Probablemente o
primeiro redondelán en divorciarse foi o fillo do Xeneral Rubín nos
tempos da II República. En decembro de 1910 polo xeneral Antero
Rubín y Homent foi pedida a Ramón Reigada de Figueras (Lugo) a man
da súa filla Elena Reigada Acevedo, para o seu fillo José Rubín
doutor en menciña que exercía na mariña ingresa. O 14-1-1933
certifícase o divorcio da demandante Dª Elena Reigada y Acevedo,
veciña de Figueres, concello de Castropol, e do demandado José
Rubín de Santa Cruz, veciño de Redondela e coñecido popularmente
como “Pepete”.
A primeira demanda de divorcio que
atopo no xulgado de Redondela chegou o 21 de abril de 1933 á
Audiencia provincial promovido por Antonia Muíños Darriba, veciña
de Reboreda, contra o seu esposo Francisco Darriba Santos, que
casaran o 17 de outubro de 1931.
En setembro dese ano accederíase ao
divorcio dos veciños de Redondela, María Rodríguez Arango Rubín e
Justo Gómez Lomban, despois dun xuízo no que o marido foi declarado
culpable.
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Boletín Oficial de la Provincia de
Oviedo
La Voz de Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario