miércoles, 21 de octubre de 2020

Cargos públicos. Militares

Andrés Montes con uniforme militar, anos 20. Foto cedida por Genoveva Loureiro

 

Militares S. XVII

Hernández de Málaga, Diego. Sarxento da Compañía de Milicias de Redondela en 1628.

Losada Ribadeneira, Martín de (N. 25-2-1679, Vilavella) Capitán. Faleceu en 1681.

Pardo de Andrade, Joseph. Capitán, veciño de Redondela cara a 1650.

Sánchez de Ulloa, Melchor. Capitán veciño de Vilavella. Vende unha casa en 1681.

Troncoso y Lira, Baltasar. Capitán e sarxento maior de Redondela cara a 1628.


Militares S. XIX

Araújo. Manuel. Comandante da Milicia Nacional cara a 1841.

Criado, Tomás. Oficial dos voluntarios realistas. Destacouse pola cruel persecución que exerceu contra os liberais de Redondela.

González Olivares, Luis. Capitán de fragata falecido en Redondela en 1887.

Ibeas Arnaiz, Manuel. Capitán, xa retirado faleceu en Redondela en 1917.

Martínez Saco, Ramón. Capitán de Granadeiros, M. N. do Batallón desta vila en 1841.

Méndez, Ángel. Capitán retirado da Armada e protestante evanxélico, falecido en setembro de 1885.

Posada Barros, Martín. Soldado de Redondela que aparece nunha lista de agosto de 1898 de falecidos en Cuba.

Queimáliños Iglesias, Bernardino. Primeiro Comandante do Batallón de Redondela en 1833.

San Román, Gabriel. Capitán xa retirado en 1841.

Sestelo, Manuel. Tenente Coronel graduado cara a 1841.

Troncoso y Ochoa, Juan. Segundo comandante do Batallón de Redondela en 1833.

Reguera Rivas, José. Soldado de Redondela do batallón de Murcia, que en abril de 1897 desembarcou en a Coruña no vapor “Alfonso XIII”.


Nacional

Jacinto Seoane e Ramón Vidal (Reboreda). No cargo en febreiro de 1841.

Antonio Barros, Benito Soto e Agustín Sánchez. Rodríguez (Cabo Comandante). No cargo en decembro de 1842.


Militares primeira metade do S. XX

Alfranca Miguel, Álvaro. Comandante de infantería destinado en 1961 a Redondela na Agrupación Temporal Militar para Servicios Civiles, foi ascendido a Tenente Coronel en abril de 1963.

Álvarez, José. Xove de Vilar ao que lle foi concedida a Medalla de Sufrimientos por la Patria, pensionada vitaliciamente con 25 pesetas mensuais, pola súa heroicidade nun encontro co inimigo en Larache, onde foi ferido no peito e no pescozo.

Becerra Bujones, Isidro. Falecido na División Azul.

Blanco Pérez, José. Capitán do Exército retirado en 1962.

Carrasco Verde, Manuel. Comandante de Infantería. A finais de 1937 foille outorgada pensión á súa viúva, María Luisa Lanzós, de Redondela.

Crespo Martínez, Alfonso. Capitán do Rexemento de Murcia, casou en Redondela en 1912 con Alicia Pereira.

Figueroa Salgado, José María. Cabo de mariñeiría falecido en 1936, aos corenta e catro años de idade, no Hospital de Marina da Base Naval de Ferrol.

González Rodríguez, Adolfo. Brigada do Exército residente en Cedeira e falecido en 1958.

Sampedro Couto, Serafín. Comandante de infantería, xa retirado faleceu en Redondela en 1924.

Tejedor, Elías. Militar xa retirado en 1935.


Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Arredor de nós. Historia da Policía Local 1863-2003. Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure. 2003.

Biblioteca Nacional de España: www.bne.es > Estado militar de España

Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El Diario de Pontevedra, El pueblo gallego, El Ejemplo Diario de la Coruña, Vida gallega, El Correo de Galicia (Bos Aires), El Progreso, La Opinión diario de Pontevedra, La Situación de Galicia, El regional diario de Lugo, La correspondencia gallega (Pontevedra)...

La Voz de Galicia.

http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/

Fondo Casto Sampedro-Museo Pontevedra: Obriga de entregar a un mariñeiro que se negaba a ir servir á Real Armada (1628). Venda da metade do campo do Amecheiro, na freguesía da Vilavella de Redondela (1681). Venda dunha casa de soto e sobrado na "plaça do Estaleiro" de Redondela (1681). Testamento do capitán Martín de Lozada Ribadeneira, veciño da Vilavella de Redondela (1681). Fianza depositada por Baltasar Troncoso y Lira, capitán e sarxento maior de Redondela (1628).

ERG en http://memoriablau.foros.ws Foro memoria histórica de la División azul.

atopo.depo.gal >Expediente de eleccións municipais. Redondela (1841)



No hay comentarios:

Publicar un comentario