Vistas desde o Camiño Portugués. Foto: Juan Migueles
O VISO (Santa María): Podería provir de visum-i (cousa vista, obxecto exposto á vista) ou de viso (altura ou eminencia, lugar alto dende onde se descubre moito terreo). Teñamos en conta que no Viso está o Monte da Peneda, lugar alto con boas vistas e, o mesmo tempo, visible dende moita distancia.
O Viso (marco). Aparece como linde do Viso no Catastro de Ensenada (1752).
Barrios do Viso.
A Nogueira: Pode referirse á árbore ou a “un plantío de nogueiras”. No Rueiro 2010 Estrada da Nogueira.
Saramagoso: De saramago. Lugar onde abunda.
Soutoxuste: Souto procede do latín saltus “paso estreito, desfiladeiro”, “pastío en desfiladeiro” ou “pastío, bosque”. Tamén pode ter o significado de “bosque de castiñeiros ou carballos”, polo que podería ter o significado de “ bosque propiedade dun tal Xusto”. Aparece no Catastro de Ensenada do Viso (1752), Soto Justo, e no de Cesantes consta como un dos límites. No Rueiro 2010 Estrada de Soutoxuste.
Tuimil: Nome de orixe xermánico. Thiuda significa “pobo”, e o sufixo –mil pode ter o significado de “famoso, célebre”.
Toponimia menor
Abilleira (Cesantes/ O Viso). No Catastro actual.
Agrilacho. No Catastro actual.
Agua Enterrada (O Viso/Ventosela). No Catastro actual Agua Enterrada e Matos de Agua Enterrada ou Matos de Guanterrada. No Rueiro 2010 Camiño da Auga Enterrada do Viso.
Aicho
O Alto (Saramagoso). No Catastro actual. No Rueiro 2010 Estrada do Alto do Viso.
Alxán
A Apartada. Citada como límite con Cesantes: heredad da Leira do Seijo da dehesa da Apartada de censo das Táboas (1647) heredad da Apartada (1726) sitio da Sobreira do Ouro según se limita y divide con heredades das Folgosas y da Apartada (1726) sitio de/mojón de Apartadas (1806). No Catastro actual, A Apartada.
Area (Tuimil). No Catastro actual.
O Areeiro. No Rueiro 2010 Estrada do Arieiro, antes do 2010 Estrada ó Viso.
Alto da Baliza (Tuimil). Un dos nomes que recibe o Outeiro Grande.
Monte Baltar (Tuimil). Un dos nomes que recibe o Outeiro Grande. Nun foro de 1634 aparece o lugar de Baltar. Recollido nun censo de montes de 1845.
Barreiros. No Catastro actual.
A Bouza (Saramagoso). No Catastro actual.
Alto da Cabaleira (Tuimil). Cota de 274m. Nos planos do Instituto Xeográfico Nacional dáselle este nome a Outeiro Grande. Noutros planos aparece como Monte Cabalar, que probablemente sexa unha deturpación deste topónimo. No Catastro actual Alto da Cabaleira. No Catastro de Ensenada (1752) aparece como límite de O Viso, Monte do Cabaleiro.
Cadaval. No Catastro actual Cadabal.
A Caina. No Catastro actual.
O Campiño. No Catastro actual.
O Campo (Saramagoso). No Catastro actual.
Os Campos (Saramagoso). No Catastro actual Los Campos
Campo de Arriba (Saramagoso). No Catastro actual.
O Cano (Soutoxuste). No Catastro actual.
Capela de Soutoxuste (Soutoxuste). Capela que pertenceu ao Pazo de Soutoxuste. No Rueiro de 2010, Capela de Soutoxuste.
Carballales. No Catastro actual.
Carreira dos Bolos. Citado en “O Viso. A construción dunha paisaxe cultural”. Lugar onde se practicaba o xogo dos bolos. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/08/deporte-xogos-tradicionais.html )
A Carreteira (A Nogueira/Saramagoso). No Catastro actual. No Rueiro 2010 Camiño da Carreteira.
O Casal (A Nogueira). No Catastro actual. No Rueiro 2010 Camiño do Casal do Viso.
Casal do Eido. No Catastro actual, Casal do Eido. Nun documento de 1647, Casal do Eido de Baijo. Tamén aparece Laje y camino de Casal do Eido de Rivas (1647). Laje do Regueiro do Porto de Casal do eido de Riva (1647)
Castiñeira (Soutoxuste). No Catastro actual. No Rueiro 2010 Camiño da Castiñeira.
Castrizán. Nome da fortaleza construída e destruída no monte da Peneda no s. XV, Castriçan. No Catastro actual, Castricán. Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/s-xv-loitas-de-poder-entre-pedro.html
O Castro (Saramagoso). Fai referencia ao Castro da Peneda. No Catastro actual. No Rueiro 2010, Camiño do Castro.
As Chaíñas
As Cezas. No Catastro actual.
Chan do Rego. Lugar onde hai unha mámoa. Citado en “O Viso. A construción dunha paisaxe cultural”.
Chan da Roda. No Catastro actual. Cota de 332m.
Chan da Roza (Tuimil). No Catastro actual.
Chans de Abaixo. Citado en “O Viso. A construción dunha paisaxe cultural”.
O Charco. No Catastro actual.
Chouros. No Catastro actual.
A Coba. No Catastro actual.
O Cobo do Souto (Tuimil). No Catastro actual.
O Cocho (Saramagoso). No Catastro actual.
Cochón. Citado en “O Viso. A construción dunha paisaxe cultural”.
Codesal. No Catastro actual.
Comodoiro (Soutoxuste). No Catastro actual.
Cortiñas (Soutoxuste). No Catastro actual.
Costariza (Soutoxuste). No Catastro actual.
A Costiña. No Catastro actual.
Coto. No Catastro actual.
Cotorrapado (Soutoxuste). No Catastro actual.
A Coutada. No Catastro actual. No Rueiro 2010, Camiño da Coutada.
Coutada de Abaixo. Citado no Fondo Casto Sampedro (1753).
As Cristas. No Catastro actual.
Cruceiro (Tuimil). Pola existencia do Cruceiro do Galleiro ou de Baltar no lugar. No Catastro actual.
Matos do Cruceiro (Tuimil). Nas inmediacións do Cruceiro do Galleiro ou de Baltar no lugar. No Catastro actual.
A Curva do Maricón: Nome popular dado recentemente. Curva na estrada que baixa do Viso porque, ao estar mal peraltada, se entras rápido “marchas de cu”.
Devesa do Rei. No límite con Arcade. Citado en “O Viso. A construción dunha paisaxe cultural”.
Eido Ceiro (Soutoxuste). No Catastro actual.
Eido Meneses (Soutoxuste). No Catastro actual. No Rueiro 2010, Camiño do Eido de Meneses.
O Eido de Mouriño (Tuimil). No Catastro actual. No Rueiro 2010, Camiño do Eido de Mouriño.
Eidos da Presa (Tuimil). No Catastro actual. No Rueiro 2010, Camiño da Presa de Tuimil e, un claro caso de deturpación da toponimia, Camiño da Fresa, nome dado erroneamente, en realidade debería ser Cño. da Presa ou Cño. dos Eidos da Presa.
Eidos Vellos (Tuimil). No Catastro actual, Eidos Vellos. No Rueiro 2010, Camiño do Eido Vello do Viso.
Escredo (A Nogueira). No Fondo Casto Sampedro (1753), herdade de Esqueredo. No Catastro actual. No Rueiro 2010, Camiño do Escredo.
Fonte do Escredo (A Nogueira). No Rueiro 2010, Camiño da Fonte do Escredo.
Muíño do Escredo (A Nogueira).
Monte Espiño. Recollido nun censo de montes de 1845.
Monte Espiñeiro.
Monte Espiñeiro de Abaixo. Lugar onde existe un xacemento ao aire libre. Citado en “O Viso. A construción dunha paisaxe cultural”.
Extremadoura (Soutoxuste). No Catastro actual.
A Feixeira. No Catastro actual.
A Feixueira (Saramagoso). No Catastro actual.
Fontán (Soutoxuste). No rueiro 2010, Camiño das Fontáns.
A ponte de Fontán (Soutoxuste). Viaduto da rede do ferrocarril construído en 1883.
A Punta de Fontán (Soutoxuste). Topónimo da costa.
A Fonte do Allo (A Nogueira). No Catastro actual. No Rueiro 2010, Camiño da Fonte do Allo
Fonte da Nogueira (A Nogueira). No Catastro actual, A Fonte Nogueira.
