![]() |
Illa San Simón en 1896. Revista francesa. Foto: M. J. F. |
Como xa vimos ao longo dos séculos establecéronse no concello de Redondela varias ordenes relixiosas. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/conventos.html ). A continuación recompilamos os datos que vou atopando dos frades que procesaron neses conventos agás as monxas do convento de Vilavella que contan co seu propio apartado.
(Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2025/04/relixiosas-as-monxas-do-convento-de.html ).
Tamén engado os datos doutros frades naturais do noso concello.
Comezamos cos monxes que habitaron a illa de San Simón. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/a-illa-de-san-simon.html )
1517-Custodia de los Pascualinos de San Simón.
Fr. Juan Pascual. Gardián do mosteiro de San Simón e comisario da Congregación dos Reformadores da Orden de San Francisco en 1543.
Fr. Juan Insulano: Superior da custodia, en 1575 ante o escribán Gregorio Barreiro e cos demais relixiosos da Illa San Simón cederon varios bens e rendas ao convento de Vilavella.
1596-Os monxes beneditinos de San Juan de Poio instálanse na illa de San Antón fuxindo dunha epidemia.
Fr. Gaspar Vaca: Abade do convento de San Juan de Poio.
1601-Os franciscanos volven á Illa, os beneditinos vénse na obriga de marchar.
Fr. Antón de Cepeda. En 1601 enviado cun oblato chamado irmán Alonso Cuervo para que habitase a illa de San Simón e cunhas esmolas renovase o antigo convento.
Fr. Gaspar de Alcázar. O 19 de maio de 1608, en nome do convento de San Simón firma unha concordia con Maximiliano de Austria, arcebispo de Santiago, señor da illa de San Simón en razón do padroado do mesmo, ao que se compromete o prelado erixíndose como patrón do cenobio, estipulando unha esmola anual de cen ducados
Fr. Francisco Vidal. Gardián da capela do Convento dos fraciscanos, onde son depositados en 1618, os restos dun mártir inglés.
Fr. Antonio de San Buenaventura, sucedeu a Fr. Francisco Vidal no cargo de gardián da capela do Convento dos franciscanos.
Gregorio Rodríguez Carrera, veciño de Redondela e síndico do convento de San Simón en 1705.
NOTA: Fr. Xacobe Castro afirma no seu Árbol Cronológico, que na Illa viviu Fr. Francisco de Herrera, de onde saíu despois para Comisario Xeneral do Perú. Tamén o habitou e nel compuxo as súas obras Fr. Pedro Figueroa, chamado “El Bueno”.
A illa fica valeira desde 1746 ata 1842 ano no que se establece o lazareto.
Convento de San Antonio de Vista Real de Agrelo
(Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/01/o-convento-de-agrelo.html )
Sindico do Convento de Agrelo
1805 Fr. Felipe Ucha.
1806 Fr. Francisco ¿González?.
Gardián do Convento de Agrelo
17?? Fr. Benito González. Gardián do Convento de San Antonio de Agrelo en 1792.
18?? Fr. Francisco de Ávila. Predicou en Cuaresma na igrexa de Redondela en 1835.
Outros relixiosos do Convento de Agrelo
1836 Fr. Juan Antonio Jorge. Predicou en Cuaresma en 1836.
18??, Finais. Fr. Francisco. Monxe de Agrelo que participou durante moitos anos nas procesións de Reboreda levando o incensario.
18?? Fr. Ramón. Organista da parroquial de Redondela durante o s. XIX e que tamén o fora do Convento de Franciscanos de Agrelo. Ao parecer proviña de Santo Domingo de Pontevedra.
Outros relixiosos
Fr. Alberto Orge. Aparece nunha relación de: Alcipreste, párrocos e clero do arciprestado de Redondela que firman unha carta de apoio ao Bispo de Tui en 1864.
Misioneiros
Fr. José Alfau, nado en Cesantes en 1762, profesou no convento de Santiago en 1778. Destinado á illa de Samar en Filipinas, foi párroco do pobo de Ctuiuan con Balanquiga de 1788 a 1800. Debeu voltar a España, pois non aparece no libro de defuntos.
P. Antonio García Núñez. Nado en Redondela en 1765. Agustino misioneiro en Filipinas. En 1783 profeso do convento de Santiago. Pasou a Filipinas en 1789. Administrou varias parroquias en Ilocos, ata o seu falecemento en Bacarra en 1821.
P. Luis Antonio Carrera. Nado en Redondela en 1773. Profesou no convento de Segovia en 1779 Era organista e sería misioneiro en Filipinas. Faleceu en Mandaloya o 15 de Abril de 1825, recibindo sepultura en Guadalupe.
P. Juan Parga Araújo, franciscano natural de Redondela, ao que, en 1696, se lle concede licenza xunto a outros 22 misioneiros galegos para pasar a Florida. Debe ser o mesmo misioneiro de Redondela que aparece como Juan Parga Arroyo, morto xuntamente con moitos indios de Ayubali nun asalto.
Outros Relixiosos
Mauro Fernández de Nogueira. Bautizado en Santiago de Redondela o 26-1-1634. Coengo de Santiago en 1678. Debe ser o mesmo D. Mauro de Nogueira y Barros que faleceu o 18-10-1699, segundo a inscrición da súa lápida sepulcral brasonada, na Basílica Compostelá.
Isidoro Barros (Reboreda). Frade presbítero, veciño de Santa María de Reboreda en 1681.
Juan de Cordido. Relixioso nado a principios do s. XVII, da familia dos Prego de Montaos e veciño de Reboreda.
Manuel Mos y Roza. Relixioso de Cesantes que recolleu o relato do carpinteiro redondelán Domingo Martínez, testemuña en 1702 da Batalla de Rande.
Pedro de Mera. Natural de Redondela profesou no mosteiro de San Martíño Pinario, onde tomara o hábito o 20 de outubro de 1708. Seguiría a carreira eclesiástica como predicador nos mosteiros de Valladolid (1725-29), Montserrat (1729-30), Sevilla (1730-33) e San Martíño (1733-1741), de onde tamén foi prior (1741-45) e sería nomeado abade en 1745, falecendo no cargo en febreiro de 1747.
Antonio Rubín. En 1821 aparece como Lector de Casos no convento de San Lorenzo, cando é destinado a Vigo. En 1835 residía de novo en San Lorenzo, cando nos primeiros días de setembro ten lugar a exclaustración dos regulares da Orde Franciscana en Santiago de Compostela, indo daquela a residir en Redondela, de onde era natural.
A todos estes habería que engadir aos frades que pola súa relevancia contan co seu propio apartado.
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Casto Sampedro e a música do cantigueiro Galego. 2 Vol. Xavier González Groba, 2013.
Fondo CastoSampedro-MuseoPontevedra: Cesión de parte dunha casa e dous lagares con terra labrada das Fascaiñas en Porriño (1753). Venda en "censo redimible al quitar" (1669). Carta de pago (1705). Poder outorgado para cobrar os réditos dun censo (1628). Venda da metade dunha casa de soto e sobrado en Vigo (1681). Venda por "censo redimible al quitar" (1665).
As Illas de San Simón. Aproximación á súa historia. J. A. Orge Quinteiro. Ed. Xunta de Galicia.1999.
Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El eco de Galicia órgano de los gallegos residentes en las Repúblicas Sud-Americanas, El regional diario de Lugo, El lucense diario católico de la tarde, Gaceta de GaliciaDiario de Santiago, La correspondencia gallega, Boletín Eclesiástico del Obispado de Tuy...
Na Biblioteca Nacional de España: www.bne.es => La Reforma (Madrid), La Época (Madrid), El Heraldo de Madrid, El Día, Anuario del comercio, de la industria, de la magistratura y de la administración.
Ministerio de Cultura http://pares.mcu.es/ => La Semana Católica de Salamanca, Memorial cobrador de rentas do Convento de Vilavella (1699-1779), Casa de Contratación>Autos de bienes difuntos.1762. Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de Villavieja de Redondela (Mos, Tuy), efectuado por decreto de diciembre de 1760 para el establecimiento de la Única Contribución.
Agustinos, evangelizadores de Filipinas, 1565-1965. Manuel Meriño, 1965.
Ensayo
de una biblioteca ibero-americana de la Orden de San Agustin,
Vol. 3.
Gregorio
de Santiago
Vela,
Bonifacio
Moral,
Augustinians
in the Philippine Islands
Catálogo de los religiosos de N.P.S. Agustín de la Provincia del Smo. Nombre de Jesús de Filipinas. Archivo Ibero-Americano. Franciscans. 1969
Censo de actividades do partido de Redondela: 1905, 1910 e 1925. Publicado en todocoleccion.net
La Voz de Galicia.
http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/
Arquivo Deputación de Pontevedra: atopo.depo.gal > Contas municipais. Concello de Redondela (1835-1840)), 1792-Novo arranxo e establecemento dos Reais Plantíos e Devesas nos pobos das xurisdicións de Redondela, Vilavella, Saxamonde e Cedeira.), Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Cedeira. Tomo I (1948)
Abadologio del monasterio de San Martín Pinario (898-1835). Ernesto Zaragoza Pascual. Publicado en Compostellanum revista de la Archidiócesis de Santiago de Compostela, xaneiro de 1994.
No hay comentarios:
Publicar un comentario