jueves, 25 de junio de 2026

Guerra Civil. Listaxe de Presos na Illa San Simón-I

 

Campo das alocucións. Publicada en As illas de San Simón e San Antonio.

 

Ibaibarriaga Badiola, Segundo (Ondarroa-Bizkaia)

Conserveiro, 38 anos, casado con Joaquina Ajarristu. Fillo de Domingo e Miguela.

Xulgado en Bilbao por Auxilio á Rebelión. Condenado a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Vizcaya (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300727, Expediente 72093).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (09/10/1938) e Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda (10/01/1940). Prisión atenuada o 07/07/1940.


Ibáñez Carrión, Basilio (Picón-Ciudad Real)

Labrego, 60 anos. Fillo de Agapito e Filomena.

Alcalde de Picón. PSOE e UGT. Declara que como alcalde tivo que participar nas incautacións, pero actuou como espectador nos inventarios. Nega participar na destrución da igrexa e as súas imaxes. Acerca dos asasinatos só coñece rumores e coida que os culpables foron detidos en campos de concentración.

Xulgado por Rebelión Militar (Causa 1030/1939)(Sumario 2319). Condenado o 05/04/1940 a 20 anos de prisión menor.

Preso, cando menos, na Prisión de Piedrabuena-Ciudad Real (25/05/1939), Prisión Central de Valdenoceda-Burgos, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (26/04/1941) e Prisión de Ciudad Real (13/01/1943), onde por orde do 22/05/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 157 de 06/06/1943, páxina 5467), facéndose efectiva o 01/05/1943. Reingreso o 18/08/1943. Liberdade definitiva o 10/10/1943.


Ibáñez Crespo, Salvador (Benilloba-Alicante)

Tecedor, 70 anos. Fillo de Pascual e María.

Veciño de Tarrasa (Barcelona).

Xulgado (Causa 3788/1939). Condenado o 02/06/1939 a 6 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Barcelona (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300785, Expediente 80307).

Preso, cando menos, na Prisión de Tarrasa, Prisión Celular de Barcelona (28/05/1939) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón


Ibáñez Estrada, Ceferino (Panes, Peñamellera Baja-Asturias)

Industrial, 60 anos. Fillos de Manuel e Maximina.

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 03/02/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada a 20 anos pola Comisión de Oviedo (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300118, Expediente 9244).

Preso, cando menos, na Prisión Central de Burgos, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (04/11/1940) e Prisión Central de Gijón (25/01/1943), onde por orde do 22/01/1944, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 77 de 17/03/1944, páxina 2233), facéndose efectiva o 29/12/1943.


Ibáñez Izquierdo, Joaquín (Alcalá de la Selva-Teruel)

Labrego, 36 anos, Eduvigis Izquierdo. Fillo de Joaquín e Dolores.

Xulgado en Aliaga (Teruel) por Auxilio á Rebelión. Condenado o 02/07/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Teruel (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300898, Expediente 95245).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938), Prisión de Valdemoro (19/10/1939) e Prisión Central de Astorga (22/12/1939). Prisión atenuada o 05/12/1942.


Ibáñez Pastor, José (Ribesalbes-Castelló)

Carpinteiro, 65 anos. Fillo de Vicente e María.

Alcalde de Ribesalbes, do Frente Popular.

Xulgado por Auxilio á Rebelión (Causa 1404/1938). Condenado o 25/11/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada por 20 anos e 1 día pola Comisión de Castellón (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300940, Expediente 100643).

Preso, cando menos, na Prisión de Lucerna, Prisión Provincial de Castellón, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/04/1939) e Prisión Provincial de Castellón (29/01/1943). Liberdade condicional o 19/12/1943.


Ibáñez Ríos, Juan (Llanes-Asturias)

Labrego, 62 anos, casado con Josefa Anieva. Fillo de Josefa e pai descoñecido.

Xulgado en Gijón por Rebelión Militar. Condenado o 0902/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Oviedo (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300526, Expediente 42336).

Preso, cando menos, na Prisión Preventiva de Gijón, Prisión Central de Figueirido-Pontevedra (10/05/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/03/1939) e Prisión Central de Figueirido (05/05/1939), onde se lle concede a Liberdade condicional (BOE nº 185 de 4/7/1941, páxina 4958).

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1946.


Ibars Gómez, Timoteo (Santander-Cantabria, 1914)

Pintor, 25 anos, casado con María Portilla. Fillo de Vicente e Guadalupe.

Xulgado en Bilbao por Auxilio á Rebelión. Condenado o a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Vizcaya (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300760, Expediente 76911).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (09/10/1938), Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda (19/01/1940) e Prisión Central de Santa Isabel, onde por orde do 23/01/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 34 de 03/02/1942, páxina 924).

Reingresa na Prisión de Santander (10/11/1947). Liberdade o 18/12/1947.

Faleceu en Santander o 25/06/1978 aos 64 anos.


Ibinaga Mendizabal, Juan (Bermeo-Bizkaia)

Cociñeiro, 32 anos, solteiro. Fillo de Fulgencio e Eulalia.

Xulgado en San Sebastián por Auxilio á Rebelión. Condenado o 29/11/1937 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/09/1938), Prisión Central de Astorga (09/05/1939) e Prisión de Valdemoro (07/11/1939).


Igartúa Amestoy, Juan (Oñate-Guipuzkoa)

Cesteiro, 40 anos, solteiro. Fillo de Esteban e (censurado).

Xulgado en Bilbao por Auxilio á Rebelión. Condenado a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Vizcaya (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300727, Expediente 72108).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (09/10/1938) e Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda (19/01/1940).


Iglesias (sen segundo), Antonio (Gondomar-Pontevedra)

Panadeiro, 19 anos, solteiro.

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 21/10/1936 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (15/07/1937), onde falece durante a gran evasión do 22 de maio de 1938.


Iglesias Alegre, Tomás (Garrovillas de Alconétar-Cáceres)

Labrego, viúvo, 66 anos. Fillo de Dionisio e Telesfora.

Xulgado o 21/05/1941 por Auxilio á Rebelión (Causa 1987/1941).

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde falece o 06/03/1941.

Como podemos comprobar, xa estaba morto cando se celebrou o consello de guerra.


Iglesias Álvarez, Alfredo (Pesqueiras, Forcarei-Pontevedra)

Canteiro, 56 anos, casado con filomena. Fillo de Manuel e Dolores.

Fundou en Forcarei a Sociedad Agraria y Ganadera en 1901, e a Sociedad de Agricultores y Oficios Varios La Igualdad de Presqueiras, da que foi elixido secretario en 1915. Elixido Concelleiro e síndico de Forcarei nas eleccións de 1922 pola Agrupación Socialista (AS). Enfrontouse ao alcalde e sería xulgado por desacato en 1928, polo que en plena ditadura de primo de Rivera optou por emigrar a Estados Unidos. Na Segunda República volveu ser elixido concelleiro de Forcarei e foi dirixente da Agrupación Socialista Obrera e da Sociedad de Oficios Varios La Lealtad de Presqueiras, da UGT. Na folga xeral de 1934 foi detido e ingresou na cadea de Pontevedra, sendo liberado en decembro.

Tralo golpe de estado foi detido en Codeseda o 22 de xullo. O crego falanxista da Madalena de Montes, Aquilino López Picón, á fronte dun grupo de gardas civís e gardas cívicos practicou un rexistro na súa casa no que lle incautaron "documentación socialista" que sería presentada do seu xuízo.

Xulgado por Rebelión Militar (Causa 525/1936). Condenado o 21/01/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena conmutada a 3 anos o 12/12/1942 pola Comisión de Pontevedra (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300427, Expediente 27515)

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (17/10/1937) e Colonia Penitenciaria del Dueso (19/05/1939).

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1938, abonando a multa en 1943.


Iglesias Álvarez, Antonio (Abegondo-A Coruña)

Xastre, 29 anos, casado.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


Iglesias Constela, Vicente (Cigo-Pontevedra)

23 anos, estudante, solteiro.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


Iglesias Constenla, Manuel (Barro-Pontevedra)

Mestre nacional en Noalla (Sanxenxo), 45 anos, casado con Lourdes Rodríguez Tovar, tamén mestra en Noalla por quenda de consortes. Fillo de Andrés e Manuela.

Estudou Maxisterio en Pontevedra. Comezou a exercer como mestre interino en Xesta (A Lama). Aprobadas as oposicións, foi nomeado mestre de Noalla en abril de 1925.

Presidente de Izquierda Republicana en Sanxenxo (xaneiro de 1936).

Xulgado en Valladolid por Rebelión Militar (Causa 832/1936). Condenado o 08/04/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena conmutada o 17 /02/1941 a 20 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (15/07/1938), Prisión Central de Figueirido-Pontevedra (25/04/1939) e Destacamento Penal de Minas de Silleda (13/09/1942), onde por orde do 02/03/1944, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 80 de 20/03/1944, páxina 2318), facéndose efectiva o 21/02/1944.

Como mestre sufriu proceso de depuración sendo separado do servizo e dado de baixa na escala. A súa esposa tamén sería depurada.

Unha vez en liberdade traballou como administrativo no balneario da Toxa.


Iglesias Franco, Francisco (O Grove-Pontevedra)

Mariñeiro, 29 anos, solteiro. Fillo de Daniel e Concepción.

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 04/05/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena conmutada 0 07/09/1941 a 5 anos pola Comisión de Pontevedra (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300288, Expediente 9304).

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (17/10/1937), onde participou na gran evasión do 22 de maio de 1938, sendo capturado por requetés ao día seguinte. Prisión atenuada o 23/08/1940. Reingresa o 26/01/1942. Liberdade condicional o 07/08/1942.

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1960.


Iglesias León, Edelmiro

49 anos.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


Iglesias Luces, José (Tiñana, Siero-Asturias)

Ferroviario, 64 anos, casado con Casimira. Fillo de Juan e Teresa.

Xulgado en Asturias por Auxilio á Rebelión. Condenado o 24/06/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Oviedo (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300514, Expediente 40476).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Oviedo (06/02/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/02/1939), onde se lle concede a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 72 de 13/3/1941, páxina 1790)


Iglesias Nido, Claudio (La Rondiella, Cudillero-Asturias)

Labrego, 60 anos, casado con Dolores.

Veciño de Salas (Asturias).

Xulgado en Asturias por Auxilio á Rebelión. Condenado o 06/05/1938 a 15 anos. Pena posteriormente conmutada a 4 anos pola Comisión de Oviedo (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300317, Expediente 13070).

Preso, cando menos, na Prisión de Avilés, Prisión Provincial de Oviedo (19/04/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/02/1939).


Iglesias Pedrero, Jerónimo (Abanto Zierbena-Bizkaia)

Xornaleiro, 24 anos. Fillo de Santos e Josefa.

Veciño de Somorrostro (Bizkaia)

Xulgado en Bilbao por Auxilio á Rebelión. Condenado a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Vizcaya (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300727, Expediente 72109).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (09/10/1938) e Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda (19/01/1940).

Reingresa na Prisión Provincial de Bilbao (23/03/1949) e Prisión de San Sebastián (11/05/1949). Liberdade condicional o 01/09/1949.


Iglesias Pérez, Armando (Marín-Pontevedra)

Mariñeiro, 34 anos, casado.

Presidente da Sociedade de Mariñeiros de Marín.

Foi detido xunto a 5 veciños o 20/7/1936, dous días despois do golpe de estado, acusado de ordenar aos barcos que tocasen a sirena para convocar unha folga xeral en contra do alzamento militar.

Presos na Illa de San Simón, foron xulgados en Consello de Guerra Sumarísimo celebrado en Pontevedra o 18/12/1936, sendo condenados a morte. Serían fusilados o 31/12/1936 en Monte Porreiro. Xunto a el perderon a vida o alcalde, Antonio Blanco Solla; o presidente da Sociedade de Canteiros, Santiago Ramos Ramos; o impulsor de Xuventudes Socialistas en Seixo, Albino Agraso Santamaría; e os funcionarios municipais Bernardino de la Torre Fernández e Demetrio Lorenzo Ordóñez.

A súa historia foi recollida no libro de Montse Fajardo, Un cesto de mazás.


Iglesias Piñeiro, Albino (O Grove-Pontevedra)

Mariñeiro, 29 anos. Fillo de José e Josefa.

Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar. Condenado o 01/06/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (17/10/1938, na evasión do 22 de maio de 1938 foi capturado ao día seguinte por requetés) e Prisión Central de Puerto de Santa María (20/03/1940).

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1958.


Iglesias Rodríguez, Manuel (Santiago de Oliveira, Ponteareas-Pontevedra)

Limador, 19 anos, solteiro. Fillo de Felipe e Rosalía.

Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión. Condenado o 19/05/1937 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300427, Expediente 27513).

Preso, cando menos, na Prisión do Partido de Pontevedra, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/07/1937) e Prisión de Ourense (15/12/1938). Prisión atenuada o 06/09/1940.

Realizaría o servizo militar nos Batallones Disciplinarios de Soldados Trabajadores Penados (BDSTP), 1a Agrupación (ES.19030.AGMG/3.5. Caixa 304341, Expediente 3858).


Iglesias Rozas, Germán “Trancarrillo” (Donsión, Lalín-Pontevedra)

Labrego, 20 anos, solteiro. Fillo de Eugenio e Pilar.

Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar. Condenado o 20/09/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada a 4 anos pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300427, Expediente 27514).

Preso, cando menos, na Prisión de Lalín, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (04/11/1936)

En 1941 realizaría o servizo militar nos Batallones Disciplinarios de Soldados Trabajadores Penados (BDSTP), 1a Agrupación (ES.19030.AGMG/3.5. Caixa 304341, Expediente 3859) e 2a Agrupación (ES.19030.AGMG/3.2. Caixa 301709, Expediente 4324).

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1940.


Iglesias Sanromán Avelino (Nigrán-Pontevedra)

Labrego, 47 anos.

Xulgado en Vigo por Rebelión Militar co resultado de sobresemento provisional e a disposición da autoridade gobernativa.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


Iglesias Soñora, José (Muxía-A Coruña)

Mariñeiro, 22 anos, solteiro.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


Iglesias Soñora, Manuel Claudio (Valga-Pontevedra)

Labrego, 33 anos, viúvo de Amancia. Fillo de Josefa e pai descoñecido.

Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar. Condenado o 22/04/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (11/10/1937). Prisión atenuada o 18/08/1940.


Iglesias Trigo, Antonio (Cangas-Pontevedra)

Mariñeiro, 32 anos, casado con Adela Patiño. Fillo de Manuel e Carmen.

Xulgado en Zaragoza por Auxilio á Rebelión. Condenado o 02/03/1940 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Habilitada de San Juan Mozarrifar de Zaragoza, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (12/05/1942), onde por orde do o 12 /12/1942, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 61 de 05/01/1943, páxina 157), facéndose efectiva o 04/12/1942.

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1959.


Iglesias Vidal, Antonio “El Diablo” (Cangas Narcea-Asturias)

Xornaleiro, 58 anos, casado con Concepción. Fillo de Manuel e Leonor.

Xulgado en Asturias o 25/10/1937 por Rebelión Militar. Condenado o 07/03/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Oviedo (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300514, Expediente 40461).

Preso, cando menos, na Prisión Central de Celanova-Ourense (06/05/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (01/04/1939), onde falece o ¿11/06/1941?

Procesado polo Tribunal Especial para la Represión de la Masonería y el Comunismo en 1940


Igueregui Ormaechea, Juan Bautista (Mundaca-Vizcaya).

Piloto, 29 anos, solteiro. Fillo de Felipe e Telesfora.

Xulgado en San Sebastián por Auxilio á Rebelión. Condenado o 29/11/1937 a 14 anos. Pena conmutada o 13/09/1940 a 6 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/09/1938) e Prision Central de Astorga-León, onde por orde do17/10/1940, concédeselle a Liberdade condicional (BOE número 296 del 22/10/1940, páxina 7256), facéndose efectiva o 19/10/1940.


Igúsquiza Monasterio, Eugenio (Dicastillo-Nafarroa/Navarra)

Xornaleiro, 63 anos, viúvo. Fillo de Juan e Juana.

Condenado en Pamplona o 21/06/1933 a 14 anos, 8 meses e 1 día de reclusión menor.

Preso, cando menos, na Prisión Central de San Fernando, Hospital Asilo Penitenciario de Segovia (08/08/1933 ), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/02/1939), onde falece.


Ilincheta Guillén, Venancio (ou Ventura) (Navascués-Nafarroa/Navarra).

Labrego, 62 anos, casado con Juana Vicente. Fillo de José e Braulia.

Xulgado en Pamplona por Adhesión á Rebelión. Condenado o 12/07/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada a 10 anos pola Comisión de Navarra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300742, Expediente 74303).

Preso, cando menos, na Prisión de Pamplona (24/08/1937), Delegación de Orden Público de Pamplona (02/09/1937), Prisión Provincial de Pamplona (29/03/1938), Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (06/12/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/03/1939).



Imaz Bilbao, Casiano

Non temos datos nin do consello de guerra, nin da sentenza, pero a pena sería posteriormente conmutada pola Comisión de Vizcaya (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300727, Expediente 72146).

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde por orde do 26/04/1940, concédeselle a liberdade. (Boletín Oficial del Estado número 121 do 30/04/1940, páxina 2948).


Inchausti Martitegui, Juan José (Munitibar-Arbatzegi Gerrikaitz-Bizkaia)

Muiñeiro, 70 anos, casado con Gregoria. Fillo de José María e Juana María.

Xulgado en Bilbao por Rebelión Militar. Condenado o 27/08/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (21/11/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/03/1939).

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas en 1942, sendo indultado en 1945 (BOE número 247 Anexo único de 04/09/1945, páx. 512)


Infantes Parta, José (Estepona-Málaga)

Labrego, 59 anos, casado con Juana González.

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada a 12 anos.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Puerto de Santa María, Colonia Penitenciaria del Dueso (11/08/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (01/04/1939).


Infantes Sánchez, José (Algar-CádizI

Labrego, 65 anos, casado con Teresa Jiménez. Fillo de José e María.

Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 08/05/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Puerto de Santa María, Colonia Penitenciaria del Dueso (06/08/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (01/04/1939).


Insua Miguéns, Rodrigo (Carril, Vilagarcía de Arousa-Pontevedra)

Mariño e carpinteiro, 46 anos, casado con Enriqueta. Fillo de José e Leonor.

Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar. Condenado o 17/06/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada a 3 anos pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300427, Expediente 27512).

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (17/10/1937). Prisión atenuada o 27/01/1940. Liberdade definitiva o 26/03/1943.


Iñurrieta Aguirregomezcorta, Venancio (Soraluze/Placencia de las Armas-Guipuzkoa)

Torneiro, 44 anos, casado con Esperanza Goicochea, 8 fillos. Fillo de Anastasio e Magdalena.

Nacionalista. Segundo tenente de alcalde de Soraluze.

Xulgado en San Sebastián por Auxilio á Rebelión. Condenado o 11/03/1937 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión de Tolosa (25/09/1936), Prisión de Ondarreta, Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (09/07/1937), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/09/1938), Buque Prisión Upo Mendi-San Simón, Prisión Central de Astorga-León e Prisión Provincial de Vitoria (25/09/1939), Prisión Provincial de Bilbao-Escolapios (23/04/1940) e traballos forzados como torneiro na Factoría Babcock Wilcox de Bilbao (11/05/1940). Prisión atenuada 16/07/1940.


Irusta Ituruburu, Ricardo (Mundaka-Bizkaia)

Mariñeiro, 24 anos, solteiro. Fillo de Antonio e Juana.

Xulgado en San Sebastián por Auxilio á Rebelión. Condenado o 29/11/1937 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/09/1938).


Isabal Cheliz, José (Guaso, Aínsa Sobrarbe-Huesca)

Capataz de obras públicas, 61 anos. Fillo de Gregorio e Josefa.

Xulgado por Rebelión Militar (Causa 589/38). Condenado o 06/09/1938 a 6 anos e 1 día de prisión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Huesca (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300482, Expediente 35721).

Preso, cando menos, na Prisión de Boltaña, Prisión Provincial de Huesca (06/08/1938), Prisión de Tafalla (27/11/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (08/03/1939) e Prisión Central de Figueirido-Pontevedra (15/05/1939), onde por orde do 21/06/1940, concédeselle a Liberdade condicional (BOE número 179 del 27/06/1940, páxina 4401).

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas en 1942.


Isla Couto, Jaime Lorenzo (Santiago de Compostela-A Coruña, 23/10/1915)

Isla Couto, Jaime-Fundación Isla Couto
Mestre (rematou os estudos en 1936).

Veciño de Vigo. Participou na fundación de Mocidade Galeguista de Vigo, Federación de Mocedades Galeguistas e Unión Galega de Estudantes.

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.

Expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo. Sería reposto en abril de 1938.

Durante o franquismo foi Presidente do consello de administración da Editorial Galaxia e das revistas Grial e Revista de Economía de Galicia. Fundou a editorial católica e galeguista SEPT. En 1969 foi detido por berrar “Viva Galicia ceibe!”.

Foi un dos fundadores do Partido Popular Galego (partido nacionalista de centro). Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a coalición formada por Equipo Democracia Cristiá e Social Democracia Galega, pero non foi elixido.

Entre outros recoñecementos recibiu a Medalla Castelao en 1987. Membro da Real Academia Galega en 1999.

Faleceu o 25 de abril de 2012, aos 96 anos, recibindo sepultura no cemiterio de Pereiró (Vigo).

 

Portada dun dos libros sobre a figura de Xaime Isla Couto

Isla Couto, Ramiro (Arnois, A Estrada-Pontevedra, 08/03/1896)

Empresario, 40 anos, casado con Chita Lamas Barreiro.

Emigrou en 1911 a Buenos Aires, onde ingresou na Asociación Cultural Terra, de corte galeguista. En 1918 volveu para cumprir o servizo militar, participando na guerra de Marrocos e ingresando na Irmandade Nazionalista Galega e nas Irmandades da Fala. En 1923 volve a Buenos Aires fundando con Eduardo Blanco Amor a primeira revista en galego da emigración, Terra. En 1931 regresa a Galicia participando na fundación do Partido Galeguista.

Tralo golpe de estado foi detido en Verín cando tentaba pasar a Portugal co seu irmán Xaime. Preso, cando menos, na Prisión de Tameiga e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón. Liberdade en abril de 1937.

Refuxiado en Porto e Francia (1937-1939); e exiliado en México (1939-1944), Colombia (1944-1954) e Venezuela (1954-1957) até o seu regreso definitivo a Galicia en 1957. Recibiu a medalla Castelao en 1986. Faleceu en Vigo o 05/12/1987. Na súa memoria constituíuse a Fundación Isla Couto.

 

Isla Couto. Autor descoñecido.

Isusi Aguilespeite, Cruz (Guerniza-Bizkaia)

44 anos.

Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde falece.


Iturriza Goicoechea, Juan Sebastián (Tolosa-Guipuzkoa)

Camareiro no Café Madrid, 59 anos, casado con Manuela Aguirrezabala. Fillo de Faustino e Evarista.

Veciño de San Sebastián.

Afiliado a UGT.

Xulgado en San Sebastián por Auxilio á Rebelión (Causa 175/1937). Condenado o 25/07/1937 a 15 anos. Pena conmutada o 05/09/1940 a 6 anos e 1 día pola Comisión de Guipúzcoa (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300342, Expediente 16279).

Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/09/1938), Prisión Central de San Isidro de Dueñas-PalenciaPrisión Central de San Isidro de Dueñas-Palencia (04/01/1940) e Prisión Habilitada de Palencia (12/11/1940), onde se lle concede a Liberdade condicional (BOE nº 58 de 27/2/1941, páxina 1398), facéndose efectiva o 25/02/1941.


Izaguirre Altunaga, José (Arrieta-Bizkaia)

Mariñeiro, 23 anos, solteiro. Fillo de Gabriel e Josefa.

Xulgado en San Sebastián por Auxilio á Rebelión. Condenado o 20/11/1937 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/09/1938).


Izquierdo Bautista, Braulio (Almadén-Ciudad Real)

Mineiro, 60 anos. Fillo de Carmelo e Marcela.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 29/04/1940 a 20 anos.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Valdenoceda, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (26/04/1941) e Prisión Central de Almadén (30/01/1943), onde por orde do 22/05/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 157 DE 06/06/1943, páxina 5466), facéndose efectiva o 02/05/1943.


Izquierdo Igual, Baltasar (Alcalá de la Selva-Teruel)

Xornaleiro, 48 anos, casado con Concepción Vivas. Fillo de Simón e Alejandrina.

Xulgado en Aliaga por Auxilio á Rebelión. Condenado o 02/07/1938 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938), Prisión de Valdemoro (19/10/1939) e Prisión Central de Astorga (22/12/1939). Prisión atenuada o 05/12/1942.


Izquierdo Moliner, Dionisio (Lagata-Zaragoza)

Labrego, 61 anos, casado con Florencia. Fillo de Tomás e Antonia.

Acusado de “asesinatos saqueos y desmanes”. Xulgado en Zaragoza por Adhesión á Rebelión (Causa 1423/1938). Condenado o 22/07/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada por 6 anos e 1 día pola Comisión de Zaragoza (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300323, Expediente 13962).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza, Prisión Central de Burgos (05/09/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/11/1940)

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas (1940-1945).


Izquierdo Sanmartín, Gregorio (Briviesca-Burgos)

Empregado, 62 anos. Fillo de Pantaleón e Pantaleona.

Veciño de Bilbao.

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 13/07/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada por 12 anos pola Comisión de Vizcaya (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300001, Expediente 10).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939) e Prisión de Santander (20/11/1942). Liberdade 16/12/1942.


Izquierdo Tarín, José (El Pobo-Teruel)

Camiñeiro, 68 anos, casado con Jacoba Sánchez. Fillo de Gregorio e Sixta.

Xulgado en Zaragoza por Auxilio á Rebelión. Condenado o 02/07/1938 a 6 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938), onde por Orde do 12/08/1940, concédeselle a liberdade condicional (BOE número 233 do 20/08/1940, páxina 5769).



Autor: J. Migueles


 

 

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario