Pasados os tempos de invasións nos que chegaron a Redondela dende
Julio César ata Francis Drake, a nosa vila aínda foi visitada por
reis, xefes de goberno e outras personalidades destacadas. Esta é
unha breve mostra:
1782
Gaspar Melchor de Jovellanos
estivo en Santiago e en carta ao seu tio D. Miguel de Jovellanos e
Carreño, Abad de Villoria, datada o 8 de Outubro, dille, que
acompañado do Cóengo
Cardeal don Antonio Péramo, fora a comer o venres a Arcos da
Condesa; que de alí foron a durmir ao Mosteiro de San Salvador de
Lérez, que ao día seguinte xantaron ostras, rematadas de saír da
auga, na Ponte de San Paio; que pasaron a comer a Redondela e que
seguiron a durmir a Vigo. "O domingo, segue dicindo, de mañá,
despois de oír misa, visto o porto e fortificacións, embarcamos
e seguimos ata Ponte San Paio,que son tres leguas, vendo as fértiles
e fermosas beiras da ría de Vigo, cheas de bos portiños que é a
cousa máis excelente que ten o Rei de España".
1814-Xullo-08. O
día 8 comeu en Redondela o Bispo
de Santiago (Rafael Múzquiz Aldunate),
onde lle regalaron varios obsequios.
1843-Xaneiro-20.
Procedente
de Santiago e con dirección a Tui, Antonio
Arias Seoane
Deputado a Cortes pola provincia de Pontevedra, pasou por Redondela.
Nesta vila homes de mar o recibiron con foguetes
como agradecemento pola defensa dos seus intereses en Madrid.
1856-Setembro-03.
O
pasado día 27, chegou o marqués
de Albaida
á casa de campo que en Reboreda ten o seu compañeiro o deputado
demócrata, Juan Manuel Pereira. Foi homenaxeado cun banquete ao que
asistiu o xuíz de primeira instancia, motivo polo que foi suspendido
xunto ao promotor fiscal.
1858-Marzo-31.
O
Excmo.
Sr. Juan Prim
chegou ás posesións de Agrelo do xeneral Leoncio Rubín, onde se
celebrou unha reunión á que asistiu a corporación municipal de
Redondela e unha distinguida sociedade.
1858-Abril-30.
Sen que houbera noticia, chegou ao convento de Vilavella o Prelado e
Ilmo. Sr. Bispo de Tui,
sendo obsequiado con música e voadores. As 4 do serán viu na
dilixencia o Bispo de Astorga
a quen se festexou de igual xeito. Pouco despois emprenderon xuntos a
viaxe a Vigo, para seguir a Tui.
1877-Agosto-1.
Despois
de xantar no castelo de Soutomaior, chegou a Redondela S.
M. Alfonso XII, Rei de España.
Aquí
tomou o
ferrocarril con dirección a Vigo,
inaugurando a liña. http://es.wikipedia.org/wiki/Alfonso_XII
1880-Novembro-11.
Despois da súa estancia en Santiago
sairá da estación de Redondela cara a Vigo, o Gran
Duque Constantino de Rusia.
1881-Agosto-28.
Despois de pasar o día no castelo de Soutomaior ás 9 da noite
saíron SS. MM. o Rei Alfonso XII
e a Raíña
María Cristina,
con dirección a Vigo, onde na súa ancha baía se atopaba a
escuadra. En
menos de dúas horas se verificou, por terra, a corta viaxe, ata a
famosa vila de Redondela, en coches do Sr. Ministro de Estado, e
dende alí a Vigo, por ferrocarril, no suntuoso tren rexio que tiña
disposta a Compañía constructora da liña.
1883-Xullo-
29. Pasou por Redondela cara á súa
posesión de Soutomaior o ministro de Estado, Sr. Marqués
de la Vega y Armijo.
1883-Agosto:
Visita a vila o presidente da antiga República, Emilio
Castelar. Invitado pola familia Tapias
na súa finca da Regasenda e por Xoán Manuel Pereira en Reboreda.
1884-Setembro-05.
O Presidente do Consello de Ministros, Sr. Cánovas
del Castillo, chegou á estación de
Redondela con intención de dirixirse a Pontevedra. Mais alí recibiu
a noticia do regreso do Rei Alfonso XII á corte, con motivo da
entrada do cólera en España, polo que decidiu volver
a Madrid.
1886-Setembro.
Saíu de Vigo cara a Pontevedra o ex-presidente da República e
insigne filósofo Nicolás
Salmerón Alonso,
acompañado dos señores Chao, Armesto e Ojea. O Sr. Salmerón
detívose breves horas na quinta que preto de Redondela ten o
ex-ministro de España en China, Sr. Pereira, e continuou a súa
viaxe no tren correo da tarde.
1887-Novembro-02.
No tren de antonte saíu
cara a
Madrid o deputado
a cortes Sr. Vicenti.
Ata a estación de Redondela acompañáronlle varias persoas de
Pontevedra.
1888-Agosto-13.
Chegou a Redondela o presidente do Congreso D. Cristino
Martos, que pasará a tempada na quinta
de Agrelo, propiedade da viúva de D. José Carreras. O día 30
visitou Pontesampaio acompañado de Juan Manuel Pereira entre outros
amigos.
1892-Setembro-30.
O ilustre republicano Francisco Pi y
Margall, visitou Vigo pola mañá,
saíndo logo cara a Pontevedra para celebrar un mitin.
Algúns afíns acompañaron
ao xefe do partido ata a estación de Redondela.
1898-Setembro-20.
O ex-gobernador militar da praza de Santiago de Cuba, o xeneral
Toral,
trasladouse ao Lazareto nun bote procedente do transatlántico
León XIII. De
alí pasou á praia de Cesantes para dirixirse en coche á estación
acompañado do director e do farmacéutico do Lazareto. Antes de
coller o tren foi increpado por un grupo de mulleres.
(Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/12/1898-guerra-de-cuba.html )
1900-Setembro-02.
A bordo do “Urania”
S. M. o Rei Alfonso XIII
realizou unha xira pola ría de Vigo,
visitando o Lazareto de San Simón e
achegándose ata Pontesampaio.
1901-Setembro-30.
Chega procedente de Monforte o Ministro de Mariña,
Duque de Veragua acompañado do xefe de
departamento de Ferrol, Xeneral Cámara. Visitará os principais
portos da provincia para poñer fin á problemática do uso da traíña
para a pesca. En Redondela foi recibido polas comisións do Concello
e da Cámara de Comercio.
1902-Setembro-18.
O ex-ministro de Facenda e actual deputado a cortes por
Pontecaldelas, señor Raimundo
Fernández Villaverde
e a súa familia foron recibidos en Redondela polo Marqués de
Riestra e o deputado
señor Besada, que os acompañaron ata Pontevedra. Pasarán unha
tempada na finca denominada a Caeira, propiedade do Marqués de
Riestra.
1904-abril-13.
Chegou o señor Montero
Ríos e saíu
inmediatamente para Lourizán. Na estación saudáronlle gran número
de persoas significadas de Pontevedra. Ao chegar a Redondela tivo
coñecemento do atentado que sofreu o señor Maura, causándolle a
noticia fonda impresión
1904-Xullo-24. O iate da S. M. o Rei Alfonso XIII, desembarcou o día anterior en Viveiro para iniciar un percorrido en tren por toda Galicia, facendo parada na estación de Redondela.
1906-Xullo-20.
Ás once da mañá a Infanta dona Isabel
visitou ao Marqués de Molins,
trasladándose despois ao Vasco
Núñez de Balboa para realizar unha
xira ata Redondela. Don José Pravia ofreceu á infanta os terreos
necesarios para construír
un hotel onde pasar o verán.
A infanta, agradecendo o obsequio, dixo que o pensaría.
1907-Setembro-23.
O Concello de Vigo e o Marqués de la
Vega de Armijo saudarán ao Rey
Alfonso XIII
en Redondela e na estación de Pontevedra o cumprimentarán
a Deputación
provincial e os señores Montero Ríos e Echegaray. Dende Redondela
acompañarán ao Rei o gobernador civil, xefe da benemérita e o
ex-ministro señor De Federico.
1909-Outubro-21.
Despois de pasar unha tempada na súa
finca de Rubiáns, saíron onte para Madrid os señores marqueses
de Aranda cos seus fillos. A marquesa
vai moi delicada de saúde. Para acompañala viñeran de Madrid os
seus parentes, as marquesas de Rocamora e Villasinda e a señora de
Sanjuanena. Tamén lle acompañaba o médico señor Piay. Ata
Redondela lle acompañan os señores marqueses de Riestra e o
comandante de
Artillería Sr. Calderón.
1911-Marzo-2. Onte
á noite chegou a Santiago o xefe dos integristas españois,
elocuente orador parlamentario e director de El
Siglo Futuro, D. Ramón
Nocedal. Moitos dos amigos cos que
conta en Santiago foron a esperalo á estación de Redondela. Tamén
acudiu unha comisión a saudarlle e reiterarlle a súa adhesión á
doutrina que
defende.
1911-Xuño-21.
No rápido de onte chegou a Vigo o
senador vitalicio e ex-secretario de Gracia e Justicia D. Álvaro
López Mora. Ao seu paso por Redondela
foi saudado polo gobernador civil da provincia Sr. Boente.
1911-Xullo-23.
No tren correo de onte chegou a
Pontevedra o xa célebre violinista Manolo
Quiroga. Á estación de Redondela
foran a esperalo numerosos mozos
da boa sociedade pontevedresa.
1911-Agosto-23.
Na estación de Redondela foi recibido
o aviador Garnier
por un delegado do gobernador civil da provincia e dous axentes, que
lle informaron que no seu contrato hai unha cláusula que lle obriga
a voar só na cidade de Pontevedra durante o mes de agosto. Este
feito causou gran indignación en Vigo, onde se comprometera a voar.
(Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/11/cronicas-do-aire.html )
1913-
Abril-04. Chegou o señor Augusto
González Besada recentemente posto en
liberdade coa súa esposa e filla María Teresa. Acompañoulles dende
Redondela o ex-ministro señor Bugallal. Á estación acudiu a
recibirlle numeroso público. O señor González Besada pasará aquí
oito días.
1914-Abril-19.
A sociedade de Santiago La
Congregación de la Anunciada y San Luis Gonzaga
organizou unha excursión a Vigo. Na estación de Redondela uniuse
á comitiva o
Ilmo. Sr. Bispo de Tui, Arcebispo
electo de Valencia.
1914-Maio.
Chegou
á estación de Redondela. Manuel
Garccía Prieto,
líder do Partido Liberal.
García Prieto na estación de Redondela. Foto: Vida Gallega |
1914-Maio-15. Chegada
do cadáver de
Montero Ríos á
estación de Redondela no tren correo de Madrid. De Vigo o agardan
varias comisións do Concello, Cámara de Comercio, Círculo
Mercantil e da Xunta de Obras do Porto. Ademais
había comisións de Ponttevedra, Santiago e outras localidades
galegas.
1914. Xira
da infanta Dª
Isabel por
Galicia. En Redondela seria recibida con flores na estación.
Señoritas de Redondela recibindo con frores á Infanta dona Isabel. Foto: Vida Gallega- |
1916-Setembro.
Relevantes persoas de Ponteareas agasallaron cun paseo en barco e un
banquete no Lazareto de San Simón ao ex ministro Gabino
Bugallal
e ao seu irmán Dario
Bugallal,
deputado por aquel distrito.
1918-Agosto-08.
Pola estación de Redondela pasaron no tren correo para Pontevedra
cinco relixiosos destinados ao colexio fundado no edificio situado en
Los Placeres,
e cedido por D. Avelino Montero Ríos. Procedentes de Sevilla, entre
eles atópase un irmán do embaixador de Arxentina, Sr. Avellaneda, a
quen veu a saudar a Redondela o cónsul arxentino en Vigo.
1918-Setembro-2.
O ex-Sultán de Marrocos Mulay
Hafid realizou unha excursión ao
Lazareto de San Simón.
1919-Agosto-4. Chegou
a Redondela en tren o ex-presidente do Consello de Ministros Manuel
García Prieto, Marqués
de Alhucemas, proseguindo viaxe en
automóbil a
Lourizán.
1919-Setembro.
Celebrouse
na illa de San Simón un banquete na honra do arquitecto Antonio
Palacios.
1920-Agosto. O
Ministro de Estado Salvador Bermúdez de Castro O'Lawlor,
II Marqués de Lema foi homenaxeado cun banquete na illa de San
Simón.
Homenaxe ao Ministro de Estado. Foto: Pacheco-Vida Gallega |
1921-Agosto-04. Os
reformistas galegos, aproveitando a chegada
a Mondariz de don Melquiades Alvarez,
teñen preparada unha seria propaganda nas principais cidades de
Galicia, pero o xefe do reformismo, en consideración ás
circunstancias actuais suspendeu todos os actos, xulgando
un crime de lesa patria
toda campaña partidista. Con todo,
onte veu á inmediata vila de Redondela para despedirse dos amigos,
que lle obsequiaron cunha comida íntima de cen cubertos.
1922-Xaneiro-22.
Atópase en O Viso o célebre escritor
e director do xornal Vida Gallega,
Jaime Solá.
1923-Marzo-29.
Chegou a Redondela o Primeiro Lord do
Almirantazgo, Sir Leopold Amery M. P.,
a quen esperaba o almirante da frota británica fondeada na Ría de
Arousa, barón John Michael de Robeck e o vicecónsul Mr. Reinaldo
Cammeron-Walker.
1923-Abril-11.
No correo chegou o domingo a Pontevedra
o insigne músico galego director do Conservatorio Nacional o señor
Fernández Bordas.
A Redondela foron a esperalo varios directivos da Filarmónica, o
presidente da Deputación e varias persoas mais.
1923-Agosto-11.
Invitado por don Manuel Sanjurjo Otero,
pasou onte á tarde en Vigo o presidente do Congreso, Melquiades
Álvarez, ao que acompañaron numerosos
amigos políticos de Pontevedra, Redondela e Vigo. Obsequióuselle,
así como a os seus acompañantes, cunha xira ao Lazareto de San
Simón e cun «lunch» a bordo do vapor de turismo que os levou á
illa. Á noitiña regresaron a Mondariz, onde veranea.
Homenaxe Melquiades Álvarez na illa de San Simón. Foto: ABC |
1924-Abril-7. Onte
se celebrou o solemne acto pola entrada do señor Lago
González no
arcebispado
compostelá. Na
viaxe a Santiago, ao entrar o tren en agullas en Redondela,
disparáronse multitude de bombas e a afinada banda musical de
Cabeiro tocou a Marcha Real. A
estación atopábase ateigada
de xente e, en canto se detivo o tren, unha morea de persoas de todas
as clases sociais rivalizaron por bicar o anel do Prelado. Na
estación agardaban ao novo Arcebispo
a comisión capitular compostelá
e unha comisión do Concello de Santiago.
1924,
xullo, 30. O percorrido da visita
presidencial modificouse despois de que unhas 800 persoas foran en
tren a Vigo. A visita do xeneral Primo
de Rivera foi anunciada esa mesma noite
dende a cidade olívica polo delegado gobernativo
Del Río e o alcalde Saturno Cal. No recibimento participaron todas
as personalidades e colectivos da vila. O marqués de Estella foi
recibido con solta de pombas e foi agasallado con ramos de frores por
mozas da vila vestidas con traxes rexionais.
1924-Outubro-09. Acaba
de sair para
Madrid, en auto, o marqués de
Alhucemas, acompañado, ata Redondela,
pola súa esposa que sigue viaxe en ferrocarril.
1925-Maio-03.
Os batallóns de Zaragoza e Toledo,
repatriados de África, sairán de Vigo cara a Santiago facendo
parada en Redondela onde se lles servirá unha comida.
1925-Outubro-02.
Vai presidir o Congreso
Antituberculoso en A Toxa, o ilustre
xeneral galego e subsecretario de Gobernación, Severiano
Martínez Anido. En Redondela foi
recibido con bombas, música e flores,
ofrendadas estas por belas señoritas da vila. Logo foi obsequiado
cun banquete na finca do ex-alcalde Avelino Giráldez ao que
asistiron uns 150 comensais. Despois saíu
para A Toxa e o fin de semana visitará Vigo, pasando
a noite no lazareto de
San Simón.
Entrega de frores na estación de Redondela a Martínez Anido Foto: Llanos |
1926-Decembro. Visita a illa de San Simón a selección de fútbol húngara que viña a enfrontarse ao combinado español. O partido celebrouse no campo de Coia, en Vigo, e España vencería por 4 a 2.
1927-Xaneiro-28. A
bordo dun transatlántico
alemán chegou onte a Vigo o Príncipe
Waldeck, coa súa dona, que é a filla
menor do gran duque de Oldemburg. Os augustos viaxeiros fixeron unha
excursión a Redondela e o castelo de Soutomaior. Os príncipes de
Waldeck diríxense a Funchal, onde pasarán unha tempada.
1928-Abril-03.
Ás seis da tarde saíu
o Xefe do Goberno, Primo de Rivera marqués
de Estella, de Porriño para Redondela,
onde se lle fixo un gran recibimento,
entregándolle señoritas ramos de flores.
Ás sete da tarde saíu
de Redondela para Pontevedra.
1928-Abril-06.
De volta dun viaxe científico por
varios países de América
do Sur chegou a
Vigo o ex-Zar Fernando de Bulgaria.
Aproveitou a ocasión para visitar Porriño e Redondela, onde saudou
ao alcalde de Vigo que se atopaba naquela vila por mor da visita do
xeneral Primo de Ribera.
Fernando de Bulgaria en Vigo. Foto:Pacheco-Vida Gallega |
1928-Maio-11. Chegou a Vigo a bordo do "Electra", Marconi e señora. O Concello ofreceulle un xantar no Hotel Moderno, celebrando despois unha xira marítima ata as illas Cíes e a illa de San Simón.
1929-Agosto-20. Constituíu
un acontecemento o paso do Infante Don
Jaime de
Borbón por esta vila con dirección a
Vigo. O pobo redondelán acudindo ao chamamento da primeira
autoridade local, engalanou as súas casas e a corporación municipal
e demais
autoridades, tanto locais coma de Vigo e Pontevedra, se reuniron
fronte ao Recheo
para esperar ao infante. Á súa chegada a Banda de Música de Arcade
interpretou a Marcha Real e lanzáronse palenques. O alcalde Saturno
Cal ofreceulle os seus respectos
e un grupo de fermosas mozas da vila ofrecéronlle un ramo de flores
cunha cinta coa bandeira española e fotos de Redondela.
1930-Xullo-03.
No tren
express
pasou cara a Madrid o Ministro de Gracia
e Xustiza. Na estación foi saudado
polo xuíz e o secretario do xulgado de instrución, e polo
secretario do concello. En tan breves momentos faláronlle da
necesidade da construción dun novo cárcere do partido. O Sr.
Estrada amosouse favorable a tal
pretensión.
1932-Abril-03.
O Bispo de
Tui (Ilma.
Antonio García y García) chegou a
Redondela onde se atopa predicando no quinario do Santo Cristo, que
se celebra na igrexa parroquial. Varios centos de persoas tributaron
ao prelado un agarimoso recibimento. En xullo deste mesmo ano visita
aos nenos da “Casa de Caridad” que pasan o verán
na+ Illa de San Simón.
1933,
Xuño. Desfruta
das Festas da Coca o vicecónsul de España en Maceio (Brasil), José
Carpintero Simóns,
acompañado da súa dona e a súa filla Bernice.
1935-Agosto-03.
Chegou a Vigo no tren expreso o ilustre
home público, D. Rafael Sánchez Román.
Foi a recibilo a Redondela no nome do Comité
local de Vigo da Esquerda Republicana o seu presidente, D. Elpidio
Villaverde.
1944-Agosto-08.
A señorita Carmen
Franco Polo, invitada polo alcalde de
Pontevedra, don Luis Ponce de León, estivo xantando na Casa
Maruxa de Rande (Redondela). Chegou acompañada entre outros pola súa
tía, dona Isabel, e do Xefe da Casa Civil de Su
Excelencia, don Julio Muñoz Aguilar.
Tamén asistiron o Presidente da Deputación e o director da Escola
Naval de Mariña acompañados polas súas esposas. No Pazo foi
cumprimentada polo Gobernador
Civil e Xefe Provincial do Movemento. Pola tarde, a filla do
Caudillo, con outras distinguidas señoritas e damas da localidade
realizou unha excursión marítima, trala que volveu
ao Pazo de Meirás.
1946-Xullo-15.
Procedentes de Madrid o Ministro
de Marina, Almirante Francisco
Regalado Rodríguez, acompañado do
Gobernador Civil, don Luis Ponce de
León, foron recibidos na estación de
Redondela polo Capitán General del
Departamento Marítimo, Almirante
Moreu; General Jefe de la Agrupación de
las Rías Bajas, don Siro Alonso,
Comandante de la Provincia Marítima,
Contralmirante Piñeiro Bonet;
Comandante Director de la Escuela Naval
Militar, Capitán de Navío don
Alejandro Molins; Presidente de la
excelentísima Diputación Provincial en funcións de Gobernador, don
Rafael Picó; Delegado de Hacienda;
Fiscal de Tasas e outras autoridades e
personalidades. Despois de oír misa continuaron a viaxe en coche
cara ao palacio de Lourizán en Pontevedra.
1947-Setembro-12.
A esposa
de Su
Excelencia el Jefe de Estado, dona
Carmen Polo,
acompañada da súa filla Carmen Franco Polo, e do Ministro de
Mariña, almirante Regalado e esposa comerá na finca A Maruxa,
obsequiada polo Gobernador
Civil. O público ao advertir a presenza das ilustres viaxeiras,
fixéronlle unha cordial acollida aplaudíndolles moito.
1950-Xullo-11.
O Ministro da Mariña, Almirante
Francisco Regalado,
chegou onte procedente de Madrid, no expreso. Na estación de
Redondela agardaban a súa chegada o Gobernador
Civil da provincia, o Almirante Xefe da escuadra
española de
Marín e o director da Escola Naval Militar. Acompañado destas
personalidades e os seus familiares, o ministro asistiu
a misa na igrexa parroquial de Redondela; e
inmediatamente continuou viaxe á súa residencia de verán
en Chancelas, na inmediata vila de Poio. A súa intención é estar
presente en Marín durante as festas do Carme.
1953-Agosto-30.
Procedente de A Toxa chegou o Ministro
do Aire, señor González Gallarza,
co obxecto de
visitar o aeroporto de Peinador, onde lle esperaban o Xeneral Roa,
director de Aeroportos e outros altos xefes da Armada da Aviación,
así como o alcalde da cidade de Vigo. O ministro recorreu o campo de
aviación, expresando a súa satisfacción polo estado das obras, que
se levan a ritmo intenso e se esperan inauguradas dentro, de dous
meses, xa que a pista Norte-Sur de 1.500 metros, permite
perfectamente a aterraxe e despegue dos aparatos. Terminada a visita,
o señor González Gallarza foi obsequiado polo alcalde cunha copa de
viño español. Despois seguiu viaxe a Redondela.
1955-Setembro-17.
Visita de
Francisco Franco. A vila de Redondela
tivo un comportamento digno con motivo do paso por aquela localidade
de SS. EE. Toda a rúa de Alfonso XII cubriuse de “guirnaldas
y gallardetes”
e todas as casas do pobo,
especialmente as da expresada vía, engalanábanse con bandeiras.
Dende o lugar de Santa Mariña ata o final da mencionada rúa de
Alfonso XII, estendíase
a todo o longo do traxecto gran cantidade de público, especialmente
xente mariñeira, que aclamaba
con verdadeiro entusiasmo ao Xefe do Estado, tendo o coche en que
viaxaba SS. EE. que aminorar a marcha para que o Caudillo e a señora
de Franco puideran corresponder aos saúdos e mostras de adhesión e
entusiasmo do público que se apiñaba ao longo do percorrido Desde
os balcóns axitábanse lenzos que cos aplausos da multitude, salvas
de bombas de palenque e
as notas do himno nacional, interpretado pola banda municipal deste
pobo,
constituíron
unha respectuosa
e simpática despedida ao Caudillo. Ao fronte
da multitude achábanse as autoridades de Redondela.
No barrio de Vilavella. á saída de Redondela, congregáronse
infinidade de nenos, que axitaban
lenzos e fixeron obxecto
a S. E. dun respectuoso
e cordial saúdo.
1956.
O escritor Julio
Cortázar, que pasa unha tempada coa
súa dona en Maside (Ourense), visita a nosa vila e queda tan
compracido que amosa o seu desexo de: “...
instalar cuarteles de primavera en Redondela y dedicarme a los
paseos, a la pesca y a arbolizar, como Rousseau.” Volvería
ao ano seguinte, aloxándose máis preto, nun hotel de Nigrán.
Julio Cortazar en Lourido (Mos). Foto: El País |
1956-Setembro-04. O
Ministro do Aire, tenente xeneral González
Gallarza; o capitán xeneral do
Departamento Marítimo de O Ferrol do Caudillo, almirante Regalado; o
director xeneral de Usos e Consumos, don Asdrúbal Ferreiro, e outras
destacadas personalidades que veranean nesta rexión. Dirixíronse á
vila de Redondela para asistir ó enlace matrimonial da señorita
María Gloria Lorenzo, filla do presidente do Aeroclub
Vigués, don Enrique Lorenzo Docampo. A cerimonia
celebrouse na finca Pousadouro.
1958-Abril-30.
Don Agustín
Pedro Pons realiza a viaxe por
ferrocarril e chegará a Compostela ás dez e media da mañá. Á
estación de Redondela acudirán a recibilo o catedrático doctor
Puente Domínguez e outros profesores da nosa Facultade de Menciña.
1963-Febreiro-13.
En Redondela, o ministro de Obras
Públicas, señor Vigón
era esperado por todas as autoridades, que o saudaron. O señor Vigón
subiu ao Concello, onde examinou o proxecto da variante Madrid-Vigo
no sector Porriño-Redondela e o das novas pontes nas vías
Vigo-Pontevedra e Santiago-A Coruña, cunha nova estación en
Redondela. En tren especial o ministro e acompañantes marcharon a
Vigo. No traxecto detivéronse
en Rande, onde se constrúe
unha gran explanada para cargadoiro de mineral, e na nova estación
de Chapela.
1963-Setembro.
Sen anunciar a súa chegada visitou
Redondela a Infanta Cecilia de Borbón
Parma. Confirmou o sucedido o día
anterior, cando pilotando a súa avioneta intentaba pasar baixo os
viadutos da vila, sendo disuadida polo piloto que a acompañaba.
1964-Xaneiro-22.
Esta mañá, no expreso procedente de
Madrid, chegou a esta provincia o ministro secretario xeneral do
Movimiento, don José Solís Ruíz,
que mañá, pola tarde, presidirá en Vigo a clausura do XXII
Consejo Nacional de la Sección Femenina.
Na estación de Redondela, o señor Solís foi recibido polo
gobernador civil e outras autoridades e xerarquías.
1966-Agosto-19.
Visita do ministro de Agricultura, don
Adolfo
Díaz Ambrona
para visitar os montes da zona e o circuíto
de inseminación artificial de Redondela.
1967-Setembro-6.
Onte pasou por Redondela, procedente de
Pontevedra e con dirección a Vigo, S. E. Generalísimo Franco.
Autor:
Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Galeguismo e
Sociedade na Redondela da II República.
Aportes:
J. L. Cofán, de Documentos
para escribir la biografía de Jovellanos
Madrid : [s.n.], 1911 : Imp. de los Hijos
de Gómez Fuentenebro)
ABC
La Vanguardia
(dende 1881)
En
Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia.
Xunta de Galicia:
http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es
=> Hoja Oficial del Lunes (Vigo), El Compostelano (Santiago), El
Correo de Galicia (Bos Aires), La Correspondencia Gallega, Diario de
Galicia (Santiago), El Pueblo Gallego (Vigo), Vida Gallega...
La América
(Madrid), El Año Político, Atalaya de la Mancha en Madrid, La
Construcción Moderna, La Correspondencia de España, La Época…
No hay comentarios:
Publicar un comentario