o 04/08/1942.
Muñíz Padín, José (Castrelo, Cambados-Pontevedra)
Carpinteiro, 50 anos, casado con Elisa. Fillo de Bernardino e Josefa.
Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 02/03/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300214, Expediente 1072).
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (16/05/1937), onde se lle concede a Liberdade condicional (BOE nº 115 de 25/4/1941, páxina 2867). Liberdade definitiva o 11/05/1942.
Muñíz Pulgar, Octavio (Gijón-Asturias)
Vidreiro, 23 anos, solteiro. Fillo de Mario e María.
Xulgado en Camposancos. Condenado a pena de morte, sendo conmutada o 03/01/1939 pola Comisión de Oviedo (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300160, Expediente 12796). Pena posteriormente conmutada a 12 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (15/07/1938), Prisión Central de Burgos (08/03/1939), Prisión Central de Figueirido-Pontevedra (28/09/1940) e Prisión Provincial de Pontevedra (31/10/1943), onde por orde do 07/07/1940, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 234 de 21/08/1944, páxina 6323). Prisión atenuada o 14/12/1943.
Muñíz Vallina, José “Campillo” (Meres, Siero-Asturias)
Xornaleiro, 17 anos, solteiro. Fillo de Belarmino e Delfina.
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 04/07/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Oviedo (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300530, Expediente 42990).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Oviedo (27/06/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/02/1939), onde falece o 20/04/1941.
Muñoz Diego, Pascual (Burriana-Castelló)
Albanel, 67 anos, casado con Dolores. Fillo de Vicente e Josefa.
Xulgado en Castellón por Auxilio á Rebelión (Causa 867/1938). Condenado o 20/09/1938 a 6 anos e 1 día de prisión menor. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Castellón (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300811, Expediente 83670).
Preso, cando menos, na Prisión de Castellón, Prisión Provincial de Castellón (06/09/1938), Prisión de Burgo de Osma (07/12/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (03/03/1939).
Muñoz García, Deogracias (Villanueva de San Mancio-Valladolid, 1874)
Xornaleiro, 63 anos, casado con Rosa Benavides Sánchez. Fillo de Mariano e Alejandra.
Veciño de Medina de Rioseco (Valladolid).
Xulgado en Valladolid por Rebelión Militar (Causa 443/1937). Condenado o 24/05/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, na Prisión de Palencia, Prisión Provincial de Valladolid (30/03/1937), Prisión Central de Burgos (28/11/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (11/03/1939), onde falece o 01/07/1941.
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas en 1939.
Os seus fillos Anastasio e Manuel Muñoz Benavides tamén serían detidos. A Manuel o fusilaron, sendo enterrado nunha fosa común en Ampudia.
Muñoz Guzmán, Antonio (Arenas del Rey-Granada)
Labrego, 74 anos, casado con Josefa. Fillo de José e María.
Xulgado en Granada por Rebelión Militar. Condenado o 03/07/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Granada, Hospital Asilo Penitenciario de Segovia (20/10/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939).
Muñoz Jimeno, Julián (Donostia/San Sebastián-Guipuzkoa)
Xornaleiro, 22 anos, solteiro. Fillo de Victorino e Petra.
Xulgado en Bilbao por Auxilio á Rebelión. Condenado a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Vizcaya (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300613, Expediente 55053).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (09/10/1938) e Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda (16/01/1940).
Unha vez en liberdade realizou o servizo militar nos Batallones Disciplinarios de Soldados Trabajadores Penados (BDSTP), 1a Agrupación (1941-1942).
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1956.
Muñoz Llorente, Miguel (Carbonero el Mayor-Segovia)
Labrego, 40 anos, casado con Gabina Manso. Fillo de Marcelino e Rita.
Xulgado en Segovia por Auxilio á Rebelión. Condenado o 28/07/1937 a 15 anos. Pena conmutada o 08/02/1941 a 6 anos pola Comisión de Segovia (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300245, Expediente 3931).
Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/09/1938), Prisión Central de Astorga-León e Prisión Provincial de Oviedo (31/12/1939), onde se lle concede a liberdade condicional (BOE nº 193 de 12/7/1941, páxina 5218).
Muñoz López, Agustín (Madrigalejo-Cáceres)
Labrego, 72 anos, casado con Evarista. Fillo de Alonso e Ana.
Veciño de Miajadas (Cáceres).
Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 02/05/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Cáceres, Hospital Asilo Penitenciario de Segovia (28/05/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939), onde falece o 06/06/1939 a causa de hemorraxia interna de cranio por fractura da súa base ao caer no cantil da Illa de San Simón.
Muñoz Nieto, Federico (Paterna del Madera-Albacete)
Xornaleiro, 60 anos. Fillo de Antonio e Antonia.
Veciño de Alcubillas (Ciudad Real).
Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 10/06/1940 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, na Prisión Central de Burgos, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (04/11/1940) e Prisión de Ciudad Real (13/01/1943).
Muñoz Parejo, Francisco (Domingo Pérez-Granada)
Labrego, 64 anos, casado con Josefa Utrilla García. Fillo de Rafael e Ana.
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 10/01/1940 a 20 anos.
Preso, cando menos, na Prisión Central de Santa Isabel de Santiago de Compostela, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (18/03/1941) e Prisión Provincial de Granada (06/11/1942), onde por orde do 19/06/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 203 do 22/07/1943, páxina 7080), facéndose efectiva o 02/06/1943. Saíu moi enfermo do cárcere, falecendo un mes despois.
A súa esposa tamén foi encarcerada e condenada a 12 anos de prisión por pertencer á colectividade Cañada Hermosa.
Segundo a súa neta Conchi Ruiz Muñoz, a súa nai, Salomé Muñoz Utrilla, contáballe que ela quedara a cargo dos seus tíos. Na súa casa requisaron colchóns, mantas, gran e azucre, galiñas e unha mula: "Hasta un cuadro del abuelo".
Muñoz Pérez, Cándido (Paramos, Tui-Pontevedra)
Electricista, 42 anos, casado con Aurora González Gándara. Fillo de Argimiro e Joaquina.
Xulgado en Vigo por Rebelión Militar. Condenado o 27/12/1936 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300427, Expediente 27619).
Preso, cando menos, na Prisión de Tui, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (25/09/1937) e Prisión Central de Burgos, onde se lle concede a Liberdade condicional (BOE nº 229 de 17/8/1941, páxina 6335). NOTA: Na ficha aparece anotado: Prisión atenuada o 19 /09/1940.
![]() |
| Muñoz Pérez, Cándido. Publicada en: 100 Anos das Mártires de Sobredo. Fundación Galiza Sempre, 2022 |
Muñoz Rebollo, Gregorio (Alcañizo-Toledo)
Xornaleiro, 58 anos, casado con Teresa Otero. Fillo de Saturnino e Rafaela.
Xulgado en Madrid por Auxilio á Rebelión (Causa 2912/39). Condenado o 25/10/1939 a 20 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Madrid (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300678, Expediente 64634).
Preso, cando menos, na Prisión de Talavera de la Reina, Prisión Provincial de Toledo (15/07/1940), Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda (26/07/1940) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (20/03/1941), onde falece o 19/06/1941.
Muñoz Rodríguez, José (Cómpeta-Málaga)
Labrego, 64 anos. Fillo de José e Rosario.
Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 24/03/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Málaga (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300660, Expediente 61990).
Preso, cando menos, na Prisión Central de Cuéllar-Segovia, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (16/03/1941), onde por orde do 05/12/1941, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE 16/12/1941, nº350, Páx. 9836).
Mur Camba, Saturnino “El Herrero” (Guardia, Hoz de Barbastro-Huesca)
Ferreiro, 63 anos, casado con Concepción. Fillo de Pedro e Josefa.
Membro da Confederación nacional de Trabajo (CNT). Afiliado a UGT.
Xulgado por Adhesión á Rebelión (Causa 570/1938). Condenado o 22/10/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Huesca (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300406, Expediente 24352).
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Prisión Provincial de Palencia (30/01/1941) e Prisión de Barbastro (07/10/1942). Liberdade condicional 13/10/1943.
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas en 1942.
Recollido como falecido en campo de concentración nazi (Prisioneros de Huesca (obra inédita)).
Mur Fábregas, Antonio (Albalate de Cinca-Huesca)
Labrego, 71 anos, viúvo de Ana Escamilla. Fillo de José e Manuela.
Vocal de Centro Obrero. Afiliado a UGT.
Xulgado en Huesca por Auxilio á Rebelión (Causa 2584/1939). Condenado o 13/06/1939 a 12 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Prisión de Huesca, Prisión Central de Astorga-León e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/09/1940), onde falece o 07/02/1942.
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas en 1943.
O seu fillo Martín Mur Escamilla, concelleiro de Terrasa (Barcelona) por CNT, fuxiu a Francia, falecendo o 08/02/1943 no campo de concentración de Gusen (Austria).
Muras Vidal, Agustín (Pobra do Caramiñal-A Coruña)
Estibador, 27 anos, solteiro. Fillo de Domingo e Balbina.
Veciño de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión (Causa 488/1937). Condenado o 09/05/1937 a 12 anos e 1 día. Pena conmutada en 1940 pola Comisión de Pontevedra (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300427, Expediente 27541).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Pontevedra, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (04/04/1937) e Prisión Central de Astorga-León, onde se lle concede a Liberdade condicional (BOE nº 214 de 2/8/1941, páxina 5861).
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1941, e, novamente procesado, definitivamente en 1960.
Murias Fernández, Manuel (Los Bayos, Murias de Paredes-León)
Chofer, casado con Balbina González Rodríguez. Fillo de Florentina e pai descoñecido.
Xulgado por Auxilio á Rebelión (Causa 326/1938). Condenado o 08/07/1938 a 14 anos, 8 meses e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de León (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300917, Expediente 97810).
Preso na Prisión de Murias de Paredes, Prisión Militar de San Marcos-León (11/11/1937), Buque Prisión Upo Mendi-San Simón (15/10/1938), Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda (27/01/1940) e Prision Central de Almaden-Ciudad Real (01/05/1942), onde por orde do 22/05/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 157 de 06/06/1943, páxina 5466), facéndose efectiva o 15/06/1943.
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas en 1938.
Murillo Faro, José (Binefar-Huesca, 13/06/1889)
Xornaleiro, 59 anos, casado con Francisca, 4 fillos. Fillo de José e Isabel.
Xulgado en Zaragoza por Adhesión á Rebelión (Causa 625/1938). Condenado o 05/04/1939 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada a 9 anos.
Preso na Prisión Provincial de Lérida (15/08/1938), Prisión de Barbastro (02/11/1938), ¿Prisión Central de Yeserías-Madrid? (02/03/1939) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (08/05/1939), onde por Orde do 11/07/1941, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 211 de 30/7/1941, páxina 5737), facéndose efectiva o 10/0771941.
![]() |
| Murillo Faro, José. Ficha de preso. |
Murua Gastelusoro, Luis (Zarauz-Guipuzkoa)
Labrego, 16 anos, solteiro. Fillo de Joaquín e Rufina.
Xulgado en San Sebastián. Condenado o 21/05/1938 a 14 anos, 8 meses e 1 día.
Preso na Prisión Provincial de San Sebastián (22/12/1936), Buque Prisión Upo Mendi-San Simón (19/10/1938), Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda (06/03/1940), Prisión Central de Santa Isabel de Santiago de Compostela (22/08/1941) e Depósito de Loyozuela (14/06/1944). Evadido o 07/10/1944.
Autor: Juan Migueles














No hay comentarios:
Publicar un comentario