domingo, 12 de abril de 2020

Antonio Alejandro Sarmiento y Sotomayor (Redondela 16-4-1683 / Mondoñedo 18-10-1751) Relixioso_Bispo

           
Escudo de Antonio Alejandro Sarmiento no Palacio de Buenaire (Mondoñedo). Blog: Miscelanea Mindoniense

            Algúns autores cren que naceu en Ribadetea, mais o que sabemos con certeza é que foi bautizado en Redondela. Fillo de Diego Sarmiento de Sotomayor, e de Antonia Prego, criouse no Pazo de Petán (Vilavella-Redondela). Monxe beneditino que foi General de la Orden de Benedictinos, Bispo de Jaca (tan só 8 meses, nunca chegou a esta vila por mor dunha doenza reumática) e logo de Mondoñedo (1728-1751). A esta última vila levou a traída de augas e nela construíu o seminario conciliar, o hospital, a ponte de San Lázaro e o santuario da Virxe dos Remedios. Deixou escrito a: Oración Panegyrica que en la solemne oferta que en nombre de el Serenissimo Señor Príncipe de Asturias”.


Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Algunos hijos ilustres de Redondela. Grandes Fiestas de la Coca. Redondela 1968. Comisión de fiestas de la Coca.

Unidade didáctica. Personas que dan nome as rúas e prazas de Redondela. Xosé Manuel Moreira Docampo. (Inédito. Fondos da Biblioteca de Redondela)

Los obispos de Mondoñedo (1854) Sanjurjo y Pardo, Ramón

Miscelanea Mindoniense. http://www.blogoteca.com/doural/index.php

En Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El Correo de Lugo, Galicia, El regional, El ideal gallego

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario