jueves, 24 de diciembre de 2020

Das carpinterías ás tendas de mobles, decoración e enxoval do fogar.

 

Ver tamén Serradoiros https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/12/serradoiros.html

 

Hermanos Fernández. Foto cedida por Sebastián "Tián" Fdez.
Hermanos Fernández. Foto cedida por Sebastián "Tián" Fdez.

Carpinterías. Ata mediados do S. XX

Carpinteiro Aquilino Fernández Hernández. En 1878 era vocal da Confraría de Ánimas de Vilavella. O 19-10-1879 é nomeado presidente substituíndo a Ramón Queimaliños.

1879-1887. Carpinteiros . — Fernandez Heras (Aquilino).—Perez Minguez (.Manuel).—Sánchez (Joaquin).

1889. Prudencio Rivas. Carpinteiro. Santa Marina.

1895. Jesús Albán Valverde, carpinteiro casado con Ramona Figueroa Pose.

1899. Carpinteiros.—Alvan (Jesús)—Fernandez Heres (Aquilino) .—Fernandez (.Manuel).

1894. Carpinteiros.— Fernandez Heras (Aquilino).—Pérez Minguez (Manuel).—Sánchez (Joaquín)

1900. Manuel Fernández Crespo. Carpinteiro. Federico;Juan Otero Lago. Carpinteiro. Adro.

1902-1904. Carpinteiros.- Fernández Heres (Aquilino), Fernández (Manuel)

1910. Carpintería: Aquilino Fernández Heres, Manuel Fernández, Juan Otero.

Carpinteiro de Ribera: Jenaro Rivas.

Ebanista: Aquilino Fernández

1904-1910. Vilavella. Cubeiro e toneleiro: Manuel Otero

1904-1910. Vilavella: Construtor de Cadeiras: Albán (José).

1919 Leopoldo Otero. Carpintería i ebanistería. Na rúa Francisco Federico (actual Padre Crespo) en 1919 e na R. Salmerón nos 30.

Anuncio, 1919

 

1925. Carpinterías: Juan López, Juan Otero, Leopoldo Otero, Juan Migui, Jesús Miñán.

1929. Faleceu en Cedeira despois de varios meses de enfermidade o mestre carpinteiro Fermín Otero González.

1932. Ebanistería: Rodríguez Mouriño (Claudio). Carpinterías: López Fragueiro (Juan)

1948. Carpintería Barreiro. Na rúa San Antonio.

1948. Ebanistería e carpintería mecánica. Funeraria. Claudio Rodríguez.



Carpinterías. 2ª metade do s. XX.

Antonio Barciela Brea. Carpintería mecánica. Rúa J. M. Pereira.

Cardama. No Muro.

José Crespo Rivas. Carpintería e “Funeraria del Carmen”. Dende os anos 40 en Santa Mariña.

Anuncio. Programa Agrupación Artística Redondela 1954

Vda. de Bernardino Docampo. Madeiras de piñeiro e castaño. Cereais. Alfonso XII. Nos 50.

Félix Fernández Núñez. Ebanista especializado en caixas de radios. En 1931 montou unha ebanistería na esquina de Isidoro Queimaliños e Telmo Bernárdez asociándose con Domingo Fernández Domínguez “Mingos Farrucacho”. (Ver Serradoiros https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/12/serradoiros.html). Nos anos 40, xa en solitario, tería taller na Av. Santa Mariña, no baixo de Villa Victoria. Obra súa foron a mesa e as lámpadas do salón de plenos do Concello. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/fernandez-nunez-felix-redondela-18-5.html)

 

Hermanos Fernández. Foto cedida por Sebastián "Tián" Fdez.
Hermanos Fernández. Foto cedida por Sebastián "Tián" Fdez.

Hermanos Fernández. José “Sesé” e Benito Fernández Crespo. Ebanistas. Participaron en numerosas exposicións, recibindo nos anos 40 e 50 varios premios a nivel provincial tanto de forma conxunta como individualmente. Na R. Alfonso XII nos 40. Formarían a outros bos ebanistas no seu taller. Benito casaría en Pontevedra creando alí o seu propio taller, mentres que Sesé seguiría en Redondela. Repartíronse os empregados dos que acabarían desprendéndose ao deixar de construír os mobles. O negocio de Sesé pasaría a chamarse Almacenes Fernández e tería tendas na Pz. Ponteareas e na Pz. Ribadavia, ademais de exposición na actual José Regojo. Foi dos primeiros en vender televisións e radios, tiña Seguros Santa Lucía e funeraria. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/fernandez-crespo-jose-sese-e-benito.html )

Almacenes Fernández. Foto cedida pola familia Fernández Otero.
Almacenes Fernández. Foto cedida por Matilde Fernández.

 
Primeiro coche fúnebre de Redondela. Foto cedida por Matilde Fernández
Primeiro coche fúnebre de Redondela. Foto cedida por Matilde Fernández

González y Otero. Sociedade de Pepe e Justo. Coñecida como a dos Albinos. Carpintería na rúa Telmo Bernárdez.

A de Garabillo”. De José Blanco Montes . No Adro.

A de Julián. Na rúa Padre Crespo. A súa profesión era a de carteiro, exercendo de carpinteiro o resto do día.

Hermanos Otero. Justo e Luis Otero. Na Tafona. Logo separaríanse.

Maderas Otero. De Luis Otero. Venta de madeira. Na Cooperativa e no Muro.

Narciso Otero Darriba. Carpintería. Na Xunqueira.

Ebanistería Pais. Valentín Carreira Pais. Na R. Cruceiro e despois na Picota. Anos 50. 

Anuncio. Programa Agrupación Artística Redondela 1954

 

Gumersindo Pazos Barciela. Carpintería en xeneral. Vilavella Anos 50-60. Despois Materiais de construción e ferraxería na Rabadeira.

Juan Rodríguez Pazos. Almacén de madeiras en xeneral ao por maior e menor. Na R. J. Manuel Pereira.

Julio Sánchez. Taller de ebanistería e carpintería nos 50.

CEDEIRA

“Chimino”.


CESANTES

A de José “o Torto”. Na Pantalla.

José Míguez Amoedo. Carpintería. No Paso a nivel. Anos 50.

Anuncio. Programa Agrupación Artística Redondela, 1954

 

QUINTELA

Justo Otero. Seguiu na Tafona cando se separou do seu irmán, trasladándose posteriormente a Mañó.


REBOREDA

José Amoedo Rodríguez. Ebanistería e tapicería. Reformas comerciais. Reboreda. Anos 50.

José Rodríguez Saavedra “Carballeira”. Madeireiro e transportista.

A de Chafeletero”

Eugenio López “Genio O Moucho”. Carpintería en Reboreda.

Simeón. Na Carambola.

NOTA: José “O da Pombeira”


VENTOSELA

Carnero.


O VISO

Ignacio. No alto do Viso.

Telmo. Na Teixeira.


Decoración e Moble

Pilar Alfaya Docampo. Nos anos 30.

Castillo. Cuadros, espellos, molduras. Na Rúa Prata nos 70.

Cocinas Alberto. En Reveriano Soutullo nos 80, trasladaríase logo ao Paseo da Xunqueira, onde pecharía por xubilación.

Boutique del Cuadro. Molduras, espellos, óleos e artigos de regalo. Na rúa Telmo Bernárdez nos 80.

Layba decoración. Lago y Barreiro. Mobles de cociña, papeis pintados, teitos decorados. Nos 70 na Xunqueira(Red), Av. De Vigo (Chapela) e Pracer (Vigo).

 

Anuncio no Faro de Vigo

Moble. R. Juan Manuel Pereira. Dende os anos 70. Pechou por xubilación.

Muebles Lago. Na actual Av. Ernestina Otero nos 70.

Muebles Cabaleiro. Funeraria, electrodomésticos e mobles de cociña. Nos anos 70 chegou a ter tendas en Xeneral Rubín, S. Xoán de Arcal, Avda. Praia (Cesantes), Estrada Vigo-Peinador e Candeán (Vigo).

Muebles Domínguez. Dende os anos 70. Segue aberta (2020) con tendas en José Regojo e no Muro.

Decoraciones Omar. De Manuel Rodríguez Otero. Pinturas, papeis pintados e cortinas. 

Anuncio no Faro de Vigo

 

Style. Boutique de la cocina. En Reveriano Soutullo nos anos 70. Logo trasladouse a Alfonso XII, Av. Mendiño e actualmente (2020) en Santa Mariña.

Varymar. Papel pintado. Na actual Rúa José Regojo nos anos 70.

Anuncio no Faro de Vigo

 


Enxoval do fogar.

1932 Louza e Cristal: Araújo Fernández (Águeda), Miguel Lago (Bienvenido).

María Ferández “La Cantadora”. Louza, porcelana e cristal. Na R. Alfonso XII nos anos 50.

Juana La Cantadora. Louza, porcelana e cristal. Nos anos 50.


Sanita. Louza, porcelana e cristal. Nos anos 50.


 

Obradoiro. Nos Eidos. Pechado cara a 2017.


Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Arquivo do Concello de Redondela =>Matrícula Industrial: 1885-86, 1886-87,1887-88, 1889-90.

Biblioteca Nacional de España: www.bne.es => Anuario-almanaque del comercio, de la industria, de la magistratura y de la administración, Anuario del comercio, de la industria, de la magistratura y de la administración, Anuario regional descriptivo, informativo y seleccionado de la industria, comercio, agricultura, profesiones, arte y turismo del Norte de España.

Faro de Vigo.

Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El Correo de Galicia, El Correo de Lugo, El Pueblo Gallego, Hoja Oficial del Lunes, El Progreso, La Noche...

Programas das Festas da Coca e Agrupación Artística Redondela (Varios anos)

Libro da Confraría de Ánimas

Aportes: A. Couñago Laxe, Campa, José Blanco Puga, María González, Kampa Crespo, Manuel Sijas, José Antonio Figueroa, Ajustina de Narón, Carlos Couñago Teles


1 comentario: