Foto: J.L.-Faro de Vigo |
A moitos o nome de Antonio Raimundo Ibáñez (Santa Eulalia de Oscos (Asturias), 1749 - Ribadeo, 1809) non lles dirá nada, pero se falamos do marqués de Sargadelos todos o relacionamos coa súa empresa cerámica de Sargadelos, En setembro de 2015, Adriano Marques de Magallanes cede ao Concello de Redondela a súa colección de Sargadelos. Actualmente (2021) podemos contemplala na Casa da Torre, albergue público de peregrinos.
Pero esta non é a única relación con Redondela. O único retrato que se conserva del é atribuído a Francisco Goya entre os anos 1805 e 1808. Este óleo consérvase no Museo de Baltimore, en Meryland (EEUU).
Retrato do Marqués de Sargadelos. Foto: fundaciongoyaenaragon |
Pero como chegou ata aquel país?
Unha nova nun xornal aclara un pouco máis, o museo adquiriu o cadro en Redondela.
Quen na nosa vila podía ser o vendedor?
Lembrei que entre os numerosos alcumes do noso Concello (Ver https://alcumes.jimdofree.com/ ) figuraba o de As Marquesitas, das que se di que recibiran o sobrenome por ser descendentes do Marqués de Sargadelos. Os seus verdadeiros nomes eran Elia e Carmen Ibáñez Araújo. Estas dúas irmás chegaron á nosa vila ao casar con outros dous irmáns: Florentino, procurador que exerceu a alcaldía de Redondela, e José Enrique Pereira Míguez, médico detido en setembro de 1936, que coñecería os cárceres de Vigo, as Illas de San Simón, o Castelo de San Cristóbal en Pamplona e Figueirido. Vivían na praza Constitución na casa construída polo pai destes, Manuel Pereira Miguez (1853-1939), propietario do balneario de Pedras Salgadas, en Portugal.
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
https://fundaciongoyaenaragon.es
Dos siglos sin el Marqués de Sargadelos. Salvador Rodríguez. La Nueva España
Redondela, crónica dun tempo pasado. A Segunda República e o primeiro franquismo. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. Edicións do Castro 2002.
Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es
Faro de Vigo
Aportes: Manuel Puga e Matilde Fernández.
Espectacular!!
ResponderEliminar