A principios do século XX, cando se facía público que unha viúva
ou viúvo casábase cunha nova parella os mozos da vila organizaban
unha “cornetada”. Confeccionaban uns monecos recheos de palla que
representaba aos noivos (semellantes ao meco do entroido). Saían á
rúa con cencerros e calquera outra cousa que fixera ruído e
dirixíanse á casa da parella na súa noite de vodas. Alí
cantábanlle unhas coplas e cando remataban prendíanlle lume aos
monecos. Un exemplo das coplas que cantaban sería o seguinte:
Recibimos
un parte el otro día
que
en este pueblo llegaron a hablar
de
una chica que se casa en Villavieja,
los
tórtolos se colaban por el Sagueiral.
Sagueiral,
Sagueiral, Sagueiral.
Los
tórtolos son dos en compañía
que
luchan ambos por el mismo amor
luchando
de este modo se descubre
si la
muchacha les hizo algún favor.
Un
favor, un favor, un favor.
Como
la radio no nos oculta
a los
agentes de la nación,
se lo
contamos sinceramente
porque
nos sale del corazón.
Maximinito
encargó
al
fundador de Carril
una
camita de hierro
con
movimiento sutil.
Cuchichi,
cuchichá.
¡Viva
la cencerrada!
Cuchichi,
cuchichá.
¡Ella
ahí la va!
A continuación enumero algún dos casos documentados:
En marzo de 1906,
foron denunciados varios veciños de Chapela por celebrar unha
cencerrada co conseguinte escándalo público, adicada a un viúvo
que se propón contraer segundas nupcias.
En decembro de 1915
varios veciños de Chapela organizaron na estrada de Vigo unha
cencerrada que foi disolta pola Garda Civil, despois de
instruír atestado aos organizadores.
Na parroquia de
Reboreda, en abril de 1921, un viúvo-noivo tentou disolver a
cencerrada a pedradas e navalladas causando dous feridos de
importancia.
En
xaneiro de 1934 criticábase na prensa local que as autoridades non
fixeran nada por acabar con esta tradición, dando conta dunha
cornetada feita a un veciño de O Viso viúvo e con varios fillos que
casara de novo. A broma durara ¡9 días!, e pouco faltara para que a
cousa chegara a maiores.
Aínda en febreiro de
1960, unha veciña de Reboreda que concertara a súa voda sufriu unha
cencerrada. Os organizadores do escándalo serían denunciados
ao Gobernador Civil.
Autor:
Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Libros de poemas de
Félix Fernández:
- Poemas.
- Poemas de una vida.
- Historias do meu pobo.
La
Idea, 1910
En
Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia.
Xunta de Galicia:
http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es=>
La Integridad diario católico,
El Pueblo Gallego, Galicia diario de Vigo
Aportes
orais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario