Suso Ben, 2015 |
Iniciouse na pintura no instituto do
Calvario tendo por mestre a Xavier Pousa. En 1979 participa no taller
Abracadabra cos artistas Castro Couso e Ana Pasarín. Continúa a súa
formación no 2003 estudando Belas Artes na facultade de Pontevedra.
Pintor establecido
en Redondela, impartiu clases de pintura no Centro Recreativo e
Cultural de Redondela entre 1989 e 1994, e entre 1994 e o 2012 na
Aula de Pintura Municipal do Concello de Redondela, un período este
no que xestionaba as actividades culturais do Concello. Logo seguiría
a dar clases particulares ata a súa xubilación. Entre os seus
alumnos podemos citar a Lino Lago, Alfonso Dasilva, o colectivo
“Setetisnando”, Sara Donoso, María Soliño... Ten exposto as
súas obras por toda Galiza.
No mundo da música
iniciouse tocando da música, iniciando unha carreira como cantautor
que o levaría a gañar varios certames musicais nos anos 70. Xa nos
90 comezaría a ensinar tamén guitarra en Redondela, ao que
seguirían clases de teatro, creando varios grupos teatrais dos que
sairían actores como Luis Crespo ou Pablo Medal.
Tamén ten outra
faceta que é a de escritor, publicado: A Lenda da Coca de
Redondela e Tres
contos a beira do medio.
Autor:
Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Aportes: Xesús Cameselle.
No hay comentarios:
Publicar un comentario