Algúns brasóns de Redondela. Fotos: J. Migueles |
Os apelidos máis antigos.
Despois de escoitar a xente que con fachenda di que o seu apelido é dos máis antigos de Redondela, decidín dar resposta a esta pregunta: ¿Cales son os apelidos máis antigos do noso concello? Non se pode dar unha resposta cen por cen fiable, pero si recompilar os apelidos recollidos nos papeis que se conservan das diferentes épocas, moitos deles xa desaparecidos.
Buscando na miña base de datos atopo:
S. XIII: Anes, Aras, Eanes, Comealle, Fernández, Gómez, González, Iohanis, Luján, Martín, Martínez, Oduari, Peláez, Pérez, Rodríguez, Trigo, Valladares.
S. XIV: Anes, André, Díaz, Domínguez, Eanes, Escudero, Espurgueiro, Estebañez, Estévez, Fernán, Fernández, Gómez, Junqueras, Lorenzo, Martín, Martínez, Mela, Núñez, Paz, Pedernia, Pérez, Quireza, Ramos, Rodríguez, Ruanova, Salgueiro, San Pedro, Segemonde, Sobrado, Suárez, Tomé e Yañez.
S. XV: Antre, Ávila, Balan, Balboa, Barcia, Bello, Borreiros, Bouza, Bouzas, Buxeiro, Cadaval, Cal (Qal), Camoens, Carneiro, Casal, Castiñeiras, Cremenco, Crimeco, Cruu, Diz, Durán, Fernández, Ferreiro, Fonseca, Fragueiro, Francés, Giráldez, Gómez, González, Guntije, Junqueiras, Lavadores, Lira, Lourenzo, Machadiño, Martínez, Milleiro, Míguez, Morgued, Moro, Mos, Mourelle, Mouriño, Nogueira, Ponte, Prego, Preto, Proben, Ramiráns, Regadas, Rodríguez, Rolan, Roupeiro, Salgueiro, Sánchez, Santabaia, Santa María, Sarmiento, Sequeiros, Sorrede, Sotomayor, Suárez, Táboas, Tezelan, Val, Valladares e Verea.
Insisto en que estes son os apelidos da miña base de datos, o que non quere dicir que estean os apelidos de todos os habitantes de Redondela desta época. Outro punto a ter en conta é que os nosos apelidos aparezan nesta lista non significa que os nosos devanceiros foran de Redondela. Para poder aseguralo necesitariamos un estudo en profundidade da nosa árbore xenealóxica.
Os apelidos máis comúns .
Segundo o informe de 2012 do IGE (Instituto Galego de Estatística) os apelidos que máis abundan en Galicia son os mesmos que a nivel nacional: Rodríguez, Fernández, López, González e García. En Redondela, daquela con 30.006 habitantes, a situación é similar con 2.824 persoas apelidadas Rodríguez, ou sexa, que practicamente un de cada dez redondeláns leva este apelido en primeiro ou segundo lugar. Seguen como máis comúns: González (2.382), Fernández (1.997), Martínez (1.684) e Pérez (1.408).
No resto da comarca atopamos que en Soutomaior, con 7.223 habitantes, son maioría os Martínez (506), Lorenzo (446) e Vidal (418). Seguidos polos máis comúns: Rodríguez (406), Fernández (393) e González (390). En Pazos de Borbén o máis repetido é Míguez (334) e en Fornelos de Montes, Garrido (154 dos seus 2.002 habitantes).
Como
apelido orixinal e da zona destácase Amoedo (nome dunha parroquia
de Pazos de Borbén), dos que aparecen 801 en Redondela, 239 en
Soutomaior, 155 en Pazos e 95 en Fornelos.
Outros apelidos
frecuentes na comarca son Álvarez, Lago, López, Cabaleiro, García,
Alonso, Otero e Couñago, todos repetidos máis dun milleiro de
ocasións entre os habitantes dos catro concellos.
A marxe dos datos do informe podemos engadir que existen uns apelidos típicos por parroquias ou lugares. Poderíamos citar como exemplo en Chapela: Ballesteros e Covelo, en Cesantes: Bouzón e Táboas, en Reboreda: Couñago, en Vilar: Barciela, no Viso: Alján e Vidal, en Cabeiro: Lago...
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
20120110 Faro de Vigo
Archivo Histórico Nacional (Pares)
Fondo Casto Sampedro-Museo de Pontevedra.
SEREN
Biblioteca Nacional de España (BNE)
Galiciana => El Regional, Gaceta de Galicia
Redondela y Vigo frente a la luctuosa y el diezmo eclesíastico: la sentencia arbitral de 1494. José Martínez Crespo. Cuadernos de Estudios Gallegos. Nº 113 (2000).
http://www.archivesportaleurope.net
La hacienda arzobispal compostelana: libros de recaudación (1481-83 y 1486-91). Escrito por Mercedes Vázquez Bertomeu
La guerra hermandina. Escrito por José Couselo Bouzas.
Don Álvaro Sánchez de Ávila, Tenente de Rocha Forta, o la nobleza gallega bajo-medieval en la transición hacia la Modernidad. Xosé M. Sánchez Sánchez.Archivo-Biblioteca de la Catedral de Santiago. Cuadernos de Estudios Gallegos, LVII. N.º 123, enero-diciembre (2010), pp. 91-193. ISSN 0210-847 X.
Aportes C. Milleiro e X. Moreira Docampo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario