![]() |
| Persoal da Colonia Penitenciaria de San Simón. Foto publicada en El Independiente de Granada |
Librán Guerrero, Benito (Ocero, Sancedo-León)
Xornaleiro, 38 anos, casado con Agapita Arroyo. Fillo de Ubaldo e Antonia.
Xulgado en León por Auxilio á Rebelión (Causa 516/38). Condenado o 22/04/1938 a 14 anos, 8 meses e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de León (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300440, Expediente 29618).
Preso, cando menos, na Prisión de Ponferrada-León, Prisión Militar de San Marcos-León (16/04/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda (27/01/1940), onde por orde do 02/08/1941, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro, facéndose efectiva o 25/07/1941.
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas en 1938.
Licer Cons, Ciriaco (Pontevedra-Pontevedra)
Dependente, 37 anos, casado con Elisa. Fillo de Antonio e Juana.
Acusado de participar na requisa de armas en Xeve. Xulgado por Rebelión Militar (Causa 1098/36). Condenado o 20/11/1936 a pena de morte, que posteriormente foi conmutada pola de cadea perpetua 30 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, na Colonia Penitencia da Illa de San Simón e Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (05/02/1937). Neste último mantívose á marxe durante a gran fuga do 22 de maio de 1938. Pasou a prisión atenuada o 26-8-1940. Liberdade definitiva o 19/01/1942.
Reingresa na prisión de Pontevedra o 15/08/1943, sendo posto en liberdade o 16/08/1943.
Liceranzu Madariaga, Pedro Cruz (Durango-Bizkaia)
Ferrador, 61 anos, casado con Micaela. Fillo de Pedro e Antonia.
Veciño de Zeberio (Bizkaia).
Xulgado en Bilbao por Rebelión Militar. Condenado o 17/08/1937 a 12 anos e 1 día de reclusión temporal.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Hospital Asilo Penitenciario de Segovia (21/12/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón onde, por Orde do 12/08/1940, concédeselle a liberdade condicional (BOE número 233 do 20/08/1940, páxina 5766).
Liébana Bercianos, Jesús (Puebla de Lillo-León)
Labrego, 27 anos. Fillo de José e Secundina.
Xulgado en León por Auxilio á Rebelión. Condenado o 28/03/1938 a 12 anos e 1 día.
Preso na Prisión de Puebla de Lillo, Prisión Militar de San Marcos-León(06/11/1937), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda (14/02/1940) e Prisión Central de Santa Isabel de Santiago de Compostela (04/09/1941), onde se lle concede a Liberdade condicional (BOE nº 287 de 14/10/1941, páxina 7961), facéndose efectiva o 07/09/1941.
Liesa López, Fermín (Argavieso-Huesca)
Labrego, 60 anos, casado con María Acín. Fillo de Juan e Patricia.
Membro de UGT.
Xulgado en Huesca por Rebelión Militar (Causa 105/38). Condenado o 24/09/1938 a 6 anos e 1 día. Non procede conmutación (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300482, Expediente 35729)
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Huesca (29/10/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (08/05/1939) e Prisión Central de San Isidro de Dueñas-Palencia (05/10/1939). Liberdade condicional o 19/10/1940.
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas en 1942, sendo indultado en 1946 (https://www.boe.es/gazeta/dias/1946/06/20/pdfs/BOE-U-1946-171.pdf)
Limeres Campos, Antonio
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Limeres Campos, Secundino (Cuntis-Pontevedra)
Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar. Condenado o a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300427, Expediente 27604).
Preso na Prisión de Cuntis, Prisión de Caldas de Reis, Prisión Provincial de Pontevedra, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona, onde falece durante a evasión do 22 de maio de 1938. Descoñécese onde foi enterrado.
Limini Daponte, Abdón
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Linares Hernández, Miguel (Pulianas-Granada, 1880)
Xornaleiro, 58 anos, solteiro. Fillo de Francisco e Francisca.
Xulgado en Granada o 07/09/1938 por Excitación á Rebelión (Causa 1.825/38). Condenado o 19/12/1938 a 6 anos e 1 día.
A sentencia baseouse na seguinte acusación: “el procesado, encontrándose trabajando en una obra en la carretera nueva del Fargue, en conversación con otros obreros, profirió insultos al Capitán de la Guardia Civil, D. Mariano Pelayo, del cual dijo que tenían que haberlo matado mucho antes y que por su culpa se habían fusilado muchas personas y comentó también que a situación de los marxistas era mejor que la de los Nacionales puesto que tenían en su poder capitales de más importancia y refiriéndose a una operación habida en el Peñón de la Mata, del Frente de Cogollos, aseguraba que nunca lo tomarían los Nacionales. Hechos probados.”
Preso na Prisión Provincial de Granada (26/06/1938), Colonia Penitenciaria de San Simón (28/03/1939) e Prisión Central de San Isidro de Dueñas-Palencia (06/11/1939), onde falece o 16/01/1940.
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas en 1939 ( BOE anexo único nº 269, de 26/09/1939, páx. 1411), sendo condenado a 300 pesetas de pago ao Estado nos termos que estipula a Lei (sentencia número 139 do 28/11/1939). Despois do seu falecemento o Tribunal tenta que a multa sexa abonada polos seus herdeiros: “... para que todos los que tengan algún derecho que hacer efectivo en los bienes de los sancionados formulen su reclamación ante este Juzgado...” (BOE anexo único nº 244, 31/08/1940, páx. 4015). Haberá que agardar ata o 7/02/1958 para que a Comisión Liquidadora de Responsabilidades Políticas decrete o seu indulto.
Lipe Morales, Juan (Torrijo de la Cañada-Zaragoza)
Labrego, 42 anos, viúvo. Fillo de Romualdo e Natalia.
Xulgado o 19/09/1936 por Rebelión Militar. Condenado o 12/01/1937 a 14 anos, 8 meses e 1 día de reclusión menor.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza, Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Prisión Central de Astorga-León (02/04/1939), Prisión de Gijón (29/12/1942), onde por orde do 29/05/1945, concédeselle a Liberdade condicional (BOE Nº. 186 do 05/07/1945, páxina 98), facéndose efectiva o 31/05/1945.
Llamazares Posada, Francisco (Villoria de Órbigo, Villarejo de Órbigo-León)
Labrego, 59 anos, casado con Encarnación Fuertes. Fillo de Fernando e Inés.
Veciño de Rioseco de Tapia (León).
Xulgado en León por Provocación á Rebelión (Causa 628/1938). Condenado o 08/06/1938 a 6 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de León (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300440, Expediente 29639).
Preso, cando menos, na Prisión de Rioseco de Tapia, Prisión Militar de San Marcos-León (26/05/1938), Prisión Provincial de León (29/10/1938), Prisión de Ponferrada (20/02/1939), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (29/02/1939) e Prisión Central de San Isidro de Dueñas-Palencia (05/10/1939), onde por orde do 12/08/1940, concédeselle a Liberdade condicional (BOE número 233 do 20/08/1940, páxina 5770).
Llaneza Álvarez, Camilo (Gijón-Asturias)
33 anos, casado con Dolores Rodríguez. Fillo de Camilo e Consuelo.
Condenado a Pena de morte, sendo rebaixada a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada a 12 anos pola Comisión de Oviedo (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300155, Expediente 12436).
Preso, cando menos, na Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (15/07/1938), Prisión Central de Burgos (08/09/1939), Prisión Central de Figueirido-Pontevedra (28/09/1940), Destacamento Penal das Minas de Silleda-Pontevedra (06/05/1942), Hospital de Pontevedra (22/03/1942) e Destacamento Penal das Minas de Silleda-Pontevedra (31/12/1942), onde por orde do 02/03/1944, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 88 de 28/03/1944, páxina 2529), saíndo en Prisión atenuada o 21/09/1943.
Llanillo Martínez, Joaquín (Cóbreces, Alfoz de Lloredo-Cantabria)
Labrego, 60 anos, casado con Cecilia Valdés. Fillo de José e Manuela.
Xulgado en Torrelavega por Auxilio á Rebelión. Condenado o 09/12/1937 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Santander (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300567, Expediente 48395).
Preso, cando menos, na Prisión de Partido de Torrelavega (27/10/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/03/1939), onde por orde do 25/11/1940, concédeselle a Liberdade condicional (BOE número 336 do 01/12/1940, páxina 8264)
Llano Oyanguren, Eduardo (Gasteiz-Araba)
Axustador, 23 anos, solteiro. Fillo de Saturnino e Sabina.
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 25/01/1937 a 12 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Prisión Central de Astorga-León, Prisión Provincial de Bilbao (10/10/1939) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón. Prisión atenuada o 10/09/1940.
