Foto: El Correo Gallego |
Entrou no mundo da moda levando a administración dun negocio de
pantalóns que estaba creando Pedro Regojo. Alí descubriu a súa
vocación e rapidamente pasou ao departamento comercial. A principios
dos sesenta Pedro vendeu o seu negocio para pasar a empresa do seu
pai, Regojo, que daquela estaba en pleno crecemento. Entre os
compradores atopábase Gene.
En 1969 decidiu abrir a
súa propia industria, D’aquino. Tal foi o éxito que sacou
outra firma co seu nome, Gene Cabaleiro, que se converteu nun
referente dentro da moda galega e abriu mercado en Europa e América.
A década dos 80 foi a de maior expansión, chegando a abrir as súas
propias tendas en: París, Amberes, Colonia... Entre os seus clientes
atopábanse celebridades como Elton John, John Travolta ou Miles
Davis. O director Pedro Almodovar elixiu os seus deseños para a
película “La Mala Educación”.
Problemas
internos levárono á quebra en 1996. Tivo que comezar de cero e
cunha empresa máis pequena conseguiu facerse un oco nas tendas das
illas Baleares e Canarias. No 2009, con 70 anos cumpridos decidiu
sacar ao mercado a súa derradeira colección. Aínda seguiría a
traballar pero a menor escala.
Autor:
Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
La Voz de Galicia
El Correo Gallego
www.blog.buyvip
No hay comentarios:
Publicar un comentario