martes, 8 de junio de 2021

Toponimia de Cedeira (1 de 4)

 

CEDEIRA

CEDEIRA (San Andrés): O seu significado é pouco claro. Dende o proxecto Gaelaico, que toma como base o gaélico significa "porto, peirao" e deireadh significa "do fondo ou do final". Así, Cedeira significaría "porto ou peirao do fondo ou do final". No traballo referente ao concello coruñés de Cedeira Topónimos costeiros da Ría de Cedeira, de X. A. Porto Dapena, o autor defende que ven do latín Cetaria, porque o atopa así escrito nun documento do s. IX, tendo o significado de “viveiro de peces”. , unha “cetárea”. Outros autores o identifican co adxectivo galego cedeiro-a, co significado de “temperá”, “cedo”. Tamén podería relacionarse con “cerdeira” pero a desaparición do “r” sería difícil de explicar. Unha última teoría o consideraría un fitotopónimo, procedente de “acedeira”.

A Portela. Foto: J. Migueles
A Portela. Foto: J. Migueles

 

Barrios

  • A Aldea: Aldea pode ser desde un pobo pequeno ata unha soa casa. Xa aparece nun documento de 1562 e noutro de 1697. Tamén citado no Diccionario Madoz (1850).

  • O Cruceiro: Do latinismo tardío cruzarius. Pola existencia dun cruceiro no lugar. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/cruceiros-esmoleiros-e-petos-de-animas.html )

  • A Eira Pedriña: Eira pode ter os significados de “espacio libre de edificacións”, “lugar para trillar”, “patio”, “espacio entre casas” ou “cruce de camiños”. Pedriña, “pedra ou rocha pequena”. Aparece nun documento de 1698 como lugar de Eira Pedriña de Vaixo. Aparece no Diccionario Madoz (1850) como Ceira Pedriña.

  • A Formiga: Si ben é o nome dun insecto, no referente ao lugar pode ter un significado distinto. Nun documento de 1697, Coto Formiga. Aparece no Diccionario Madoz (1850), A Formiga.

  • Fortóns: Podería ter relación co adxectivo forte (con forza) ou co substantivo forte (fortificación), pero non hai constancia de ningunha edificación deste tipo. Aparece no Diccionario Madoz (1850) como Fortones. No Catastro actual aparece castelanizado, Fortones. Algunhas propiedades con este nome pertencen a O Muro (Vilavella).

  • A Portela: A forma port-ella é un diminutivo latino de porto. Neste caso é un pequeno porto de mar. Aparece no Diccionario Madoz (1850).

  • Rande: Pode ter a súa orixe no preindoeuropeo r-a/o (rascar, raspar). Faría referencia a un lugar elevado erosionado. Aparece no Diccionario Madoz (1850) como Randi.


Toponimia menor

Abadesa (Cruceiro): Eidos e Leiras

Lugar de Agosto (Formiga de Arriba-A Formiga):

Auga Branca (Fortóns):

Mina de Auga Branca (Fortóns):

Albarrén (Cruceiro/Fortóns): Derivado de albarrana (torre de vixía nas murallas ou fortalezas). Ao sur atópase o barrio de Fortóns, polo que a existencia dun forte explicaría os dous topónimos, pero ata o de agora non hai constancia de ningunha construción dese tipo. Outra hipótese sería que derivara de albar, que podería ser un adxectivo que significara “cor clara” ou que fixera referencia a algún tipo de cultivo temperán. Nun documento de 1697 aparece heredad de Albaren. No Rueiro (2007), Camiño de Albarrén.

Albarronda (Cruceiro): Nun documento da Deputación de Pontevedra de 1785: monte da Esbarronda limita polo Este con camiño que vai a San Esteban, polo sur co monte Boca da Portela e polo oeste con outro chamado Fonte do Mouro. No Catastro actual, Albarronda. No Rueiro (2007), Camiño de Albarronda. A explicación sería similar á de Albarrén.

A Aldea (A Aldea). No Catastro actual, Aldea. Ver Barrios.

Aldea (de Abaixo e de Arriba) (Aldea): Nun documento de 1749 aparece Aldea de Riva.

Finca de Alonso (A Portela):

A de Amaro (Aldea): Nome propio.

Os Ameales (Eira Pedriña): Nun documento de 1697, veigas do Amieiro (ou Ameeiro) e campo do Amieiro. No Catastro de Ensenada (1752) Campo do Prado do Ameeyro. Nun documento de 1697 aparece campo do Ameal. No Catastro actual aparece en singular, Ameal.

O Areal (Fortóns):

O Areal Redondo (Fortóns):

O Areeiro (A Formiga):

A de Arquilia (Aldea): Nome propio da propietaria, que ao chegar a certa idade marchou a vivir a USA onde reside a súa filla. A finca coas ruínas da casa foi vendida recentemente (2020).

Artilleira (A Formiga): No Rueiro (2007), Camiño da Artilleira.

O Arxal (Cruceiro): Eidos e Leiras. No Rueiro (2007) Camiño do Arxal.

Baladiñas de Abaixo (A Portela): Nun documento de 1697 aparece lugar de Riande pequeño tamén chamado herdade da Baladiña. No Rueiro (2007), Camiño da Baladiña.

Baladiñas de Arriba (A Portela):

A Ballota / Fonte e lavadoiro da Ballota (A Portela): Variación de Bellota, polas landras (froitos do carballo) que baixaban polo regato da fonte. Aparece nun documento de 1697, cocho da Ballota, Fonte dos Ballotes e Fonte da Ballota antes nomeada Fonte da Estrada”. En Visitas ás reais devesas e plantíos da antiga Provincia de Tui (1750), dehesa de la Bellota.

A Bandeira / Fonte e lavadoiro da Bandeira (A Formiga):

Os Banquiños /Fonte dos Banquiños (A Portela):

Barriga de Can (Aldea):

A Leira do Barro (A Formiga):

As Barroncas (Fortóns): No Rueiro (2007) Camiño das Barroncas.

Barrondas (O Cruceiro): Pode relacionarse costopónimos xa vistos de Albarrén e Albarronda. Aparece nun documento de 1562 como lugar da Barronda. Tamén no Arquivo da Deputación de Pontevedra atopo monte Barronda (1845). No Catastro actual, Barrondas.

A do Basilio (Fortóns):

O Batullo (A Portela): Eidos e Leiras.

A Bergantiña (A Portela):

Besada (Fortóns). No Catastro actual.

Bouza Longa (A Portela): Lugar/ Eidos e Leiras. Aparece nun documento de 1697 veiga Bouza Longa. No Catastro actual.

A do Bravo (A Formiga): Alcume.

O Campo da Burra (A Portela):

O Buscal (Cruceiro): Aparece en documentos de 1592 e 1697 como veigas do Buscal. Noutros de 1697 e 1749 como herdade do Buscal. No Catastro actual.

O Campo do Busacal (Cruceiro):

Cachada (Eira Pedriña):

Finca da Cachana (A Formiga):

Cacharela (O Cruceiro):

O Cairo (A Portela): Casa. Non atopei O Cairo en documentos antigos ata a construción da casa que leva este nome. A principios do século XX atopo o apelido Cairo en Vigo. Os propietarios actuais cren que era o apelido do primeiro propietario. No Rueiro (2007), Camiño do Cairo. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/02/casas-destacadas-de-cedeira.html )

Fonte da Cal (A Portela): Eidos e Leiras que reciben o nome da fonte. Cal sería a canle que leva a auga ata o surtidor da fonte. Atopo a seguinte evolución do topónimo: Fonte do Vucedo (1586). Fonte do Vucedo ou Fonte de Fernán Mallo que hoxe chaman do Cano (1697-1749) e por outro nome Fonte da Cal (1697). Fonte de Fernán Mallo (1752).

Caldeirada (O Cruceiro): Lugar de. Alcume.

Camisol (O Cruceiro):

O Campo (Fortóns):

O Campo (O Cruceiro): Aparece lugar do Campo nun documento de 1697.

O Campo de Arriba

Campo do Cura (O Cruceiro):

Campo do Fondo (A Portela):

Campo Galocho (Aldea):

Campo das Maceiras (A Portela-Outide):

O Campo do Portugués (Aldea):

Campo da Poza (A Portela):

O Campo da Vella (Eira Pedriña):

O Campo da Bellaca (O Cruceiro):

Campo de Ventura (Aldea): Eidos e Leiras.

Os Campos (Fortóns): Eidos e Leiras. No Catastro actual.

Campos de Solís (A Portela)

O Can do Coto (A Formiga):

O Canabal (O Cruceiro (Cedeira)/Vilavella): Lugar cheo de canas. Neste punto tamén recibe este nome unha enorme propiedade privada que agora é máis pequena pola venda de pequenas parcelas. Nunha nova de 1908 a citan como finca das de Mos, facendo referencia ao apelido das propietarias. Unha filla de estas casaría con José Torrado André, pasando a ser a dos Torrado. A entrada que ten preto do casco urbano de Redondela (agora na rotonda) era coñecida como Portal Chinchillo. No Catastro actual atopamos O Canabal e Coto de Canabal. No Rueiro (2007), Camiño do Canabal.

Canabal (Fortóns): Lugar.

Canabal de Abaixo (O Cruceiro): Nun documento de Bocas (heredad das) => "antes de ahora se llamaba de Canabal de abaixo" (1697)

Canabal Arriba da Periza (Fortóns):

Fonte do Canabal ou dos Remedios. Aparece como Fonte do Canabal en documentos de 1586 e 1697. Recollido como linde de Cedeira no Catastro de Ensenada (1752). A chamada Fonte de Canabal é unha fonte reformada recentemente, pero existe outra fonte máis antiga que ao mercar unha familia varias parcelas quedou dende hai moitos anos dentro dunha propiedade privada.

O Canal (O Cruceiro):

Canceleira: Lugar.

O Cano (Eira Pedriña): No Rueiro (2007), Camiño do Cano.

A Canteira de Eira Pedriña (Eira Pedriña): Sitio onde extraía mineral. Eira Pedriña o vimos no apartado adicado aos barrios.

Fonte de Carallás (Fortóns): Nela figura o ano de 1871. Carallás sería un alcume.

Poza de Carallás (Aldea): Repítese o alcume de Carallás ligado a unha mina de auga o que nos fai pensar nunha persoa que se adicaba a facer pozos. No Rueiro (2007) Camiño Poza do Carallás.

O Caramuxo / Poza do Caramuxo / Fonte do Caramuxo (Fortóns): Aparece nun documento de 1697, herdade de Caramuxo e Río do Caramuxo. A fonte foi trasladada a certa distancia da poza para estar máis preto das casas.

A Carballa (A Portela): Aparece nun documento de 1697 cavada as Carballas.

A Carballeira (Aldea): Lugar/Bosque. No Rueiro (2007), Camiño da Carballeira.

Carballida (Cruceiro):

As Cardosas: Lugar onde existirían moitos cardos. No Catastro actual. No Rueiro (2007), Camiño das Cardosas, camiño que ten continuación no rueiro de Redondela.

Casa das Ánimas (Aldea): Ten un peto de ánimas na fachada. Antiga escola.

A Casa Vella (Formiga de Abaixo-A Formiga):

Lugar da Cascalla (Fortóns):

O Caserón (A Formiga):

A Casilla (A Formiga):

O Castañal (Fortóns(Cedeira)/Redondela): No Catastro actual.

A Cavada (Aldea): Aparece nun documento de 1697, a Cavada.

A Cavada Vella / Muíño da Cavada Vella (Aldea): No Catastro actual A Cavada Vella.

A Cavada Vella / Poza da Cavada Vella (A Formiga). Aparece nun documento de 1592 Casal de Cavadavella por outro nome Fuente de Ríoseco. Volve aparecer neste arquivo en 1697 como Cavada Vella. No século XIX cítase como A Cabada da Vella.

As Cavadiñas (Fortóns): No Rueiro (2007), Camiño da Cabadiña.

Cerdeira Negra (O Cruceiro):

As Cerdeiras (Formiga de Abaixo-A Formiga): No Catastro actual, Cerdeiras.

O Cerrado (Aldea):

O Cerrado da Cancela (A Formiga):

A Chan (Cavada Vella-A Formiga). Nun documento de 1749, Fonte do Chan, e noutro documento do Arquivo da Deputación de Pontevedra de 1845, Fuente da Chan.

A Chan do Couto (Fortóns)

Chan da Cruz (Cedeira/Negros/Trasmañó): Debe o seu nome a unha gran cruz gravada nunha rocha en terreos de Trasmañó. Algúns investigadores a databan na Idade Media co fin de cristianizar o lugar, pero semella que é un motivo máis do grupo de petróglifos.

Chan da Pedreira: Eidos e Leiras.

A Chan da Veiga (Fortóns):

As Chans. Nun documento de 1562, Chans de Pera do Coto. No Catastro actual, As Chans.

A Chicharra (A Formiga): Unha chicharra é un tipo de insecto, cigarra. Nome dunha casa modernista que se popularizou pola rodaxe nos anos 20 do pasado século da película “Carmiña, flor de Galicia”. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/02/casas-destacadas-de-cedeira.html ). No Rueiro (2007), Camiño da Chicharra.

A da Chilona (Fortóns):

A do Chisco (Aldea):

As Chozas (A Formiga). Faría referencia a un grupo de casas modestas. No Catastro actual As Chousas.

Fonte do Civil (A Portela):

O Cocho (Fortóns): No Fondo Casto Sampedro aparece en 1705, herdade do Cocho.

O Cocho /A Fonte do Cocho (Eira Pedriña): No Rueiro (2007) Camiño Fonte do Cocho.

O Cocho (O Cruceiro):

Coche, fonte do (A Portela):

Cocho de Gorras (Aldea): Tamén coñecido como a da Capadora, alcume da propietaria. Atopei Cocho de Gorras en documentos de 1699 e 1799.

Cocho do Pato (Aldea): Poza desaparecida onde se lavaba a roupa. Estaba na parte baixa do Río de Quintán.

Os Cochos (Fortóns):

Os Cochos (A Formiga):

A Concheira (Rande)

A Mina do Condés (O Cruceiro):

O Cornello (Eira Pedriña):

O Corredor: Lugar onde se construíu a Casa do Corredor que logo se chamaría Pazo de Torrecedeira. Aparece nun documento de 1749.

Coruxeira (Eira Pedriña): Lugar.

As Costeiras (Fortóns):

Cotarelo de Abaixo / Cotarelo de Arriba. É un diminutivo de coto, pequena prominencia. No Catastro actual, Cotarelo de Arriba. No Rueiro (2007), Camiño Cotarelo.

Coto (A Formiga): Elevación no terreo ou punto máis alto dun monte ou outeiro.

O Coto (Eira Pedriña):

Coto do Coello. No Rueiro (2007), Camiño Coto do Coello.

O Coto do Corno (Cedeira): O nome pode vir por un petróglifo que representa a un cervo con grandes cornos.

A Couta de Nicol (Formiga de Arriba-A Formiga):

O Couto (Fortóns): Atopo Veiga do Couto en documentos de 1562 e 1697. Tamén aparece no Fondo Casto Sampedro, Campo do Couto, en 1681.

O Couto de Abaixo (Fortóns)

 

Autor: J. Migueles

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario