Foto: www.terra.es |
Pintor que realizou exposicións por toda a xeografía galega, Palma
de Mallorca, Bos Aires, etc., con obras en coleccións privadas por
todo o mundo. Pasou a súa infancia en Redondela. Con 15 ou 16 anos
co seu amigo Ramonet colle un tren correo con dirección a Madrid coa
esperanza de ser alguén no mundo da arte. En León a policía os
manda de volta, pero son recibidos como heroes e as coplas populares
deron conta da súa aventura. Despois embarcaría en Vigo de polizón
pero foi descuberto e desembarcado en Lisboa. Tras a Guerra Civil
tentaríao de novo logrando esta vez chegar a Bos Aires. Regresa a
España no 1977 establecéndose definitivamente na Estrada.
Foto: www.terra.es |
Autor:
Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
20130415 El País
19880511 La Voz de Galicia
No hay comentarios:
Publicar un comentario