domingo, 12 de abril de 2020

Rubín, Jorge (Redondela) Empresario Perruqueiro

Foto: La Voz de Galicia
         Comezou traballando en Redondela na perrucaría do seu pai. A mediados dos anos 80 abriu o seu primeiro establecemento na rúa Urzáiz de Vigo. No 2009 a súa empresa contaba con 70 empregados e a franquía de perrucarías “Jorge Rubín” espállase por toda España. Ademais a principios dos 90 converteuse nun dos catro fundadores da empresa estadounidense “I. C. O. N.”. Entre os logros desta empresa está a de ser elixida en 2009 pola organización dos Oscar para asesorar, peitear e maquillar ás celebridades. Outra firma americana á que está ligado dende a década dos 90 é O. P. I., que se encargou das lacas de unllas dos actores da película “Alicia” de Tim Burton.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
comunicaciongalicia.es
La Voz de Galicia

No hay comentarios:

Publicar un comentario