Reingresa na Prisión Provincial de Bilbao, de onde sae en liberdade condicional (BOE nº 187 de 6/7/1941, páxina 5028).
Morto na illa de San Simón.
Llano Rodríguez, Amalio (Carrascosa de Henares, Espinosa de Henares-Guadalajara)
Labrego, viúvo de , 64 anos.
Veciño de Villanueva de la Torre (Guadalajara).
Alcalde. Afiliado a UGT.
Xulgado en Guadalajara por Adhesión á Rebelión. Condenado o 15/05/1940 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, na Prisión Central de Guadalajara (03/06/1940), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (25/10/1940).
Llatser Fonollosa, Antonio “Maletero” (Vinaroz-Castellón)
Toneleiro, 49 anos, casado con Agustina Clara. Fillo de Sebastián e Rosa.
Membro do comité revolucionario de Vinaroz.
Xulgado en Vinaroz por Auxilio á Rebelión (Causa 45/1938). Condenado o 21/03/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Castellón (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300707, Expediente 69011).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938). Prisión atenuada o 28/07/1940.
Lledó Ramos, Cayetano (Crevillente-Valencia)
Protésico dental, 43 anos, casado con Luisa Martínez. Fillo de Cayetano e Teresa.
Veciño de Santander (Cantabria).
Xulgado en Santander por Auxilio á Rebelión. Condenado a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Santander (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300567, Expediente 48386).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (08/10/1938) e Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda (26/02/1940).
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1945 (BOE nº260 Anexo único, do 17/09/1945, páxina 658).
Llevot Porquet, Francisco (Peralta de la Sal-Huesca)
Labrego, 76 anos, casado con Dolores Portella. Fillo de Antonio e Juliana.
Afiliado a Izquierda Republicana.
Xulgado por Rebelión Militar (Causa 370/38). Acusado de denunciar a dúas persoas como fascistas e participar na queima de imaxes. Condenado o 21/09/1939 a 12 anos e 1 día de reclusión menor.
Preso, cando menos, na Prisión de Tamarite, Prisión Provincial de Huesca (10/06/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte o 10-7-1941.
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas en 1939, sendo indultado en 1943.
Llona Celayeta, Hilario (Bilbao-Bizkaia)
Albanel, 53 anos, casado Pretorina González. Fillo de Miguel e Nicolasa.
Xulgado en Bilbao por Auxilio á Rebelión (Causa 13.582/1938). Condenado a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Vizcaya (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300508, Expediente 39413).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (09/10/1938), Prisión de Santiago de Compostela (26/01/1939), Prisión Central de Astorga-León (24/03/1939), Prisión Central de Santa Rita de Carabanchel-Madrid (03/10/1939) e Prisión Provincial de Las Palmas de Gran Canaria (22/02/1940), onde por orde do 16/10/1941, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 300 de 27/10/1941, páxina 8367)
Llona Egusquiza, Crecencio (Gatika-Bizkaia)
Xornaleiro, 28 anos, solteiro. Fillo de Pedro e María Josefa.
Veciño de Laukiz (Bizkaia).
Xulgado en Bilbao por Auxilio á Rebelión. Condenado a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Vizcaya (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300508, Expediente 39415).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (09/10/1938), Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda (19/01/1940). Liberdade condicional (BOE nº 131 de 11/5/1941, páxina 3332), facéndose efectiva o 09/05/1941.
Llop Olari, Agapito (Corbera d’Ebre-Tarragona)
Xornaleiro, 36 anos, casado con Bernarda Pereda. Fillo de Bautista e Teresa.
Xulgado en Gandesa (Tarragona) por Auxilio á Rebelión (Causa 939/38). Condenado o 06/06/1938 a 12 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938).
Llop Suñé, Fernando (Batea-Tarragona)
Labrego, 57 anos, casado con Luisa Melló. Fillo de José e Carmen.
Xulgado en Gandesa (Tarragona) por Auxilio á Rebelión (Causa 24/1938). Condenado o 03/05/1938 a 20 anos de reclusión.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza, Prisión Central de Cuéllar-Segovia (28/08/1938), Prisión Central de Astorga-León (23/07/1939), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/01/1942) e Prisión Provincial de Tarragona, , onde por orde do 19/06/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 203 de 22/07/1943, páxina 7084).
Llop Teres, José (Alfarràs-Lleida)
65 anos.
Xulgado en Causa 298/38. Condenado a 6 anos e 1 día de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Lérida (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300748, Expediente 75223).
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, por Orde do 21/6/1940, concédeselle a liberdade condicional (BOE número 179 del 27/06/1940, páxina 4400)
Lobato Pesado, José Manuel (Pontecesures-Pontevedra)
Mariñeiro, casado con Carmen Miguels. Fillo de Ramón e María.
Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión. Condenado o 14/04/1937 a 15 anos.
Preso, cando menos, na Prisión de Caldas de Reis, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (16/01/1937), onde falece o 25/03/1939 a causa de colapso cardíaco por cancro de estómago.
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1941.
Lobeira Juncal, Salvador (Bueu-Pontevedra)
Mariñeiro, solteiro, 23 anos. Fillo de Salvador e Rosa.
Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar (Causa 1363/36). Condenado o 29/12/1936 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena conmutada o 09/04/1940 a 20 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (15/07/1937), onde falece durante a evasión do 22 de maio de 1938. Identificado ao día seguinte. Causa da morte: “resultó muerto por la Fuerza Pública", identificado 6/6/38. Enterramento: Inscrito no Registro Civil de Ansoáin
Lois Couso, Edilberto Antonio (Cuntis-Pontevedra)
Escribinte, 30 anos, casado con Josefina Ares. Fillo de Antonio e María.
Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión. Condenado o 27/02/1937 a 20 anos. Conmutación e extinción de pena o 31/08/1939 pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300427, Expediente 27605).
Preso, cando menos, na Prisión de Cuntis, Prisión de Caldas de Reis, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1936) e Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona
Escribiu un pequeno diario que titulou Colonia penitenciaria del lazareto de San Simón.
Lois Couso, Francisco (Cuntis-Pontevedra)
Oficial do concello de Cuntis, casado con Ana Rodríguez. Fillo de Antonio e María.
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Loizaga Aguirre, Sabino (Barakaldo-Bizkaia)
Empregado, 33 anos.
Membro de UGT. Capataz na construción de refuxios antiaéreos.
Xulgado en Bilbao por Auxilio á Rebelión (Causa 89/37). Condenado a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada a 3 anos pola Comisión de Vizcaya (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300227, Expediente 2260).
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e Prisión Provincial de León, onde por orde do 26/07/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 235 de 23/08/1943, páxina 8192).
NOTA: Citado como falecido en San Simón.
Lojo Blanco, Ignacio (Abanqueiro, Boiro-A Coruña)
Fogueiro, 34 anos, casado con Dolores Mariño. Fillo de Vicente e Francisca.
Xulgado en Ferrol por Auxilio á Rebelión. Condenado o 29/11/1937 a 12 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/09/1938) e Prisión Central de Astorga-León (02/04/1939). Liberdade condicional o 13/09/1940.
Lojo Muíños, Camilo (Ribadumia-Pontevedra)
Labrego, 61 anos, casado con olores. Fillo de Francisco e María.
Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 01/04/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (15/07/1937), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/03/1939), Prisión Central de Figueirido-Pontevedra (15/05/1939), onde por orde do 02/09/1941, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 268 de 25/9/1941, páxina 7401), facéndose efectiva o 30/08/1941.
Lojos Miño, José Manuel (Presedo, Abegondo-A Coruña)
Labrego, 31 anos, solteiro.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Lomba Prado, Manuel (Panxón, Nigrán-Pontevedra)
Labrego, 45 anos.
Xulgado en Vigo co resultado de sobresemento provisional.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Longo Rode, Manuel (Llerandi, Parres-Asturias)
Labrego, 61 anos. Fillo de José e Josefa.
Xulgado en Gijón por Adhesión á Rebelión. Condenado o 05/05/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Oviedo (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300978, Expediente 105292).
Preso, cando menos, na Prisión de Partido de Gijón, Prisión Central de Puerto de Santa María-Cádiz (13/07/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (28/09/1940), onde falece o 21/02/1941.
López Alonso, José
Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simon, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 02/09/1941 (BOE número267 de 24/9/1941, páxina 7372).
López Álvarez, José (Grado-Asturias)
Forneiro, 68 anos, casado. Fillo de Saturnino e Rosa.
Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 10/02/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada a 20 anos.
Preso, cando menos, na Prisión Central de Puerto de Santa María-Cádiz, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (13/10/1940) e Prisión de Oviedo (04/01/1943), onde por orde do 26/07/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, sen a liberación definitiva do desterro (BOE número 225 de 13/08/1943, páxina 7895), facéndose efectiva o 01/10/1943.
López Arias, Antonio (Fenolleda, Candamo-Asturias)
Labrego, 62 anos, casado. Fillo de Faustino e Carmen.
Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 13/12/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, na Prisión Central de Celanova-Ourense (11/02/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (06/04/1939) e Prisión Provincial de Oviedo (11/11/1942), onde por orde do 25/09/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 281 de 08/10/1943, páxina 9746), facéndose efectiva a Prisión atenuada o 31/07/1943.
López Arias, José (Touro-Lugo)
Camareiro, 26 anos, casado.
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
López Arriabaloga, Sabino
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
López Beceira, José (Montevideo-Uruguay)
Labrego, 25 anos, casado con Carmen Couce. Fillo de Patrocinio e María.
Veciño de Valdoviño (A Coruña).
Xulgado en Ferrol por Auxilio á Rebelión. Condenado o 09/12/1936 a 12 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/09/1938). Prisión atenuada o 04/08/1940. Liberdade definitiva o 28/09/1941.
Reingresa na Prisión de Partido de Ferrol (13/08/1942) por tenencia ilícita de armas. Liberdade o 19/09/1942.
López Bermúdez, José (Cádiz, 1905)
Veciño de Filgueira (Lalín-Pontevedra).
Presidente da Sociedade La Democracia de Bendoiro. É un dos líderes obreiros que participa na reunión convocada por Ferreiro o 20 de xullo para mobilizar aos traballadores en defensa da República. Foi detido o 20 de outubro.
Preso na Prisión de Lalín (20/10/1936) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (04/11/1936), de onde foi sacado por falangistas a noite do 08/11/1936 co pretexto de trasladalo á prisión de Pontecaldelas xunto a 5 veciños de Lalín: Luis Frade Pazos, Ramiro Granja González, Luis Varela Sobrado, José María Montouto e Eliseo Garra; e outros 5 de Arbo: Telmo Rodríguez Alonso, Juan Alonso Pérez, José Gómez Sampayo, Antonio Picallo Buela e Alfonso Alonso Portugués. Ao chegar á Volta do Couto, en Tenorio, ordenáronlles baixar do camión e foron fusilados. Os veciños déronlles sepultura nunha fosa común dentro do cemiterio.
López Bueno, Luciano (Valdeconcha-Guadalajara)
Labrego, 40 anos, casado con Julia Fraile. Fillo de Manuel e Ana.
Membro de UGT.
Xulgado por Auxilio á Rebelión (Causa 588/1939). Acusación: "formó parte de las guardias rojas y fue miembro de la Junta Incautadora de bienes...". Condenado o 03/08/1939 a 20 anos. Pena posteriormente conmutada a 12 anos e 1 día pola Comisión de Guadalajara (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300854, Expediente 89434).
Preso, cando menos, na Prisión Central de Santa Isabel de Santiago de Compostela e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (16/08/1942), onde por orde do 12/10/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 5 de 05/01/1943, páxina 160), facéndose efectiva o 08/12/1942..
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1946.
López Calvo, Ricardo (El Pobo-Teruel)
Labrego, 62 anos, viúvo.
Xulgado en Mora de Rubielos (Teruel) por Auxilio á Rebelión (Causa 521/38). Condenado o 17/11/1938 a 12 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde falece o 11/06/1941.
López Cao, Miguel
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
López Carnero, Francisco
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
López Carretero, José (Ohanes-Almería)
Labrego, 63 anos. Fillo de Gaspar e Adelaida.
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 27/06/1939 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Almería (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300746, Expediente 74934).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Almería e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (21/03/1941), onde por Orde do 02/08/1941, concédeselle a liberdade condicional (BOE número 227 de 15/8/1941, páxina 6267).
Citado no proxecto Nomes e Voces como falecido na illa o 02/10/1941.
Incluído en Causa General do ramo de Ohanes celebrada o 23/12/1941.
López Casamayor, Luis (Bilbao-Bizkaia)
Tipógrafo, 37 anos, casado con Eugenia. Fillo de Julio e Catalina.
Xulgado en Bilbao por Auxilio á Rebelión. Condenado o 24/08/1938 a 12 anos e 1 día de reclusión temporal. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Vizcaya (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300506, Expediente 39199).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (08/10/1938) e Talleres Penitenciarios de Alcalá de Henares (18/10/1939).
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas en 1941 (BOE núm. 232, anexo único de 19/11/1941, páx. 4262).
López Chapela, Adolfo “El Cuco” (Chapela, Redondela-Pontevedra)
Mariñeiro, 33 anos, casado con Carmen Sánchez. Fillo de Baltasar e Secundina.
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 05/02/1937 a 20 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300685, Expediente 65648).
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e Prisión Central de Astorga-León (28/03/1939), onde por orde do 23/01/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 34 de 03/02/1942, páxina 870) , facéndose efectiva o 20/02/1942.
Reingresa na Prisión de Vigo o 19/10/1945, sendo condenado a 2 meses e 1 día, saíndo en liberdade o 20/12/1945.
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1961.
López Cortizo, Manuel “Ferrolán” (Bueu-Pontevedra)
Mecánico, 24 anos. Fillo de José e Aurora.
Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada a 20 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (15/07/1937), Prisión Central de Figueirido-Pontevedra (13/12/1940), Destacamento Penal das Minas de Silleda-Pontevedra (18/10/1943), onde por orde do 22/03/1944, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 85 de 25/03/1944, páxina 2459 ), facéndose efectiva o 14/02/1944. Liberdade definitiva o 14/01/1946.
Tras recibir o indulto marcha a Arxentina.
López Crespo, Francisco “El Cautivo” (Marín-Pontevedra, 15/05/1911)
Mestre de orquestra/carpinteiro, 25 anos, casado con Marina Pereira, tiveron unha filla chamada Rita. Fillo de Francisco e Umbelina.
Segundo as fontes orais, como carpinteiro fixo o teito do salón de actos do concello de Marín e o interior do cine Avenida. Aparece un Francisco Crespo elixido Vogal da Sociedade de Funcionarios e Obreiros do concello en 1931 e elixido Vogal da Sociedade de Funcionarios e Obreiros do concello en 1932. Presidente da Xuventude Socialista de Marín en 1933. Presidente da Federación Obreira (UGT) desde o mes de outubro de 1934 até setembro de 1935, da Sociedade de Oficios Varios en 1935 e da Sociedade de Empacadores en 1936. Formou parte dun Comité de Folga que mandou unha misiva o 11 de outubro de 1934 aos traballadores de Moaña para non acudir ao traballo até nova orde. Elixido Secretario da Sociedade Cultural Recreativa en 1935. Militante do Partido Socialista e nalgunha fonte á Xuventude Socialista Unificada. Estivo procesado a consecuencia da revolución de outubro de 1934.
Detido o 23/0771936 na casa da súa sogra. Sería acusado de acudir a Madrid como Delegado da Sociedade de Oficios Varios de Marín e Ardán a un congreso socialista, cando en realidade asistiu ao Congreso Obreiro de Edificación.
Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 22/12/1936 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena conmutada o 12/12/1942 a 4 anos de prisión menor pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300427, Expediente 27609).
Preso, cando menos, na Comisaría de Vixilancia de Pontevedra, Prisión do Concello de Pontevedra, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/07/1936), Prisión Provincial de Pontevedra, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (11/1936) e Prisión Central de Figueirido-Pontevedra. Liberdade 19/08/1940.
Era un destacado violinista e unha vez en liberdade converteuse nun referente da música en Marín. Formou parte da banda de música municipal, foi profesor de música e no momento do seu pasamento era membro da orquestra “Poceiro”. Foi un dos principais impulsores da creación do ateneo “Santa Cecilia”. Faleceu o 8 de febreiro de 1955, recibindo sepultura no cemiterio da Raña. Ao seu enterro asistiron amplas representacións das colectividades musicais de Marín e Pontevedra, tocando marchas fúnebres alternativamente a banda de música municipal Marinense e a banda da Falanje de Pontevedra.
López Díaz, Florencio (Pereanzanes-León)
Talabarteiro, 62 anos, casado.
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
López Díaz, Francisco (Teverga-Asturias)
Labrego, 67 anos. Fillo de Alonso e Laura.
Veciño de Campiello (Asturias).
Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 09/06/1938 a 15 anos.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Oviedo, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/02/1939), onde por orde do 17/09/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 272 de 29/09/1942, páxina 7649), facéndose efectiva o 29/08/1942.
López Diego, Julián (Puente Arce, Piélagos-Cantabria)
Xornaleiro, 29 anos, solteiro. Fillo de Santiago e María.
Membro de UGT desde 1935. Forma parte do grupo de gardas con armas en Puente Arce. O 8/9/1936 citado como miliciano e máis tarde promovido a tenente. Feito prisioneiro en Gijón.
Xulgado en Bilbao por Auxilio á Rebelión (Causa 12553). Condenado a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada a 6 anos e 1 día de prisión menor pola Comisión de Vizcaya (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300507, Expediente 39278).
Preso, cando menos, no Cárcere de Bilbao (21/10/1937), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (09/10/1938) e Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda (19/01/1940), onde se lle concede a Liberdade condicional (BOE nº 185 de 4/7/1941, páxina 4956), facéndose efectiva o 19/06/1941.
López Díez, Florencio (Peranzanes-León)
Talabarteiro, 60 anos. Fillo de Simón e Micaela.
Xulgado en León por Adhesión á Rebelión (Causa 613/1937). Condenado o 30/01/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada a 12 anos pola Comisión de León (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300147, Expediente 11676).
Preso, cando menos, na Prisión Central de Burgos, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (04/11/1940), onde falece o 25/12/1941.
López Fenoy, José (Tabernas-Almería)
Industrial, 59 anos, casado con Rafaela González. Fillo de Juan e Dolores.
Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 21/06/1940 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Almería (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 301037, Expediente 115933).
Preso, cando menos, no Cárcere de Almería, Prisión Provincial de Almería (21/03/1939), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (21/03/1941) e Prisión Provincial de Almería (04/01/1943). Liberdade condicional o 31/05/1945.
López Fernández, Alberto Rafael (Oviñana, Cudillero-Asturias)
Labrego, 64 anos, viúvo. Fillo de Ramón e María.
Veciño de Oviedo (Asturias).
Xulgado en Asturias por Auxilio á Rebelión. Condenado o 24/06/1938 a 6 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Prisión de Tineo, Prisión Provincial de Oviedo (16/02/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/02/1939) e Prisión Central de San Isidro de Dueñas-Palencia (03/10/1939), onde falece o 18/05/1940.
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1953.
López Fernández, Antonio (Villacreces, Santervás de Campos-Valladolid)
Militar, 40 anos, casado.
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
López Fernández, José (Villabre, Tameza-Asturias)
Labrego, 60 anos, casado con María. Fillo de José e Teresa.
Xulgado en Asturias por Auxilio á Rebelión. Condenado o 25/0571938 a 15 anos. Pena posteriormente conmutada a 6 anos e 1 día.
Preso na Prisión de Teverga, Prisión Provincial de Oviedo (03/12/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/02/1939), concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 24/6/1941 (BOE número 199 de 18/7/1941, páxina 5372).
López Fernández de Castañeda, Arturo (San Fernando-Cádiz)
Militar, 40 anos, casado con María. Fillo de Joaquín e Dolores.
Veciño de Santander (Cantabria).
Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso na Prisión de los Salesianos o Superior, Prisión de las Salesas-Santander (25/09/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (24/10/1938), onde por Orde de 11/07/1941, concédenlle a Liberdade Condicional coa liberación definitiva de desterro (BOE nº 201 de 20/7/1941, páxina 5437).
López Freire, Sabino (Baiona-Pontevedra)
Mariñeiro, 25 anos, casado con Isolina Regueiro. Fillo de Sabino e Eulalia.
Xulgado en Vigo por Auxilio á Rebelión. Condenado o 28/02/1937 a 15 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300427, Expediente 27590).
Preso, cando menos, na Prisión de Vigo, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (20/11/1937). Prisión atenuada o 10/08/1940.
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1958.
López Gálvez, Bernardo “El Lucera” (Urrea de Gaén-Teruel)
Empregado en central eléctrica, 62 anos, casado con Vicenta Serrano. Fillo de Manuel e Matea.
Xulgado en Hijar (Teruel) por Auxilio á Rebelión (Causa 451/38). Condenado o 12/08/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Teruel (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300699, Expediente 67654).
Preso na Prisión de Caspe, Prisión de Hijar (07/08/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón onde, por Orde do 01/01/1942, concédeselle a liberdade condicional coa liberación definitiva do desterro (BOE número 7 del 07/01/1941, páxina 129).
López García, José “El Gorrión” (Exfiliana de Guadix-Granada)
Labrego, 53 anos, casado con Adoración García. Fillo de Gaspar e Filomena.
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 06/09/1939 a 20 anos.
Preso, cando menos, na Prisión de Granada, Prisión Central de Astorga-León (17/08/1940), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (22/01/1942) e Prisión Provincial de Sevilla (22/01/1943), onde por orde do 19/06/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, sen a liberación definitiva do desterro (BOE numero 205 de 24/07/1943, páxina 7160 ), facéndose efectiva o 20/06/1943.
López García, Juan “El Lino” (Pruna-Sevilla)
Zapateiro, 60 anos, casado con Isabel Sánchez. Fillo de Fernando e Teresa.
Presidente da Agrupación Socialista (AS) de Pruna elixido concelleiro. Membro de UGT.
Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 22/10/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada a 20 anos pola Comisión de Sevilla (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300145, Expediente 11519).
Preso, cando menos, na Prisión Central de Puerto de Santa María-Cádiz, Colonia Penitenciaria del Dueso (11/08/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (01/04/1939).
López García, Julián
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
López García, Manuel (Corvera de Asturias-Asturias)
Carpinteiro, 32 anos, solteiro. Fillo de Hilario e Manuela.
Afiliado a CNT.
Combateu no Exército Republicano en Asturias.
Xulgado en Camposancos (A Guarda-Piontevedra). Condenado á pena de morte.
Preso, cando menos, na Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (05/08/1938). Executado no Castro de Vigo 19/03/1939.
López García, Sixto (Madrid-Madrid)
Panadeiro, 28 anos, solteiro. Fillo de Isidro e Eugenia.
Veciño de Ávila (Ávila).
Xulgado en Ávila por Excitación á Rebelión. Condenado o 10/09/1936 a 12 anos. Pena conmutada o 30/01/1941 a 6 anos e 1 día pola Comisión de Avila (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300276, Expediente 7791).
Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/09/1938), Prisión Provincial de Santiago de Compostela (18/03/1939), Prisión Central de Pamplona (05/08/1939), onde se lle concede a Liberdade condicional (BOE nº 59 de 28/2/1941, páxina 1414), facéndose efectiva o 25/02/1941.
López Gavioto, Francisco (Albuñol-Granada)
Industrial, 62 anos. Fillo de José e Enriqueta.
Veciño de Villanueva de los Infantes (Ciudad Real).
Xulgado por Auxilio á Rebelión (Causa 169/39). Condenado o 02/05/1939 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Ciudad Real (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300876, Expediente 92413).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Salamanca e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (30/09/1940) e na Prisión Provincial de Castellón de la Plana, onde por orde do 15/06/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro ( BOE número 180 de 29/06/1942, páxina 4628).
López Gismeros, José (Los Santos de la Humosa-Madrid)
Muiñeiro, 63 anos, casado. Fillo de Joaquín e Raimunda.
Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 07/07/1939 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Madrid (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300730, Expediente 72578).
Preso, cando menos, na Prisión Central de Pamplona e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (19/10/1940)
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas en 1939, sendo indultado en 1944.
López Gómez, Alejandro (Casas de Lázaro-Albacete)
Labrego, 71 anos. Fillo de José e Manuela.
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 22/04/1940 a 20 anos.
Preso, cando menos, na Prisión Central de Santiago, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (18/03/1941) e Prisión Provincial de Albacete (04/10/1942), onde por orde do 22/05/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 155 DE 04/06/1943, páxina 5371).
López Gómez, Marcos (Villamanrique-Ciudad Real)
Xornaleiro, 73 anos, casado con Epifania. Fillo de Antonio e Tomasa.
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 09/06/1940 a 12 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Prisión de Partido de Infantes, Prisión Central de Astorga-León (14/07/1940), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (22/01/1942) e Prision Provincial de Ciudad Real (30/09/1942), onde por orde do 12/12/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE numero 5 de 05/01/1943, páxina 158), facéndose efectiva o 03/12/1942.
López González, Rafael (Barruelo de Santullán-Palencia)
Electricista, 27 anos, solteiro. Fillo de Francisco e Filomena.
Afiliado a Juventudes Socialistas (JS) e membro de UGT. Tralo golpe militar pasou a zona republicana integrándose no seu exército como miliciano.
Xulgado en Bilbao por Auxilio á Rebelión (Causa 28/38). Condenado o 11/07/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada a 3 anos pola Comisión de Vizcaya /ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300507, Expediente 39336).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (09/10/1938) e Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda (19/01/1940).
López Gutiérrez, Juan (San Martín de Hoyos, Valdeolea-Cantabria)
Xornaleiro, 46 anos, casado con Teófila López. Fillo de Miguel e Juana.
Xulgado en Bilbao por Auxilio á Rebelión. Condenado a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Vizcaya (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300507, Expediente 39286).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (09/10/1938) e Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda (19/01/1940). Prisión atenuada o 31/07/1940.
López Huergo, Leonardo (Gijón-Asturias)
26 anos.
Miliciano do Batallón asturiano “Víctor”.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde falece o 21/06/1939.
López Iglesias, Manuel (León-León)
Labrego, 65 anos, casado.
Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional por Orde do 22/02/1941 (BOE número 59 de 28/2/1941, páxina 1414).
López Illera, Urbano (Lomoviejo-Valladolid)
Panadeiro, 60 anos. Fillo de Balbino e Aniana.
Veciño de Majadahonda (Madrid).
Xulgado por Adhesión á Rebelión (Sumario 11214). Condenado o 13/05/1939 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Madrid (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300148, Expediente 11761)
Preso, cando menos, na Prisión Central de Burgos, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (04/11/1940). Falecido o 27/07/1942.
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas en 1939, sendo indultado en 1945 (75/01034).
López Jiménez, Antonio (Villanueva edl Arzobispo-Jaén)
Xornaleiro, 61 anos, casado.
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
López Jiménez, Máximo (Torrejoncillo del Rey-Cuenca)
Labrego, 61 anos. Fillo de Gabriel e Victoriana.
Veciño de Poveda de Obispalía (Altarejos-Cuenca).
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 12/06/1940 a 12 anos e 1 día.
Preso no Cárcere do Seminario de Cuenca e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (12/05/1940), onde por Orde do 22/07/1942, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 209 de 28/07/1942, páxina 5536).
López Landeira, Ignacio (Caldas de Reis-Pontevedra)
Zapateiro, 32 anos, solteiro. Fillo de Manuel e de Josefa.
Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión. Condenado a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada a 3 anos pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300288, Expediente 9309).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Pontevedra, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (01/10/1937) e Prisión Central de Figueirido-Pontevedra, onde por orde do 16/10/1941, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 300 de 27/10/1941, páxina 8364), facéndose efectiva o 16/10/1941.
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1960. En 1943 ten que facer fronte á incautación de bens (BOE número 130, Anexo único, do 30/04/1943, páx. 1623).
López López, Joaquín (Fuentes de Andalucía-Sevilla)
Labrego, 57 anos, viúvo. Fillo de Federico e Rosario.
Xulgado pola Audiencia de Sevilla. Condenado o 05/06/1936 a 6 anos e 1 día de prisión maior.
Preso, cando menos, na Prisión de Sevilla, Prisión Central de Puerto de Santa María-Cádiz (10/07/1936), Prisión Provincial de Valladolid (20/04/1940) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (30/08/1940), onde falece o 01/12/1941.
López López, Julián
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
López Martín, Francisco (Alájar-Huelva)
Vendedor ambulante, 60 anos. Fillo de Juan e Prudencia.
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 21/05/1937 a 20 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Huelva (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300534, Expediente 43623).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Huelva, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (06/03/1939), onde por orde do o 2 de agosto de 1941, concédeselle a liberdade condicional con liberación definitiva de desterro (BOE 11-8-1941, páx. 6116).
López Martínez, Manuel (Orihuela-Alicante)
Xornaleiro, 66 anos, viúvo. Fillo de Francisco e Ramona.
Condenado o 22/04/1936 a 3 anos, 6 meses e 1 día de prisión menor.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Alicante, Hospital Asilo Penitenciario de Segovia (14/05/1936) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939), onde falece o 08/04/1939.
López Martos, Miguel (Guadahortuna- Jaén)
Labrego, 62 anos. Fillo de Juan e Ana.
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 19/06/1940 a 20 anos.
Preso, cando menos, na Prisión Central de Santa Isabel de Santiago de Compostela, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (18/03/1941), Prisión Provincial de Jaén (20/01/1943), onde por orde do 19/06/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 203 de 22/07/1943, páxina 7080), facéndose efectiva o 02/06/1943.
López Meco, Felipe (Yebra-Guadalajara)
Xornaleiro, 59 anos, casado con Nemesia López. Fillo de Felipe e María.
Veciño de Perales de Tajuña (Madrid).
Condenado o 21/09/1939 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Madrid (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300455, Expediente 31740).
Preso, cando menos, na Prisión de General Porlier 54-Madrid (16/10/1939), Prisión Central de Burgos (26/12/1939) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/11/1940), onded falece o 13/05/1941.
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas entre 1941 e 1946.
López Medina, Ignacio (Fresno Viejo-Valladolid)
Xornaleiro e sacristán, 74 anos, casado con Obdulia Fragua. Fillo de Ángel e Agapita.
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 06/06/1939 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Madrid (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300205, Expediente 290).
Preso, cando menos, na Prisión de Getafe, Prisión de General Porlier 54-Madrid (03/09/1939), Prisión provincial de Lugo (04/12/1939) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/09/1940), onde falece o 06/11/1940.
López Mejías, Joaquín Eleuterio (Calera de León-Badajoz)
Carboeiro, 63 anos. Fillo de José e Socorro.
Condenado o 03/08/1937 a 12 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Prisión Central de Figueirido-Pontevedra, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/05/1941), Prisión de Badajoz (12/11/1942), Prisión de Alcalá de Henares (06/06/1944), Prisión de Partido de Alcalá (14/06/1944), Prisión Central de Guadalajara (28/07/1944) e Prisión Central de Puerto de Santa María-Cádiz (14/07/1945). Liberdade condicional o 14/03/1946.
López Menéndez, Alfredo (Pintoria, Trubia-Asturias)
Axustador, 59 anos, casado con Asunción. Fillo de Manuel e Asunción.
Xulgado en Asturias por Rebelión Militar. Condenado o 11/02/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Oviedo (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300529, Expediente 42849).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Oviedo, Prisión Central de Celanova-Ourense (06/05/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (29/03/1939), onde se lle concede a Liberdade condicional (BOE nº 185 de 4/7/1941, páxina 4956)
López Molina, José María “Periquito” (El Margen, Cúllar-Granada, 16/02/1872)
Labrego, 67 anos, casado con Dolores Martínez. Fillo de Pedro e Juana.
Presidente do UGT de Cúllar e afiliado ao Partido Comunista (PCE).
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 11/12/1939 a 12 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Prisión de Cúllar, Prisión Central de Astorga-León, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/01/1942) e Prisión de Baza (12/02/1943).
López Montero, Gervasio (Coria-Cáceres)
Secretario xudicial, 67 anos, casado con Petra. Fillo de Saturio e Basilia.
Vicepresidente de Izquierda Republicana de Coria.
Condenado o 03/04/1937 a 6 anos. Pena posteriormente conmutada a 3 anos pola Comisión de Cáceres (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300233, Expediente 2853).
Preso, cando menos, na Prisión de Coria, Prisión Provincial de Cáceres (10/02/1937), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (22/02/1939) e Prisión Central de San Isidro de Dueñas-Palencia (06/11/1939), onde por orde do 31/07/1940, concédeselle a Liberdade condicional (BOE número 218 do 05/08/1940, páxina 5429).
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1962.
López Monzonis, José “El Pito” (Viver-Castellón)
Labrego, 55 anos, casado con Marina. Fillo de Miguel e Manuela.
Xulgado por Auxilio á Rebelión (Causa 4694/39). Condenado o 03/10/1939 a 12 anos e 1 día de r.m.
Preso, cando menos, na Prisión de Segorbe, Prisión de ¿Tomás? (14/11/1939), Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda (08/02/1940) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (20/03/1941).
López Muñoz, Nicolás (La Parra, Arenas de San Pedro-Ávila)
Xornaleiro, 63 anos, solteiro. Fillo de Nicanor e Carmen.
Xulgado en Ávila por Adhesión á Rebelión. Condenado o 04/12/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, na Prisión de Ávila, Prisión Provincial de Ávila (08/10/1937), Prisión Central de Burgos (23/12/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (11/03/1939) e Prisión Central de Figueirido-Pontevedra (15/05/1939), onde falece o 02/11/1939.
López Novo, Andrés (Viñas, Paderne-A Coruña)
Carpinteiro, 28 anos, solteiro. Fillo de Pedro e María.
Veciño de Montecelo (Paderne-A Coruña).
Xulgado en Ferrol por Auxilio á Rebelión (Causa 935/36). Condenado o 05/03/1937 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de La Coruña (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300241, Expediente 3560).
Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (05/07/1937), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/09/1938), Prisión Central de Astorga-León (09/05/1939) e Talleres Penitenciarios de Alcalá de Henares (21/11/1939).
López Oti, Antonio (Río Tuerto-Cantabria)
Labrego, 47 anos, casado con Balbina Agra. Fillo de Pedro e Eustaquia.
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 18/08/1938 a 12 anos e 1 día de reclusión temporal.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (08/10/1938) e Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda (17/01/1939).
López Padilla, José María (Güejar Sierra-Granada)
Labrego, 64 anos, solteiro. Fillo de Antonio e Antonia.
Xulgado en Granada por Auxilio á Rebelión. Condenado o 25/02/1938 a 12 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Granada (24/01/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (28/03/1939) e Prisión Central de Figueirido-Pontevedra (15/05/1939), onde falece o 07/06/1940.
López Pazos, Francisco “Taravixo” (O Marco, Lourizán-Pontevedra)
Mariñeiro (Contramestre), 26 anos, casado con Antonia Graña “A Barou”. Fillo de Francisco “O Lughés” e María “A Taravixa”.
Militante do SIP (CNT), do Sindicato de Mariñeiros.
Nun informe da alcaldía de Marín do 16 de febreiro de 1937 dise sobre el que era “comunista exaltado”, o día que se declarou o estado de guerra capitaneou grupos de mariñeiros folguistas no barrio de Cantodarea. Sería detido acusado, entre outros motivos, da queima de igrexas.
Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar. Condenado o 27/06/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, no Cuartel da Falanje de Marín, Prisión Provincial de Pontevedra, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/02/1937). Prisión atenuada 01/09/1940.
Tras a súa liberación accedeu a ir traballar cun familiar a Pasaia (País Vasco). Alí se estableceu, visitando Marín case todos os anos. Faleceu no hospital de Donosti o 20 de outubro de 2006.
López Pérez Carlos (Muxía-A Coruña)
Mariñeiro, casado, 28 anos.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
López Pérez, Cesáreo (Torrejoncillo-Cáceres)
Braceiro, 28 anos. Fillo de Pedro e Jacinta.
Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 30/03/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Cáceres (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300921, Expediente 98272).
Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (22/03/1941).
López Porras, José (Huelva)
Empregado, 61 anos, casado.
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
López Ramos, Antonio (Chimeneas-Granada)
Labrego, 60 anos. Fillo de Francisco e Antonia.
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 03/07/1937 a 20 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Granada (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300388, Expediente 21730).
Preso, cando menos, na Prisión de La Bañeza e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939), onde por orde do 11/05/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 139 de 19/05/1942, páxina 3518)
López del Rey, Cruz
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
López Reina, Eduardo (Pechina-Almería, 1870)
Carteiro, 70 anos. Fillo de Manuel e Francisca.
Veciño de Diezma (Granada).
Afiliado a UGT e vocal do comité executivo da Agrupación Socialista (AS).
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 15/02/1940 a 20 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Granada (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300855, Expediente 89565).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Granada e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (20/08/1941) e Prisión de Reus-Tarragona (29/09/1942).
López Rivadulla, Primo (Vila de Cruces-Pontevedra, 1910)
Oficial do Concello de Carbia.
Elixido secretario de Izquierda Republicana, en febreiro de 1935, e da Fronte Popular de Carbia.
Promotor e director do grupo teatral Liga de Amigos da Vila de Cruces.
Tralo golpe militar agochouse en Santiago de Compostela, sendo descoberto e detido pola Garda Civil de Cruces o 15 de agosto.
Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar (Causa 1382/1936) xunto a outros 18 republicanos de Carbia. Condenado o 09/01/1937 a pena de morte.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
O 26 de xaneiro de 1937 sería fusilado en Pontevedra xunto a os veciños de Carbia: Manuel Sarmiento Debén, Eduardo Brea Cajide e Antonio Gómez López. A causa da súa morte sería rexistrada como hemorraxia interna.
![]() |
| Primo López Ribadulla. Liga de Amigos de Vila de Cruces, 1934. Historias de Deza |
López Rodríguez, José “de Lopes” (Lourizán-Pontevedra)
Labrego, casado con Remedios Ramos Ramos. Fillos: Carmen (1928), María (1932), Elena (1934), José (Cabaleiro mutilado de guerra, pertencente á Milicia Nacional de F.E.T.-J.O.N.S. Residente en Estribela en 1940), Andrés (1940) e Manuel López Ramos. Fillo de Santiago e Amparo.
Se cadra é o José López, elixido Vice-Presidente da Sociedade Agraria de Lourizán en xullo de 1932. En abril de 1934 nomeado membro na mesa da Carballeira para as eleccións municipais. Segundo a familia estivo preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Instruíronlle expediente de responsabilidades políticas en 1941 cando tiña 48 anos. Falecido antes de 1960.
López Rodríguez, Miguel (Prado del Rey-Cádiz)
Capitán do exército retirado, 67 anos, casado con Amalia. Fillo de Juan e Ana.
Veciño de Isla Cristina (Huelva).
Xulgado en Huelva por Indución á Rebelión. Condenado o 23/0671937 a 6 anos e 1 día.
Preso na Prisión de Isla Cristina, Prisión Provincial de Huelva (23/07/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (06/03/1939), concédeselle a liberdade condicional por Orde do 12/07/1940 (BOE número 202 do 20/07/1940, páxina 5037).
López Sáinz, Aniceto (¿?-Cantabria)
Labrego, 74 anos, viúvo. Falecido na illa.
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
López Sáinz, Segundo (Valdecolmenas de Abajo-Cuenca)
Xornaleiro, 62 anos. Fillo de Cándida e Hilaria.
Xulgado por Auxilio á Rebelión (Causa 1003/40). Condenado o 21/06/1940 a 12 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Prisión do Seminario de Cuenca e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (12/05/1940), concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro, o 12 de decembro de 1942 ( BOE nº 61 de 05/01/1943, páxina 157).
López Sáiz, José (Lerma-Burgos)
Xornaleiro, 67 anos. Fillo de Dionisio e Martina.
Condenado o 20/05/1935 a 12 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Prisión Central de Figueirido-Pontevedra, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/05/1941), Prisión Central de Puerto de Santa María-Cádiz (13/11/1942), prisión de Cáceres (02/01/1943) e Prisión Central de Burgos (17/02/1943), onde por orde do 07/07/1944, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 238 de 25/08/1944, páxina 6433), facéndose efectiva o 10/04/1944.
López Sánchez, Victoriano (Torvizcón-Granada)
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Xornaleiro, 68 anos.
Sumario 29.956/39. Condenado a 12 anos e un día.
Morto na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón o 8-7-42 por causas naturais.
Enterrado no cemiterio de Puxeiros (Vigo).
López Santacruz, Francisco (Córdoba-Córdoba)
Xardiñeiro, 64 anos. Fillo de Rafael e Carmen.
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 09/03/1939 a 12 anos e 1 día.
Preso na Prisión Provincial de Vitoria, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (12/03/1941), onde por Orde do 10/04/1942, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 107 de 17/04/1942, páxina 2701).
López de Silanes Ayala, Gonzalo (Cenicero-La Rioja)
Comisario de Vixilancia, 51 anos, casado con Eugenia López. Fillo de Santos e Teófila.
Veciño de Vigo (Pontevedra).
Xulgado en Vigo por Auxilio á Rebelión. Condenado o 27/10/1936 a 16 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300310, Expediente 12155)
Preso, cando menos, na Prisión do Partido de Vigo e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (2
7/10/1936).
Baixa no Corpo de Vixilancia (Gaceta de Madrid número 247, de 03/09/1936, páx. 1653).
López Soriano, Julián (Masegoso-Albacete)
Labrego, 38 anos, casado con Saturnina González. Fillo de Manuel e Atanasia.
Xulgado en Albacete por Auxilio á Rebelión (Causa 1257/39). Condenado o 27/09/1939 a 20 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada a 12 anos e 1 día pola Comisión de Albacete (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300830, Expediente 86160).
Preso, cando menos, na Prisión Central de Santa Isabel de Santiago de Compostela e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (16/08/1942), onde por orde do 12/12/1942, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro ( BOE nº 61 de 05/01/1943, páxina 153), facéndose efectiva o 09/12/1942.
Procesado polo Tribunal Especial para la Represión de la Masonería y el Comunismo en 1940 (Referencia: TERMC, Ficheiro 75, Documento 2511518).
López Torra, José (Cerezo de Abajo-Segovia, 29/05/1877)
Empregado, 61 anos, casado con Fermina González. Fillo de Ramón e Eusebia.
Xulgado por Espionaxe. Condenado o 19/11/1938 a 20 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Segovia (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300292, Expediente 9771).
Preso, cando menos, na Prisión de Segovia, Prisión Provincial de Segovia (07/11/1938), Prisión Central de Celanova-Ourense (12/12/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (01/03/1939), onde se lle concede a Liberdade condicional (BOE nº 130 de 10/5/1941, páxina 3308)
López Torrente, Juan (Vélez Rubio-Almería)
Labrego, 64 anos. Fillo de Antonio e Beatriz.
Veciño de Cazalilla (Jaén).
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 13/02/1940 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Jaén (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300824, Expediente 85357).
Preso, cando menos, na Prisión de Andújar (27/11/1939), Prisión Central de Astorga-León, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (13/03/1941), onde por orde do 15/06/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 178 de 27/06/1942, páxina 4596).
López Uriguen, José
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
López Vargas, Macario “El Clavel” (Ariza-Zaragoza)
Arrieiro, 43 anos, casado con Mercedes Seves, filla de 19 anos e fillo de 15. Fillo de Lorenzo e Lorenza.
Afiliado a CNT. Tralo golpe de estado militar patrullou polas rúas armado cunha escopeta. Ao entrar as forzas nacionais estivo agochado, pero entregouse trala detención da súa esposa e a súa filla.
Xulgado en Zaragoza por Auxilio á Rebelión (Causa 713/38). Condenado o 04/06/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada a 3 anos pola Comisión de Zaragoza. (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300349, Expediente 17153).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938) e Prisión Central de Astorga-León. Prisión atenuada o 09/10/1940. Liberdade definitiva o 09/09/1941.
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas en 1937, séndolle embargado os seus bens.
López Varón, Carlos
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
López Vela, Victoriano (Escamilla-Guadalajara)
Xornaleiro, 60 anos. Fillo de Juan e Catalina.
Xulgado en Guadalajara por Auxilio á Rebelión (Causa 2987/40). Condenado o 17/02/1940 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Guadalajara (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300854, Expediente 89445).
Preso, cando menos, na Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (10/09/1941), onde por Orde do 14/10/1942, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 299 de 26/10/1942, páxina 8581), facéndose efectiva o 06/08/1942.
NOTA: Tamén citado como López Yela, Victoriano
López Vidal, Andrés
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
López Vidal, Manuel (Muxía-A Coruña)
Mariñeiro, 38 anos, casado.
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
López Vilches, Antonio (Fuensanta de Martos-Jaén)
Labrego, 66 anos. Fillo de Joaquín e María.
Xulgado por Auxilio á Rebelión (Causa 2011/40). Condenado o 18/06/1940 a 20 anos.
Preso, cando menos, na Prisión Central de Santa Isabel de Santiago de Compostela, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (18/03/1941) e Prisión Provincial de Jaén (122/11/1942), onde por orde do 19/06/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 205 de 24/07/1943, páxina 7146), facéndose efectiva o 13/06/1943.
López Villarín, Fernando (Cadalso de los Vidrios-Madrid)
Xornaleiro, 61 anos, casado con Teófila. Fillo de Pascual e Macaria.
Xulgado por Adhesión á Rebelión (Causa 161/1937). Condenado o 08/10/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Madrid (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300129, Expediente 10112).
Preso, cando menos, na Prisión Central de Astorga-León, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/01/1942) e Prisión Habilitada de Santa Rita de Carabanchel Alto-Madrid (08/01/1943). Liberdade o 17/07/1944.
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1944.
López Villegas, Severino
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
López Vitorero, Prudencio
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Lora Prieto, Victoriano
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Lorenzo Bajo, Juan
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Lorenzo Cebada, José
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Lorenzo Fernández, Eloy
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Lorenzo Lira, Fermín (Abegondo-A Coruña)
Labrego, 19 anos, solteiro.
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Lorenzo Lira, Julián
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Lorenzo Ordóñez, Demetrio (Rianxo-A Coruña)
Funcionario municipal, 34 anos.
Veciño de Marín (Pontevedra).
Foi detido xunto a 5 veciños de Marín o 20/7/1936, dous días despois do golpe de estado.
Presos na Illa de San Simón. Xulgados en Pontevedra por Rebelión Militar. Condenados o 18/12/1936 á pena de morte. Serían fusilados o 31/12/1936 en Monte Porreiro. Xunto a el perderon a vida o alcalde, Antonio Blanco Solla; o presidente da Sociedade de Mariñeiros, Amando Iglesias Pérez; o presidente da Sociedade de Canteiros, Santiago Ramos Ramos; o impulsor de Xuventudes Socialistas en Seixo, Albino Agraso Santamaría; e o tamén funcionario municipal Bernardino de la Torre Fernández.
Lorenzo Puga, Jesús (Corzáns, Salvaterra do Miño-Pontevedra)
Labrego, 48 anos, casado con Rosa Alonso. Fillo de Vicente e Josefa.
Xulgado en Vigo por Auxilio á Rebelión. Condenado o 11/02/1937 a 15 anos.
Preso, cando menos, na Prisión de Vigo, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (20/11/1937)
Lorenzo Señoráns, José (Portonovo, Sanxenxo-Pontevedra)
Motorista naval, 18 anos, solteiro. Fillo de José e Emilia.
Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión. Condenado o 26/11/1936 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300427, Expediente 27592).
Preso, cando menos, na Comisaría de Vixilancia de Pontevedra, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/08/1936) e Prisión Central de Figueirido-Pontevedra (08/11/1939), onde se lle concede a Liberdade condicional (BOE nº 268 de 25/9/1941, páxina 7401), facéndose efectiva o 30/08/1941.
Lorenzo Veiga, José
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Lores Míguez, Manuel (Presedo, Abegondo-A Coruña)
Labrego, 32 anos, casado.
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Lores Míguez, Severino (Villalonga, Sanxenxo-Pontevedra)
Maquinista, 27 anos. Fillo de Francisco e Rosa.
Secretario do Sindicato de Oficios Varios
Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar. Condenado o 18/03/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena conmutada en setembro de 1940 a 4 anos de prisión menor pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300427, Expediente 27593).
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (15/07/1937), onde participa na gran evasión do 22/05/1938, sendo capturado o día 24 en Juslapeña por requetés e militares. Prisión atenuada o 11/09/1940.
Reingresa na Prisión de Pontevedra (02/01/1942), Prisión de Pamplona (24/01/1942) e Prisión Central de Astorga-León (13/11/1942). Prisión atenuada o 02/12/1942.
Lores Portela, Manuel (Bouzas, Vigo-Pontevedra)
Industrial, 38 anos, casado con Dolores Barreiro Olazenaga. Fillo de Manuel e Concepción.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, de onde foi sacado o 09/11/1936, aparecendo o día seguinte morto a tiros no Alto de A Concheira (Redondela). Sería enterrado no cemiterio dos Eidos, Redondela.
Loriente Fusac, José (Casbas de Huesca-Huesca)
Xastre, 74 anos. Fillo de Carlos e Mariana.
Afiliado a UGT.
Xulgado en Huesca por Rebelión Militar (Causa 177/37). Condenado o 27/07/1938 a 12 anos e 1 día de reclusión menor. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Huesca (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300818, Expediente 84545).
Preso, cando menos, na Delegación de Orden Público, Prisión Provincial de Huesca (20/05/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (08/05/1939), onde por Orde do 11/07/1941, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva de desterro (BOE número 263 de 2/8/1941, páxina 7261).
Loriente Fusac, Tomás (Casbas de Huesca-Huesca)
Labrego, 74 anos. Fillo de Carlos e Mariana.
Veciño de Junzano (Casbas de Huesca).
Xulgado en Huesca por Rebelión Militar (Causa 197/38). Condenado o 27/07/1938 a 12 anos e 1 día de reclusión menor. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Huesca (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300746, Expediente 74842)
Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde por Orde do 12/03/1942, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 77 de 18/03/1942, páxina 1954).
Loureiro Pérez, Manuel (Redondela)
Zapateiro, 31 anos. Fillo de José e Vicenta.
Afiliado ao Partido Comunista (PCE).
Xulgado en Vigo por Rebelión Militar. Condenado o 16/12/1936 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300427, Expediente 27600).
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (22/02/1937) e Prisión Central de Figueirido-Pontevedra (28/04/1939). Prisión atenuada o 25/09/1940). Liberdade condicional o 26/10/1941.
Lourido Álvarez, Jaime (A Caniza-Pontevedra)
17 anos, solteiro. Fillo de Jesús e Aurelia.
Xulgado en Vigo por Auxilio á Rebelión. Condenado o 16/10/1936 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300427, Expediente 27523).
Preso, cando menos, na Prisión de Vigo, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/10/1936) e Prisión Provincial de Vitoria (22/11/1938).
Unha vez en liberdade tivo que cumprir o servizo militar nos Batallones Disciplinarios de Soldados Trabajadores Penados (BDSTP), 2ª Agrupación (ES.19030.AGMG/3.2. Caixa 301744, Expediente 5034),
Lourido Álvarez, Jesús (A Caniza-Pontevedra)
Albanel, 22 anos. Fillo de Jesús e Aurelia.
Xulgado en Vigo por Rebelión Militar. Condenado o 10/10/1936 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300427, Expediente 27595)
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (16/05/1937). Prisión atenuada o 05/09/1940.
Unha vez en liberdade tivo que cumprir o servizo militar nos Batallones Disciplinarios de Soldados Trabajadores Penados (BDSTP), 1ª Agrupación (ES.19030.AGMG/3.5. Caixa 304357, Expediente 4484).
Lozano Canal, Elviro (Oviedo-Asturias)
Vendedor, 69 anos. Fillo de Elviro e Elvira.
Veciño de Santander (Cantabria).
Xulgado por Excitación á Rebelión. Condenado o 01/04/1938 a 6 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Santander (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300562, Expediente 47883).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Santander, Prisión de Las Salesas-Santander (04/02/1938), Prisión Provincial de Santander (29/10/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (20/03/1939) e Prisión Central de Figueirido-Pontevedra (15/05/1939). Aparece nunha lista de falecidos nesta prisión.
Lozano Escudero, Juan (Pizarra-Málaga)
Toneleiro, 59 anos. Fillo de Juan e María.
Veciño de Málaga (Málaga).
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 17/09/1937 a 12 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Málaga (20/08/1937), Prisión de Antequera (06/11/38) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (26/02/1939), onde por orde do 05/12/1941, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE 20/12/1941, nº354, Páx. 9956).
Lozano García, Francisco
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Lozano Rastrilla, Emilio (Palencia-Palencia)
Impresor, 27 anos, casado con Alejandra. Fillo de Emilio e Andrea.
Xulgado en Palencia por Adhesión á Rebelión. Condenado o 27/04/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Palencia (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300603, Expediente 53511)
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Palencia, Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (30/09/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón. Liberdade o 25/10/1940.
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1959.
Lozano Vallejo, Juan (Casabermeja-Málaga)
Labrego, 58 anos, casado con Isabel. Fillo de Francisco e Inés.
Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 25/10/1939 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Malaga (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300024, Expediente 1810).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Málaga (11/04/1938), Prisión Central de Cuéllar-Segovia (07/10/1939) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Lozoya Pérez, José
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Lozoya Pérez, Luis
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Luadas Alonso, Vicente (Oviedo-Asturias)
Axustador, 60 anos, casado.
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Lucas Iglesias, José (Nigrán-Pontevedra)
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Detención na Illa do Lazareto de onde sae enfermo para morrer na súa casa.
Lucas Sánchez, Juan José
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Luceño Rey, Félix (Santiago del Campo-Cáceres)
Labrego, 60 anos, casado, dous fillos. Fillo de Esteban e Petra.
Veciño de Santa Amalia (Badajoz) e, xa en prisión e unha vez en liberdade, domicilio en La Garrovilla (Badajoz).
Xulgado en Badajoz por Rebelión Militar (Causa 1053/40). Acusado de ser o promotor da folga campesiña de 1934 e votar ao Frente Popular. Na causa: “Miembros de Ayuntamientos y Comites republicanos”. Condenado o 15/02/1940 a pena de morte, sendo conmutada por cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada a 14 anos pola Comisión de Badajoz (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300083, Expediente 6360).
Preso, cando menos, na Prisión Central de Formentera, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (20/04/1941), Prisión Provincial de Badajoz (04/01/1943), onde por orde do 26/07/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, sen a liberación definitiva do desterro (BOE número 225 de 13/08/1943, páxina 7893), facéndose efectiva o 30/07/1943.
Reingresa na Prisión Provincial de Badajoz o 08/10/1944. Liberdade o 10/10/1944.
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas en 1943 (BOE número 319, Anexo único, de 15/11/1943, páxina 4026).
Lugaredo Mato, Manuel Antonio (A Estrada-Pontevedra)
Canteiro, casado con Sofía Puente Nodar. Fillo de Sebastián e Ramona.
Xulgado en Pontevedra e condenado a 4 anos de prisión menor.
Preso na Illa de San Simón. Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
De producirse o seu paso pola illa debeu ser moi breve porque non se recolle na súa ficha. Tan só aparece: Prisión da Estrada e Prisión Provincial de Pontevedra (28/09/1940). Prisión atenuada, liberdade.
Luna Morales, Pedro (Aguilar de Campoo-Palencia)
Xornaleiro, casado, 57 anos.
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Luna Ortega, Francisco (Huétor Tájar-Granada)
Empregado de Teléfonos, 63 anos, casado con Dolores Serun. Fillo de Francisco e Francisca.
Veciño de Madrid (Madrid).
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 26/06/1939 a 12 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Prisión Central de Yeserías-Madrid, Prisión Central de Santa Rita de Carabanchel-Madrid (20/06/1939), Prisión Central de Valdenoceda-Burgos (09/09/1939) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde falece o 20-5-41 por causas naturais.
Enterrado no cemiterio de Pereiró (Vigo).
Lupeña Llano, Nicolás (Medina del Campo-Valladolid)
Electricista, 55 anos. Fillo de Pedro e Antonia.
Veciño de Santa Cruz Mieres-Asturias.
Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 06/05/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada a 20 anos pola Comisión de Oviedo (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300162, Expediente 13000).
Preso, cando menos, na Prisión Central de Figueirido-Pontevedra, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/05/1941) e Prisión Central de Figueirido-Pontevedra (06/02/1942), onde por orde do 25/09/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 281 de 08/10/1943, páxina 9745), facéndose efectiva o 09/09/1943.
Lupiáñez Pérez, Ricardo (Narila, Cádiar-Granada)
Labrego, 50 anos, casado con Ana Rodríguez. Fillo de Antonio e Isabel.
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 26/10/1939 a 12 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Prisión Central de Astorga-León, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/01/1942), onde por orde do 15/06/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 175 de 24/06/1942, páxina 4550).
Reingresa na Prisión de Lérida o 17/04/1948. Liberdade o 06/09/1948.
Luquero Torres, Florentino (Collado Villalba-Madrid)
Canteiro, 64 anos. Fillo de Santos e Rosa.
Rexedor Síndico de Collado Villalba en 1912. Nomeado Fiscal Municipal en novembro de 1937.
Xulgado en Madrid por Adhesión á Rebelión (Causa 6533/39). Condenado o 21/04/1939 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Madrid | (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300367, Expediente 19178).
Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (19/10/1940), onde por Orde do 08/11/1941, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 322 de 18/11/1941, páxina 9021).
Lustres Rivas,
José Manuel Antonio (Ribeira-A
Coruña, 14/01/1888)
![]() |
| Lustres Rivas. Vida Gallega |
Xornalista e escritor, de 48 anos, casado con Emilia Fernández Fernández, fillos María del Carmen e Augusto. Fillo de José e María.
Estudou menciña en Santiago, onde coñeceu a Castelao e participou nos debates do Café Colón, vinculándose ao galeguismo. En 1906 comeza a colaborar cos xornais El Miño, Galicia Nueva e Gaceta de Galicia, dirixindo El Heraldo Gallego. En 1915 trasládase a Madrid, escribindo para España Nueva, La Jornada, El Liberal e La Publicidad (Barcelona). Tres anos despois volve a Galicia colaborando con La Concordia. En 1923 director de Galicia Diario de Vigo. Durante a ditadura de Primo de Rivera estivo emigrado en Arxentina. Ao seu regreso publicou en xornais como o Faro de Vigo, en cuxas oficinas foi detido nos días seguintes ao golpe de estado.
Ademais da súa obra como xornalista publicou novelas, obras de teatro, ensaios e poesías.
Sería preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde estivo até o 9 de novembro, cando foi sacado xunto a Manuel Fontán Herbón, Abdón Simón Da Ponte, Silo Marmolejo Santos, Vicente Bautista Faria, Manuel Nores Portela, Víctor Fraiz Castellanos e Florentino Vázquez Doval. O día 10 os seus corpos aparecen no Alto da Cuncheira, na parroquia de Trasmañó (Redondela). Sería enterrado no cemiterio dos Eidos, en Redondela.
O 05/12/1986 foi nomeado fillo predilecto de Ribeira, dándoselle o seu nome a unha rúa.
Autor: Juan Migueles



No hay comentarios:
Publicar un comentario