Corrida do Galo. Saxamonde 2011. Foto: CSD Chan das Pipas |
En case todas as parroquias de Redondela era
tradición a Corrida do Galo o
domingo anterior a Entroido. Consistía en percorrer a parroquia cun galo,
que se levaba nunha especie de cesta ornamentada de xeito semellante
aos maios, pero empregando fundamentalmente mimosa. Durante o percorrido facíase ruído normalmente con cencerros para anunciar a chegada do galo.
Despois cantábanse unhas coplas e se puxaba
polo galo, rematando
todo cando se colgaba boca abaixo e se lle cortaba a gorxa. Co tempo,
isto último suprimiuse, e a puxa
substituíuse
por un sorteo mediante a venta de rifas.
Esta tradición está
practicamente desaparecida, a pesares dalgún intento por conservala.
Autor:
Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Libros de poemas de
Félix Fernández:
- Poemas.
- Poemas de una vida.
- Historias do meu pobo.
Aportes
orais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario