sábado, 18 de abril de 2020

Premios de Natalidade.

           

          En 1969 o concello de Redondela arrasou nos premios provinciais de natalidade levando tres dos catro premios concedidos. Debido ao machismo imperante naquela época os homes eran os premiados, aparecendo os seus nomes en maiúsculas, mentres que as mulleres aparecían discretamente despois da frase “casado con”.

1º Premio “Hijos Habidos”.

Martín González Barja, casado con Encarnación Carballas, de 46 e 44 anos, de profesión vendedor de cupón pro-cegos, con domicilio en Cidadelle (Chapela). Número total de fillos: 15. Viven actualmente: 14. Menores de 14 anos: 9.

1º Premio “Hijos Vivos”.

Primitivo Blanco Blanco, casado con Flora Blanco Barciela, de 39 e 34 anos, de profesión vidreiro, con domicilio en Vilar de Infesta. Número total de fillos: 14. Viven actualmente: 13. Menores de 14 anos: 11. (En 1972 levarían o segundo premio, valorado en 30.000 pesetas, con 14 fillos vivos dun total de 16).

2º Premio “Hijos Vivos”.

Ángel Sánchez López, casado con Carmen Puche González, de 43 e 40 anos, de profesión peón, con domicilio en Picota (Chapela). Número total de fillos: 12. Viven actualmente: 12. Menores de 14 anos: 11.



Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El Pueblo Gallego

No hay comentarios:

Publicar un comentario