martes, 8 de junio de 2021

Toponimia de Cedeira (2 de 4)

 

Monterraso. Foto: J. Migueles
Monterraso. Foto: J. Migueles

Camiño da Cova de Galicia (A Formiga). Neste caso Cova pode referirse a que o camiño está máis baixo que os terreos das beiras. Galicia sería probablemente un apelido baseándonos nun documento de 1586 no que aparece A porta de Juan de Galicia.

O Covelo (Fortóns): Lugar. Nun documento de 1697, lugar do Cubelo. En Visitas ás reais devesas e plantíos da antiga Provincia de Tui (1750), Rego do Cobelo. No Catastro de Ensenada (1752) lugar do Covelo. Aparece no Diccionario Madoz (1850) como barrio de Cedeira. No Catastro actual, Covelo.

Casa do Covelo (Fortóns):

A de Crespo(Formiga de Arriba-A Formiga):

Os Cribeiros de Adentro (Aldea): No Rueiro (2007), Camiño de Cribeiro.

Os Cribeiros de Afora (Aldea):

As Cristas. Alcume.

O Cristo da Murada. Nome recibido por unha cruz das chamadas “de home morto”, en lembranza dunha persoa falecida no lugar. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/cruceiros-esmoleiros-e-petos-de-animas.html ). No Rueiro (2007) Camiño do Cristo e Camiño das Muradas.

O Cruceiro (O Cruceiro). Comentado cando falamos dos barrios. Nun documento de 1697, herdade o Cruceiro. No Rueiro (2007), Estrada do Cruceiro.

A Cruz (Aldea)

A Cruz (A Formiga).

Lugar do Cuña / Fonte do Cuña (Fortóns): Virá do apelido Acuña ou Cunha.

As Cuturas (Fortóns): No Fondo Sampedro nun documento de 1697: "Heredad da Maseira atrás das Cuturas" .

Debaixo da Ventana (Fortóns):

Decota, a (Eira Pedriña):

Devesa do Crego (A Formiga): Unha devesa é unha parte de monte arborado con un ou varios propietarios que está delimitado con valados ou marcos. Pertencería ao cura párroco.

A Devesa do Rei: O termo do Rei fálanos dunha devesa cuxos beneficios eran a prol do monarca.

Dona dos Lagos (Aldea):

As Douradas (Fortóns):

O Eido de Alá (A Formiga): Un eido é un pequeno terreo adicado á agricultura.

Eido Benita (Fortóns): No Rueiro (2007), Camiño Eira de Benita.

O Eido de Bras (Aldea): No Rueiro (2007), Camiño Eido de Bras.

Eido da Caseira (Fortóns):

O Eido da Chicá / A fonte do Eido da Chicá (Eira Pedriña): Tamén o Eido da Chicaia.

Eido do Chico (Fortóns):

Eido do Civil (A Portela):

Eido do Cura ou Finca do Cura (Aldea):

Eido do Cuscuriño (Eira Pedriña):

Eido do Dereitiño (Eira Pedriña): No Rueiro (2007), Camiño do Eido Dereitiño.

Eido da Eira Pedriña (Eira Pedriña): Eira Pedriña o vimos no apartado adicado aos barrios.

Eido Farruco (Fortóns):

O Eido de Pedro (Formiga de Arriba-A Formiga):

Eido da Pisca (Aldea):

Eido Vello (Aldea): No muro de peche hai unha cruz que sinalaba que alí vivía un relixioso. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/cruceiros-esmoleiros-e-petos-de-animas.html )

Eido Vello (A Formiga):

A Eira (Fortóns): As eiras son terreos próximos ás vivendas onde se realizan algunhas tarefas agrícolas.

A Eira (A Portela). No Catastro actual.

Eira Pedriña. Comentado no apartado dos barrios. No Rueiro (2007), Camiño Eira Pedriña.

Eirado (Cruceiro):

Lugar do Eirado (Fortóns): No Rueiro (2007), Camiño do Eirado.

A Encrucillada (Rande). Cruce de camiños.

Enriba da Estrada (A Formiga):

Entrada da Casa (A Formiga):

Entreviñas

Escribanos (A Portela). Probablemente estes terreos serían un foro propiedade dun escribano. No Catastro actual, Escribano.

Escribanos de Abaixo (A Portela):

Escribanos de Arriba (A Portela):

Lugar de Estévez(A Formiga):

O Estripeiro de Cacabelos (Rande):

A Fachuqueira (A Formiga):

O Faneco (A Rabadeira). Eidos e Leiras. Alcume familiar. No Catastro actual

Lugar da Fariñeira (Formiga de Abaixo-A Formiga):

Devesa do Faro (A Formiga):

A Farola (As Chozas-A Formiga):

A Feixa (Fortóns):

A Feixa (Eira Pedriña):

O Regueiro da Feixa / o muíño da Feixa (Eira Pedriña):Ver Feixa.

Lugar de Felisa (Fortóns):

As Ferráns (Fortóns):

Finca da Condesa (Fortóns): Terreo da Condesa de Torrecedeira, antiga propietaria do Pazo de Torrecedeira. No Rueiro (2007), o camiño que leva ao pazo (barrio Aldea) é o Camiño Condesa de Torrecedeira.

A Fonte (A Formiga):

Fontela (Cruceiro):

A Formiga (A Formiga): Lugar. Topónimo visto no apartado adicado aos barrios. No Catastro actual, Formiga. No Rueiro (2007), Camiño da Formiga.

Os Foros (A Formiga). No Catastro actual, Foros.

Fortóns (Fortóns). Comentado no apartado adicado aos barrios. Nun documento de 1562, lugar de Fortóns, e noutro de 1697, Fortóns, lugar y casal de Fortóns de Abaixo e Fortóns de Arriba. No Catastro actual castelanizado, Fortones. No Rueiro (2007), Camiño de Fortóns e Estrada de Fortóns.

Frian (Cedeira/Quintela). No Catastro actual, Frian. Atopo Padrón de Frian (ou Campo de Vasco González) (1586-1752) “Padrón de Frean que hoxe falta” (1697)

A Gaiosa (Eira Pedriña):

A Galeana (Fortóns):

O Galleiro (A Formiga):

A de Gándara (Cruceiro). Chamada así por ser propiedade de José de la Gándara Sestelo, destacado empresario de finais do século XIX e principios do XX. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/02/casas-destacadas-de-cedeira.html )

A Garbacha (Carballeira-Aldea):

O Gorgullón (Fortóns):

O Gorgullón /Fonte do Sapo ou do Gorgullón (A Formiga):

Gouvea (A Portela):

Gouvea (A Formiga):

O Campo de Gouvea (A Portela):

A Grila / Fonte da Grila (Aldea): No Rueiro (2007), Camiño das Grilas.

Lugar da Guisa (Formiga de Abaixo-A Formiga): Alcume. No Rueiro (2007), Camiño das Guisas.

O Herbal (Fortóns):

O Herbal (Aldea):

A Horta (Fortóns):

As Hortas de Arriba (Fortóns):

A Hortiña (Fortóns):

Igrexa. Lugar onde está a Igrexa parroquial de San Andrés de Cedeira e terreos que lle pertenceron. No Catastro actual

Igrexario (O Cruceiro): Aparece lugar do Iglesario en documentos de 1562 e 1697.

O Inxido / Poza do Inxido (Fortóns):

A Lagoa (Eira Pedriña):

A Lagoa (A Formiga):

Os Lagos (Aldea). Lugar con moita auga.

Fonte e lavadoiro dos Lagos (Aldea): Nun documento de 1697, Fonte dos Lagos.

O Lameiriño (Aldea): Lugar. Nun documento de 1697, lugar de Fonte do Lameiriño por outro nome do Outeiro da Raíña. Noutro de 1749 lugar do Lameiriño.

A Landina (A Formiga):

Laranxeira (Aldea). Nun documento de 1581, Cortiña do Larangeiro. Noutro de 1697, huerta do Naranxal.

A Laroxa (Aldea):

Lavego Redondo (Fortóns):

Os Lavegos (Fortóns): Atopo Heredad do Lávego en documentos de 1562, 1697 e 1749.

Os Lavegos da Periza (Fortóns):

As Laxes (Eira Pedriña). Nun documento de 1749, As Laxes.

A Leira (A Formiga): No Rueiro (2007), Camiño da Leira.

A Leira do Crego (Eira Pedriña):

As Leiras (Fortóns):

A Longra (Aldea): Eidos e Leiras. Nun documento de 1697 aparece quingostra da Longra, heredad Longra e Campo da Longra. No Catastro de Ensenada (1752), lugar da Longra. Nun documento do Arquivo da Deputación de Pontevedra de 1792, sitio de Fontenla ou Longra. Con este novo topónimo atopo: sitio de Fontenla (1785), Heredad de Fontenla antes chamada da Miranda (1697) e Herdade de Fontelas (1562). Fontenla e Miranda serían apelidos. No Catastro actual, Longras. No Rueiro (2007) Camiño da Longra.

O Campo da Longra (O Cruceiro):

A do Lopes (Eira Pedriña):

Loureiros (Aldea):

O Lugar (A Formiga):

Lugar de Andrea (As Chozas-A Formiga):

Lugar de Arriba (Rande)

O Lugar de Arriba (A Formiga):

Devesa do Lugar de Arriba (A Formiga): No Catastro actual, Lugar de Arriba.

Lugar da Candelaria (Formiga de Abaixo-A Formiga):

Lugar da Nicola (Formiga de Abaixo-A Formiga):

Lugar do Señor Juan (Aldea):

Luqueiro, o (Eira Pedriña):

Luqueiro, a fonte do (Eira Pedriña):

Macarela (Cruceiro): Eidos e Leiras.

Monte de Machaquito (A Portela): Alcume de Manuel Leirós, casado coa herdeira de terreos neste monte.

Maceiras (Fortóns): Atopo Veiga da Maceira en documentos do Fondo Sampedro de 1562 e 1697, Herdade de Maceira en 1699 e 1799 e, concretando máis, en 1697, "Heredad da Maseira atrás das Cuturas" . Tamén aparece Molinos da Maceira... do dominio do Duque de Soutomaior" (1562).

Maceiras de Abaixo (Fortóns):

Maceiras de Arriba (Fortóns):

Lugar de María a Grande (A Formiga). Alcume.

A Marica (Aldea):

A Marola (A Portela). No Catastro actual.

A de Marta (Cruceiro)

A da Marta (Fortóns): Alcume.

Meu Lar: Eidos e Leiras. Dividida pola metade pola estrada Redondela-Vigo. Antes de ser dividida en parcelas, foi propiedade do matrimonio formado por Enrique Lorenzo, empresario naval vigués, e María Feijoo Alfaya, dona do Pazo de Pousadouro, en Reboreda.

Meixide (A Portela). Nun documento de 1697 aparece heredad de Meixide e cocho de Meixide. No Catastro actual, Mexide.

Meixide de Abaixo (A Portela):

Meixide de Arriba (A Portela):

A Mendexa (Aldea):

O Migalleiro

Millaras (A Formiga). No Catastro actual.

A Millora (A Formiga):

A Minada (Eira Pedriña):

A Minada (A Portela):

A Minada (A Formiga):

Devesa do Monte (A Formiga):

Monterraso (Aldea): Casa e finca/ Eidos e Leiras. Propiedade do señor Adolfo de la Peña Roffignac, avogado e alcalde de Santiago, casado con Carmen de Andrés García, irmá de Dolores, esposa do Conde de Torrecedeira. Nun documento de 1697 aparece Monte Raso e noutro de 1749 Monterraso. No Rueiro (2007), Camiño do Monterraso. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/02/casas-destacadas-de-cedeira.html ).

A de Moreira (A Formiga):

A Moscalleira (A Portela): Zona que quedou moi afectada pola construción da estación de trens. No Rueiro (2007), Camiño da Moscalleira.

Lugar dos Mouchos (Aldea):

A Muiñeira (A Portela):

Os Muíños (Aldea):

Negueiride (Aldea): Lugar, hoxe camiño. Nun documento de 1697 queda explicado o topónimo: campo da Nogueira por outro nome Nogueiride. No Catastro actual, Nogueiride. No Rueiro (2007), Camiño de Negueiride.

Outeiriño (Aldea): Lugar do. Aparece lugar de Outeiriño en documentos de 1581 e 1697. Tamén en 1697 cocho de Outeiriño por outro nome de Quintán.

Campo do Outeiriño (Aldea):

Outide (A Portela /Vilavella): Atopei Campo de Outide e lugar de Outide en documentos de 1562 e 1697. Mal castelanizado como Outiz. Sería unha variante de outeiro, pequena elevación. No Rueiro (2007), Camiño de Outide.

Outide de Abaixo (A Portela(Cedeira)/Redondela). No Catastro actual, Outiz de Abaixo.

Outide de Arriba (A Portela(Cedeira)/Redondela). No Catastro actual, Outiz de Arriba.

 

Autor: J. Migueles

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario