miércoles, 13 de enero de 2021

Comercios do sector téxtil.

 

Foto cedida por María Lago Barreiro

 

Téxtil ata mediados do S. XX.

Luciano Fernández Gándara. Tenda téxtil cando menos entre 1879 e 1894.

José Otero Martínez. Tenda téxtil cando menos entre 1879 e 1894. En 1899 aparece como propietaria a súa viúva.

Ramón Feijóo Fernández. Tenda téxtil, xastrería e mercería cando menos entre 1899 e 1910.

Cástor Garrido. Tenda téxtil e mercería cando menos entre 1899 e 1908.

El Siglo XX. Tenda téxtil, tamén mercería. Propiedade de Serafín Reboredo Blanco e fillo, cando menos entre 1901 e 1904. Tamén aparece nos censos José M. Reboredo, probablemente co mesmo comercio en 1899, e tamén entre 1902 e 1910 baixo o nome José María Reboredo e fillo. Ademais de panos vendía reloxos. 

 

Anuncio, 1919. Redención

Cándido Míguez. Entre 1902 e 1910.

Nicolasa Otero Milleiro. Tenda de tecidos e mercería entre 1902 e 1904

Consuelo Seoane. Comercio de tecidos entre 1905 e 1908.

Hermanos Borines. Comercio de tecidos en 1910.

Hermanos Escobar. Comercio de tecidos en 1910.

Las Delicias. Propiedade de Manuel Suárez Iglesias. Comercio de tecidos entre 1910 e 1915. Volta a aparecer nun censo de 1932.

La Tijera. De Mauro Santos en Alfonso XII en 1918.

Anuncio, 1918. La Idea
Anuncio, 1918. La Idea

 

La Villa de París. Comercio de tecidos, confeccións e paquetería que se traspasa en 1919.

Bernardo Núñez. Comercio de tecidos en 1925.

Rosa Reboredo. Comercio de tecidos e mercería en 1925.

Avendaño (Adelaida). Comercio de retales en 1932.

Lama (Serafina). Comercio de retales en 1932.

Loureiro Pérez (José). Comercio de retales en 1932.

Molina (Ovidio). Comercio de retales en 1932.

Paz Rodríguez (Josefa). Comercio de retales en 1932.

Ramonet Balado (Antonio). Comercio de retales en 1932.

Suárez (Cristina). Comercio de retales en 1932.

Cairero García (Antonio). Comercio de tecidos en 1932.

Docampo (Bernardino). Comercio de tecidos en 1932.

León de la Rosa. Tecidos, alpargatas, parasois, camisas, calzado... Abriu na rúa Alfonso XII en 1926, continuaba no 32

Anuncio1932. El Soplete

 

Esteiro Lama (Carmen). Comercio de tecidos en 1932.

Fernández Esteiro (Alfredo). Comercio de tecidos en 1932. En 1948 aparece un anuncio de Josefa Fernández Esteiro. En 1954 anúnciase como Sucesores de Alfredo Fernández, comercio de panos, telas e paquetería en xeral na rúa Ribeira.

Figueroa (Fermina). Comercio de tecidos en 1932.

García Míguez (Teodora). Comercio de tecidos en 1932.

Míguez Míguez (Josefa). Comercio de tecidos en 1932.

Otero (Isidro). Comercio de tecidos en 1932.

Otero Muíños (Eugenio). Comercio de tecidos en 1932.

La Perla. De Francisco Díaz Lago nos anos 30. Tenda de tecidos, calzado, camisas.... En 1954 xa se anunciaba como Casa Sr. Chico, de María Díaz Gómez. Na R. Ribeira.

Anuncio 1932. El Soplete

 

La Confianza. Propiedade de Olimpio Pereira García, na R. Alfonso XII. Tecidos, paquetería e calzado. Cando menos dende 1919. En 1954 anúnciase como Casa Olimpio Pereira.

Anuncio, 1919. La Redención.

 


Téxtil-Xastres

Casal, José Ramón. Mestre Xastre en 1845.

Nicanor Comesaña. Xastre cando menos entre 1879 e 1910.

José Villar. Xastre cando menos entre 1879 e 1908.

José Casal. Xastre cando menos entre 1902 e 1910.

Manuel Orge. Xastre cando menos entre 1902 e 1904.

Paulino Villar. Xastre cando menos entre 1902 e 1904.

José Lorenzo. Xastre cando menos entre 1905 e 1908.

Anselmo Parada. Xastre cando menos entre 1905 e 1932.

Ángel Rodríguez López. Xastrería na R. Alfonso XII, nos 40.

Sastrería Modelo, de Villar e Míguez. Alfonso XII 21, cando menos entre 1910 e 1919. En 1932 anúnciase Villar Sastre. Pertencía a Francisco Míguez Sánchez, nos 40.

Anuncio 1911. La Opinión

 

Joaquín López Fragueiro. Na rúa Alfonso XII. Xastre que en 1918 encárgase da confección e reparación do vestiario para a Guarda Municipal de noite. Segue exercendo no censo de 1932.

La Moda. Xastrería de Agustín Arias en 1921 na Ribeira, 1. 

Anuncio 1921. Ecos del Distrito

 

Paulino García García. Xastrería. Na Pz. Figueroa nos anos 30.

Olegario Barrera. Xastre en 1932.

Manuel Penas Laman. Xastre en 1932.

José Rodríguez Cabaleiro. Xastre en 1932.

Elegancia. Xastrería de Pérez e Ramonet, en Redondela en 1944. En 1948 pertencía a Ángel Pérez Rivero “Rollo”.


Anuncio 1948. Festas da Coca

CHAPELA

Isolino Freijeiro. Xastrería nos anos 40.

Manuel Antúnez. Xastrería nos 40.


Téxtil-Modistas

Josefa Bas. Modista en Vilavella en 1902.

Manuela Otero. Modista en Vilavella entre 1902 e 1904. Tenda en 1925.

Lucita Sestelo. Modista en Vilavella en 1902.

Martina Padín. Modista en Vilavella en 1904.

Martina Lorenzo. Modista en Vilavella en 1910.


Téxtil-Mercerías

Juan José Comesaña Rícón. Mercería cando menos entre 1879 e 1894.

Francisca Fernandez. Mercería cando menos entre 1879 e 1894.

José Fernández Carreira. Mercería cando menos entre 1879 e 1894.

Fermina González. Mercería cando menos entre 1879 e 1894.

Carlos Iglesias. Mercería cando menos entre 1879 e 1894.

Antonio Muíños. Mercería cando menos entre 1879 e 1894.

Micaela Muñoz. Mercería cando menos entre 1879 e 1884.

Manuel Piñeiro. Mercería cando menos entre 1879 e 1894.

Rafael Serna. Mercería cando menos entre 1879 e 1881.

Olimpio boas. Mercería cando menos en 1894.

Paulino Otero Milleiro. Mercería cando menos en 1899 e 1905.

Viúda de Otero Martinez. Mercería en 1899.

Manuela Pereira. Mercería en 1925.

María Sánchez. Mercería en 1925.

Mercería Viúda de Soto. Na rúa Reveriano Soutullo en 1948.

Anuncio 1948. Fstas da Coca

 

Téxtil. Na 2ª metade do S. XX.

Flora. Confeccións en toda clase de puntos. Na R. Alfonso XII a mediados dos 50.

Confecciones El Buen Gusto. Nos anos 50-60 na rúa Alfonso XII. 

Anuncios 1968. Festas da Coca

 

Viúda de Bernardo Pazos. Na rúa Ribeira nos anos 50-60.

Maruxa. Roupa infantil nos anos 60 na rúa Alfonso XII.

Novedades Celso. Xastrería. Na rúa José Regojo desde os anos 60. 

Anuncio 1968. Festas da Coca

 

Reggio. Cando menos dende os anos 70.

Confecciones Viúda de Rubio. Cando menos dende os anos 70 na rúa Alfonso XII.

Anuncio 1968. Festas da Coca

 

Sastrería Argibay. En General Rubín nos anos 60-70.

Gercel. Roupa de muller na rúa General Rubín. Nos anos 70.

Vimar. Na rúa Ribeira, cando menos dende os anos 70, daquela tamén na rúa Prata.

Pedales. Roupa infantil. Na rúa Ribeira, cando menos dende os anos 70.

Micha. Moda infantil en General Rubín. Cando menos desde 1981.

Novedades Sandra. Na rúa Alfonso XII a mediados dos 80.

Exclusivas Ucha. Desde os 80 en Negros e posteriormente na rúa Santa Mariña.


CHAPELA

Confecciones Miche-Maxi. En 1968.


Mercería. 2ª metade do S. XX.

Casa María Rita. María Rita Brea. Mercería-paquetería, tecidos e calzados. Na rúa Alfonso XII nos 50. 

Anuncio 1968. Festas da Coca

 

Shirley. Mercería e paquetería. Tamén vendía comestibles nos seus inicios, anos 50. Na rúa José Regojo.

La Patrona. Tecidos, mercería e paquetería na Pz. Figueroa 9, cando menos desde os anos 50.

Proxecto 1969. Arquivo Audiovisual Concello de Redondela

 


CHAPELA

Mercería Lolita. En 1968


Tintorerías. 2ª metade do S. XX

Tintorería El Arco Iris. De Vigo con sucursal en Redondela en 1948.

Confecciones Ladi. Surtidos de lana, chaquetas, xerseis, chaquetóns… Sucursal da tintorería Colón. Na rúa Alfonso XII en 1954.

La Moda. De Vicente Rodríguez López. Xastrería- tintorería na rúa José Regojo a finais dos 60. 

Anuncio 1968. Festas da Coca

 

Tintorería Super. Na rúa José Regojo desde os anos 70.





Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Arquivo do Concello de Redondela =>Matrícula Industrial: 1885-86, 1886-87,1887-88, 1889-90.

Biblioteca Nacional de España: www.bne.es => Anuario-almanaque del comercio, de la industria, de la magistratura y de la administración, Anuario del comercio, de la industria, de la magistratura y de la administración, Anuario regional descriptivo, informativo y seleccionado de la industria, comercio, agricultura, profesiones, arte y turismo del Norte de España.

Faro de Vigo.

Xornais locais=> LA IDEA, El Soplete, La Opinión, Terra!

Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El Correo de Galicia, El Correo de Lugo, El Pueblo Gallego, Hoja Oficial del Lunes, El Progreso, La Noche...

Programas da Agrupación Artística Redondela e das Festas da Coca.

1845 Rafael Senra-Fillo aprendiz xastre

Arredor de nós. Historia da Policía Local 1863-2003. Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure. 2003.



No hay comentarios:

Publicar un comentario