Moitas
tendas de calzado eran tamén tendas de roupa ou tecidos polo que as
recollemos no apartado correspondente.
Zapaterías
ata mediados do S. XX.
Juan
Agrelo. Zapateiro
cando menos entre 1879 e 1894. Despois de non aparecer nos censos de
varios anos volta a constar un Juan Agrelo entre 1905 e 1925.
Santiago
Bilbazo. Zapateiro
cando menos entre 1879 e 1894.
José
Manuel López. Zapateiro
cando menos entre 1879 e 1894.
José
Mouriño. Zapateiro
cando menos entre 1879 e 1894.
A
de Povedo.
José Orge Táboas, zapateiro do que atopo datos en 1897, cando cede
o arrendamento do alumeado público. Era fillo de José Orge Poveda,
de aí o alcume. Sucederíalle o seu fillo, José Orge Esteiro, e a
este os netos: Cunino e Sito, co taller de reparación e tenda na rúa
Reveriano Soutullo, e Ducho, coa tenda Calzados
Orge
na
praza Santiago Apóstolo, onde tamén traballaban Marina, esposa de
Sito, e Teruca Migueles.
Nesta zapatería serían moitos os que aprenderían o oficio: Pepe
Tarambaina, Pepe Neco,
Lixeiro,
Fermín
Docampo...
 |
| Zapateiros na de Povedo. Arquivo J.A .Xesteira |
Rafael
Pena. Cando
menos entre 1899 e 1908.
Antonio
Esteiro. Zapateiro
cando menos entre 1902 e 1904.
Francisco
López Casal.
Zapateiro
cando menos entre 1902 e 1904.
José
Toucedo.
Zapateiro
cando menos entre
1902 e
1910.
Agustín
Viruleg
Queimaliños
“Farrucacho”.
Consta
como zapateiro
cando menos entre 1902 e 1910.
Garda
municipal cesado
o 31 de xullo de 1936 coa entrada do primeiro alcalde franquista.
Nicanor
Virulegio
Queimaliños
Zapateiro
cando menos entre 1902 e 1910.
Bota
de oro:
Zapatería
de José
Amoedo, nomeado
xefe dos municipais en 1903.
Escolástica
Tuche.
Aparece como dona dunha zapatería en 1908.
Germán
Rubín. Zapateiro
cando menos en1925.
 |
Anuncio 1948 Program festas da Coca
|
Antonio
Alconero.
Zapateiro
cando menos en1925.
Jesús
Darroza.
Zapateiro
cando menos en1925.
Senén
Fuentes. Zapateiro
cando menos en1925.
José
Lago Otero. Zapatería
na rúa Alfonso XII nos anos 20.
 |
| José Lago Otero, 1926. Galicia. |
Ramón
Muíños
Casade.
Zapatería en 1932.
Braulio
González Pasantino. Zapateiro
afiliado
á Casa do Pobo en 1936. Natural
de Santiago e veciño de Redondela, morto aos 34 anos a consecuencia
de mutilacións e tiros de arma de fogo en Cans (Porriño), onde está
enterrado.
Raimundo
Otero.
Zapateiro
afiliado
á Casa do Pobo en 1936.
César
Pazos Comesaña.
Zapateiro afiliado a Izquierda Republicana.
Enrique
Ramón Rodríguez Chamorro.
Zapateiro
de Redondela, xulgado
en Vigo por incitación á rebelión foi
condenado a 6 anos de prisión.
José
Sánchez
Domínguez, José.
Veciño
da Rúa
Espíritu Santo e
fillo da Nadora.
Zapateiro de 20 anos de idade. Militante
do Partido Comunista alistado
forzosamente no bando nacional. Foi
morto ao ser disparado polas costas durante un ataque.
A
de Cotarro. Estaba
na Praza Ponteareas. Pode ser algún dos anteriores pero non lle poño
nome ao alcume.
 |
Zapatería de Cotarro. Foto: Familia Fernández Otero
|
CHAPELA
José
Vázquez Sánchez. Zapateiro
de 25 anos en 1918, cando foi detido por dar unha coitelada a un
veciño nas festas de Candeán.
Justo
López Otero.
Zapatería en 1935.
Fernando
Covelo. Zapatería
en 1936.
O
VISO
Jesús
Pintos.
Veciño do Viso, que solicita ao Concello en 1932 a concesión dun
trozo de terreo sito no barrio de Saramagoso, para a construción dun
kiosko no que establecer unha zapatería.
Zapaterías
2ª metade do S. XX
Calzados
Orge. Ver a de Povedo.
 |
Anuncio Faro de Vigo
|
Zapatería
Germán Rubín Aguiar.
Na
rúa General
Rubín nos
anos 40.
Zapatería
Solla. En
Santa Mariña nos 50.
Zapatería
Paco.
Francisco
Balado Garrido “Paco
Cuarenta”. Nos
50 tiña a zapatería na rúa José Regojo, cando deron a construír
trasladouse á Praza Ponteareas, ao local onde estivera Cotarro.
A
de Manolo. Reparación de
calzado ata principios dos 80
na praza Ponteareas, no
baixo que ocupara Paco.
Faltáballe unha perna usando unhas muletas de madeira.
A
de Cantoneiro. Reparación
de calzado en R. Padre Crespo, no
baixo da casa de Casimira.
Zapatería
Dalvi.
De Bernardino Vidal “Ducho” afeccionado ao ciclismo, presidiu o
club Redociclo.
Reparación
de calzado en R. Padre Crespo desde
os 80.
Coa
urbanización da zona pasou á calella onde está a Bocatería Adega.
Calzados
Chico. Na Ribeira. Tamén
tenda téxtil.
Fermín
Docampo. Reparación de
calzado na R. Xeneral Rubín.
¿?
Reparación de calzado na R.
Xeneral Rubín.
Calzados
Veneno. Na Praza
Constitución. O seu toldo levaba o logo de Gorila, marca de zapatos
que regalaba una pelotas das que moitos se lembran.
 |
| Calzados Veneno Redondela. Grandes Festas da Coca, 1968 |
Zapatería de Caruel. Na praza de Santiago Apóstolo.
Zapatería
na rúa Juan Manuel Pereira. Alí tiveron o seu taller varios
zapateiros. Primeiro Justo, que vivía na Portela; Manolo
Paradela e Manolo Otero “O Coxo”.
CESANTES
Avelino Cabaleiro
 |
| Avelino Cabaleiro. Foto por Avelino Cabaleiro ao Obradoiro Fernando Monroy |
Luciano.
Zapatería en Zacande.
A de
Piloto. Fronte ao campo do Arenas. Ía en cadeira de rodas.
Raul Barbeito.
Tiña a zapatería na súa
casa, a carón dos monólitos que marcan a entrada do Pazo de Torres
Agrelo. Facían zocos e todo tipo de calzado e vendían nas
feiras. Logo abriría en Redondela Calzado Raúl, na
rúa José Regojo, e as fillas as tendas A feira do zapato.
CEDEIRA
Fermín Carballeira.
Reparación de calzado na praza do Cruceiro.
Autor:
Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Arquivo
do Concello de Redondela =>Matrícula Industrial: 1885-86,
1886-87,1887-88, 1889-90.
Biblioteca
Nacional de España:
www.bne.es
=> Anuario-almanaque del
comercio, de la industria, de la magistratura y de la administración,
Anuario del comercio, de la industria, de la magistratura y de la
administración,
Anuario regional descriptivo,
informativo y seleccionado de la industria, comercio, agricultura,
profesiones, arte y turismo del Norte de España.
Faro de Vigo.
Xornais locais=> LA
IDEA, El Soplete, La Opinión, Terra!
Galiciana-Biblioteca
Digital de Galicia. Xunta de Galicia:
http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es
=>
El Correo de Galicia, El Correo de Lugo, El Pueblo Gallego, Hoja
Oficial del Lunes, El Progreso, La Noche...
Programas
da
Agrupación Artística Redondela
e das Festas da Coca.
Redondela,
crónica dun tempo pasado. A Segunda República e o primeiro
franquismo.
Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. Edicións do Castro 2002
(http://vitimas.nomesevoces.net)
Aportes
=> Manuel Migueles, Antonio
Cobián, Ro S. Montero, Julio Martínez, Gonzalo Figueroa, Susana
Ricón, Fernando
Mouriño,
Marta
QB, JM Bouzón, Maica
Alonso e Manuel Seijas.