miércoles, 21 de octubre de 2020

Familiares e Oficiais do Santo Oficio da Inquisición

Alfaro, Ventura. Presbítero e dono de 2 muíños en 1752. Comisario do Santo Oficio da Inquisición e capelán de San Boaventura en Reboreda.

Álvarez Mera, Alberto. Licenciado, mordomo do hospital de Redondela e abade da parroquial. Comisario do Santo Oficio. Natural de Barcia de Mera, criouse en Redondela onde vivía cun tío seu. O 22-8-1670 como abade de Redondela, aceptou a renuncia do garda do convento da Illa de San Simón a celebrar a Misa de Alba en Redondela dúas veces por semana. Aparece en 1680 como testigo nas Probas para ser oficial da Inquisición de Martín de Nogueira Blanco.

Carballo García, Marcos. Familiar do Santo Oficio, natural de Vilavella e veciño de Redondela en 1680, cando testifica nas probas de Martín de Nogueira Blanco, para familiar do Santo Oficio da Inquisición. Tamen testifica en 1692 como Familiar e Notario do Santo Oficio do número de Redondela, nas probas de Jacinto Sarmiento de Valladares.

Corbalán, Fabián de. Familiar do Santo Oficio e veciño de Redondela cara a 1628.

Lorenzo de Beiro, Gabriel. Familiar do Santo Oficio e veciño de Redondela. En 1680 testifica nas probas de Martín de Nogueira Blanco, En1692 fai o propio durante as probas de Jacinto Sarmiento de Valladares y Zamudio, aparecendo como Notario familiar do Santo Oficio en Redondela. Levaba daquela residindo 40 anos en Redondela, mais era natural de Muros.

Martín Carrasco Landera, Sebastián. Pretendente ao cargo de familiar do Santo Oficio en 1575 en Mexico.

Nogueira Blanco, Martín de. Natural de Redondela. Abogado de los Reales Consejos y de presos de la Inquisición de Galicia. Fixéronselle as probas para familiar do Santo Oficio en outubro de 1680.

Nogueira Duarte, Juan de. Rexedor de Redondela en 1678. Familiar do Santo Oficio.

Núñez de Otero, Nicolás. Nado o 6-2-1780 en Vilavella, irmán de Juan Núñez Sotomayor y Otero. Presentou solicitude para as probas en 1805.

Núñez Sotomayor y Otero, Juan. Natural de Vilavella, criouse en Santiago e vivía en Madrid cando iniciou as probas o 25 de novembro de 1800.

Rodríguez de Mera, Alberto. Natural de Longares, veciño de Redondela, axudante do alcaide e proveedor de presos e pretendente a familiar do Tribunal de la Inquisición de Cartagena de Indias.

San Román y Ceballos, Juan Antonio (Saxamonde). Documentación do S. XVIII para alegación fiscal da información genealóxica de Juan Antonio San Román y Ceballos, natural de Esparragosa, figresía de San Román de Saxamonde, residente en Indias, para ministro Oficial do Santo Oficio de Lima (Perú).

Sarmiento de Barraganes, Jacinto. Conde de San Román. Capitán de caballos e carrozas en tempos da guerra con Portugal, Cabo e Gobernador da praza de Vigo. Familiar do Santo Oficio de número de Redondela.

Sarmiento de Valladares, Diego. Algúns autores citan a Redondela como o seu lugar de nacemento. Emparentado co Marqués de Valladares e o Conde de San Román. Inquisidor General e Presidente do Consejo durante a minoría de idade de Carlos II. (Ver Persoeiros S)

Sarmiento de Valladares, Luis. I Marqués de Valladares. Caballero de la Orden de Santiago e Alguacil Mayor del Consejo de Su Majestad de la Santa Inquisición. (Ver Persoeiros S)

Sarmiento de Valladares e Zamudio, Jacinto. Conde de San Román, neto de Jacinto Sarmiento de Barraganes. Oficial da Inquisición tras pasar as probas o 29 de decembro de 1692.

Sotelo Prego de Montaos, Antonio. Familiar do Santo Oficio da Inquisición de Galicia. Señor dos Maiorazgos de Mallón e Prego de Redondela, patrón insolium do convento de Relixiosas de Vilavella.


Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Familiares y Oficiales redondelanos del Santo Oficio de la Inquisición y sus Genealogías. Amado Ricón Viruleg. Grandes Fiestas de la Coca. Redondela 1968. Comisión de fiestas de la Coca.

Pares>Archivo Archivo Histórico Nacional>Consejo Inquisición

Redondelans. www.galeon.com/redondelans/

Los Canónigos de Santiago [Segundo apéndice a Linajes Galicianos]: Fernández de Nogueira. Boletín Real Academia Galega nº 142 - (Pérez Costanti, Pablo.)

Congreso Internacional de las Ciencias Genealógica y Heráldica, Volumen 1

Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es

Comunicaciones al XV Congreso Internacional de las Ciencias genealógíca y heráldica- Volumen 1. Escrito por Instituto Salazar Y Castro.

Grandes Fiestas de la Coca. Redondela 1968. Comisión de fiestas de la Coca.

Antonio Ocampo Otero. Doctor en Medicina y Cirugía. Bodas de Oro(1939-1989)

Apellidos gallegos: heráldica de Galicia. Augusto Cuartas

Catastro de Ensenada de Reboreda (1752)

Catálogo de la colección Salazar y Castro

Fondo Casto Sampedro-Museo Pontevedra: Doazón (1628).

No hay comentarios:

Publicar un comentario