Moitos dos redondeláns que abren os
seus negocios noutras vilas ou noutros países, non esquecen as súas
raíces á hora de poñerlles nome. Convértense deste xeito nos
mellores embaixadores do noso Concello. Algúns exemplos serían os
seguintes:
Publicado en España democrática, 1941 |
Nos anos 40 do pasado século os
socios Lamas e Rivero rexentaban en Montevideo (Uruguai) o “Bar
Redondela”. Na década
seguinte Celso González Sequeiros, un dos fundadores da Peña
Xan Carallás (Ver Xan Carallás), abriría
en Bouzas (Vigo) outro bar co mesmo nome. Por esa época Francisco
Hernández Bahillo abre as portas da “Mercería
Redondela” en Salamanca.
Publicado en Hoja Oficial del Lunes, 1960 |
En
tempos máis recentes atopamos dous exemplos máis nas Illas Canarias
o “Bazar Arealonga”,
en Tenerife, e o “Restaurante Redondela”,
en Las Palmas de Gran Canarias. Braulio Míguez, dono deste último,
sería distinguido pola Xunta de Galicia polo
seu
labor na promoción da gastronomía e cultura galegas.
Restaurante Redondela na casa Gallega de Las Palmas Foto Faro de Vigo |
Autor:
Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Galiciana-
http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es
=> El pueblo gallego, La Noche, Hoja Oficial del Lunes
Facebook => Braulio Míguez
La Provincia
No hay comentarios:
Publicar un comentario