Fonte de Saramagoso (Saramagoso). No Rueiro 2010, Camiño da Fonte de Saramagoso.
Fonteverdú (Cesantes/O Viso/Ventosela). No Catastro actual Fonteverdú. No Rueiro 2010, Camiño da Fonte Virtú.
O Freixo (Soutoxuste). No Catastro actual.
Gaina. No Catastro actual.
O Galleiro (Tuimil). Nel se atopa o Cruceiro do Galleiro ou de Baltar. No Catastro actual Jalleira. No Rueiro 2010 Camiño do Galleiro.
Gándara (Tuimil). No Catastro de Ensenada (1752) aparece sitio de Gándara. Nun documento do Arquivo da Deputación de Pontevedra de 1785, Monte da Gandra. Nun documento do Arquivo da Deputación de Pontevedra de 1792, monte y sitio da Gándara. No Catastro actual. No Rueiro 2010, Camiño da Gándara.
Gandarón. No Catastro actual.
Grandameán. Citado en “O Viso. A construción dunha paisaxe cultural”.
A Insua
A Ladeira
A Lagoíña (Tuimil). No Catastro actual.
A Lagoa (A Nogueira). No Catastro actual. No Rueiro 2010, Camiño da Lagoa.
Os Lagos (Soutoxuste). No Catastro actual. No Rueiro 2010, Camiño dos Lagos do Viso.
Lameira. No Catastro actual.
O Lameiro (Tuimil). No Catastro actual. No Rueiro 2010, Camiño do Lameiro.
Lamelas. No Catastro actual.
O Laranxo (Saramagoso). No Catastro actual.
A Leira. No Catastro actual.
Leiriñas, as (Soutoxuste)
Os Liñares. No Catastro actual.
A Lomba (Tuimil). . No Catastro actual. No Rueiro 2010, Camiño da Lomba.
Alto da Lomba (Tuimil). Cota de 184m.
O Lombo. No Catastro de Ensenada (1752) aparece como límite de O Viso, O Lombo. No Catastro actual, O Lombo. Tamén atopo: cancela do Porto do Lombo, donde se puso un marco en la vereda Real que va de Redondela a Sotomayor (1647) Cancela do Lombo (1849).
As Longras. No Catastro actual.
Loureiro (Tuimil). No Catastro de Ensenada (1752) aparece como límite de O Viso, o marco en Loureiro. No Catastro actual O Loureiro. No Rueiro 2010, Camiño do Loureiro do Viso.
Manxueiro (Soutoxuste). No Catastro actual. No Rueiro 2010 Estrada do Meixoeiro.
Maravitadas (Soutoxuste). No Catastro actual.
Marco (Saramagoso). No Catastro actual.
Marpes (Soutoxuste). No Catastro actual.
Os Matos da Freixeira. No Catastro actual.
Matos da Veiga Grande (Tuimil). No Catastro actual.
A Mina (Tuimil). Aparece como linde do Viso no Catastro de Ensenada (1752). En “O Viso. A construción dunha paisaxe cultural”, monte da Mina. No Catastro actual. O Cruceiro do Galleiro ou de Baltar tamén recibe o nome de Cruceiro da Mina.
Moreiras (Soutoxuste). No Catastro actual. No Rueiro 2010, Camiño da Moreira de Soutoxuste.
Camiño dos Mortos (Tuimil). Citado en “O Viso. A construción dunha paisaxe cultural”.
Monte da Nogueira (A Nogueira). Ver barrios. No Rueiro 2010, Camiño do Monte da Nogueira.
Nogueiriña (A Nogueira/Tuimil). No Catastro actual. No Rueiro 2010, Estrada da Nogueiriña.
Outeiro das Cabras. Citado en “O Viso. A construción dunha paisaxe cultural”.
Outeiro Grande (Tuimil). Monte e sitio que recibe tamén os nomes de Monte do Baltar, Alto da Baliza ou Alto da Cabaleira. Monte de 270 metros onde se celebraba o festival folk Noite da Lúa Meiga. Nel se lle fixo unha homenaxe a Casiano García García en 1928. No Rueiro 2010, Camiño do Outeiro Grande.
Padriño (Soutoxuste). No Catastro actual.
Padrón (Cesantes/Tuimil (O Viso)). No Fondo Casto Sampedro (1667), territorio que está de viña e parra, chamado do Padrón. No Catastro actual. No Rueiro 2010, Subida ó Padrón e Camiño do Souto de Padrón.
As Patelas (O Viso / Ventosela). No Catastro actual. No Rueiro 2010, Camiño das Patelas.
O Pazo (Soutoxuste). No Catastro actual. No Rueiro 2010, Camiño do Pazo de Soutoxuste.
Pedras de Abalaxe (Soutoxuste). Conxunto de rochas preto da praia ligado ás lendas de mouras. Citado en “O Viso. A construción dunha paisaxe cultural”.
Pedra da Moura. Pedra ligada ás lendas das mouras. Situada preto da Bañeira da Moura, na parroquia de Cesantes. Foi empregada como marco no deslinde realizado en 1674 para establecer a liña divisoria a que deberían aterse os Abades das parroquias de Viso, Cesantes e Reboreda (aínda non se desligara Ventosela) para o cobro dos diezmos. Este o motivo polo que ten gravada unha cruz, varias coviñas e as iniciais “SP” que se corresponden con San Pedro de Cesantes. Tamén aparece como linde do Viso no Catastro de Ensenada (1752) como Pedras Mouras. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/a-baneira-da-moura-e-pedra-da-moura-o.html )
Pedra das Rodiñas (A Nogueira-O Viso). Petróglifo no que se representan dúas composicións circulares.
A Peneda (Saramagoso). Monte cheo de historia onde exite un castro e os restos da fortaleza de Castrizán. No Catastro de Ensenada (1752) aparece como límite de O Viso, Hermita de la Peneda. Nun censo de montes de 1845, Monte Peneda. No Catastro actual. No Rueiro 2010, Camiño da Peneda e Camiño da Costa da Peneda. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/a-peneda.html )
Penedos (Saramagoso). No Catastro actual.
A Pereira (Saramagoso). No Catastro actual. No Rueiro 2010, Camiño da Pereira do Viso.
As Pereiras. No Catastro actual.
O Pereiro (Cesantes/O Viso). lugar do Pereiro (1849). No Rueiro 2010 Estrada do Pereiro. Antes do 2010 Estrada ó Viso.
Perral. No Catastro actual.
Río Pexegheiro (Cesantes/O Viso)
Portabas. No Catastro actual.
A Portela (Saramagoso/Tuimil). No Catastro actual. No Rueiro 2010, Camiño da Portela do Viso.
Porteliña (A Nogueira). No Catastro actual.
Porto Sujo (Soutoxuste). No Catastro actual.
Poza. No Catastro actual.
Os Pozancos. No Catastro actual.
Punta Pesqueira (Soutoxuste). Faría referencia a unha construción de pedra cunha entrada para que entre o peixe, logo taparíase a entrada cunha rede e agardábase á baixamar.
O Puntal (Soutoxuste). Cabo na costa. No Catastro de Ensenada (1752) aparece como límite de O Viso, Puntal. No Catastro actual, El Puntal.
A Queimada. No Catastro actual.
Rabuñade (Saramagoso/Tuimil). Nun documento de 1615, heredad llamada da Rabunade. No Catastro actual, A Rabuñada. No Rueiro 2010 Camiño de Rabuñade.
Raposeira. No Catastro actual.
O Redondo. No Catastro actual. No Rueiro 2010 Camiño Redondo.
Rega da Mo (Tuimil). Nun documento de 1750, Rigueira da Mo. No Catastro actual Rega Damo. No Rueiro 2010 Camiño Rega da Mo.
O Regueiro. No Catastro actual.
Revolta (A Nogueira). No Catastro actual.
A Rexa (Soutoxuste)
A Riba (Soutoxuste). No Catastro actual.
A Ribeira (Soutoxuste). No Rueiro 2010, Camiño da Ribeira.
A Roca (Tuimil). No Catastro de Ensenada (1752) aparece como límite de O Viso, sitio A Roca. No Catastro actual, Roca.
O Roupeiro. No Catastro actual.
Sañudas. No Catastro actual.
Saramagoso (Saramagoso). No Catastro actual. No Rueiro 2010, Camiño do Saramagoso.
As Sete Fontes (Soutoxuste): Lugar. Dise que o regato recibe auga de sete fontes distintas. Nun documento de 1750, Siete Fuentes (real devesa). Nun documento do Arquivo da Deputación de Pontevedra de 1785, embarcadero de Siete Fuentes e Monte de Siete Fuentes. En 1792, sitio de Siete Fontes. Nun censo de montes de 1845, monte Siete Fuentes. No Catastro actual, Sete Fontes. No Rueiro 2010, Camiño das Sete Fontes.
Muíño das Sete Fontes (Soutoxuste):
Sobreiral (Soutoxuste). No Catastro actual. No Rueiro 2010, Camiño do Sobreiral.
O Sobreiro (Tuimil). No Fondo Casto Sampedro, en 1628, aparece herdade da Sobreira da Riba. En 1667, herdade "do Sobreiro”. No Catastro actual. No Rueiro 2010, Camiño do Sobreiro de Tuimil.
Sosteiros (A Nogueira). No Catastro actual. No Rueiro 2010, Camiño do Sosteiro.
Alto de Soutoxuste (Soutoxuste). No Rueiro 2010, Rúa Alto de Soutoxuste.
Praia de Soutoxuste (Soutoxuste). Toma o nome do barrio.
Subalado (Tuimil). No Catastro actual.
Sus Pereiros (Soutoxuste). No Catastro actual.
O Tallo. No Catastro actual.
A Teixeira. Lugar onde vive ou se esconde o teixo, teixugo ou porcoteixo. No Rueiro 2010, Estrada da Teixeira, antes do 2010 Estrada ó Viso.
As Tereixas (Tuimil). No Catastro actual.
Os Tres Abades. No Catastro actual, Os Tres Abades.
Fonte dos Tres Cregos. Lugar. No deslinde realizado en 1674 para establecer a liña divisoria a que deberían aterse os Abades das parroquias de Viso, Cesantes e Reboreda (aínda non se desligara Ventosela) para o cobro dos diezmos, era o marco onde confluían as tres parroquias co nome de Poza dos Tres Abades. Aparece como linde do Viso no Catastro de Ensenada (1752) como Fonte dos Frades. Fuente de los Tres Abades (1849). Citado en “O Viso. A construción dunha paisaxe cultural” como Fonte dos Tres Cregos.
Tuimil (Tuimil). No Catastro actual.
Turil (Tuimil/A Nogueira). No Catastro actual. No Rueiro 2010, Camiño do Turil.
Valdabrón (Saramagoso). No Catastro actual. No Rueiro 2010, Camiño do Valdravrón.
O Val do Muíño (Tuimil/A Nogueira). Val no que se atopa o Muíño da Habanera. No Catastro de Ensenada (1752) aparece Río do Val de Muíñas. No Catastro actual, Valdemuíños. No Rueiro 2010, Camiño do Val do Muíño.
A Veiga (Tuimil). No Catastro actual La Veiga
Veiga de Arriba. No Catastro actual.
A Veiga Baixa. No Catastro actual.
A Veiga do Eido D’Ar. No Catastro actual.
A Veiga Grande. No Catastro actual.
Veiga do Lume. No Catastro actual.
Veiga do Medio. No Fondo Casto Sampedro (1681). No Catastro actual
Veiga da Vila. No Catastro actual.
As Veigas do Monte (Soutoxuste)
As Veiguiñas. Nun documento de 1750, lugar das Veiguiñas. No Catastro actual.
Velasca (Soutoxuste). No Catastro actual.
Verdellón (O Viso): refírese á cor verde da vexetación. Nun documento de 1869, devesa llamada Verdellóns. No Catastro actual.
Viña de Arriba. No Catastro actual.
Outros Rueiro (2010)
Aldea, Estrada da (Soutoxuste).
Arcade ó Viso, Estrada de
Arribas, Cño. das
Barcias de Soutoxuste, Cño. das
Barranca de Covas, Cño. da (Soutoxuste).
Barrileira, Cño. da (Saramagoso)
Barronca da Nogueira, Cño. da (A Nogueira)
Besada do Viso, Cño. da (Saramagoso)
Boqueiro do Monte, Cño. do (A Nogueira)
Breavella, Cño. da (Soutoxuste).
Cabada do Rupia, Cño. da (Tuimil)
Campo de Saramagoso, Cño. do (Saramagoso)
Cancelo, Cño. dos (Tuimil)
Carreira da Lagüiña, Cño. da (Tuimil)
Castriño, Cño. do (A Nogueira)
Cavada de Soutoxuste (Soutoxuste).
Cochino, Cño. do (A Nogueira)
Subida ó Cruceiro do Viso.
As Cudeseiras
Curros, Cño. dos
Fonte da Pousada, Cño. da (A Nogueira)
Forno, Cño. do (Saramagoso)
Landreira, Cño. da (Tuimil).
Lavandeira do Viso, Cño. da (Tuimil).
Morta, Estrada (Soutoxuste).
Panasco, Cño. do (Soutoxuste).
Pelourenza, Cño. da (Tuimil).
Peregrinos do Viso, Cño. (Soutoxuste/Tuimil).
Pío do Viso, Cño. do (Saramagoso)
Real do Viso, Cño. (Tuimil).
Tomada, Cño. da (Soutoxuste/Tuimil).
Torreiro do Viso, Cño. do (Saramagoso)
Volta, Cño. da (Tuimil).
Toponimia histórica
Campo dos Codorneiros. Aparece como linde do Viso no Catastro de Ensenada (1752).
Cova do Ouro. pedazo de terreno sito en el punto conocido como Coba do Ouro, junto a la taberna do Pereiro (1849)
Devesa. heredad de Benito Fernández que se dice da Devesa (1647)
Fonte Espiñeira. Aparece como linde do Viso no Catastro de Ensenada (1752).
Folgosas. Citado en varios documentos: marco de Folgosas, que está en heredad del mismo nombre en la Quiringostra de Folgosas (1647) heredades das Folgosas (1726) sitio Cancela de Folgosas (1849) sitio de Folgosas de Abajo (1849). Aparece como linde do Viso no Catastro de Ensenada, Folgosas (marco) (1752).
Leira do Seixo. heredad da Leira do Seijo da dehesa da Apartada de censo das Táboas (1647).
Muíño Vello. el molino viejo (1647)
Outeiro das Pombas. Nun documento do Arquivo da Deputación de Pontevedra (1792).
Outeiro dos Porros. Aparece como linde do Viso no Catastro de Ensenada (1752).
Pantrigueiras. Nun documento do Arquivo da Deputación de Pontevedra (1792).
Pereiriñas. Reguero que se dice das Peiriñas (1647)
Portela de Ciguelos. Aparece como linde do Viso no Catastro de Ensenada (1752).
Portela da Pía. Aparece como linde do Viso no Catastro de Ensenada (1752). Pode facer referencia á Bañeira da Moura, hoxe en Cesantes. Tamén se cita Pila de S. Pedro (1647) (Ver Cesantes).
Sobreira do Ouro. Citado como: sitio da Sobreira do Ouro según se limita y divide con heredades das Folgosas y da Apartada. (1726)
Viguelos (sitio de). Citado no Catastro de Ensenada (1752)
Para saber máis.
Concello-SNL. Buscador: https://toponimia.redondela.gal/index.php
Concello-SNL. Libros: https://toponimia.redondela.gal/libros.php
Deputación de Pontevedra. Galicia Nomeada: https://galicianomeada.xunta.gal/sixtop/inicio
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Guía didáctica para escolares: Nº5. Aproximación á toponimia do Concello de Redondela. Álvaro Iriarte Sanromán
Os Nomes da Ría de Vigo II. Gerardo Sacau Rodríguez. Instituto de Estudios Vigueses (Fundación Provigo).2000.
O Viso. A construción dunha paisaxe cultural. Xurxo Constela Doce, A Citania S. L. Sociedade Cultural do Viso, 2020.
Deputación de Pontevedra => Fondo Casto Sampedro. 1845 Censo de montes baldíos, realengos e de dono non coñecido que se atopan no Partido Xudicial de Redondela. 1792Novo arranxo e establecemento dos Reais Plantíos e Devesas nos pobos das xurisdicións de Redondela, Vilavella, Saxamonde e Cedeira. Expediente sobre fixación da líña divisoria das parroquias do Viso e Cesantes (1849 - 1853 ).
Catastro de Ensenada. O Viso.
Arquivo histórico nacional
1928-04-22 El Correo de Galicia (Bos Aires)
Expediente deslinde dunha devesa chamada Verdellóns na parroquia de Santa María de Viso (1869) Productor: Deputación de Pontevedra. Servizo de Medio Ambiente
Expediente sobre fixación da líña divisoria das parroquias do Viso e Cesantes (1849 - 1853 )
No hay comentarios:
Publicar un comentario